Datum

Un datum xeodésico ou sistema de referencia xeodésico é un sistema de coordenadas e un conxunto de puntos de referencia empregados para localizar lugar sobre a Terra ou en obxectos similares.

Unha definición aproximada de nivel do mar é o datum WGS 84, un elipsoide, aínda que unha definición máis exacta é o Modelo Gravitacional da Terra 2008 (EGM2008), que emprega polo menos 2159 harmónicos esféricos. Definíronse outros datums para outras áreas ou noutras épocas. Así, o ED50 definiuse en 1950 para Europa e difire do WGS 84 en varios centos de metros dependendo do lugar.

Datum
Marca do datum na cidade de Chicago

Marte non ten océanos e polo tanto non existe un nivel do mar, mais deseñáronse polo menos dous datums para localizar lugares na súa superficie.

Os datums empréganse en xeodesia, navegación e cartografía, ademais de sistemas de navegación por satélite para trasladar posicións indicadas en mapas á súa posición real na Terra. Comézase cun elipsoide e defínense as coordenadas latitude, lonxitude e altitude. Un ou máis lugares sobre a superficie da Terra escóllense como puntos bases.

A diferenza en coordenadas entre datums adoita referirse como desprazamento do datum. Este desprazamento ppode variar dun lugar a outro nun país ou rexión, e pode variar entre cero e centos de metros (ou varios quilómetros para algunhas illas remotas). O Polo Norte, o Polo Sur e o Ecuador estarán en diferentes posicións en diferentes datums, xa que o norte verdadeiro será lixeiramente distinto. Datums diferentes empregan interpolacións diferentes para a forma e tamaño preciso da Terra.

Dado que a Terra é un elipsoide de referencia imperfecto, os datums localizados poden dar unha representación máis exacta da área que cobren que o WGS 84. Por exemplo, o OSGB36 é unha aproximación mellor ao xeoide nas illas Británicas que o WGS 84 global. Porén, debido ao beneficio dun sistema global, o datum WGS84 está a aumentar a súa adopción.

Os datums horizontais empréganse para describir un punto sobre a superficie da Terra en latitude e lonxitude ou outro sistema de coordenadas. Os datums verticais miden elevacións ou profundidades.

Exemplos

  • WGS 84, 72, 66 e 60 do Sistema Xeodésico Mundial.
  • NAD83, datum norteamericano, moi similar ao WGS 84.
  • NAD27, antigo datum norteamericano, do que o NAD83 é un axuste.
  • OSGB36 do Ordnance Survey do Reino Unido.
  • ETRS89, datum europeo, relacionado co ITRS.
  • ED50, antigo datum europeo.
  • GDA94, datum australiano.
  • JGD2011, datum xaponés, axustado polos cambios causados polo terremoto e tsunami de Tōhoku de 2011.
  • Tokyo97, antigo datum xaponés.
  • KGD2002, datum coreano.
  • TWD67 e TWD97, diferentes datums empregados en Taiwán.
  • BJS54 e XAS80, antigos datums empregados na China.
  • GCJ-02 e BD-09, datums chineses encriptados.
  • PZ-90.11, referencia xeodésica empregada por GLONASS.
  • GTRF, referencia xeodésica empregada polo sistema Galileo.
  • CGCS2000 ou CGS-2000, referencia xeodésica empregado polo sistema de navegación BeiDou.
  • International Terrestrial Reference Frame (ITRF88, 89, 90, 91, 92, 93, 94, 96, 97, 2000, 2005, 2008, 2014), diferentes realizacións do ITRS.
  • Hong Kong Principal Datum, datum vertical empregado en Hong Kong.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Datum ExemplosDatum NotasDatum Véxase taménDatumElipsoide de referenciaNivel do marSistema de coordenadasTerra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Elena CandiaEl 33Fernando TorresPosición do canDía do LibroArnold SchwarzeneggerXXX edición dos Premios GoyaTeixugoHerbogo, RoisPoseidónBenedicto García VillarXabier DeiveMiñato comúnBanda deseñadaSocalcoDublínRevolución iranianaProfeta Habacuc (Donatello)Parlamento VascoVladimir PutinLuis García-ReyRelación transitivaRevolución IndustrialLista de palabras galegas de orixe celtaAlternativa dos VeciñosMar da China OrientalCambio climáticoDe NinghuresPili PampínNavarraLista de castelos de PortugalXulloPaul VerhoevenCambreImperio RomanoPaís Vasco (rexión histórica)Gárgola (arquitectura)Xián (nome)Alexandre BóvedaEl LuísOs demostrativos galegosJesús Vázquez AlmuíñaCésar Gil BernárdezLucie IdloutDonicelaRulaLeninCorzoLois PereiroMonte do GaliñeiroBombardeo atómico de Hiroshima e NagasakiIsabel II do Reino UnidoZendaya16 de xulloJulio García ComesañaXosé Manuel BeirasAna PeleteiroEnrique BunburyAs leis de CelavellaProsaEstatuto de autonomía de Galicia de 1936PotasioPancho VillaNuno García PicoDistritos de PortugalEurasiaCaldas de ReisLois DiéguezAutoescolaPilar AbellaÍñigo Alfonso🡆 More