Enrique Mayer: Gravador e acibecheiro compostelán

Enrique Mayer de Castro, nado en Santiago de Compostela o 13 de abril de 1861 e finado na mesma cidade o 15 de novembro de 1931, foi un gravador, acibecheiro, ourive, debuxante e heraldista que colaborou en distintas revistas galegas de arte e arqueoloxía de primeiros de século XX.

Infotaula de personaEnrique Mayer de Castro
Enrique Mayer: Traxectoria, Notas, Véxase tamén
Biografía
Nacemento13 de abril de 1861 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1931 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónProfesor da Escola de Artes e Oficios de Santiago. Mestre gravador, acibecheiro, ouribe e heraldista.
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManuel Mayer von Furtwängler Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 9190

Traxectoria

Enrique Mayer: Traxectoria, Notas, Véxase tamén 
Placa na casa natal do Preguntoiro Nº37 de Santiago de Compostela. Obra de Francisco Asorey (1932).

Enrique Mayer de Castro era fillo do matrimonio de Manuel Mayer von Furtwängler, oficial da Milicia Nacional de ascendencia alemá, e Antonia de Castro y Varela. Procedía dunha ampla estirpe de artesáns alemáns residente en Santiago, dedicada á fabricación de reloxos e caixas de música dende o século XVII. O seu avó Lorenz Mayer Köpp fundara en 1792 unha das primeiras reloxerías da cidade da Coruña, aínda que el decantouse polo debuxo e o gravado. Estudou na Sociedade Económica de Santiago e foi alumno de Modesto Brocos, así como tamén do xilógrafo Arturo Carretero cando marchou a estudar en Madrid.

Enrique Mayer: Traxectoria, Notas, Véxase tamén 
Enrique Mayer (5º esq.) xunto aos profesores da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, 1931, Teodoro Andreu (1º esq.), Carlos Maside (2º esq.), José María Fenollera (3º esq.) e Francisco Asorey (6º esq.).

Cando regresou a Santiago se dedicou ó gravado en madeira e metal, publicando as súas obras en distintas revistas, coma por exemplo Galicia Diplomática, da que sería director artístico. Ilustrou tamén os libros de Antonio López Ferreiro Lecciones de arqueología sagrada, El Pórtico de la Gloria e Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela.

Participou nos certames de Artes e Oficios de Santiago en 1881, onde obtén un diploma de primeira, e 1885, cando obtén unha medalla de prata. Tamén acode á Exposición Rexional de Lugo de 1896 , e obtén un diploma de honra; á Exposición de Arte Galega de Bos Aires de 1920 e á Exposición Nacional de Artes Decorativas, de Madrid, en 1926.

En 1903 publicou un traballo de investigación na revista Galicia Histórica, baixo o título "Prioridad de un artista santiagués respecto al perfeccionamento del grabado en madera", no que desenvolve as técnicas de gravado en buxo de pé que xa se utilizaban en Santiago en 1730, 40 anos antes de que o gravador inglés Thomas Bewick (1753-1828) presentara esta técnica como novedosa.

Desde 1890 ata 1893 traballou como profesor de debuxo na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, e en 1893 ocupou o cargo de profesor de debuxo artístico na Escola de Artes e Oficios de Santiago, ata a súa xubilación en 1931. Tamén contribuíu no recoñecemento e recuperación da acibecheira en Santiago. En 1897 foi nomeado socio de mérito da Asociación de Artes Gráficas de Santiago, e en 1919 membro correspondente da Sección de Belas Artes do Instituto de Estudos Galegos da Coruña.

Formou parte da comisión organizadora da Exposición Rexional Galega de 1909, colaborando con Enrique Campo na recollida de material para a realización de diferentes debuxos de monumentos e outros elementos artísticos ó longo dunha viaxe pola provincia de Pontevedra -e parte da de Ourense- entre maio e outono dese ano. Durante esta viaxe, Mayer interesouse especialmente polos escudos existentes nas zonas que estudaron. Como heraldista realizou un traballo en plumín sobre as armas heráldicas dos Sarmiento de Valladares do Pazo de Fefiñáns, propiedade dos marqueses de Figueroa, conservado hoxe en día no Museo Provincial de Pontevedra. Ademais en 1928, por encargo do X marqués de Figueroa Juan Bautista de Armada y Losada, deseñou o logotipo da etiqueta das botellas da Bodega de Fefiñáns, sendo premiado o debuxo na Feira Internacional de Barcelona de 1930. Actualmente o "Albariño de Fefiñáns" continúa empregando o deseño de Enrique Mayer nas súas botellas.

É autor dunha pequena estatua do apóstolo Santiago en acibeche e prata que se expón no Tesouro da catedral compostelá. O Museo Provincial de Pontevedra, pola súa banda, conserva un bo número de láminas a plumiña de escudos, sartegos e inscricións, realizadas con gran minuciosidade.

Casado con Adela Méndez, foi pai do mestre reloxeiro santiagués Antonio Mayer Méndez (1910-1996), premiado coa Medalla de Prata da cidade de Santiago (1997), e do tamén gravador e profesor da Escola de Artes de Santiago Enrique Mayer Méndez (1907-2001). Foi avó dos tamén artistas Enrique e Santiago Mayer Viña, e do acibecheiro Fernando Mayer Garea.

Na súa casa natal, na compostelá rúa do Preguntoiro nº37, sitúase unha placa conmemorativa elaborada polo escultor galego Francisco Asorey que di: "En esta casa nació en buen azabachero Enrique Mayer Castro 1861-1931".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Enrique Mayer TraxectoriaEnrique Mayer NotasEnrique Mayer Véxase taménEnrique Mayer13 de abril15 de novembro18611931AcibecheArqueoloxíaDebuxoGravadoHeráldicaOurivaríaSantiago de CompostelaSéculo XX

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Chus PatoAna RomaníOcéano ÍndicoJuan Constenla CarbónManchester City F.C.MTreboadaPobo galegoPartido GalegoGonzalo Rodríguez MourulloRamón Otero PedrayoRefraneiro galego sobre o mes de maioSabela (Operación Triunfo)Vilachán, Negreira, NegreiraLista das aves de GaliciaMelani OlivaresFeces de Abaixo, Feces de Abaixo, VerínRenaud SéchanGame Boy AdvanceBelén RegueiraBenito CorbalAbril na cultura popular galegaBarón RojoFrancisco AsoreyA EstradaLinguas indoeuropeasOU-412Eiruga (planta)Arancha NogueiraLucas VázquezCristina LosadaBazoBLeninismoMar MediterráneoConxugaciónManuel MaríaAndrea MaceirasEnrique Labarta PoseParaneópterosCohesiónIngrid WashinawatokMoreno VelosoTraxe galegoLuís Pérez BarralProvincia da CoruñaMovella árticaMolécula bipolarVox populiO Pedrouzo, Arca, O PinoCantares gallegosRaíña LupaBrais RuanovaOs pronomes persoais galegosLista de paísesElena RivoAristótelesQueimadaHeraldo GuardésCristina MaróElvis PresleyBayer LeverkusenAntonio de la TorreConstitución española de 1812Fachada do ObradoiroBilbaoCasto Sampedro FolgarMaría Antonieta de AustriaGhaleb Jaber IbrahimOU-903A CoruñaP🡆 More