portada

Arquivo das versións antigas da Portada: Wikipedia:Portada/Arquivo

Último comentário: hai 11 meses de Estevoaei no tópico Imaxe en Xenoma humano


portada
Arquivos
1, 2, 3, 4, 5, 6

Incidente de Palomares

Na portada conta que hoxe é aniversario do Incidente de Palomares mais non liga a el. Propoño que ligue.Lles (conversa) 17 de xaneiro de 2019 ás 11:50 (UTC)

Corrección

Onde pon: 1848, nace Joris-Karl Huysmans, novelistas parisiense. debería pór: 1848, nace Joris-Karl Huysmans, novelista parisiense. 5 de febreiro de 2019 ás 07:34 (UTC)Lles (conversa)

Masculino como xenérico

Efemérides destacadas

Bo día, nas efemérides de hoxe e nas dos próximos días vin que non hai mulleres https://www.duhoctrungquoc.vn/wiki/gl/Wiki:Efem%C3%A9rides_destacadas. Lles (conversa) 18 de febreiro de 2019 ás 08:47 (UTC)

Lles, se crees que hai que mudar as efemérides por outras ... adiante, faino (Wikipedia:Edita con afouteza). --. HombreDHojalata.conversa 18 de febreiro de 2019 ás 22:26 (UTC)

Día Internacional da Lingua Materna

Está en vermello e si ten páxina Día Internacional da Lingua Materna. Lles (conversa) 21 de febreiro de 2019 ás 12:34 (UTC)

    portada  Solucionado. Grazas, Lles. De todos modos, con vistas a futuras cuestións similares, non é algo que se deba solucionar na portada (espello de múltiples seccións) senón na efeméride específica. Así pois, neste caso a páxina de conversa onde dar o aviso sería Conversa Wikipedia:Efemérides destacadas/21 de febreiro. --Atobar (conversa comigo) 21 de febreiro de 2019 ás 12:42 (UTC)

sección "Tal día como hoxe no ano...": Mariano Rajoy.

Habería que indicar que foi Presidente do Goberno de España, o cargo mais alto que acadou. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.85.225 (conversa • contribucións)

Día internacional do libro infantil e xuvenil

Boas, quedárame unha minúscula. Corrixina na páxina do día, pero habería que poñer Día Internacional do libro infantil e xuvenil. Creo, porque nos títulos de días internacional vai con maíusculas, pero o resto de substantivos non sempre, ver Día internacional dos nenos vítimas inocentes de agresión. Se non é así sería Día Internacional do Libro infantil e xuvenil, non?. Graciñas e desculpas polo erro. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 2 de abril de 2019 ás 07:17 (UTC)

  • Ola, Maria. É certo: conviña fixar un criterio único co fin de unificar estes casos; facelo, pois, a partir da referencia que xerarquicamente sexa máis potente. Unha posibilidade que poño sobre a mesa é a Ortografía da lingua galega de Begoña González Rei (Galinova, 2004) [3]. Persoalmente, dáme a impresión de que debería ser Día Internacional do Libro Blablabá, Día da Nai, Día dos Cans Ceibos... Pero efectivamente depende do manual que cadaquén follee (as ligazóns que achegas son boa mostra). Como ti mesma sinalas, nin sequera o Portal das Palabras nos dá sacado da dúbida de inicio, e contradise. Eu estes días estou fóra, con acceso moi limitado. A partir do vindeiro luns xa estarei de novo dispoñible para mirar que di ao respecto a tal ortografía, a non ser que antes vós xa deades con algo ben explicado, claro e contundente. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 2 de abril de 2019 ás 16:11 (UTC)
  • @Maria zaos: Copio directamente da Ortografía da lingua galega de Begoña González Rei (Galinova, 2004) p. 254: epígrafe Maiúsculas e minúsculas. 17. Divisións temporais e festividades. 1 Leva maiúscula inicial e mais en todos os substantivos e adxectivos o nome das festividades, relixiosas e civís, estatais e populares: Pentecostés, Epifanía, Nadal, Corpus, Venres Santo, a noite de San Xoán, Día da Constitución, Día da Independencia, Día da Patria Galega.

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Eu penso que as redireccións desde as versións en minúsculas tamén son moi necesarias, para evitar que acabe habendo, noutros artigos, ligazóns internas vermellas a artigos existentes [ai que ter en conta que non hai constancia clara de que, segundo a autoridade (RAG), sexan formas incorrectas]. --. HombreDHojalata.conversa 8 de abril de 2019 ás 07:12 (UTC)

Tal como hoxe no día

1912, o transatlántico Titanic parte para (a) súa primeira e última viaxe do porto de Southampton, Inglaterra. Engadir o "a"Lles (conversa) 10 de abril de 2019 ás 09:59 (UTC)

Toma de Antioquía

Onde pon que en 1098 na Turquía os Cruzados toman Antioquía, debería poñer Imperio Selxúcida no canto de Turquía. --Dodro (conversa) 3 de xuño de 2019 ás 14:04 (UTC)

Hoxe

poñendi fin Lles (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 06:15 (UTC)

Juana de Vega

Propoño cambiar "1872, morre Juana de Vega, escritora galega e muller do xeneral Francisco Espoz y Mina." por "1872, morre a escritora galega Juana de Vega" . Lles (conversa) 22 de xuño de 2019 ás 13:25 (UTC)

Raul González Blanco

Hoxe sae na portada. Onde pon "xogador do Real Madrid", debera pór "ex-xogador de fútbol e actual entrenador". --Rosamf (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 08:15 (UTC)

Wiki loves parroquias

No texto "Do 1 de agosto ó 31 de outubro participa no concurso fotográfico da Galipedia. Fai fotos de parroquias que non teñen imaxe, colabora coa Galipedia e consegue agasallos!" onde pon "consegue" debería pór "consigue". Lles (conversa) 1 de xullo de 2019 ás 06:34 (UTC)

O sal

Sal é masculino en todas as súas acepcións segundo o DRAG. Corrixín moitos xéneros no artigo, pero na portada aparecen "das sales quimicas" e "extraer as sales". Tamén no primeiro parágrafo hai unha referencia á salinidade da auga do mar e di "estes posúan", cando debería ser "esta posúe".--Miguelferig (conversa) 29 de febreiro de 2020 ás 20:13 (UTC)

Francisca Herrera Garrido

Non ten ligazón. Lles (conversa) 4 de marzo de 2020 ás 09:06 (UTC) e a RAG, tampouco. Lles (conversa) 4 de marzo de 2020 ás 09:07 (UTC)

Imaxe do día

Non sei que ten que ver o artigo Marcelle (un topónimo galego) co antílope africano que sae na imaxe do día do 6-8-2020. Non haberá algún erro?--Miguelferig (conversa) 6 de agosto de 2020 ás 10:38 (UTC)

    Ola, Miguelferig ! Graciñas polo aviso. Levába a unha páxina de homónimos e non tiña moito sentido,si. A relación é con Marcelle Natureza,xa que é o lugar onde se tomou a foto. Polo momento ligueina con esa entrada, pero se queres suxerir outra, adiante. Eu de zooloxía controlo pouco, así que para saír do paso optei polo seguro, pero pódese cambiar a ligazón por outra máis acaída. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 6 de agosto de 2020 ás 11:18 (UTC)
      Graciñas polos cambios en Marcelle Netureza. Tentei atopar referencias para mellorar o artigo, pero fóra da súa web é complicado. É por isto que mudei o pé de foto e ligazón a elán común e Taurotragus oryx. Se hai algo incorrecto, por favor, indícamo, Miguelferig. Graciñas de novo!.--Maria zaos (conversa) 6 de agosto de 2020 ás 11:38 (UTC)

Imaxe da portada

Maria zaos ou Estevoaei, hai que amañar a portada porque a imaxe do artigo destacado tivo que ser borrada en Commons. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2020 ás 20:50 (UTC)

Portada 15 / XI / 2020, Sección "Tal día como hoxe": 1º MicroProcesador da Historia

Boas, indícase que Intel creou o 1º microprocesador da historia, nembargantes ao acceder a páxina do microprocesador di o seguinte: "Entre 1968 e 1970 foi deseñado o Central Air Data Computer, un sistema integrado de control de voo. Este sistema empregaba un chipset denominado MP944, que se converteu no primeiro microprocesador da historia.".
Logo fala de Intel, pero aparentemente un ano antes apareceu o verdadeiramente 1º "micro". Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.85.249 (conversa • contribucións)

Sección das efemérides

Boas, segundo recolle o dicionario da RAG en frases e expresións con "tal", como se pode ver aquí Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tal., o texto que acompaña as efemérides "Tal día como hoxe no ano..." debería ser "tal día coma hoxe no ano..." Sería preciso cambialo. Grazas. --Breogan2008 (conversa) 5 de febreiro de 2021 ás 10:28 (UTC)

My Lai

O número de asasinados na portada non se corresponde co dado no artigo. Lles (conversa) 16 de marzo de 2021 ás 08:03 (UTC)

Acentuación

Policía política Lles (conversa) 26 de abril de 2021 ás 08:46 (UTC) Chernóbil

Imaxe do Día 02 / 05 / 2021

A imaxe da ave petroleada indica que se atopou nunha praida "do Grove", có artigo contraído. O nome do concello é "O Grove", co artigo, polo que entendo que o texto correcto sería "de O Grove".


Saúdos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.85.248 (conversa • contribucións)

Furna non é urna

Ola. Hai que cambiar o texto da imaxe do día venres 28 de maio. Onde pon furna hai que poñer urna. Furna é unha cova, normalmente no litoral mariño. Non é urna, palabra, por outra parte, que non tiña efe en latín (urnam).--Miguelferig (conversa) 28 de maio de 2021 ás 20:26 (UTC)

Zona de Probas

Boas, se vou a [[Zona de Probas]], https://www.duhoctrungquoc.vn/wiki/gl/Wiki:Zona_de_probas, non vexo como acceder ao editor, e se vou a conversa envíame de novo a páxina principal de Zona de Probas.

Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.44.213.189 (conversa • contribucións) 10 de xuño de 2021 ás 15:56

portada 

Tereré

Bebida da América do sur 168.196.200.246 3 de xullo de 2021 ás 22:56 (UTC)

Madeira

No artigo destacado deste mes cómpre mudar a ligazón Madeira a arquipélago de Madeira, xa que tal e como está agora dirixe ao material en lugar da illa portuguesa, algo que non ten sentido. Tentei facelo eu pero non podo ao ser unha páxina protexida. Piquito (conversa) 7 de xullo de 2021 ás 11:43 (UTC)

Río Mera

Non se ve a imaxe. Lles (conversa) 8 de xullo de 2021 ás 07:44 (UTC)

portada 

Siro

Bo día. Cómpre mudar a ligazón interna da imaxe do día que apunta cara Siro López (xornalista deportivo) por Siro (caricaturista) no Módulo:Imaxe do día/lista. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 16 de xullo de 2021 ás 02:40 (UTC).


Tankōbon

Boa tarde. Gustaría de solicita-la axuda de alguén. Acabei de facer unhas modificacións no artigo Tankōbon, que é un volume de compilacións dunha serie de mangas (ou de outros escritos) no Xapón. Inserín unha ligazón noutro idioma que acabou sendo revertida, cousa que podo comprender perfectamente, mais unha ligazón que dirixía a unha páxina da propia Galipedia tamén o foi!

No segundo parágrafo do artigo en cuestión lese: "Polo regular, os mangas son publicados por primeira vez en revistas de antoloxías de tirada semanal ou mensual (coma Afternoon, Shounen Jump, Hana to Yume)." Están amentadas tres desas antoloxías, a primeira (Afternoon) cunha ligazón da Galipedia, a segunda non. Eu tentei inseri-la ligazón correspondente, que se chama Shūkan Shōnen Jump en galego, e alguén desfíxome esa acción. Houben de pensar que estaba no erro, mais non hai erro ningún: confirmeino ó contrasta-las Wikipedias en portugués, asturiano, castelán e catalán. Todas elas amentan a mesma antoloxía, e case todas (só non a asturiana) fan a ligazón. Por favor, algún de vostedes poderíame restabelece-la ligazón ou polo menos contacta-la persoa que a desfixo? --RichardAerts01 (conversa) 28 de xullo de 2021 ás 18:01 (UTC)

portada  Feito! o 28 de xullo por @MAGHOI e revisado o 29 de xullo por @HombreDHojalata.-- Maria zaos (conversa) 16 de outubro de 2021 ás 09:38 (UTC)

¿Galipedia.gal non é a GaliPedia?

Boas, ao tratar de entrar en 'https://galipedia.gal' ou en 'https://www.galipedia.gal' entra nunha páxina distinta que tamén se indentifica como a GaliPedia, pero que non amosa o mesmo contido que nesta páxina, 'gl.wikipedia.org'. Gracias. P.D.: Aproveito para comentar que na páxina de 'galipedia.gal', aparece un texto a pé de paxina que compre revisar: "Páxina aloxada por Wiki España, proxectos soprotados pola Fundación Wikimedia". Ai que cambiar "proxectos soprotados" por "proxectos sopoRtados".—o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.10.70.181 (conversa • contribucións)

    Ola, a páxina galipedia.gal non é da Galipedia nin da Wikipedia, é unha páxina rexistrada e mantida pola asociación Wiki: Wiki España para evitar que algunha persoa "roube" o dominio e poida utilizalo de forma incorrecta. Nesa páxina, se se pon un texto e se lle da a buscar, xa se vai realmente á Galipedia. Sobre o erro no texto avisaremos ós compañeiros de Wiki España para que o amañen o antes posible, moitas grazas polo aviso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de setembro de 2021 ás 07:56 (UTC)

Día das escritoras

Boas, nas efemérides do día de hoxe está errada a data. É unha data móbil, é o luns máis próximo ao 15 de outubro. Para o 2021 é o día 18. Por favor, modificade tamén as do 18. HoxeMañá, 15 de outubro, é o Día Internacional das Mulleres Rurais (https://www.un.org/en/observances/rural-women-day), de data fixa. Graciñas! Maria zaos (conversa) 14 de outubro de 2021 ás 19:47 (UTC)

Forno dos Mouros

Cómpre mudar a ligazón interna da imaxe do día que apunta cara Forno dos Mouros (páxina de homónimos) por Forno dos Mouros (Toques) no Módulo:Imaxe do día/lista. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 22:33 (UTC)

    Outras ligazóns a páxinas de homónimos pendentes de corrixirse e que están no texto das imaxes dos próximos días:
  • Ficheiro:Castro da Subidá.jpg ( en Castro da Subidá, na parroquia de San Xián de Marín.)--> "vexa artigo Castro"> cambiar por Castro
  • Ficheiro:Río_Lérez,_Pontevedra.JPG . vista do Río Lérez> cambiar por Río Lérez

Saúdos.--Maria zaos (conversa) 19 de decembro de 2021 ás 19:43 (UTC)

Lake District

No pé de foto da foto do día da partada do 29-12-2021 penso que Lake District debería traducirse por Distrito do lago ou deixalo como Lake Disrict.--Miguelferig (conversa) 29 de decembro de 2021 ás 22:49 (UTC)

02/05/2022: ¿David Beckham xogador ou EX-xogador de fútbol?

02/05/2022: ¿David Beckham xogador ou EX-xogador de fútbol?—o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.85.248 (conversa • contribucións) 2 de maio 20:42

    Ola, @Maria zaos. Intenteino mudar pero debe ser que só o poden facer os administradores da interface. Eu mudábao pero non se gardaban os cambios. A ver se algúen con máis coñecementos o pode facer. Grazas polo aviso, de tódolos xeitos. MAGHOI (conversa) 2 de maio de 2022 ás 20:33 (UTC)

Orde das Conversas

Boa tarde, ao entrar na páxina de Conversas sempre aparecen en 1º lugar as de 2019 e aparte hai unha ligazón ao "histórico de conversas".

Creo que sería preferible que aparecesen en 1º lugar as conversas máis recentes, podendo consultar as anteriores debaixo ou indo ás anteriores páxinas. Para ver conversas máis antigas poderíase utilizar a ligazón para acceder ao histórico.


Gracias. 85.91.85.213 6 de marzo de 2023 ás 16:32 (UTC)

Imaxe en Xenoma humano

Ola, no artigo destacado da portada aparece unha imaxe en inglés do artigo xenoma humano, pero esa imaxe hai algún tempo que foi traducida ao galego; de feito a imaxe en inglés xa non está no artigo. Todas as imaxes do artigo están en galego.Miguelferig (conversa) 1 de maio de 2023 ás 15:09 (UTC)

Volver á páxina "Portada".

Tags:

portada Incidente de Palomaresportada Correcciónportada Masculino como xenéricoportada Efemérides destacadasportada Día Internacional da Lingua Maternaportada sección Tal día como hoxe no ano...: Mariano Rajoy.portada Día internacional do libro infantil e xuvenilportada Tal como hoxe no díaportada Toma de Antioquíaportada Hoxeportada Juana de Vegaportada Raul González Blancoportada Wiki loves parroquiasportada O salportada Francisca Herrera Garridoportada Imaxe do díaportada Imaxe da portada Portada 15 XI 2020, Sección Tal día como hoxe: 1º MicroProcesador da Historiaportada Sección das efeméridesportada My Laiportada Acentuaciónportada Imaxe do Día 02 05 2021portada Furna non é urnaportada Zona de Probasportada Tereréportada Madeiraportada Río Meraportada Siroportada Tankōbonportada ¿Galipedia.gal non é a GaliPedia?portada Día das escritorasportada Forno dos Mourosportada Lake Districtportada 02052022: ¿David Beckham xogador ou EX-xogador de fútbol?portada Orde das Conversasportada Imaxe en Xenoma humanoportadaArquivoWikipedia:Portada/Arquivo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Corpus Inscriptionum LatinarumCidade da Cultura de GaliciaPrehistoriaArnold SchwarzeneggerLucie IdloutLingua inglesaCastro de Punta do BicoIemenBrasilGabriel García MárquezHarry S. TrumanLuís SeoaneJung Woo-sungIrmandades da FalaBárbaroElba VeleiroProxyManuel FragaJane GoodallBarcelonaAlemañaHenrique VIII de InglaterraJulio García ComesañaMarta DoviroIgrexa de Santa María do AzougueCastelo da PicoñaInstituto de Tecnoloxía de MassachusettsDua LipaCelanovaLouis ArmstrongImperio RomanoCambreLista de nomes masculinos en galegoFotografía eróticaVento feridoIsabel II do Reino UnidoSecretaría Xeral de Política LingüísticaAníbal MalvarCataluñaVilarbuxán, Vilarbuxán, BóvedaBulgariaGerardo Pardo de VeraPortugalDereito de autoríaÍñigo AlfonsoO Alto de Covelo, Covelo, Viana do BoloGoián, Ferreira de Pantón, PantónBreogánSéchu SendeMonte MedulioMontse DopicoMúsica tradicional galegaHesbuláEscáncerPilar AbellaPonte CaldelasAmieiroTimor LesteWolfgang Amadeus MozartLois DiéguezPobo galegoPablo VioqueGumersindo Rico GonzálezCantares gallegosUniversidade de Santiago de CompostelaCantigas de Santa MaríaFilipe V de EspañaVictoria Núñez LópezPrimeira división española de fútbolProvincia de OurensePúrpuraInglaterraFariña (serie de televisión)Verbos galegos ser, estar e irCopia por contactoA memoria da choiva🡆 More