Día Da Candeloria: Celebración anual

O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase o 2 de febreiro.

<< Febreiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29
2024
Todos os días

Historia

O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, a Semana Santa, o Nadal e moitos outros, acabou por ser cristianizado. Neste caso tratábase do ritual do lume, coas súas virtudes apotropaicas (de afastamento de desgrazas, protectoras).

Na antiga Roma celebrábase as Lupercais, a festa do lume e na honra da fertilidade. Nesta festa, realizábase unha procesión con candeas acendidas de noite.

No ano 492, o Papa Xelasio crea a festa da Purificación da Virxe María, que é conmemorada o 2 de febreiro. O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas, festa que substitúe e cristianiza a festa pagá romana e que posibelmente sexa orixe do actual Día da Candeloria.

Características

Día Da Candeloria: Historia, Características, Presenza no refraneiro 
Igrexa de San Xoán de Meaño.

No 2 de febreiro, nas parroquias o crego bendice as candeas que a xente ten de manter acesas mentres dure a misa. Estas candeas lévanse, posteriormente, para a casa pois atribúenselles poderes como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo.

Esta festa das luces celébrase en parroquias como Oseiro, Becerreá, Cervo, Meaño, O Rosal e Cedeira.

Noutras parroquias, como a de Cordeiro, no concello pontevedrés de Valga, realízase unha procesión en que as mulleres portan lacóns en cestos con que, posteriormente se organiza unha poxa.

Presenza no refraneiro

Os distintos refraneiros populares de Galiza recollen refráns sobre a Candeloria e o seu día:

  • Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.
  • Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
  • O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.
  • Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
  • Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola.
  • Pola Candelaria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra.
  • Pola Candeloria, metade do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade fóra e metade dentro.
  • Pola Candeloria, mitá do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra.
  • Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.
  • Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.
  • Que a Candelaria chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está pasado e a metade está por pasar.
  • Se a Candelaria chora, o inverno está fóra; se ri, aínda está por vir
  • Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.
  • Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.
  • Se a Candelaria chora, o inverno xa vai fóra. Se a Candelaria ri, o inverno está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.
  • Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal.

Véxase tamén

Bibliografía

  • SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Día Da Candeloria HistoriaDía Da Candeloria CaracterísticasDía Da Candeloria Presenza no refraneiroDía Da Candeloria Véxase taménDía Da Candeloria2 de febreiro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Curuxa comúnZ (filme)Accidente de ChernóbilAnzobre, Armentón, ArteixoParroquias de GaliciaRosario FloresPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Miguel de CervantesSean ConneryCanle (comunicación)SquashTreoninaInternetTECOR societarioAntón Avilés de TaramancosPalmaMaría Alonso SeisdedosDistribuciónJosé Luis López VázquezManuel Senra CaamañoBorja VereaA Illa de ArousaEugenia TenenbaumBéteraDonicelaDakarHLA-AArmand DuplantisJeffrey DahmerÑAmerican Psycho (filme)Carrizo (paxaro)Rakel WinchesterAlfonso MolinaO PorriñoDiáspora galegaMareas vivasBukkakeSelo postalYlePatoAna MenaÁreas lingüísticas do galego52nd StreetIan MackayCopa do Rei (hóckey sobre xeo)Manuel ComesañaCosta da MorteSabela SilvaElemental (filme de 2023)Rocco SiffrediJennifer AnistonArceLucía VeigaRelación sexual humanaMiguel Ángel Zabalza BerazaLista de nomes femininos en galegoMeteoGaliciaAC-960Jason StathamPorto, PortugalAdolf HitlerGuezosVíctor SenraBragaXibaShin ChanCircuíto Internacional de XangaiCeltas Cortos🡆 More