Adolfo Domínguez Fernández: Empresario e diseñador español

Adolfo Domínguez Fernández, nado na Pobra de Trives o 14 de maio de 1950, é un deseñador de moda e escritor galego.

A marca dos produtos téxtiles e cosméticos da súa empresa levan tamén o seu nome.

Infotaula de personaAdolfo Domínguez
Adolfo Domínguez Fernández: Biografía, Estilo, A marca
Biografía
Nacemento(es) Adolfo Domínguez Editar o valor em Wikidata
14 de maio de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
A Pobra de Trives, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOurense Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEmpresario, escritor
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElena González Álvarez
FillosValeria Domínguez, Adriana Domínguez González, Tiziana Domínguez Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0231727 Editar o valor em Wikidata


Adolfo Domínguez Fernández: Biografía, Estilo, A marca
Tenda Adolfo Domínguez en Guatemala.

Biografía

Logo de estudar Moda e cinematografía en París volveu a Ourense a principios da década de 1970, para facerse cargo da tenda de moda que o seu pai tiña na cidade. Durante os seguintes anos, desenvolveu os seus propios deseños ata que se presentou en Madrid en 1981. Nese momento, pertenceu ao movemento Galicia Moda, agrupado ao redor da publicación do mesmo nome, e onde tamén promocionaron o seu traballo Florentino, Antonio Pernas ou Gene Cabaleiro entre outros deseñadores galegos. Dese tempo (primeiros anos oitenta) foi o lema co que se coñeceu a súa marca, La arruga es bella.

Na actualidade posúe o 30 % da empresa Adolfo Domínguez SA, que cotiza na Bolsa de Madrid dende 1997.

En 1992 publicou a súa primeira novela en galego, titulada Juan Griego, e catro anos máis tarde, en 1996, produciu a película La Moños.

Tense pronunciado a favor do reintegracionismo. En febreiro de 2010, fixo unhas polémicas declaracións no Foro Tribuna Galicia nas que propuña o despedimento libre e cuestionaba o Estado do Benestar.

Estilo

O seu estilo é urbano, funcional, casual e eminentemente cómodo, facendo uso de tecidos soltos e naturais. Unha das súas estratexias de mercadotecnia foi evitar a distribución a través de tendas multimarca.

A marca

A empresa Adolfo Domínguez traballa na actualidade distintos produtos comerciais, que inclúen roupa, complementos, material e obxectos de fogar, e cosméticos. As súas liñas principais son AD (roupa clásica) e U (roupa xuvenil).

A finais de 2006 existían 400 tendas Adolfo Domínguez, das que 230 son propias e 170 franquías.

Obras

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Adolfo Domínguez Fernández BiografíaAdolfo Domínguez Fernández EstiloAdolfo Domínguez Fernández A marcaAdolfo Domínguez Fernández ObrasAdolfo Domínguez Fernández NotasAdolfo Domínguez Fernández Véxase taménAdolfo Domínguez Fernández14 de maio1950A Pobra de TrivesGaliciaModa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ContactorEstatuto de autonomía de Galicia de 1936YaoiEleccións municipais na EstradaBenjamin NetanyahuOurenseAustraliaInternetDaniel DigesTanxugueirasBugalloOs ÁnxelesISBN23 de decembroListenbourgTom CruiseNuno García PicoAgustín Fernández PazWikiGoogleMouro (mitoloxía)Julio García ComesañaPaís VascoNacho CastañoWikipedia en malaioJennifer LopezFesta da coca de RedondelaOU-129Selección de fútbol de GaliciaLista de ríos de EspañaPastora VegaPresidio de San FranciscoSerés, Serés, CastroverdePapuxasÁlvaro CunqueiroMarta RoucoXunta de GaliciaRío MiñoStephen HawkingTom Jones (cantante)PotasioObxectivos de Desenvolvemento SostíbelTeléfonoOs vellos non deben de namorarseMáquina de vaporAndrea Maceiras22 de abril24 de abrilCastro de Punta do BicoFotografía eróticaRusiaContactFeísmoFachada do ObradoiroPolcaPonteareasFernando AlonsoVerzaLuis Mateo DíezAugusto PinochetBuxoDublínXela AriasValencia1 de agostoBrasilVigoLingua casteláFiúnchoUnión SoviéticaParlamento de GaliciaJesús Vázquez AlmuíñaFariña (serie de televisión)🡆 More