Australian Broadcasting Corporation: Grupo audiovisual público de radio e televisión de Australia

Australian Broadcasting Corporation (en galego, Corporación de Radiodifusión australiana) é un grupo audiovisual público de radio e televisión de Australia.

Os servizos de radio comezaron en 1923 e a televisión iniciouse en 1956.

Australian Broadcasting Corporation
Australian Broadcasting Corporation: Historia, Radio, Televisión
Inicio das emisións 1932 (radio)
1956 (TV)
Propiedade de Empresa pública
Slogan Enter_
País Australia Australia
Lingua Inglés
Área de emisión Australia Australia
Sede central Sydney.

Na rede
http://www.abc.net.au/
Facebook: abc Twitter: ABCaustralia Instagram: abcaustralia Youtube: UC5iLnYoF4Ryb63YdGD9RfWQ TikTok: abc Discogs: 2166543 Editar o valor em Wikidata

O propietario da cadea é o Goberno de Australia. Con todo, ABC non é o único organismo público de radiotelevisión en Australia, xa que ese status tamén o posúe a canle multicultural Special Broadcasting Service (SBS).

Historia

As primeiras emisións de radio por parte do organismo público fixéronse en Sydney o 15 de novembro de 1923, baixo a emisora local 2SB, e á que máis tarde seguirían outras emisoras locais en Perth, Brisbane e Adelaida. En 1927 o goberno estableceu a National Broadcasting Service (NBS).

Finalmente o 1 de xullo de 1932 nace a Australian Broadcasting Commission, que levaría a cabo as operacións de NBS. Durante os seguintes anos produciuse a unha centralización das emisoras, que malia manter a programación local terían agora programas nacionais coordinados.

A televisión pública empezou a emitir en Sydney e Melbourne en novembro de 1956, e aos poucos comezaron a sumarse outras emisoras. Con todo, este non foi a primeira canle de televisión australiano, honor que corresponde a TCN-9 (Nine Network). A TV non se estableceu totalmente ata a mellora de cobertura nos anos 60, polo que non había un informativo a nivel nacional en TV, senón que cada cadea local emitía os mesmos contidos pero con distinta presentación. Isto non pasaba na radio.

En 1974 establécese o departamento comercial e en 1975 a ABC TV comezou a emitir en cor, ano no que tamén poñen en marcha unha emisora de rock (a futura "Tripla J"). Un ano despois lanzaría unha emisora de música clásica.

En 1983 a compañía cambiou a súa denominación, pasando a ser "Australian Broadcasting Corporation", na que se reestruturou gran parte do funcionamento do grupo ata entón, chegando a triplicarse a produción propia nos seguintes anos. Tamén se reestruturou a radio en 1985 cando Radio 1 pasou a ser a rede de emisoras locais e Radio 2 a rede nacional. En 1989 nace a radio internacional, Radio Australia.

Na década dos anos 90 prodúcense outros feitos significativos como a creación do departamento de multimedia en 1995, a ABC NewsRadio en 1996. Con todo tamén houbo problemas co orzamento que afectaron ás canles internacionais. A radio internacional perdeu varios programas e Australia Television, emisora creada en 1993 acabaría desaparecendo. (Aínda que en 2002 volvésese a crear outro internacional co nome de ABC Asian-Pacific)

No 2001 creouse unha segunda canle específica de Televisión Dixital Terrestre chamado "ABC Kids", que tivo que pechar 2 anos despois por problemas económicos. Á súa vez mantívose a canle internacional ABC Asia-Pacific, que en 2006 pasou a chamarse Australian Network. En 2005 retomouse a idea da canle exclusiva por TDT, nacendo así "ABC2".

Radio

Existe unha rede principal de emisoras locais chamada ABC Local Radio, que ten emisoras dispersas por todo o país, repartidas segundo demarcacións. Son 8 en total.

Outras emisoras a nivel nacional son:

  • Radio National: É a primeira emisora de radio de carácter nacional en Australia, inaugurada en 1932 (As primeiras radios foron as locais). Emite programas de variedades e noticias, dentro dunha programación bastante ampla. Emite noticias, drama, cultura, artes, programas de sociedade...
  • ABC NewsRadio: Emisora de noticias 24 horas. Orixinalmente pensada como radio para coberturas do Parlamento Australiano, a cadea pasou a ser de información continua posteriormente.
  • Triplo J: Cadea de radio xuvenil, emite música independente, xunto con cantantes e grupos da escena australiana.
  • ABC Classical FM: Emisora de música clásica, que combina coa cobertura de eventos en vivo e boletíns informativos.

Dentro da radio dixital a ABC ten un servizo chamado ABC DiG, consistente en emisoras dixitais especializadas: DiG Radio (para mozos, música), DiG Jazz (especializada en jazz) e DiG Country (especializada en country).

Ademais, ABC conta cunha emisora internacional de onda curta, Radio Australia

Televisión

ABC posee cinco cadeas de televisión nacionais:

  • ABC1: Primeira canle de televisión, emite produción propia (cine, dramas, comedia), series estranxeiras, documentais, deporte e programas dos servizos informativos. Anteriormente coñecido como ABC Television, pasou a chamarse ABC1 desde o 8 de febreiro de 2008.
  • ABC2: Segunda canle de televisión, emite só en TDT. Non depende dos fondos do Goberno. Emite noticias, competicións deportivas locais como as diferentes ligas de Rugby, e unha programación dedicada especialmente para a infancia. Creado en 2005.
  • ABC3: Terceira canle de televisión, emite só en TDT. O seu programación é exclusivamente infantil. Creado o 4 de decembro de 2009.
  • ABC News 24: Cuarta cadea de televisión, transmitido en HD en substitución de ABC1 HD, Emite Noticias e Programas de Debate. Creado o 22 de xullo de 2010.
  • ABC4 Kids:

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Australian Broadcasting Corporation HistoriaAustralian Broadcasting Corporation RadioAustralian Broadcasting Corporation TelevisiónAustralian Broadcasting Corporation NotasAustralian Broadcasting Corporation Véxase taménAustralian Broadcasting Corporation19231956AustraliaLingua galegaRadio (medio de comunicación)Televisión

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xavi HernándezXabarín ClubVerínRevolución dos CaraveisPepe ViyuelaTameiga, MosHindemburg Melão Jr.Ukiyo-eCerdeiraFilipinasDigimonLetizia OrtizPaporroibo realJames BrownEl Heraldo Gallego (1874)BuxoDistritos de PortugalMetro-Goldwyn-MayerInsectosPombo torcazTorre de HérculesReino de GaliciaReal Academia GalegaRibadeoLuigi BoccheriniReis de EspañaCoordenadas xeográficasCódigo QRSantiago de CompostelaTamagos, Tamagos, VerínWayback MachineSevillaErecciónZinedine ZidaneEstadio Municipal de RiazorSalvador Puig AntichSuso VaamondePobo galegoPúrpuraNordés (vento)Historia da pintura en ExiptoPeneiraFran AlonsoEnrique LísterClint EastwoodMoinanteDiego SimeoneBudapestLista de castelos de PortugalO. J. SimpsonSociedade Arqueolóxica de PontevedraConcello de OzaGuillarei, TuiLista de programas de Televisión EspañolaSiddhartha GautamaConcellos de GaliciaAsturiasWinston ChurchillHistoria da lingua galegaPMaría CanosaGabriel García MárquezFelipe Senén LópezOs PinosBayer LeverkusenValenciaThibaut CourtoisAna BarberoTreboadaMaría ZambranoAmistades PeligrosasLuka ModrićMarta Doviro🡆 More