Brigitte Anne-Marie Bardot, coñecida como Brigitte Bardot e nada en París en 1934, é unha modelo e actriz francesa, considerada unha icona sexual dos anos 1950s e 1960s.
Filla dun industrial, modelo dende os 15 anos, e aparece pola primeira vez en pantalla en 1952 en Le Trou Normand. O filme Et Dieu créa la femme dirixido polo seu home Roger Vadim lanzouna ao estrelato, Bardot foi unha das poucas actrices europeas en recibir atención polos medios de comunicación norteamericanos. En 1954 protagonizou o primeiro filme nos Estados Unidos, Un acte d'amour con Kirk Douglas. En 1965 representouse a si propia en Dear Brigitte con James Stewart.
Bardot retirouse en 1974 despois de protagonizar case 50 filmes e gravar varios discos. Dende entón dedicouse á promoción dos dereitos dos animais. En 1976 creou a Fundación Brigitte Bardot para a protección dos animais en perigo.
En 1968 foi escollida como modelo para un busto de Marianne, a personificación alegórica da República Francesa.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brigitte Bardot |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Brigitte Bardot, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.