Internet: Rede informática de ámbito planetario

inglés (25,9 %)chinés (20,9 %)español (7,6 %)árabe (5,0 %)portugués (3,9 %)xaponés (3,4 %)ruso (3,1 %)malaio (2,9 %) francés (2,9 %)alemá (2,5 %)

Internet
centrado
Mapa parcial de Internet baseado na información obtida do sitio www.opte.org en 2005. Cada liña entre dous nodos representa a ligazón entre dúas enderezos IP, e a súa lonxitude é proporcional ao retardo entre estes.
Linguas máis empregadas
(2015)

Usuarios por continente
(2015)

Asia (48,2 %)
Europa (18,0 %)
América Latina (10,2 %)
África (9,8 %)
América do Norte (9,3 %)
Oriente Medio (3,7 %)
Oceanía (0,8 %)

Internet é o sistema global de redes informáticas interconectadas que usa o conxunto de protocolos de Internet (TCP/IP) para comunicarse entre redes e dispositivos. É unha rede de redes que consiste en redes privadas, públicas, académicas, empresariais e gobernamentais de ámbito local e global, unidas por unha ampla gama de tecnoloxías de redes electrónicas, sen fíos e ópticas. Internet ofrece unha ampla gama de recursos e servizos de información, como os documentos de hipertexto interconectados e as aplicacións da World Wide Web.(WWW), correo electrónico, telefonía e intercambio de ficheiros.

As orixes de Internet remóntanse ao desenvolvemento da conmutación de paquetes e a investigación encargada polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos na década de 1960 para permitir o tempo compartido dos ordenadores. A rede precursora principal, a ARPANET, serviu inicialmente como eixo vertebrador para a interconexión das redes rexionais académicas e militares na década de 1970. O financiamento da National Science Foundation Network como nova columna vertebral nos anos 80, así como o financiamento privado para outras extensións comerciais, levou á participación mundial no desenvolvemento de novas tecnoloxías de rede e á fusión de moitas redes. A vinculación de redes comerciais e empresas a principios da década de 1990 marcou o inicio da transición á Internet moderna, e xerou un crecemento exponencial sostido ao conectarse á rede xeracións de ordenadores persoais e móbiles. Aínda que as academias usaron moito a Internet nos anos 80, a comercialización incorporou os seus servizos e tecnoloxías en practicamente todos os aspectos da vida moderna.

A maioría dos medios de comunicación tradicionais, como o teléfono, a radio, a televisión, o correo en papel e os xornais, foron remodelados, redefinidos ou mesmo obviados por Internet, dando lugar a novos servizos como o correo electrónico, o teléfono por Internet, a televisión, e a música online, os xornais dixitais e os sitios web de vídeo en streaming. Os xornais, os libros e outras publicacións impresas tamén se adaptarón as tecnoloxías dos sitios web, ou estanse reconvertendo en blogues, canal web de contidos e agregadores de noticias en liña. Internet permitiu e acelerou novas formas de interacción persoal a través da mensaxería instantánea, os foros de Internet e os servizos de redes sociais. As compras en liña creceron exponencialmente para as grandes vendas polo miúdo, as pequenas empresas e os empresarios, xa que lles permitiu ás empresas ampliar a súa presenza no mercado ou mesmo vender bens e servizos totalmente en liña. Os servizos financeiros e de empresa a empresa en Internet afectan á cadea de subministración de sectores enteiros.

Internet non ten unha gobernanza única e centralizada nin na aplicación tecnolóxica nin nas políticas de acceso e uso; cada rede que a compón establece as súas propias políticas. As definicións, exageradas, dos dous espazos de nomes principais en Internet, o espazo de enderezos de protocolo de Internet (enderezo IP) e o sistema de nomes de dominio (DNS), están dirixidas por unha organización de mantemento, a Corporación de Internet para Nomes e Números Asignados (ICANN). O soporte técnico e a estandarización dos protocolos básicos é unha actividade do Grupo de Traballo de Enxeñaría de Internet (Internet Engineering Task Force, IETF), unha organización sen ánimo de lucro formada por participantes internacionais libremente afiliados á que calquera pode asociarse achegando os seus coñecementos técnicos. En novembro de 2006, Internet foi incluída na lista das sete novas marabillas polo xornal estadounidense USA Today.

Terminoloxía

Internet: Terminoloxía, Historia, Gobernanza 
O mensaxeiro de Internet de Buky Schwartz, situado en Holon, Israel

A palabra internetted, que significa interconectado ou entretecido, utilizouse xa en 1849. A palabra Internet utilizouse en 1974 como a forma abreviada de internetwork. Hoxe, o termo internet refírese máis comunmente ao sistema global de rede de computadoras interconectadas, aínda que tamén pode referirse a calquera grupo de redes máis pequenas.

Cando o seu uso se fixo común, a maioría das publicacións trataban a palabra internet como un nome propio en maiúscula; isto fíxose menos común segundo foi pasando o tempo. Isto reflicte a tendencia en inglés a escribir novos termos en maiúscula e pasar a minúsculas a medida que se familiarizan. Ás veces, a palabra aínda está en maiúscula para distinguir a Internet global das redes máis pequenas, aínda que moitas publicacións, incluíndo o AP Stylebook desde 2016, recomendan a forma minúscula en todos os casos. En 2016, o Oxford English Dictionary descubriu que, baseándose nun estudo de preto de 2.500 millóns de fontes impresas e en liña, "Internet" foi capitalizada no 54% dos casos.

Os termos Internet e World Wide Web úsanse a miúdo indistintamente; é común falar de "ir a internet" cando se usa un navegador web para ver páxinas webs. Con todo, a World Wide Web ou a Web é só un dos numerosos servizos de Internet, unha colección de documentos (páxinas web) e outros recursos web, ligados por hiperligazóns e URLs.

Historia

A investigación na conmutación de paquetes comezou a primeiros da década de 1960 e as redes de conmutación de paquetes como Mark I no Laboratorio Nacional de Física do Reino Unido, ARPANET, CYCLADES, Merit Network, Tymnet, e Telenet, desenvolvéronse a finais da década de 1960 e primeiros anos da década de 1970 usando varios protocolos.

Os primeiros dous nodos do que sería ARPANET interconectáronse o 29 de outubro de 1969 establecéndose unha interconexión entre o Network Measurement Center, dirixido por Leonard Kleinrock, da UCLA e o sistema NLS de Douglas Engelbart no SRI International en Menlo Park, California. Había xa quince sitios conectados á rede ARPANET a fin do ano 1971.. O desenvolvemento internacional de ARPANET foi lento, Europa prefería desenvolver redes propias, baseadas no protocolo X.25, a primeira conexión de ARPANET fóra dos Estados Unidos foi o NORSAR noruegués en xuño de 1973,

En decembro de 1975 o documento RFC 675 - Specification of Internet Transmission Control Program de Vinton Cerf, Yogen Dalal e Carl Sunshine, usou o termo Internet, abreviación de internetworking e posteriormente diversos RFC continuaron a empregar o termo. O acceso a ARPANET aumentou en 1981 cando a National Science Foundation (NSF) desenvolveu oCSNET. En 1982, a TCP/IP estandarizouse e introduciuse o concepto dunha rede mundial de TCP/IP totalmente interconectada so o nome de Internet

Internet: Terminoloxía, Historia, Gobernanza 
T3 NSFNET Backbone, c. 1992

O acceso á rede TCP/IP aumentou de novo en 1986 cando a National Science Foundation Network (NSFNET) deu acceso a superordenadores nos Estados Unidos de organizacións dedicadas á investigación e á educación, primeiro a 56 kbit/s e máis tarde a 1.5 Mbit/s e 45 Mbit/s. Fornecedores de servizo de Internet comerciais comezaron a xurdir a finais da década de 1980 e primeiros da década seguinte. En 1990 desapareceu a ARPANET e en 1995 a NSFNET, desaparecendo as últimas restricións no uso do tráfico comercial en Internet. Internet comezou unha rápida expansión en Europa e Australia a mediados da década de 1980 e en Asia a finais de 1980 e principios de 1990.

A partir de mediados da década de 1990 Internet tivo un tremendo impacto na cultura e no comercio, favorecido pola comunicación case instantánea que supoña o correo electrónico, a mensaxería instantánea, o Voice over Internet Protocol (VoIP), o Vídeo chat, e a World Wide Web cos seus foros de discusión, blogs, redes sociais e sitios de comercio electrónico.

Internet continúa a medrar, con cada volta máis gran cantidade de información, coñecemento, comercio, entretemento e rede social Estimábase a no remate da década de 1990 o tráfico de Internet pública medraba un 100% por ano, mentres que o aumento anual no número de usuarios era entre un 20% e un 50%. Atribuíuse este crecemento á inexistencia dunha administración central, que permite o crecemento orgánico da rede, así como a natureza aberta non propietaria dos protocolos de Internet, que impide que unha compañía poida exercer demasiado control sobre a rede. En marzo de 2011 estimábase en 2.095 millóns o de usuarios de Internet, ou o 30,2% da poboación mundial.. E se en 1993 a información contida en Internet supoña o 1% da información a través dos sistemas de telecomunicacións en 2000 esta cifra era do 51%, en 2007 máis do 97%.

Gobernanza

Internet: Terminoloxía, Historia, Gobernanza 
Sede da ICANN no barrio de Playa Vista dos Ánxeles, California, Estados Unidos.

Internet é unha rede global que comprende moitas redes autónomas interconectadas voluntariamente. Funciona sen un órgano de goberno central. O soporte técnico e a estandarización dos protocolos básicos (IPv4 e IPv6) é unha actividade do Grupo de Traballo de Enxeñaría de Internet (Internet Engineering Task Force, IETF), unha organización internacional aberta de normalización, que ten como obxectivos o contribuír á enxeñería de Internet, actuando en diversas áreas, como transporte, encamiñamento e seguridade. Para manter a interoperabilidade, os principais espazos de nomes de Internet son administrados pola Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN). A ICANN está gobernada por un consello de administración internacional formado por comunidades técnicas, empresariais, académicas e doutras comunidades non comerciais de Internet. Así mesmo a ICANN coordina a asignación de identificadores únicos para o seu uso en Internet, incluíndo o nome de dominio, enderezos IP, números de porto de aplicación nos protocolos de transporte e moitos outros parámetros. Os espazos de nomes unificados a nivel mundial son esenciais para manter o alcance global de Internet. Este papel da ICANN distínguea como quizais o único órgano central de coordinación da Internet global.

Os rexistros rexionais de Internet (RIRs) foron establecidos para cinco rexións do mundo. O African Network Information Center (AfriNIC) para África, o American Registry for Internet Numbers (ARIN) para América do Norte, o Asia-Pacific Network Information Centre (APNIC) para Asia e a Rexión pacífica, o Latin American and Caribbean Internet Addresses Registry (LACNIC) para a América Latina e a rexíon do Caribe, e o Réseaux IP Européens – Network Coordination Centre (RIPE NCC) para Europa; o Oriente Medio e Asia Central foron delegados para asignar bloques de enderezos IP e outros parámetros de Internet aos rexistros locais, como os fornecedores de servizos de Internet, a partir dun conxunto de enderezos designado reservado para cada rexión.

A Administración Nacional de Telecomunicacións e Información (National Telecommunications and Information Administration, NTIA) , unha axencia do Departamento de Comercio dos Estados Unidos, tivo a aprobación final sobre os cambios na zona raíz do DNS ata a transición da administración da IANA o 1 de outubro de 2016. A Internet Society (ISOC) foi fundada en 1992 coa misión de "garantir o desenvolvemento, a evolución e o uso aberto de Internet para o beneficio de todas as persoas en todo o mundo". Os seus membros inclúen individuos (calquera persoa pode unirse) así como corporacións, organizacións, gobernos e universidades. Entre outras actividades, ISOC ofrece un centro administrativo para unha serie de grupos menos formalmente organizados que participan no desenvolvemento e xestión de Internet, incluíndo: o IETF, o Internet Architecture Board (IAB), o Internet Engineering Steering Group (IESG), o Internet Research Task Force (IRTF) e o Internet Research Steering Group (IRSG). O 16 de novembro de 2005, o Cumio Mundial sobre a Sociedade da Información, patrocinado polas Nacións Unidas, en Tunisia estableceu o Foro para a Gobernanza de Internet (IGF) para discutir cuestións relacionadas con Internet.

Infraestrutura

Internet: Terminoloxía, Historia, Gobernanza 
Mapa de 2007 que mostra os cables de telecomunicacións submarinos de fibra óptica de todo o mundo.

A infraestrutura de comunicacións de Internet consta dos seus compoñentes de hardware e dun sistema de capas de software que controlan diversos aspectos da arquitectura. Como calquera rede informática, Internet consta fisicamente de enrutador, medios (como cableado e radioenlaces), repetidores, módems, etc. Con todo, como exemplo da interconectividade de rede (Internetworking), moitos dos nodos da rede non son necesariamente equipos de Internet per se, os paquetes de Internet son transportados por outros protocolos de rede completos con Internet actuando como un estándar de rede homoxéneo, correndo a través de hardware heteroxéneo, cos paquetes guiados aos seus destinos por routers IP.

Niveis de servizo

Internet: Terminoloxía, Historia, Gobernanza 
O encamiñamento de paquetes a través de Internet implica varios niveis de provedores de servizos de Internet.

Os provedores de servizos de Internet (ISP) establecen a conectividade mundial entre redes individuais en varios niveis de alcance. Os usuarios finais, que só acceden a Internet cando o necesitan para realizar unha función ou obter información, representan a parte inferior da xerarquía de encamiñamento. Na cima da xerarquía de encamiñamento atópanse as redes de nivel 1, grandes empresas de telecomunicacións que intercambian tráfico directamente entre si a través de cables de fibra ópticas de moi alta velocidade e rexidos por acordos de peering (conexión directa, intercambio de tráfico ou emparellamento). As redes de nivel 2 e de nivel inferior compran o tránsito de Internet a outros provedores para chegar polo menos a algunhas partes da Internet global, aínda que tamén poden participar en acordos de interconexión. Un ISP pode utilizar un único provedor para a conectividade ou implementar multihoming (ou multiconexión) para conseguir redundancia e equilibrio de carga. Os puntos de intercambio de Internet (IXP) son grandes intercambiadores de tráfico con conexións físicas a varias ISP. As grandes organizacións, como as institucións académicas, as grandes empresas e os gobernos, poden desempeñar a mesma función que os ISP, participando en peering e comprando tránsito en nome das súas redes internas. As redes de investigación tenden a interconectarse con grandes subredes como GEANT, GLORIAD, Internet2 e a rede nacional de investigación e educación do Reino Unido, JANET.

Acceso

Os métodos habituais de acceso a Internet por parte dos usuarios inclúen a conexión telefónica cun módem de computador a través de circuítos telefónicos, banda ancha por cable coaxial, fibra óptica ou fíos de cobre, wifi, satélite e telefonía celular (por exemplo, 3G, 4G). A miúdo pódese acceder a Internet desde computadores situados en bibliotecas e cibercafés. Existen puntos de acceso a Internet en moitos lugares públicos, como salas de aeroportos e cafetarías. Utilízanse varios termos, como quiosco público de Internet, terminal de acceso público e Web teléfono público. Moitos hoteis tamén teñen terminais públicos que adoitan ser de pago. Accédese a estes terminais para diversos usos, como a reserva de billetes, o ingreso bancario ou o pago en liña. A wifi proporciona acceso inalámbrico a Internet a través de redes informáticas locais. Entre os Hotspots que ofrecen este tipo de acceso atópanse os cafés wifi, onde os usuarios teñen que levar os seus propios dispositivos inalámbricos, como un computador portátil ou un PDA. Estes servizos poden ser gratuítos para todos, gratuítos só para clientes ou de pago.

Expansión

Como medio de comunicación comezouse a xeneralizar nos países desenvolvidos a comezos dos anos 90: en 1991 o Centro Europeo de Investigación Nuclear desenvolveu a World Wide Web, en 1993 creou as primeiras páxinas web e en 1995 a rede abriuse aos intereses comerciais. Nese primeiro momento, foron os propios internautas os que fixeron evolucionar Internet, a través da creación de múltiples servizos maioritariamente gratuítos. De tódolos xeitos, desde finais dos anos 90, os servizos de pago e o comercio electrónico teñen unha presenza cada vez maior.

Internet permítenos moitos servizos diferentes. Destacan:

  • Páxinas web
  • Correo electrónico
  • Chat
  • Mensaxería instantánea
  • FTP (descargar/baixar e enviar documentos, servizo para crear as páxinas web, intercambiar programas de distribución libre,...)
  • Webcams (que permiten as videoconferencias, mostrar en directo rúas, eventos...)
  • Redes de intercambio de ficheiros, tamén chamadas P2P ou Peer to peer
  • Grupos de noticias ou de discusións
  • Redes sociais
  • Información: acceso a xornais, radios e televisións tanto os xa presentes tamén nos medios tradicionais como os creadas especificamente para a Internet.

Internet en Galicia

Os primeiros recursos galegos en Internet, malia que se fixeron fóra de Galicia, datan de 1994, dese ano é o primeiro foro galego, a rolda de Birmingham, creado polo lectorado galego da Universidade de Birmingham e a primeira páxina web en galego, dedicada á lingua é cultura galega e que fixo Xabier Canosa dende a universidade galesa de Aberystwyth.

Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE) no ano 2007 51,6 por cento dos fogares galegos contaban polo menos cun ordenador, un 32,3 por cento dispuña de conexión a Internet e un 25,7 por cento tíñano con conexión de banda larga. Por provincias, os galegos das provincias atlánticas eran os que máis empregaban Internet, facéndoo o 34,7 dos coruñeses e o 34,6 por cento dos pontevedreses. Polo contrario, as porcentaxes son inferiores nas provincias de Lugo e Ourense, cun 25,6 e un 25,5 por cento, respectivamente.

O peche de Internet

No comezo do śeculo XXI cada vez se fixo máis patente o peche, censura ou bloqueo permanente de Internet por algúns gobernos, como o da China, co seu sistema 'gran Muralla', que tende a ser imitado por outros países, ou de xeito puntual en determinadas situacións.

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Internet TerminoloxíaInternet HistoriaInternet GobernanzaInternet InfraestruturaInternet ExpansiónInternet en GaliciaInternet O peche de Internet NotasInternet Véxase taménInternet

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bioloxía evolutiva do desenvolvementoO CarballiñoYeremay HernándezFernando SarabiaPerseoJesús Vázquez AlmuíñaJorge Luis BorgesNico GonzálezSancho GraciaViveiroEleccións municipais de 2019 en GaliciaRondaÁngel Baltar CortésBruce SpringsteenMazaricosCirrioEva Iglesias MiguénsGolda MeirJosé Rodríguez Martínez (médico)María I de EscociaCangasLista de nomes masculinos en galegoFollas novasPosicións sexuaisCelta de Vigo FortunaGrupo EroskiDua LipaVox populiVicente RiscoUbriqueEleccións municipais en NarónSophia LorenJacaCervoValenciaÁreas lingüísticas do galegoLagarto arnalAlberto Núñez FeijóoRoberto Blanco ValdésNoelia ReySalgueiroJosé Luis Rodríguez ZapateroAEleccións municipais de 2015 en GaliciaRacing Club de FerrolLola ÍndigoMatías Prats LuqueAlejandra MurguíaSecretaría Xeral de Política LingüísticaElena Candia4 de abrilPegaGerardo Pardo de VeraLeticia Santos PazRaposo comúnBubelaGalería de imaxes de arañas de GaliciaLeymaNavantiaDavid BroncanoLucía Rodríguez VázquezFallout 4DublínPanteón de Galegos IlustresStripteaseDaniel ChapelaIsabel PreyslerOcéano ÍndicoSete Sabios de GreciaLuis ZaheraDiego CalvoTrastorno do soño🡆 More