Chad: País centroafricano

O Chad (en francés Tchad, en árabe تشاد, Tshad), oficialmente República do Chad (en francés République du Tchad; en árabe جمهورية تشاد, Jumhūriyyat Tshād) é un país africano.

Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste co Camerún, Nixeria e mais Níxer. A súa capital é Xamena.

Modelo:Xeografía políticaChad
Imaxe

HimnoLa Tchadienne Editar o valor em Wikidata

Lema«Unité, Travail, Progrès»
«Unity, Work, Progress»
«الاتحاد، العمل، التقدم»
«Единство, труд, прогрес» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aLago Chad Editar o valor em Wikidata
Localización
Chad: Historia, Goberno e política, Organización político-administrativa Editar o valor em Wikidata
 15°28′00″N 19°24′00″L / 15.46667, 19.419°24′00″L / 15.46667, 19.4
CapitalXamena Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Barh El Gazel (pt) Traducir
Batha (pt) Traducir
Hadjer-Lamis Editar o valor em Wikidata../... 22+
Poboación
Poboación15.477.751 (2018) Editar o valor em Wikidata (12,05 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
árabe Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.284.000 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porLago Chad Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoEmi Koussi (3.415 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoDepressão Bodélé (pt) Traducir (160 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación11 de agosto de 1960 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• President of Chad (en) Traducir Editar o valor em WikidataMahamat Déby Itno (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Chad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• President of Chad (en) Traducir Editar o valor em WikidataIdriss Déby Itno (2018–2021) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoNational Assembly (en) Traducir , (Escano: 155) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Chad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal11.779.981.332 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedafranco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.td Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+235 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia17, 18 e 2251-4242 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísTD Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Historia

Do mesmo xeito que a maioría do mundo, a área actualmente coñecida como o Chad comezou como un grupo desconectado de tribos. Eventualmente estas tribos foron tomadas por reinos. O Chad foi controlado por algúns reinos débiles ata ser tomado polo maior, pero aínda africano, Imperio Kanem-Bornu.

Logo, os estranxeiros comezaron a ter maior influencia sobre o Chad. Comezando na idade media, o Chad converteuse nun cruzamento de rutas entre os mercadores musulmáns e as tribos nativas. En 1891 o Chad converteuse en parte do Imperio colonial francés. Durante a segunda guerra mundial, o Chad foi a primeira colonia francesa en unirse aos aliados. En 1960 o Chad foi convertido pacificamente nun país independente.

En 1965 unha guerra civil comezou como unha sublevación de impostos do norte musulmán. A guerra foi longa e custosa. Durou ata 1998, en cuxo momento foi escrita a constitución e Idriss Déby foi elixido presidente.

Goberno e política

    Artigo principal: Goberno e política do Chad.

Tras a independencia estableceuse un sistema de partido único. A guerra civil de 1979 a 1982 entre o norte e o sur involucrou a tropas de Libia e Francia. En 1975 e 1982 houbo golpes de estado, o último a cargo de Hissène Habré, á súa vez derrubado por Idriss Déby en 1990. En 1992 legalizáronse os partidos políticos. Déby foi elixido presidente en 1996 e tivo que enfrontar unha rebelión dos nómades Toubou, radicados no norte do país. A guerra civil estendeuse durante décadas, alternando períodos de enfrontamentos abertos e de conflitos guerrilleiros. En abril de 2021 o presidente Déby foi asasinado nun destes enfrontamentos.

Organización político-administrativa

    Artigo principal: Organización territorial do Chad.
Chad: Historia, Goberno e política, Organización político-administrativa 
Mapa do Chad
Chad: Historia, Goberno e política, Organización político-administrativa 
Rexións do Chad

O Chad divídese en 18 rexións.

  1. Batha
  2. Borkou-Ennedi-Tibesti
  3. Chari-Baguirmi
  4. Guéra
  5. Hadjer-Lamis
  6. Kanem
  7. Lac
  8. Logone Occidental
  9. Logone Oriental
  10. Mandoul
  11. Maio-Kebbi Leste
  12. Maio-Kebbi Oeste
  13. Moyen-Chari
  14. Ouaddaï (Abéché)
  15. Salamat
  16. Tandjilé
  17. Wadi Fira
  18. Iamena

Xeografía

O Chad atópase situado na parte máis oriental do deserto do Sáhara, e é unha nación que non ten saída ao mar. Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste con Camerún, Níxer e Nixeria, esta última a través do lago Chad.

O país conta con dúas zonas ben diferenciadas: a norte atópase dominada polo deserto, atopándose nos puntos máis setentrionais o macizo de Tibesti. O sur é máis chairo e conta con maior vexetación. Hai que sinalar que na metade norte a poboación predominante é a árabe, mentres que no sur predominan as etnias africanas como os sara.

Como é lóxico, os principais ríos do país van desde o sur do mesmo cara ao norte, desembocando moitos no lago Chad. Os principais ríos do Chad son o Chari e o Logone.

Economía

Demografía

Chad: Historia, Goberno e política, Organización político-administrativa 
Evolución demográfica entre 1961 e 2003

Ao ano 2007, o Chad ten unha poboación de 9 885 000 habitantes. A metade concéntrase no sur. No norte só habitan grupos nómades. Os musulmáns son o 50%, o 43% ten crenzas tradicionais e o 7% é cristián. Os idiomas oficiais son o francés e o árabe, aínda que se falan máis de 120 linguas e dialectos. A esperanza de vida é de 47 anos. A media de fillos por muller é de 5,56 unha das taxas máis altas do mundo, o cal provoca un incremento da poboación moi elevado. O 47.5% da poboación está alfabetizada.

Cultura

No Chad a relixión con máis crentes é o islam. Os musulmáns supoñen aproximadamente a metade da poboación, e forman un grupo homoxéneo que vive principalmente no norte do país. Pola contra, o resto da poboación, que vive na metade sur do país, é un grupo máis heteroxéneo dentro do cal se poden distinguir dous grandes grupos: os católicos e os seguidores de relixións animistas tradicionais de África. Os primeiros destes últimos supón aproximadamente un 7% da poboación sendo o resto seguidores de relixións animistas tradicionais de África.

Festas

Data Nome en galego
1 de xaneiro Ano Novo
1 de maio Día do traballo
11 de agosto Día da Independencia
28 de novembro Proclamación do día da República
1 de decembro Día da liberdade e a democracia

Notas

Tags:

Chad HistoriaChad Goberno e políticaChad Organización político-administrativaChad XeografíaChad EconomíaChad DemografíaChad CulturaChad FestasChad NotasChadCamerúnLibiaLingua francesaLingua árabeNixeriaNíxerRepública CentroafricanaSudánXamena

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Noelia ReySonsoles EspinosaXesús Alonso MonteroSergio RamosNaturismoSéchu SendeSeseoHospital CentralXohana TorresSandwicheiraSacaúntosCastro de BorneiroBarrocoComarcas de GaliciaJosé MourinhoValdoviñoBolboretaEva MoredaAlfabeto galegoLuísa VillaltaFrancisco MiguelCaranza, FerrolÁreas lingüísticas do galegoFórmula 1Eduardo Blanco AmorReis CatólicosSexo analHolger NielsenDos arquivos do trasnoViguetaRomaFesta dos maiosJesús Vázquez AlmuíñaCastela e LeónMXXX edición dos Premios GoyaAfonso I de PortugalEthel VázquezHFachada do ObradoiroMaría Martínez AllegueAna BucetaSexo oralIsabel Díaz AyusoReal Academia GalegaMoreno VelosoNoruegaMiguel Ángel Zabalza BerazaJean-Claude Van DammeVerónica Martínez DelgadoC (linguaxe de programación)Baldo RamosJosé Antonio Ortega LaraJuanillo EstebanMarínSiddhartha GautamaNacionalismo europeoPosición do canMeigaRomán Rodríguez GonzálezIES MonelosPaul NewmanGatoMorañaDarío Xohán CabanaPegaAlbert EinsteinDavid RegadesCarl SaganCelso ParadaListenbourgTradiciónRomelu LukakuEuskadi Ta Askatasuna🡆 More