Malaui: País de África Oriental

Malaui ou Malawi (oficialmente República de Malaui, en inglés: Republic of Malawi, en chichewa, Dziko la Malawi) é un país situado en África Oriental, limita polo norte e polo leste con Tanzania, polo leste, sur e oeste con Mozambique e polo oeste con Zambia.

Non ten costas e está separado de Tanzania e Mozambique polo lago Malaui. A capital é Lilongwe e a cidade máis poboada Blantyre.

Modelo:Xeografía políticaMalaui
Republic of Malawi (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoMlungu salitsani Malawi Editar o valor em Wikidata

Lema«Unity and Freedom» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aLago Niassa Editar o valor em Wikidata
Localización
Malaui: Características, Historia, Política Editar o valor em Wikidata
 13°S 34°L / -13, 3434°L / -13, 34
CapitalLilongwe (1975–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación18.622.104 (2017) Editar o valor em Wikidata (157,17 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua chichewa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie118.484 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMulanje Massif (en) Traducir (3.002 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoRio Chire (pt) Traducir (37 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación6 de xullo de 1964 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor em WikidataLazarus Chakwera (pt) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoCabinet of Malawi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor em WikidataLazarus Chakwera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional (Malawi) (pt) Traducir , (Escano: 193) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal12.602.334.124 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaKwacha de Malawi Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mw Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+265 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia999, 998 (en) Traducir, 997 (en) Traducir e 990 Editar o valor em Wikidata
Código de paísMW Editar o valor em Wikidata

Sitio webmalawi.gov.mw Editar o valor em Wikidata

Características

Durante o século X o seu territorio foi poboado por inmigrantes e permaneceu rexido por un goberno nativo até 1891, cando foi colonizado polos británicos, que o gobernaron até 1964. Tras obter a súa independencia converteuse nun estado unipartidista baixo a presidencia de Hastings Banda, quen gobernou até 1994. Bingu Mutharika, re-elixido no 2009, é o actual presidente. Ten un goberno democrático e multipartidista; e ademais conta cun pequeno exército que inclúen as forzas armadas, unha mariña de guerra e unha forza aérea. A súa política exterior é pro-occidente e inclúe relacións diplomáticas positivas coa maioría dos países e participa en varias organizacións internacionais.

Atópase entre os países menos desenvolvidos e máis densamente poboados do mundo. A economía está baseada na agricultura, cunha poboación altamente rural. O goberno malaui depende moito do apoio exterior para cubrir as súas necesidades económicas. O goberno afronta grandes retos no crecemento da economía, educación, saúde e protección do medio ambiente, e estase convertendo financeiramente independente. Conta con varios programas de desenvolvemento desde 2005 que se concentran nos puntos anteriores, e o país parece estar mellorando, con grandes avances vistos no 2007 e 2008. Ten un baixo índice de esperanza de vida e unha taxa alta de mortalidade infantil, ademais de contar coa existencia de miles de casos de SIDA.

Existe unha grande diversidade cultural na poboación entre nativos, asiáticos e europeos, con múltiples idiomas e diferentes crenzas. Aínda que existieron conflitos tribais no pasado, no século XXI diminuíron considerablemente e o concepto da nacionalidade malaui comezou a reformarse. Posúe unha cultura que combina aspectos locais e coloniais, incluíndo deportes, arte, bailes e música.

Historia

    Artigo principal: Historia de Malaui.

Os habitantes históricos orixinarios, khoisánidos (bosquimáns), foron expulsados do país coa chegada dos pobos bantos provenientes do norte. O país foi coñecido polos occidentais a través das exploracións dos portugueses desde o século XVIII.

A partir de 1859 foi explorado polo Dr. Livingstone. A finais do XIX os británicos tomaron posesión da zona e déronlle o nome de Nyasaland, pasando a formar parte logo da colonia de Rodesia e Nyasaland. Na década de 1950, Hastings Kamuzu Banda regresou ao país para liderar o Partido do Congreso de Malaui (Malawi Congress Party ou MCP). Gran Bretaña concedeulle a independencia en 1964, con Hastings Banda como presidente.

O seu goberno acabou por converterse nunha ditadura, autoproclamándose presidente vitalicio no ano 1971.

A presión das igrexas de Malaui e mais da comunidade internacional impuxéronlle ao réxime un referendo, que se celebrou o 14 de xuño de 1993. Malaui votou a favor dun sistema democrático pluralista.

As primeiras eleccións do 17 de maio de 1994 déronlle a vitoria á Fronte Democrática Unida (United Democratic Front ou UDF) de Bakili Muluzi, que se unira coa Alianza para a Democracia (Alliance for Democracy AFORD). Muluzi foi elixido presidente.

Muluzi impulsou unha nova constitución, que derrogou os privilexios residuais do MCP. O 15 de xuño de 1999, Muluzi foi reelixido fronte a unha coalición formada polo MCP e o AFORD.

En maio de 2004, o candidato á UDF, Bingu wa Mutharika, venceu ao candidato do MCP. Con todo a UDF non logrou a maioría parlamentaria precisa, polo que formou un Goberno de Unidade Nacional. Bingu wa Mutharika abandonou en tanto a UDF.

Política

    Artigo principal: Política de Malaui.

Desde o ano 1994 Malaui está dotado dun sistema democrático.

Consonte a constitución de 1995, o Président é elixido por sufraxio universal cada 5 anos. O Presidente pode nomear un Vicepresidente pertencente a un partido político. Os membros do gabinete presidencial poden ser escollidos polo Presidente.

A Asemblea Nacional está composta por 193 deputados electos tamén por cinco anos.

A Constitución prevé tamén un Senado de 80 escanos, que representa a todas as rexións así como os grupos con intereses específicos, como, por exemplo, as mulleres, a mocidade ou os discapacitados, mais tal institución non existe polo de agora.

A Constitución prevé un sistema xudicial independente, baseado no modelo inglés, cunha Corte de primeira instancia, unha Alta Corte e unha Corte Suprema de apelación.

A administración local está dividida en distritos baixo a responsabilidade dun gobernador nomeado polo goberno central.

Subdivisións

O territorio malauiano está dividido en tres rexións, Central, Norte e Sur. Estas, á súa vez, están subdivididas en 29 distritos, que á súa vez se dividen en 137 xefaturas tradicionais e 68 subxefaturas. Os distritos son:

Xeografía

    Artigo principal: Xeografía de Malaui.
Malaui: Características, Historia, Política 
Mapa de Malaui.

País de elevados planaltos, os Shire Highlands no sur e os Nyka Uplands ao norte, Malaui ten o seu cume a 3.048 m no monte Mulanje.

O Rift Valley atravesa o país de norte a sur. Nesta enorme depresión atópase o lago Malawi, o terceiro en tamaño de África. A súa superficie cobre cerca do 20% do país. No extremo meridional do lago nace o río Shire, que tributa as súas augas no Zambeze, 400 km máis ao sur, xa en Mozambique. Polo leste e o oeste, o Rift Valley está valado por vastos e elevados planaltos que se erguen entre 900 e 1.200 m sobre o nivel do mar.

Malaui: Características, Historia, Política 
As escarpas de Golomoti.

No norte, os Nyika Uplands, outra meseta, culmina a 2.600 m; os Shire Highlands, de 600 a 1.600 m, están dominados polos montes Zomba e Mulanje, que se erguen, respectivamente, até 2.130 e 3.048 m.

No extremo sur do país, a chaira esténdese entre 60 e 90 m s.n.m.. É nesta zona onde se concentra a maior densidade de poboación da África subsahariana.

As illas de Likoma e Chizumulu pertencen a Malaui, aínda que de feito se atopan entre as augas territoriais de Mozambique, formando uns enclaves.

Lilongwe, capital desde 1974, achégase ao medio millón de habitantes. Blantyre, principal praza comercial, acolle a sede da Corte Suprema do país (a súa poboación superaba xa a finais da década de 1990 os 500.000 habitantes).

Economía

Malaui: Características, Historia, Política 
Unha típica estrada do interior de Malaui.

Malaui ten unha renda per capita de 596 $USD (maio 2008). A súa economía depende principalmente da agricultura. O país ten poucos recursos mineiros explotábeis. Os tres produtos agrícolas de exportación, por esa orde, son: tabaco, té e azucre. A presidencia do goberno ten animado, recentemente, aos campesiños a que cultiven outros produtos alternativos, como algodón . Tradicionalmente Malaui ten sido autosuficiente para o seu alimento básico, o millo, e mesmo na década de 1980 exportou cantidades importantes dese cereal aos países veciños.

Malaui: Características, Historia, Política 

A agricultura representa o 38,6% do PIB, acolle arredor do 80% da forza de traballo e representa sobre o 80% do total das exportacións. Un 90% da poboación traballa en granxas autárquicas, de agricultura de subsistencia. Os pequenos propietarios desas explotacións producen unha boa variedade de colleitas, incluíndo o millo maínzo , chícharos, arroz, casabe, tabaco, cacahuetes e café. O sector agrícola orixina o 63,7% da renda total da poboación rural, un 65% das materias primas do sector industrial e, aproximadamente o 87% do emprego (datos de febreiro de 2007).

A riqueza financeira está, en xeral, concentrada nas mans dunha pequena elite. As industrias de Malaui están, na súa maior parte, situadas nas proximidades da cidade de Blantyre.

Dada a dependencia dos produtos agrícolas, o comercio de exportación é moi sensíbel aos rendementos decrecentes e ás baixadas dos termos de intercambio comercial. Outro factor que impide o desenvolvemento está constituído polos elevados custos dos transportes, que poden comprender un 30% da súa conta de importacións, pois Malaui debe importar a maior parte dos combustíbeis. Ademais contan a baixa preparación dos seus traballadores, as dificultades para conseguir emprego exterior, a escasa calidade das infraestruturas (viarias, rede eléctrica, auga e telecomunicacións), e os problemas burocráticos internos: corrupción, inadecuación dos impostos e dificultades administrativas para a apertura de empresas.

Demografía

Malaui: Características, Historia, Política 
Poboación de Malaui de 1961 ata o 2003.

Cunha poboación de 18 millóns, Malaui é un dos países de África máis densamente poboados. A maioría da poboación son negros africanos, que se dividen en varias etnias, sendo os principais grupos os chewa, nyanja, yao, tumbuka e lomwe. A maioría traballa no campo aínda que as cidades están en continuo crecemento. Hai tamén uns 4.000 europeos, sobre todo británicos, e hindustanís, pero supoñen menos do 0,5 % da poboación.

O idioma oficial é o inglés, pero o idioma nacional é o chichewa. Tamén se falan outros idiomas bantús.

O cristianismo, cun 70% de adeptos, é a relixión máis estendida (20% católicos, 55% protestantes). Tamén hai unha comunidade musulmá (20% da poboación), descendente dos antigos escravos suahilíes. Só un 5% practica unicamente relixións tradicionais.

O nome de Malaui deriva dos maravi, un pobo bantú proveniente da República do Congo meridional que se estableceu na zona hai uns 600 anos. Ao chegar á parte norte do Lago Malawi, os maravi dividíronse. Unha rama, os antecesores dos actuais chewas, avanzaron cara ao sur e asentáronse na marxe occidental do lago. A outra rama, os devanceiros dos actuais nyanjas, desprazouse pola marxe oriental ata alcanzar o sur do país.

As migracións e os conflitos tribais impediron a formación dunha sociedade malauí cohesionada ata o século XX. Aínda que nos últimos anos os enfrontamentos entre etnias e tribos diminuíron, aínda persisten rivalidades rexionais. Malia todo, a idea dunha nación común malauí gana cada vez máis adeptos.

A esperanza de vida é de 43 anos. A media de fillos por muller é de 5,74. O 62,7% da poboación esta alfabetizada. Calcúlase que o 14,2% da poboación esta infectada co virus VIH (SIDA).

Educación

Na actualidade está escolarizado un 80% da poboación en idade de ir ás aulas de educación primaria. O principal problema radica na elevada taxa de alumnado, que atinxe até 80 educandos, ou máis, por docente.

Durante tres décadas Malaui só contou cunha universidade, a Universidade de Malawi, con vaios "colleges", distribuídos entre a capital, Lilongwe, e mais as cidades de Blantyre e Zomba. En anos recentes foron abertas outras tres universidades, en Mzuzu (Universidade de Mzuzu), Livingstonia e Ekwendeni (Livingstonia University) e mais en Nguludi, cerca de Blantyre (Universidade Católica de Malawi).

Notas

Véxase tamén

Tags:

Malaui CaracterísticasMalaui HistoriaMalaui PolíticaMalaui SubdivisiónsMalaui XeografíaMalaui EconomíaMalaui DemografíaMalaui EducaciónMalaui NotasMalaui Véxase taménMalauiBlantyreLilongweLingua chichewaLingua inglesaMozambiqueTanzaniaZambiaÁfrica Oriental

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ken FollettTonhito de Poi6 de marzo1500Galego de AsturiasISO 3166-1A-8Sistema nervioso centralParroquias de GaliciaNazario de PuzoRelación sexual humanaO CarballiñoCatedral de Santiago de CompostelaPartido Popular de GaliciaLingua latinaProvincia de TeruelAs Pontes de García RodríguezFrancisco SampedroMarko JarićRally Comarca da Ulloa de 2014Gallaecia365 días (filme)Vilagarcía de ArousaQCabranesStephen KingFaballónPonte de RandeLandete6 de abrilProvincia de AlacantCristina LosadaChroicocephalusAndorraLingua galegaGerardo Pardo de VeraDune (filme de 2021)Inmunoglobulina EO PorriñoJosé Pérez-ArdáTrofeo ZamoraTeixugoChantadaLondresLaTeXAlbaceteNicolao de MiraGalizaMonte CaxadoDesaparición forzadaFrancisco FrancoGastronomía de GaliciaViggo MortensenEconomíaFederico García LorcaPorto, PortugalFerrolSydney Sweeney1951Lista de nomes femininos en galegoO comparativo galegoRenaultPÁlvaro MorataJake GyllenhaalWashington, D.C.BurgosParacelsoAlfred Hitchcock🡆 More