Apalpador: Xigante carboeiro ligado á tradición do Nadal

O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia.

O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".

Infotaula de personaApalpador
Apalpador: Recuperación, Nomes, Cantigas populares
Ilustración representando o Apalpador nas montañas dos Ancares, segundo unha intelixencia artificial Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(gl) Apalpador
(gl) Pandigueiro Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoO Courel
Actividade
Ocupacióncarboeiro Editar o valor em Wikidata

Páxina webapalpador.gal Editar o valor em Wikidata
Facebook: oapalpador.docourel Twitter: apalpador Pinterest: apalpador Editar o valor em Wikidata

Recuperación

O traballo de recuperación deste personaxe do Nadal galego comezou en 2006, coa publicación no Portal Galego da Língua dun traballo de José André Lôpez Gonçâlez. Un ano despois, a asociación compostelá A Gentalha do Pichel anunciou que comezaría a promover esta figura procurando a súa recuperación e normalización, utilizando como elemento central unha representación deste personaxe realizada polo artista Leandro Lamas. Membros desta agrupación emprenderon traballos de recolla etnográfica nas zonas da montaña oriental galega onde aínda se lembraba a tradición. Froito destes traballos publicaron en 2012 o documental "é há de vir o Apalpador", onde se amosan as diversas testemuñas reunidas arredor da figura mitolóxica.

Desde aquela téñense publicado numerosos libros sobre a materia e o Apalpador está presente actualmente en campañas publicitarias e produtos de merchandising. Como exemplo, no Nadal de 2022 a cooperativa galega Feiraco creou unha edición especial do seu leite semidesnatado que levaba como protagonista a imaxe do Apalpador. O obxectivo desta iniciativa foi colaborar na recuperación dos bosques da Serra do Courel, severamente afectados pola vaga de incendios dese ano.

Nomes

Apalpador: Recuperación, Nomes, Cantigas populares 
Imaxe do Apalpador nos envases do leite semidesnatado Feiraco. Nadal de 2022.

No Bierzo galegofalante existía tamén o costume da Apalpadoira, unha tradición que con ese nome ou o da Apalpadora (Pandigueira polas terras de Trives e Apalpabarrigas nos Ancares) está tamén nun proceso de recuperación. O mesmo costume tense rexistrado na Terra de Trives, aínda que aquí recibe o nome de Pandigueiro. Na zona de Monforte de Lemos é coñecido baixo o nome de Apalpabarrigas.

En Écija, en zona de repoboación galega após a conquista cristiá, manteñen tamén unha figura similar chamada Tientapanzas, que foi recuperada polos veciños da localidade e é paseada cada Nadal por esa vila andaluza.

Taboada Chivite recolle só o ritual propiciatorio de apalpar a barriga dos nenos na noitevella, que recibe así o nome de "noite de apalpadoiro".

Segundo algunhas interpretacións históricas e etnográficas, este ritual podería ser reminiscencia e estar relacionado tamén coa práctica de realizar presaxios examinando o ventre das persoas realizada polos arúspices lusitanos, chamada hieroscopia, e narrada por Estrabón hai máis de dous mil anos.

Cantigas populares

Existen diversas cantigas populares arredor do personaxe. A seguinte foi recollida en 1994 en Romeor do Courel:

      Vaite logo meu ninín / miña neniña,
      marcha agora pra a camiña,
      que vai vir o Apalpador
      a apalparche a barriguiña.
      Mañá é día de cachela
      que haberá gran nevarada
      e vai vir o Apalpador
      cunha mega de castañas.
      Por aquela cemba
      xa ven relumbrando
      o señor Apalpador
      para darvos o aguinaldo.


Apalpador: Recuperación, Nomes, Cantigas populares 
Apalpador: Recuperación, Nomes, Cantigas populares  Apalpador: Recuperación, Nomes, Cantigas populares  Apalpador: Recuperación, Nomes, Cantigas populares 


Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Apalpador RecuperaciónApalpador NomesApalpador Cantigas popularesApalpador Galería de imaxesApalpador NotasApalpador Véxase taménApalpador24 de decembro31 de decembroCastañaComarca da Terra de TrivesComarca de QuirogaComarca de SarriaComarca de Terra de LemosComarca dos AncaresNadal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Espido FreireDiego AnidoAbertzaleXosé Neira VilasLa PalmaEuskal Herria BilduMarçal MolinéRichard WagnerTraxe galegoJoaquín ReyesURibeiraManuel Gallego VilaMazaricosJosé Ortega y Gasset1994Lista de nomes masculinos en galegoVilalba, Vilalba, VilalbaAstérixEremitorioQuerela das mulleresContido libreFranciaDistritos de PortugalNós DiarioCastro de BaroñaGoián, Ferreira de Pantón, PantónMiguel Ángel Zabalza BerazaPosicións sexuaisPanteón de Galegos IlustresArxentinaMHomer SimpsonFilipe V de EspañaGaliciaFrancisco Porto MellaJoselu MatoXente de aquí e de acoláHindemburg Melão Jr.RulaAbrilAnimaisTom CruiseJMartaMichelle Clemente EscotetFinding NemoReal Academia GalegaPilar RojoEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2024Sans-culottePedro RieloRamón CamposLuísa VillaltaBambú ProduccionesGumersindo Rico GonzálezIsaac NewtonFentoChipreIllas CanariasArgimiro Marnotes FernándezPartidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980Burela, Burela, BurelaXogos popularesInternetLingua cataláCamilo Díaz BaliñoRosario Porto OrtegaHórreo galego🡆 More