Lago Ness

O lago Ness (Loch Ness) é un loch (lago) de auga doce localizado nas Highlands de Escocia, de forma estreita e alongada con cerca de 37 quilómetros de lonxitude.

O lago ocupa unha área de preto de 56,4 km² e ten unha profundidade máxima de 226 metros. A visibilidade da auga é extremadamente reducida debido á turba dos solos circundantes, que levan cara ao lago as redes de drenaxe. Crese que o lago Ness foi modelado polos glaciares da última era glacial.

Lago Ness
Vista do lago Ness dende o seu extremo meridional, en Fort Augustus.
Lago Ness
A torre do castelo de Urquhart, co lago Ness ao fondo.

O lago Ness é mundialmente coñecido polas alegadas aparicións do Monstro do lago Ness, que os habitantes locais chaman Nessie. As evidencias científicas para a existencia deste monstro, descrito como unha especie de dragón mariño, son nulas, o que non impide que sexa unha atracción turística.

O lago Ness é o maior exemplo escocés de lagos encaixados en fallas xeolóxicas, neste caso a Falla de Great Glen, con rumbo nordeste-sueste. Este tipo de lago, coñecido como loch, caracterízase pola grande fondura e pola morfoloxía alongada de acordo coa dirección da falla que os modela.

As augas do Lago Ness son bastante frías, debido principalmente á súa latitude e á súa profundidade. O seu litoral é bastante pintoresco, con castelos como o de Eilean Donan, onde foi filmada a escena inicial do filme Highlander, ou ruínas de castelos, como o de Urquhart, en Drumnadrochit.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Era glacialEscociaGlaciarHighlandsLagoLochTurba

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de programas de Televisión EspañolaCarballoCaldas de ReisMichelangeloGerardo Criado GuizánA Picoña, Salceda de CaselasParroquias de GaliciaEvolución humanaToxo arnalAlberto Fernández MartínezArquitectura gótica en GaliciaMorsaRexionalismo galegoArt & CopyA fonte do xuramentoErling HaalandLista de aeroportos en ArmeniaTrabanca Sardiñeira, O Carril, Vilagarcía de ArousaFillas de CassandraGuerra de Sucesión EspañolaCarlos CasaresFariña (serie de televisión)Masturbación coas mamasTeixugoElvira Suanzes FernándezFentaniloNintendo DSJosé Darse SobrinoChus PatoRosalía de CastroLeninAmesAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoCanle (enxeñaría)Bad GyalFernando AlonsoAntonio de la TorreGonzalo López AbenteAmando Suárez CoutoColocación do pronome átono en galegoVKTamara CanosaQueiroaHeredeiros da CrusSegunda guerra mundialDeci-NoruegaArsenal F.C.Chandrexa de QueixaOs vixilantes do CamiñoC (linguaxe de programación)Roberto Vidal BolañoAbellaMelani OlivaresAnatemaJAlba de Evan FreijedoDigital object identifierParaneópterosEl Heraldo de Puente-CaldelasSardeñaWikipediaCristovo ColónIrmandades da FalaMaría LadoRodrigo de LunaVíctor DupláPaporroibo realAs Pontes de García RodríguezEstadio Santiago BernabéuCarl SaganFreixoMiñocaCarles PuigdemontLugo🡆 More