Pobos Indíxenas De América

Os pobos indíxenas de América, tamén chamados amerindios, indios ou nativos americanos son os nomes dados ós habitantes das Américas antes da chegada dos europeos, e os seus descendentes actuais.

A hipótese máis aceptada para a súa orixe é que os primeiros habitantes da América viñeran de Asia atravesando a pé o estreito de Bering.

Pobos indíxenas de América
Pobos Indíxenas De América
Pobos Indíxenas De América
Muller inuit, do pobo inupiaq
Pobos Indíxenas De América
Pobos Indíxenas De América
Diane Douglas-Willard, do pobo haida
Pobos Indíxenas De América
Pobos Indíxenas De América
Susie Elkhair, do pobo lenape
Pobos Indíxenas De América
Isapo-Muxika, do pobo pés negros
Pobos Indíxenas De América
Pobos Indíxenas De América
Nenos do pobo q'eqchi'
Pobos Indíxenas De América
Muller do pobo maia
Pobos Indíxenas De América
Pobos Indíxenas De América
Pobos Indíxenas De América
Nenos do pobo selk'nam
Pobos Indíxenas De América
Muller do pobo terena
Pobos Indíxenas De América
Pobos Indíxenas De América
Nena do pobo quechua
Poboación
Poboación total:
Arredor de 69 millóns
Rexións principais:
Pobos Indíxenas De América México25,7 millóns
Pobos Indíxenas De América Perú14,6 millóns
Pobos Indíxenas De América Bolivia6,8 millóns
Pobos Indíxenas De América Guatemala6 millóns
Estados Unidos de América Estados Unidos3 - 5 millóns
Pobos Indíxenas De América Ecuador3,4 millóns
Pobos Indíxenas De América Canadá2,13 millóns
Pobos Indíxenas De América Chile2 millóns
Pobos Indíxenas De América Colombia1,4 millóns
Pobos Indíxenas De América Arxentina955 000
Pobos Indíxenas De América Brasil818 000
Pobos Indíxenas De América Panamá450 000
Pobos Indíxenas De América Nicaragua443 847
Pobos Indíxenas De América Paraguai95 235
Pobos Indíxenas De América O Salvador~70 000
Pobos Indíxenas De América Costa Rica~60 000–144 000
Pobos Indíxenas De América Güiana~60 000
Groenlandia Groenlandia~51 000
Pobos Indíxenas De América Belize~40 000
Pobos Indíxenas De América Güiana Francesa~19 000
Pobos Indíxenas De América Suriname~12 00–24 000
Pobos Indíxenas De América Dominica3 000
Pobos Indíxenas De América San Vicente e as Granadinas2 000
Aspectos culturais
LinguaLinguas indíxenas, inglés, español, portugués, francés, neerlandés
RelixiónRelixión inuit
Relixións nativas americanas
Cristianismo

Malia que algúns pobos indíxenas de América eran tradicionalmente cazadores recolectores, especialmente na bacía do río Amazonas, aínda quedan moitos grupos que practican a acuicultura e a agricultura. O impacto da súa dotación agrícola no resto mundo é unha testemuña do seu traballo na remodelación e no cultivo da flora autóctona das Américas. Malia que algunhas sociedades teñen unha forte dependencia da agricultura, outras practicaron unha mestura de agricultura, caza e recolección. Nalgunhas rexións, os pobos indíxenas crearon arquitecturas monumentais, cidades organizadas a grande escala, sociedades de xefatura, estados e imperios.

Moitas partes de América seguen habitadas por pobos indíxenas e algúns países contan con poboacións especialmente significativas, como Belize, Bolivia, o Canadá, Chile, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Güiana, México, Panamá e o Perú. Existen arredor de mil linguas indíxenas diferentes faladas en América. Algunhas, como o quechua, o aimará, o guaraní, as linguas maias e o náhuatl contan os seus falantes en millóns. Moitos pobos manteñen prácticas e trazos culturais indíxenas en diferentes graos, incluíndo a relixión, a organización social e as prácticas de subsistencia. Como moitas culturas, algunhas evolucionaron para incorporar aspectos tradicionais pero tamén atenden ás necesidades modernas. Algúns pobos indíxenas aínda viven relativamente illados da cultura occidental e uns poucos son pobos non contactados. Algúns pobos, como os da cultura chichimeca en Mesoamérica, disolvéronse e mesturáronse desde o século XVI de tal xeito que hoxe non podemos falar de pobos chichimecas no presente.

Terminoloxía

O termo “indio” provén do feito de que Cristovo Colón, cando chegou á América, estaba convencido de que chegara á India e desa maneira chamou os pobos indíxenas que alí atopou. Por esa razón tamén, aínda hoxe se refire ás illas do mar Caribe como Indias Occidentais.

Máis tarde, estes pobos consideráronse unha raza distinta e tamén se lles deu o nome de peles vermellas. Úsase o termo amerindio para designar os nativos do continente americano, en substitución ás palabras "indios", "indíxenas" e outras consideradas aldraxantes.

Na América do Norte, estes pobos son tamén coñecidos polas expresións pobos aborixes, indios americanos, primeiras nacións (principalmente no Canadá), nativos de Alasca ou pobos indíxenas da América. Porén, os esquimós (inuit, iupik e aleutianos) e os métis (mestizos) do Canadá, que teñen unha cultura e xenética diferente dos restantes, non sempre son considerados naqueles grupos.

Estes termos comprenden un gran número de distintas tribos, estados e grupos étnicos, moitos dos cales viven como comunidades cun estatuto político específico.

Historia

Orixe dos primeiros americanos

Pobos Indíxenas De América 
Mapa das migracións humanas máis antigas
Pobos Indíxenas De América 
Vaso maia

Ata recentemente, a interpretación máis aceptada, baseada nos achados arqueolóxicos, era que os primeiros humanos nas Américas chegaron nunha serie de migracións da Siberia para Alasca a través dunha lingua de terra que se formou durante a última glaciación entre 24 e 9 mil anos atrás.

Porén, recentes achados no Brasil mudaron o pensamento dos arqueólogos – foi atopado un verdadeiro cemiterio en Lapa Vermella (Minas Xerais) con ósos datados en 12 mil anos, o primeiro atopouno Annette Laming-Emperaire na década de 1970 e que foi “bautizado” de Lucia[Ligazón morta]. Non só os “siberianos” non puideron chegar ao Brasil en tan curto espazo de tempo mais, senón que a “Lucia” parecía máis emparentada cos aborixes australianos ou cos negros das Illas Andaman.

Por outro lado, atopáronse pinturas rupestres con imaxes de tatus xigantes, que podían ser os Glyptodon que viviron durante o Plistoceno, extinguíndose hai preto de 12 mil anos. Atopáronse tamén as máis antigas pinturas de barcos do mundo. Por iso, os arqueólogos especulan se os primeiros humanos a chegaren á América - aos cales tamén se chama aborixes americanos - virían en barco, da Australia ou doutro lugar.

Existen outras teorías sobre a orixe dos nativos americanos:

  • Varios antropólogos, historiadores e arqueólogos teñen suxerido que os nativos americanos son descendentes, ben de europeos, ben africanos que atravesaron o océano Atlántico. Algúns apuntan a semellanza física entre os Olmecas e os africanos. Thor Heyerdahl demostrou que é posíbel navegar da África para a América nunha réplica dun barco de papiro do antigo Exipto. Existe igualmente evidencia xenética de antepasados africanos nalgúns indios da Arxentina e arqueolóxica de artefactos que podían ser de orixe europea, como seitas da cultura Clóvis de Europa, antes da ocupación daquel continente por asiáticos.
  • A maioría das relixións dos nativos americanos ensinan que os humanos orixináronse na América no principio dos tempos e viviron sempre alí.
  • No século XIX e principios do século XX, houbo propoñentes da existencia de continentes perdidos, entre os cales Atlántida, Mu e Lemuria, de onde poderían vir os primeiros habitantes humanos das Américas.

O máis probábel, porén, é que as Américas fosen colonizadas por vagas de pobos de diferentes orixes, ao longo dos tempos, dando orixe ao complexo mosaico de pobos e linguas que hoxe existen. E é posíbel, igualmente, que eses pobos – tal como aconteceu en tempos históricos, ben documentados – teñan substituído ou se teñan xuntado con poboación orixinais que aló xa existían.

    Ver ademais: Arqueoloxía das Américas

Interacción entre os europeos e os nativos americanos

Pobos Indíxenas De América 
Muller quechua e neno no Val Sagrado, Andes, o Perú.

A pesar de que os viquingos exploraran e estabeleceran bases nas costas da América do Norte a partir do século X e teren aí deixado marcas, como a runa de Kensington (aínda que moitos estudosos disputen a súa autenticidade), estes exploradores aparentemente non colonizaron a América, limitándose a tentar controlar o comercio de peles de animais e outras mercadorías da rexión.

Por outro lado, a colonización europea das Américas mudou radicalmente as vidas e culturas dos nativos americanos. Entre os séculos XV e XIX, estes pobos viron as súas poboacións devastadas polas privacións da perda das súas terras e animais, por doenzas e, en moitos casos por guerra. O primeiro grupo de nativos americanos atopado por Cristovo Colón, estimado en 250 mil aruaques do Haití, foron violentamente escravizados e apenas 500 sobreviviran no ano 1550; o grupo foi extinto antes de 1650.

No século XV, os españois e outros europeos trouxeron cabalos para as Américas e algúns destes animais escaparon e comezaron a se reproducir libremente. Ironicamente, o cabalo tiña orixinalmente evoluído nas Américas, mais extinguiuse na última glaciación. A reintrodución do cabalo tivo un profundo impacto nos nativos americanos das Grandes Planicies da América do Norte, permitíndolles expandir os seus territorios, trocar produtos con tribos veciñas e cazar con máis eficiencia.

Os europeos tamén trouxeron con eles doenzas contra as cales os nativos americanos non tiñan inmunidade, tales como a varicela e a varíola que, moitas veces son fatais para estas persoas. É difícil estimar a porcentaxe de nativos americanos mortos por estas doenzas, mais algúns historiadores estiman que preto de 80% da poboación dalgunhas tribos foi extinta polas doenzas europeas.

A débeda histórica dos colonizadores para cos pobos nativos é inmensa. Crece a discusión sobre formas de compensación polos danos causados e outros asuntos indíxenas, a nivel internacional, como atesta o gran número de organizacións que se dedica ao tema.

Co cambio da perspectiva histórica co tempo, estase a estudar diferentes feitos da cultura e historia amerindia baixo novas perspectivas. Por exemplo, estase a estudar a pegada dos indios americanos na actualidade, como a reprodución nas avenidas e estradas das cidades americanas actuais do trazado dos sendeiros amerindios.

Estatísticas da poboación indíxena por país

A seguinte táboa presenta un cálculo sobre a poboación indíxena nos países de América. Tamén se inclúe o cálculo da poboacións mestizas con algunha ascendencia indíxena e a sumas destes cos propios indíxenas están incluídos. Os datos presentados na siguinte táboa provie de "CIA World Factbook" unha fonte externa de países latinoamericanos que calcula os compoñentes étnicos da poboación de cada nación.

Poboacións indíxenas da América
País Indíxenas Mestizos Total combinado
Pobos Indíxenas De América  Arxentina 2,4% 15% 17,4%
Pobos Indíxenas De América  Bolivia 56% 39% 95%
Pobos Indíxenas De América  Brasil 0,58% 16% 16,58%
Pobos Indíxenas De América  Belize 10,5% 54,8% 65,5%
Pobos Indíxenas De América  Canadá 4% ND ND
Pobos Indíxenas De América  Chile 10% 39% 49%
Pobos Indíxenas De América  Colombia 3% 49% 52%
Pobos Indíxenas De América  Costa Rica 2,4% 15% 17,4%
Pobos Indíxenas De América  Cuba 0% 0% 0%
Pobos Indíxenas De América  Dominica 2% ND ND
Pobos Indíxenas De América  Ecuador 9% 72% 81%
Pobos Indíxenas De América  Estados Unidos 1% ND ND
Pobos Indíxenas De América  Guatemala 39,5% 42% 81,5%
Pobos Indíxenas De América  Güiana 9,1% ND ND
Pobos Indíxenas De América  Güiana Francesa 2% ND ND
Pobos Indíxenas De América  Haití 0% 0% 0%
Pobos Indíxenas De América  Honduras 7% 90% 97%
Pobos Indíxenas De América  México 13% 70% 83%
Pobos Indíxenas De América  Nicaragua 6% 69% 74%
Pobos Indíxenas De América  O Salvador 1% 86,6% 87,7%
Pobos Indíxenas De América  Panamá 8% 73% 81%
Pobos Indíxenas De América  Paraguai 2% 76% 78%
Pobos Indíxenas De América  Perú 45% 37% 82%
Pobos Indíxenas De América  Porto Rico ND ND ND
Pobos Indíxenas De América  República Dominicana 0% ND ND
Pobos Indíxenas De América  Trinidad e Tobago 0% ND ND
Pobos Indíxenas De América  San Vicente e as Granadinas 2% ND ND
Pobos Indíxenas De América  Suriname 2,36% ND ND
Pobos Indíxenas De América  Uruguai 0% 6% 6%
Pobos Indíxenas De América  Venezuela 2% 52% 54%

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Pobos Indíxenas De América TerminoloxíaPobos Indíxenas De América HistoriaPobos Indíxenas De América Estatísticas da poboación indíxena por paísPobos Indíxenas De América NotasPobos Indíxenas De América Véxase taménPobos Indíxenas De AméricaAméricaAméricasAsiaEstreito de BeringEuropaIndíxena

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

1994Grândola, Vila MorenaPapuxasHugh JackmanConcha MéndezRMS TitanicXosé Luís Méndez FerrínMouro (mitoloxía)LeninXestaFriedrich NietzscheAnimaisWikipediaVilalba, Vilalba, VilalbaTribadismoArceCelso Emilio FerreiroRepública ChecaCentauroEsther F. CarrodeguasLista de ríos de GaliciaTMazaricosLaura PonteCill GhallagáinNee Barros1 de agostoPedro RieloGerhard BergerDua LipaGrupo EroskiMesopotamiaBoyanka Kostova (grupo musical)Talía (musa)MéxicoCarlos NegroO comparativo galegoVox populiRefraneiro galego sobre o porcoIránSempre en GalizaLa Voz de GaliciaAntonio RosónAndy GarcíaSinestesiaSímbolos matemáticosDistritos de PortugalBrasilCarlos III de EspañaPorto da LúaMarisol Díaz MouteiraPablo VioqueCentro público integradoNapoleón I de FranciaAsturiasDiego AnidoCarballoUniversidade de VigoXabier DíazInternetGoogle ChromeManuel González González (músico)Real Academia GalegaMar MediterráneoJosé Antonio MonagoAgustín Reguera OcampoO Pedrouzo, Arca, O PinoVitoria OgandoAbrilHelena MuñozJulio García ComesañaMoisés Rodríguez PérezEnciclopediaEduardo Blanco AmorVilagarcía de Arousa🡆 More