Alexa Internet, Inc.
E coñecida por operar no sitio web alexa.com que prove información acerca da cantidade de visitas que recibe un sitio web e as clasifica. Alexa recolle información dos usuarios que teñen instalado Alexa Toolbar, que lles permite xerar estatísticas acerca da cantidade de visitas e dos enlaces relacionados.
Alexa Internet, Inc. | |
---|---|
Tipo | Filial |
Fundación | 1996 |
Localización | San Francisco |
Industria | Internet |
Produtos | Motor de busca |
Na rede | |
https://www.alexa.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alexa tamén proporciona unha gráfica onde se pode apreciar o crecemento/decrecemento das visitas a unha páxina web, ademais de información diaria (só das 100.000 primeiras páxinas da clasificación), media semanal e media nos últimos 12 meses.
Alexa Internet foi fundada en 1996 por Brewster Kahle e Bruce Gilliat. O nome foi escollido en homenaxe á Biblioteca de Alexandría, trazando un paralelo entre o maior coñecemento da antigüidade e o potencial de Internet.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Alexa Internet, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.