Camilo Nogueira Martínez: Escultor galego (1904-1982)

Camilo Nogueira Martínez, nado o 22 de xullo de 1904 no daquela concello de Lavadores e finado o 2 de marzo de 1982 ibídem, foi un escultor e político galego.

Infotaula de personaCamilo Nogueira Martínez
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1904 Editar o valor em Wikidata
Lavadores, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de marzo de 1982 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Lavadores, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Real Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Editar o valor em Wikidata
AlumnosSilvino Silva, Xoán Piñeiro Nogueira, Silverio Rivas e Manuel Uhía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCamilo Nogueira Román Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Estudou na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde logo sería profesor de alumnos como Xoán Piñeiro Nogueira ou Silverio Rivas.

Foi, xunto con Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Manuel Torres, Carlos Maside e outros, bolseiro da Deputación Provincial de Pontevedra, grazas ao que puido ir á Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid.

Obra

Relevo mural na estación marítima. Esquerda.
Dereita.

Na súa obra distínguense tres etapas. Na primeira, antes da guerra civil, Nogueira, de familia de carpinteiros, traballaba na madeira. Obras desta etapa atópanse no Museo de Pontevedra.

Da segunda etapa, tamén en madeira, especialmente acacia australiana, freixo e buxo, hai obras no Museo Quiñones de León, no Pazo de Castrelos de Vigo.

Na terceira etapa empregou o barro e a pedra. Varias obras desta etapa están espalladas polas rúas de Vigo. Por exemplo o mural da estación marítima (1955), as esculturas Vida, Transportes, Accidentes e Incendios e a do chafrán do Edificio Aurora Polar da Rúa Urzáiz esquina República Arxentina (1959), o busto do papa Xoán XXIII na Rúa Conde de Torrecedeira (1965), a Pescantina e Mariñeiros portando o escudo da cidade de Vigo (1969) na Fortaleza do Castro, O forxador e O mariñeiro da Praza de Compostela ou o Monumento ó emigrante (1971) da Praza de América.

Foi dirixente local do Partido Galeguista.

Vida persoal

Casado coa modista Teresa Román, foi pai do político Camilo Nogueira Román. O concello de Vigo adicoulle a Rúa Escultor Nogueira.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Camilo Nogueira Martínez TraxectoriaCamilo Nogueira Martínez ObraCamilo Nogueira Martínez Vida persoalCamilo Nogueira Martínez Galería de imaxesCamilo Nogueira Martínez NotasCamilo Nogueira Martínez Véxase taménCamilo Nogueira Martínez190419822 de marzo22 de xulloConcello de LavadoresIbídem

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ánxel CasalBerta DávilaMichael JacksonToquesConcepción ArenalBoteiroAlfizMaría Rei VilasAndrea MaceirasSatélite de comunicaciónsHelena Bonham CarterAgustín Fernández PazAriadna Fernández GonzálezBandeira de GaliciaMovemento de independencia da IndiaCarbohidratoPosicións sexuaisGuillermo Alonso BarciaEmilia Pardo BazánXosé Neira VilasA fiestra valdeiraRondaGuerras púnicasIndependentismo galegoJosé Luis GilAndrés IniestaGata CattanaCatedral de MilánDiego Rivas RegoHTML5VorticelaPúrpuraEduardo Blanco AmorPorto, PortugalPetróglifoEstados Unidos de AméricaNapoleón I de FranciaGame Boy ColorDía das Letras GalegasFauna de GaliciaSegunda guerra mundialRafael NadalJosé López CamposJosé Calvo SoteloVladimir PutinInterrogación retóricaTomiñoWikipediaO divino sainetePobo galegoFernando AlonsoBubelaMar MediterráneoDaniel CraigJosé Antonio LabordetaRosalía Fernández RialFermin MuguruzaNadia ComăneciLucía VeigaArroazAlberto FortesSantiago de CompostelaLista de países por superficieRevolución dos CaraveisMexacánVillablinoIrmandiñosP'ró que der e vierCaso Asunta BasterraEstrella Galicia🡆 More