Criptomoeda: Medio dixital de intercambio

Unha criptomoeda, criptodivisa ou criptoactivo é un medio dixital de intercambio que utiliza criptografía forte para asegurar as transaccións financeiras, controlar a creación de unidades adicionais e verificar a transferencia de activos; é un tipo de moeda complementaria e de moeda dixital.

As criptomoedas teñen un control descentralizado, en contraposición ás moedas centralizadas e aos bancos centrais.

Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura
Logotivos de diversas criptomoedas

O control de cada moeda funciona a través dunha base de datos descentralizada, habitualmente unha cadea de bloques, que serve como unha base de datos de transaccións financeiras pública.

A primeira criptomoeda que empezou a operar foi o bitcoin en 2009 e, desde entón, apareceron moitas outras con diferentes características e protocolos como litecoin, namecoin, peercoin, ripple, dogecoin, petro etc.

A comezos de 2019 mesmo algúns bancos traballan xa con criptomoedas.

Historia

Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura 
David Chaum, creador dos rudimentos das criptomoedas

En 1983, o criptógrafo estadounidense David Chaum concibiu un sistema criptográfico monetario electrónico chamado "ecash". Xa en 1995, puxo en marcha o DigiCash, que utilizaba a criptografía para volver anónimas as transaccións de diñeiro, aínda que cunha emisión e unha liquidación (pagamento) centralizadas. Este sistema requiría un software para retirar diñeiro dun banco e designar claves cifradas específicas antes de que se puidesen enviar a un destinatario, o que permitiu que a moeda dixital non fose rastrexable polo banco emisor, o Goberno nin ningún axente.

En 1996, a NSA publicou unha investigación titulada How to make a Mint: the Cryptography of Anonymous Electronic Cash. Esta investigación describía un sistema de criptodivisa e foi publicada nunha lista de correo do MIT. Máis tarde, en 1997 publicouse tamén en The American Law Review.

A idea de criptomoeda foi descrita por primeira vez por Wei Dai en 1998, quen propuxo a creación dun novo tipo de diñeiro descentralizado que usase a criptografía como medio de control. Con todo, a primeira criptomoeda en aparecer foi o bitcoin, creada en 2009 polo desenvolvedor de pseudónimo Satoshi Nakamoto, que usa o conxunto de funcións criptográficas SHA-2 (exactamente o SHA-256) como o seu esquema PoW (proba de traballo).

Posteriormente, apareceron outras criptomoedas, como namecoin (un intento de descentralizar o sistema de nomes de dominio, o que faría moi difícil a censura de Internet), litecoin (que utiliza scrypt como esquema PoW e para ter unha confirmación de transacción máis rápida), peercoin (que utiliza un esquema híbrido PoW/PoS -proba de traballo/proba de participación- e ten unha taxa de inflación do arredor do 1 %) e freicoin (que levou á práctica o concepto de Silvio Gesell agregando depreciación no tempo).

Na súa primeira década de existencia, as criptomoedas foron gañando paseniño a atención do público xeral e dos medios de comunicación. Desde 2011, o interese aumentou axiña, en especial coincidindo co ascenso vertixinoso de bitcoin, en abril de 2013.

O tope do mercado de criptomoedas estimouse entre un e dous mil millóns de dólares en 2018.

O 6 de agosto de 2014, o Reino Unido anunciou a encarga ao Tesouro dun estudo acerca das criptomoedas, no que debería figurar o papel que podería xogar este tipo de moedas na economía do país, así como as regulacións que deberían ser consideradas.

Caracterización

Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura 
Gráfica que reflicte a crecente dificultade da minaría das criptomoedas

Nos sistemas de criptomoedas garántese a seguridade, a integridade e o equilibrio dos seus estados de contas (contabilidade) por medio dunha armazón de axentes (transferencia de arquivo segmentada ou transferencia de arquivo multifuente) que se verifican mutuamente, coñecidos como "mineiros", que son maioritariamente público en xeral e que protexen activamente a rede ao manter unha alta taxa de procesamento de algoritmos, coa finalidade de teren a oportunidade de recibir unha pequena propina, que se reparte de xeito aleatorio.

Romper a seguridade existente nunha criptomoeda é matematicamente posible, pero o custo para o lograr sería inasumiblemente alto. Por exemplo, un atacante que intentase crebar o sistema de proba de traballo de bitcoin necesitaría unha potencia computacional maior que a de toda a rede de todos os mineiros do sistema e, mesmo así, só tería unha probabilidade de éxito do 50 %. É dicir, romper a seguridade de bitcoin esixiría unha capacidade superior á de empresas tecnolóxicas do tamaño de Google.

Está previsto que no futuro a computación cuántica poida chegar a ser unha realidade, o que rompería o equilibrio no caso de que os desenvolvedores non puidesen pór en práctica a tempo o sistema para usar algoritmos poscuánticos, por se tratar dunha tecnoloxía privativa.

As criptomoedas fan posible o chamado "internet do valor" ou "internet do diñeiro", tamén coñecido polas siglas IoV (do inglés internet of value). Trátase de aplicacións de Internet que permiten o intercambio de valor, que pode ser en forma de contratos, accións, propiedade intelectual ou calquera propiedade. As cousas de valor xa se podían intercambiar antes usando sistemas de pagamento como PayPal. No entanto, a diferenza entre pagar con algo como Paypal e pagar cunha criptomoeda consiste en que facelo con Paypal require que o pagamento se faga a través de redes privadas como as das tarxetas de crédito e os bancos, mentres que o pagamento usando criptomoedas non ten intermediarios: vai directamente do comprador ao vendedor. Deste xeito, tense un sistema de transferencia universal de valor, libre de intermediacións.

Este sistema:

  • Reduce o custo da transacción, xa que non hai intermediación.
  • Reduce os tempos. Aínda que os pagamentos por Internet son rápidos, as liquidacións entre as partes levan o seu tempo e o vendedor recibe o importe días despois do pagamento. Coas criptomoedas, a demora é da orde de minutos.
  • Elimina a necesidade de usar axentes financeiros para realizar transaccións.
Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura 
Logo da criptomoeda litecoin

Definición técnica

Segundo Jan Lansky, unha criptomoeda é un sistema que cumpre as seguintes seis condicións:

  1. Non necesita unha autoridade central. Así, o seu estado mantense a través dun consenso distribuído.
  2. Mantén todas as unidades e o seu propietario.
  3. Define se se poden crear novas unidades. Neste caso, o sistema debe definir as circunstancias da súa orixe e como determinar o propietario das novas unidades.
  4. Só se pode asegurar a propiedade dunha unidade a un usuario de xeito criptográfico.
  5. O sistema permite as transaccións de unidades, nas cales se cambia o propietario desas unidades. Unha transacción só pode ser efectuada se se pode probar o actual propietario destas unidades.
  6. Se se efectúan dúas transaccións sobre as mesmas unidades, o sistema só executa unha delas.

Arquitectura

Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura 
Logo da criptomoeda peercoin

As criptomoedas descentralizadas son producidas colectivamente por todo o sistema, a unha proporción publicamente coñecida que é especificada cando ese sistema se crea. Nos bancos centrais e nos sistemas económicos tradicionais, os gobernos controlan a cantidade de moedas no mercado (por exemplo, cuñando moeda ou esixindo adicións aos libros de contabilidade). No caso das criptomoedas descentralizadas, nin as empresas nin os gobernos poden producir novas unidades. As criptomoedas tampouco teñen un activo detrás que apoie o seu valor, ao contrario das moedas tradicionais.

En maio de 2018 existían preto de 1.800 criptomoedas. Nun sistema de criptodivisas, a integridade, a seguridade e o balance das contas están mantidos por unha comunidade coñecida como os mineiros, que usa os seus computadores ou outro hardware especializado para validar e datar as transaccións, engadíndoas a unha base de datos colectiva.

Moitas criptomoedas están deseñadas para iren diminuíndo a produción de unidades gradualmente, impondo un límite na cantidade total de unidades que pode haber en circulación. Comparado cos sistemas monetarios tradicionais, as criptomoedas son máis difíciles de lexislar debido á criptografía usada no sistema.

Cadea de bloques

A validez de cada unha das unidades está na cadea de bloques, que é unha lista en constante crecemento de rexistros, chamados bloques, que se enlazan e se aseguran usando criptografía. Cada bloque contén un apuntador hash ligando a un bloque previo unha data e datos de transaccións. Por deseño, as cadeas de bloques son inherentemente resistentes á modificación dos datos.

A cadea de bloques é un "libro aberto, público e distribuído que rexistra todas as transaccións efectuadas entre dous usuarios dun xeito permanente e verificable". A cadea de bloques usualmente é administrada por unha "rede de punto a punto" colectiva cun protocolo común para engadir e validar novos bloques. Logo de rexistrados, os datos de calquera bloque non poden ser modificados sen alterar todos os seguintes bloques.

As cadeas de bloques son seguras por deseño e son un exemplo de sistema distribuído cun alta tolerancia a faltas bizantinas. Ademais, resolven o problema de dobre gasto sen a necesidade dunha autoridade certificada ou un servidor central, asumindo que non se vai dar o ataque do 51% (que funcionou con varias criptomoedas).

Datación

As criptomoedas usan varios sistemas de datación para "probar" a validez das transaccións engadidas á cadea de bloques sen necesidade dun terceiro actor autorizado.

O primeiro sistema inventado foi o de proba de traballo. Os sistemas máis utilizados están baseados no algoritmo SHA-256 e scrypt. Outros algoritmos que se usaron son CryptoNight, Blake, SHA-3 e X11.

Outro sistema, o de proba de participación, é un método para asegurar a rede atinxindo un consenso distribuído, pedíndolles aos usuarios a propiedade dunha pequena parte das unidades. Diferénciase do sistema de proba de traballo en que non teñen que executar algoritmos de hashing moi complicados para validar as transaccións. O sistema cambia moito dependendo da moeda e actualmente non hai un estándar. Algunhas criptomoedas usan un sistema combinado entre os dous.

Minaría

Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura 
Instalación para a minaría de criptomoedas

Nas redes de criptomoedas, a minaría leva consigo unha validación das transaccións. Por este esforzo, os mineiros obteñen unidades como recompensa. Esta recompensa diminúe as tarfias e constitúe un incentivo complementario para contribuír ao poder de procesamiento da rede. A proporción de xerar novas funcións hash que validan calquera transacción foi aumentada polo uso de máquinas especializadas como FPGA e ASIC. Esta carreira por máquinas baratas e eficientes existiu desde os días da primeira criptomoeda, bitcoin, que foi introducida en 2009. Cantas máis persoas se foron aventurando no mundo das criptomoedas, a complexidade da xeración hashes foi aumentando, facendo que os mineiros teñan que investir grandes cantidades de diñeiro en máquinas especializadas. Algunhas veces, o valor das unidades obtidas non xustificaba o investimento en máquinas, na súa refrixeración e na enerxía consumida para as facer funcionar.

Algúns fondos de minaría comparten a súa capacidade de procesamento na rede para repartir a recompensa equitativamente, consonte a cantidade de traballo que contribuíran pola probabilidade de atopar un bloque.

En febreiro de 2018, o Goberno chinés detivo o comercio con criptomoedas e prohibiu a minaría; algúns mineiros mudáronse ao Canadá. Hai empresas que están a usar centros de datos para a minaría preto de estacións de gas canadenses, debido aos baixos prezos. En xuño de 2018, Hydro Quebec propúxolle ao goberno rexional subministrar 500 megawatts de potencia a compañías de minaría. Segundo unha noticia de febreiro de 2018, Islandia converteuse no "ceo" para os mineiros, en parte polos prezos da electricidade, moi baratos. Os prezos son estables debido a que están preto de plantas enerxéticas de enerxías renovables, o que incita máis compañías de minaría a consideraren o traslado das súas operacións a Islandia. A compañía local de enerxía di que a minaría está a se volver tan popular que o país usará máis electricidade para este labor que para a subministración de enerxía aos fogares nos próximos anos. En outubro de 2018, Rusia converteuse no anfitrión dunha das maiores granxas de minado no mundo, localizada en Siberia. En marzo de 2018, unha cidade estadounidense do estado de Nova York puxo unha moratoria de 18 meses a toda a minaría de criptomoedas, nun esforzo por preservar os recursos naturais e o "carácter" da cidade.

Aumento do prezo das GPU

O incremento da minaría aumentou a demanda de tarxetas gráficas en 2017. As preferidas polos mineiros foron a GTX1060 e a GTX1070 de NVIDIA, e as RX570 e RX580 de AMD, que duplicaron ou mesmo triplicaron o seu prezo.

NVIDIA pediulles aos distribuidores que fixesen o que puidesen para lles vender as tarxetas aos xogadores antes que aos mineiros: "os xogadores son a nosa prioridade", dixo Boris Böhles.

Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura 
Carteira imprimible dunha criptomoeda, consistente nun enderezo de bitcoin para a recepción e a correspondente clave privada para a emisión

Carteiras

As carteiras, tamén coñecidas pola súa forma inglesa wallet, gardan as claves públicas e privadas (enderezos) que se poden usar para recibir ou enviar unidades. Coa clave privada é posible escribir na cadea de bloques, gastando a cantidade desexada. A clave pública fai posible que outros usuarios poidan enviar diñeiro á carteira.

Anonimato

Bitcoin é pseudónimo no canto de anónimo, xa que a criptomoeda dentro dunha carteira non está vinculada ás persoas, senón a unha ou a máis claves específicas. Xa que logo, os usuarios dos bitcoin non son identificables, pero todas as transaccións están publicamente na cadea de bloques. Porén, a lei esixe adoito que os intercambios de criptomoedas recollan información persoal dos seus usuarios.

Economía

As criptomoedas utilízanse principalmente á marxe das institucións bancarias e son intercambiadas a través de Internet.

Tarifas de transacción

As tarifas nas criptomoedas dependen principalmente da oferta de capacidade de cálculo da rede no momento e da demanda do usuario dunha transacción rápida. O usuario pode escoller unha tarifa específica, mentres que os mineiros procesan as transaccións en orde decrecente. Pódese simplificar o proceso para o usuario ofrecendo prioridades alternativas e determinando o tempo que podería tardar cada unha.

Para Ethereum, as tarifas veñen dadas pola complexidade computacional, o uso da rede e as necesidades de almacenamento. En bitcoin, as tarifas cambian segundo o tamaño da transacción e de se se usa Seg Wit. En setembro de 2018, a tarifa media correspondía a 0,017 dólares, mentres que para bitcoin correspondía a 0,55 dólares.

Intercambios

Os intercambios permiten aos usuarios comerciaren coa moeda por outros bens, como moeda tradicional ou outras criptomoedas.

Intercambios atómicos

Os intercambios atómicos son un mecanismo polo que unha criptomoeda pode ser intercambiada directamente por outra criptomoeda, sen a necesidade dun terceiro actor certificado nese intercambio."

Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura 
Caixeiro automático para a adquisición e a venda de criptomoedas

Caixeiros automáticos

Jordan Kelley, fundador de Robocoin, estableceu o primeiro caixeiro automático de bitcoin nos Estados Unidos o 20 de febreiro de 2014. O expendedor instalado en Austin, Texas, é similar aos caixeiros bancarios pero conta con escáners para ler a identificación expedida polo Goberno para confirmar a identidade dos usuarios.

Oferta inicial

A ofertas inicial de moeda (ICO, en inglés) é un medio controvertido para recadar fondos para unha criptomoeda. As empresas novas poden utilizar unha ICO coa intención de evitaren a regulación. Con todo, os reguladores de valores en moitas xurisdicións, mesmo nos Estados Unidos e no Canadá, indicaron que se unha moeda ou unha ficha son un "contrato de investimento" (por exemplo, baixo a proba de Howey; é dicir, un investimento de diñeiro cunha expectativa razoable de ganancias), están suxeitas á regulación de valores. Nunha campaña de ICO, unha porcentaxe da criptomoeda (xeralmente en forma de "fichas") véndeselles aos primeiros patrocinadores do proxecto a cambio de moeda legal ou outras criptomoedas, adoito bitcoin ou ether.

Segundo Pricewaterhouse Coopers, catro das dez ofertas iniciais de moedas máis grandes propostas utilizaron Suíza como base, onde con frecuencia se rexistran como fundacións sen fins de lucro. A axencia reguladora suíza FINMA declarou que adoptaría un "enfoque equilibrado" para os proxectos da ICO e permitiría aos "innovadores lexítimos navegaren polo panorama regulatorio e así lanzar os seus proxectos de xeito compatible coas leis nacionais que protexen os investidores e a integridade do sistema financeiro”. En resposta a numerosas solicitudes de representantes da industria, un grupo de traballo lexislativo da ICO comezou a emitir directrices legais en 2018, co obxectivo de eliminar a incerteza das ofertas da criptomoeda e establecer prácticas comerciais sustentables.

Legalidade

Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura 
Logotipo do petro venezolano, unha criptomoeda sustentada nas existencias de petróleo

O uso destas criptomoedas en actividades ilegais, así como a imposibilidade por parte dos gobernos de establecer políticas impositivas sobre transaccións realizadas a través do devandito medio, son motivo de controversias.

  • Bolivia converteuse no primeiro país en prohibir explicitamente o uso de criptomoedas, en xuño de 2014, tras coñecerse da creba no Xapón da compañía Bitcoins Mt.Gox, o que prexudicou a máis dun millón de persoas.
  • En Venezuela, antes do 9 de abril de 2018 desmanteláronse minas de criptomoedas e arrestáronse os seus donos por "lexitimación de capitais, enriquecemento ilícito, delitos informáticos, financiamiento ao terrorismo, fraude cambiaria e danos ao sistema eléctrico nacional". A partir do 9 de abril de 2018 legalizouse a existencia e a creación de criptoactivos, entre os que se inclúe o petro. Tamén se lle permite a calquera persoa natural ou xurídica, privada ou pública, a publicación do seu propio libro branco, como primeiro paso para iniciar o proceso de rexistro e control dunha nova criptomoeda ante o Goberno.
  • O 25 de marzo de 2014, o Servizo de Rendas Internas dos Estados Unidos (IRS) determinou que o bitcoin será considerado como unha propiedade para os efectos de taxas, o que implica que estará suxeito ao imposto de ganancias de capital. Nun artigo publicado por investigadores de Oxford e Warwick, demostrouse que o bitcoin ten algunhas das características máis semellantes ao mercado de metais preciosos que ás moedas tradicionais, o que no fondo concorda coa postura do IRS.
  • Existen servizos como CryptoLife e WalletBuilders que axudan a crear unha criptomoeda propia de xeito rápido e doado, ofrecendo o seu asesoramento técnico. Trátase dun servizo de pagamento e, en ocasións, soliciítase a exposición dun plan de negocios que demostre que o interese transcende a simple curiosidade.

Comercio na rede escura

As características das criptomoedas achéganlles moita popularidade en aplicacións como refuxio en crises bancarias, o que tamén favoreceu o seu uso en ámbitos controvertidos como os dos mercados negros en liña. Un exemplo é Silk Road, pechado inicialmente en 2013 polo FBI, aínda que se mantiveron en uso outras versións posteriormente. O ano seguinte ao seu pechamento, o número de mercados negros aumentou de catro a doce, mentres que a cantidade de listaxes de medicamentos aumentou de 18.000 a 32.000.

Criptomoedas máis coñecidas

Siglas Nome Data de creación Equivalente da masa monetaria en USD Algoritmo Unidades emitidas Cantidade máxima de unidades para emitir Nota
BTC, XBT Bitcoin 2009 125.000 millóns (04/09/2018) SHA-256
(proba de traballo)
17 millóns (16/05/2018) 21 millóns A primeira moeda descentralizada.
ETH Ethereum 2015 29.000 millóns (04/09/2018) Ethash 99,4 millóns (16/05/2018) Non limitada A premeira moeda baseada nunha cadea de bloques que permitiu a creación de contratos intelixentes.
BCH, BCC Bitcoin Cash 2017 10.000 millóns (04/09/2018) SHA-256
(proba de traballo)
17 millóns (16/05/2018) 21 millóns Fork da cadea de bloques Bitcoin con aumento do tamaño máximo dun bloque. O obxectivo é facer fronte mellor ao crecemento do número de usuarios.
XRP Ripple 2012 13.000 millóns (04/09/2018) ECDSA 39.190 millóns (16/05/2018) 100.000 millóns As transaccións sont verificadas por conseso entre os membros da rede, en lugar de mediante o proceso de minaría utilizado por bitcoin.
LTC Litecoin 2011 3.870 millóns (04/09/2018) Scrypt
(proba de traballo)
56,5 millóns (16/05/2018) 84 millóns A priemeira criptomoeda establecida con Scrypt.
NANO Nano 2015 1.300 millóns (26/12/2018) DAG 133 248 290 133 248 290 Utiliza un sistema que non precisa minaría, non ten tarifas de transacción e a súa escalabilidade é infinita.
IOTA IOTA 2015 1.950 millóns (04/09/2018) SHA-256
(proba de traballo)
Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura  Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura  En lugar de utilizar cadea de bloques, o protocolo IOTA baséase nun grafo acíclico dirixido.
OMG OmiseGo 2017 6.800 millóns (04/09/2018) 102 millóns (16/05/2018) 140,25 millóns Primeira aplicación concibida baixo a rede Plasma.
MAID MaidSafeCoin 2014 15.900 millóns (16/05/2018) -8,73 % 452,5 millóns (04/08/2017) 4.300 millóns Proba de recurso (POR).
DASH Dash 2014 17.900 millóns 04/09/2018 X11 8 millóns (16/05/2018) 18,9 millóns Primeira criptomoeda anónima.
DOGE Dogecoin 2013 504 millóns (16/05/2018) -4,59 % Scrypt
(proba de traballo)
114.500 millóns (16/05/2018) 5.200 millóns por ano para sempre Derivada de litecoin, é a primeira que se basea nun meme.
XMR Monero 2014 2.210 millóns (04/09/2018) Proba de traballo 16 millóns (16/05/2018) 18,3 millóns, mais produción perpetua mínima de 0,3 XMR por minuto Cando se produzan os 18,3 millóns, a inflación máxima será do 1 % e logo decreceá exponencialmente ata 0.
AFRO AFRO 2017 2.090 millóns (04/01/2019) DASH - Proba de participación (PoS) 750.000 millóns (04/01/2019) 750.000 millóns, mais unha produción anual máxima do 0,584% da emisión inicial O AFRO é unha criptomoeda panafricana, para o desenvolvemento social do continente.
FCT Factom 2015 157 millóns (16/05/2018) -8,4 % 8,7 millóns (16/05/2018)
BTS BitShares 2014 637 millóns (16/05/2018) -4,81 % 2.640 millóns (16/05/2018) 3.600.570.502
PPC Peercoin 2012 640 millóns (16/05/2018) -8,77 % SHA-256
(proba de traballo/proba de participación)
24.764.006 (16/05/2018) Sen límite Inflación anual: 1 %
NMC Namecoin 2011 29.788.896 (16/05/2018) -4,67 % SHA-256
(proba de traballo)
14,7 millóns (16/05/2018) 21 millóns Pretende actuar como DNS descentralizadoi, o que dificulta a censura en Internet. Utiliza o nome de dominio ".bit".
LSK Lisk 2016 1.290 millóns (10/05/2018) DPOS 110,4 millóns (04/08/2017) Primeira criptomoeda modular que utiliza Sidechain.
SLR SolarCoin 2014 1.069.366.545 (16/05/2018) -7,69 % PoST 105.951.307 (16/05/2018) 121.201.144 Atribúenselle aos produtores de enerxía solar.
ONION DeepOnion 2017 29.511.492 (16/05/2018) +0,67 % Proba de participación (PoS) e X13 proba de traballo (PoW) 15.100.490 (16/05/2018) 25.000.000 Totalmente anónima; utiliza a rede Tor.
DRT DomRaider Token 2017 14.313.886 EUR (16/05/2018) +5,03 % 591,5 millóns (16/05/2018) 1300 millóns Plataforma de poxas que utiliza a cadea de bloques.
ECA Electra 2017 61.393.773 (16/05/2018) -12,14 % Nist5 (PoS) 25.000 millóns (16/05/2018) 30.000 millóns Moeda rápida con tarifa de transaccións fiable, xerada pola propia comunidade.
Ğ1 Ğ1 2017 SHA-256 Máis de 5 millóns (previsto 2019) Sen límite Moeda libre.
SEW SecuriumCoin 2018 16.357.097 (01/11/2018) ERC20 143.483.314 (01/11/2018) 500.000.000 Ofrece unha garantía de solvencia baseada nas súas existencias en diamantes.
PIT Paypite 2018 620.000 EUR (16/05/2018) ERC20 2.000.000 (16/05/2018) 247.000.000 Moeda da francofonía.
KMD Komodo 2016 101.010.557 EUR (17/09/2018) D-POW 109.755.311 (17/09/2018) 200.000.000 O seu mecanismo de consenso é único. 5 % de xuros anuais.

Criptomoedas por capitalización de mercado

Criptomoeda: Historia, Caracterización, Arquitectura 
Capitalización bolsística das criptomoedas en outubro de 2017

A táboa seguinte amosa as cinco principais criptomoedas por capitalización de mercado.[cando?]

Nome Capitalización de
mercado (en USD)
Prezo (en USD) Volume (24h) (en USD) Accións en circulación
Bitcoin 111.576.210.822 6.426,27 4.430.847.776 17.362.525 BTC
Ethereum 21.870.899.078 212,27 1.742.672.277 103.031.580 ETH
XRP 21.612.975.350 0,537562 1.225.398.108 40.205.513.967 XRP
Bitcoin Cash 9.828.269.257 563,45 767.980.331 17.443.138 BCH
EOS 5.085.432.926 5,61 758.145.106 906.245.118 EOS

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Tags:

Criptomoeda HistoriaCriptomoeda CaracterizaciónCriptomoeda ArquitecturaCriptomoeda EconomíaCriptomoeda LegalidadeCriptomoeda s máis coñecidasCriptomoeda s por capitalización de mercadoCriptomoeda NotasCriptomoeda Véxase taménCriptomoedaDescentralización

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Marc-André ter StegenVincent van GoghLiceo BrigantinoWikipediaMarta DarribaCircuíto Internacional de XangaiOllos de augaToni KroosVigoTeruelEl Heraldo Gallego (Buenos Aires)Lista de voces dos animaisPortugalLondrinaPontevedraLedicia CostasPaís VascoBaionaA Fraga, San Cosmede de Cusanca, O IrixoPardo de CelaPapel vergadoKeanu ReevesLuísa VillaltaVómito (grupo musical)QueiroaSanta CompañaModelo OSILista de palabras galegas de orixe celtaAbellaMichelangeloPartido GalegoCasto Sampedro FolgarBaldo RamosBitcoinChris HemsworthMaría Antonieta de AustriaVerbos galegos ser, estar e irJosé González VázquezLois DiéguezSalvador Puig AntichMartin Luther KingEstricninaOU-602María JamardoAmeixeiraEva MejutoLingua galegaLSDL'Hospitalet de l'InfantMar MediterráneoMarcial DoradoOU-403Juan Manuel LilloOs PearesHindemburg Melão Jr.Jude BellinghamDiego AnidoQueimadaMemorias dun neno labregoRosalía de CastroDigimonExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveIngrid WashinawatokAgustín Fernández PazTarragonaManuel RivasMarçal MolinéXironaBenigno Andrade GarcíaCélulas A549🡆 More