Aldea

Unha aldea ou lugar é unha división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación.

As aldeas integran a parroquia e estas o concello, e están constituídas polos barrios ou lugares.

Aldea
Aldea de Santa Mariña na parroquia de Graba, concello de Silleda.
Aldea
Aldea do Cancelo, na parroquia de Baredo, no concello de Baiona.
As casas aldeáns, espalladas, forman un grupo natural de poucos habitantes, chamado "lugar". (...) Os "lugares", espallados, compoñen un agrupamento que se chama "parroquia". Esta entidade é o antigo clan dos celtas.

Presenza en Galicia

Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50% das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existen un millón de topónimos e microtopónimos a maioría destes ligados a aldeas e lugares espallados por toda a xeografía do país. Outros expertos elevan este número ata uns tres millóns, é dicir, Galicia conta con máis topónimos que habitantes.

Nas últimas décadas Galicia vén sufrindo unha sangría de poboación rural que marcha cara ás cidades, quedando a miúdo as aldeas do rural baleiras. Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), no ano 2007 o país tiña 1.261 lugares abandonados (sen un só habitante censado); no ano 2006 eran 1.183; en 2000 apenas superaban o millar. Ademais hai uns 1.700 lugares que só contan con un a tres veciños.

  • A aldea Dio-la dea.
  • A aldea empobrece, embilece e embrutece.
  • A peneira de María a tola anda a aldea toda.
  • Comprar a ricos na vila e vender a probes na aldea non é pra ter a casa chea.
  • Mozo de vila, regalo de aldea, Dios che llos de a quen os desea.
  • O da aldea, pola cidá non pasea.
  • Padriño de voda e alcalde de aldea, quen queira ser que o sea.
  • Parente na aldea, pra quen o desea.
  • Paxaro na aldea e reloj na poboación é unha equivocación.
  • Por mal que che va, vive na cidá. A aldea Dio-la dea.
  • Vale máis can da vila que rico da aldea.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Aldea Presenza en GaliciaAldea Refraneiro popularAldea NotasAldea Véxase taménAldeaBarrioMunicipioParroquia civil

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Descomposición de matricesInstagramMasturbaciónAndorraContactPaulo CarrilAidan TurnerDecímetroBillardaTeófiloMariña de LugoSecretaría Xeral de Política LingüísticaCarlos AymerichConcellos de GaliciaO Pedrouzo, Arca, O PinoSuízaAlicia BorrásAlfonso RuedaLaureano Amboage QuiñoyToxo arnalVerbos galegos ser, estar e irPep GuardiolaRevolución IndustrialMascatoCaso Asunta BasterraTilacoideManuel RivasLugares de GaliciaEscherichia coliDiego SimeoneEtruscosNoiaFentoJohn Wick 4OU-411Flora invasora de GaliciaTreboadaVoltaireConstitución española de 1812Masturbación coas mamasRafael LouzánRakel WinchesterCircuíto Internacional de XangaiCarlos BoyeroGabriel García MárquezXavi HernándezReino de GaliciaTarragonaLingua inglesaPaíses BaixosFollas novasEnrique Labarta PosePortbouOU-622Gerardo Criado GuizánBetanzosEuskal Herria BilduEmilia Pardo BazánAdolf HitlerMondarizWinston ChurchillPúrpuraLiña Verde (Chipre)Gerardo Pardo de VeraConcello de OzaGonzalo López AbenteMartin Luther KingConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeMurosHindemburg Melão Jr.ManchesterLiceo Brigantino (revista)Anxo AngueiraJosé Antonio Ponte FarOU-402🡆 More