Suicidio: Acto de quitarse a propia vida deliberadamente

O suicidio é o acto de quitar a propia vida.

Os factores de risco inclúen trastornos mentais como depresión, trastorno bipolar, esquizofrenia, trastorno de personalidade e abuso de substancias, incluíndo alcoholismo e uso de benzodiacepinas. Outros suicidios resultan de actos impulsivos debido ao estrés e/ou dificultades económicas, problemas con relacións interpersonales ou bullying. Intentos de suicidio anteriores son factores importantes que deberían ser considerados, posto que son máis comúns entre os que xa tentaron suicidarse. Os esforzos de prevención do suicidio inclúen a limitación do acceso a métodos de suicidio, como armas de fogo, drogas e velenos, o tratamento de trastornos mentais e drogodependencia, medios de comunicación de masas adecuados sobre informes de suicidio e melloria das condicións económicas. Aínda que o uso de liñas telefónicas de emerxencia sexa común, hai pouca evidencia para a súa eficacia.

Suicidio
Clasificación e recursos externos
Suicidio: Introdución, O suicidio e a lei, Valoracións morais do suicidio
Le Suicidé, por Édouard Manet, 1877–1881.
ICD-10X60–X84
ICD-9E950
MedlinePlus001554
eMedicinearticle/288598
MeSHF01.145.126.980.875
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Suicidio: Introdución, O suicidio e a lei, Valoracións morais do suicidio
Suicidios en España(INE) 2007

Os métodos de suicidio máis utilizados varían en cada país, e están en parte relacionados coa dispoñibilidade de medios eficaces. Os métodos comúns inclúen enforcamento, envelenamento por pesticidas e recurso a armas de fogo. No mundo, 828.000 persoas cometeron suicidio en 2015 (fronte ás 712.000 mortes en 1990). Isto fai que esta sexa a décima principal causa de morte en todo o mundo.

Aproximadamente o 0,5% ao 1,4% das persoas morren por suicidio, preto de 12 a cada 100,000 persoas ao ano. Tres cuartos dos suicidios ocorren globalmente nos países en desenvolvemento. As taxas de suicidios consumados son xeralmente máis elevadas nos homes que nas mulleres, que varían de 1,5 veces máis no mundo en desenvolvemento ata 3,5 veces máis no mundo desenvolvido. O suicidio xeralmente é máis común entre os maiores de 70 anos; con todo, en certos países, aqueles con idades entre 15 e 30 presentan un risco máis elevado. Hai unha estimación de 10 a 20  millóns de intentos suicidas non-fatais cada ano en todo o mundo. Os intentos de suicidio non-fatais poden provocar lesións e discapacidade a longo prazo. No mundo occidental, os intentos son máis comúns nos mozos e persoas do sexo feminino.

As interpretacións acerca do suicidio teñen sido tratadas baixo amplos puntos de vista culturais máis concretamente en temas existenciais como relixión, filosofía, psicoloxía, honra e o sentido da vida. As relixións abraâmicas consideran tradicionalmente o suicidio unha ofensa contra Deus debido á crenza relixiosa na santidade da vida. Durante a era samurai no Xapón, existía unha forma de suicidio coñecido como seppuku (harakiri) que era respectada como unha forma de expiación do fracaso ou como unha forma de protesto ou pena de morte fronte á deshonra por un crime, delito ou por outro motivo que os avergoñaba. O satí é unha antiga práctica prohibida polo Raj Británico, no cal a viúva se auto-imola na pira funeraria do seu home, sexa voluntariamente ou por presión da familia e/ou da sociedade. O suicidio e o suicidio tentado, aínda que anteriormente fose ilegal, xa non o é máis na maioría dos países occidentais., a pesar de nalgunhas xurisdicións aínda considerarse un delito. Nos séculos XX e XXI, o suicidio foi usado en raras ocasións como forma de protesto, ou na forma de kamikaze e de atentados suicidas como unha táctica militar ou terrorista. A palabra provén do latín suicidium, que significa "matar a si mesmo".

Introdución

Para considerarse suicidio, a morte debe ser un elemento central e o motivo do acto, e non só unha consecuencia case ineludible. Así, os homes-bomba e os mártires non son considerados suicidas, dado que uns morren como consecuencia da explosión que eles mesmos provocan, e os outros sacrifícanse en nome dunha crenza. Tampouco son suicidas os que se sacrifican por outros en caso de emerxencias nin os soldados que loitan nunha guerra, e nestes casos, os mortos non son proscritos pola relixión nin pola lei. No caso de que o suicidio teña consecuencias legais, a lei recolle que debe haber proba de intención de morrer, así como a propia morte, para que o acto sexa considerado un suicidio. Pode que dito proceso sexa custoso en caso de minusvalía e teña que depender dos demais, entrando nunha dinámica de cómplice de suicidio posiblemente penado con cárcere.

O suicidio e a lei

Suicidio: Introdución, O suicidio e a lei, Valoracións morais do suicidio 
Legalidade do suicidio asistido a nivel mundial:      Suicidio asistido legal      Legalizado por sentenza xudicial, pero non lexislado nin regulado      Suicidio asistido ilegal

En moitos países se un suicidio pode ser evitado por outra persoa, é algo que pode e debe facerse, porque en caso contrario podería ser considerado como un caso de non asistencia a persoa en perigo, tipificado como delito en diversas lexislacións, xa que, por exemplo, un intento de suicidio podería ser debido a un estado de loucura transitorio, a un estado depresivo moi grave ou a outras situacións análogas.

Na gran maioría dos países occidentais, o suicidio non é un crime. Porén, nalgúns países musulmáns, aínda é considerado como tal. Se ben en Australia o suicidio non é un delito, é castigado o incitar, aconsellar ou auxiliar o suicidio doutra persoa. Ademais, explicitamente permítese o uso de «tanta forza como sexa necesaria» para evitar que se complete o suicidio. Entre 1996 e 1997, no Territorio do Norte foi legal o suicidio asistido por médicos.

Na actualidade, ningún país europeo castiga o suicidio ou seu intento. En Inglaterra e Gales o suicidio deixou de estar criminalizado por medio da Acta do Suicidio de 1961, mentres que a República de Irlanda fíxoo en 1993. Na India, o suicidio era ilegal e a familia do suicida podía enfrontar problemas legais. Porén, en 2014, o Goberno da India derrogou esa lei. En Alemaña, a eutanasia activa é ilegal e todas as persoas presentes no momento do suicidio poden ser procesadas por omisión de auxilio.

Pola contra, Suíza legalizou o suicidio asistido en doentes enfermos mentais crónicos. A Corte Suprema de Lausana, nunha resolución de 2006, garantiu o dereito dunha persoa cun longo historial de dificultades psiquiátricas, a poñer fin á su vida. Nos Estados Unidos, o suicidio non é ilegal pero pode comportar sancións para as persoas que o intenten. O suicidio asistido é legal no estado de Washington para persoas con enfermidades terminais. En Oregón, os doentes terminais poden solicitar medicamentos para acabar coa súa vida. Aos canadenses que tentaron suicidarse podeselles impedir o acceso aos Estados Unidos. A lei estadounidense permite aos gardas fronteirizos impedir o acceso a enfermos mentais e persoas con intentos previos de suicidio.

Latinoamérica e España

En España e Latinoamérica o suicidio non é un delito, pero si se castiga a facilitalo ou instigalo por parte de terceiros. O artigo 143 do Código penal español di que «o que induza ao suicidio doutro será castigado coa pena de prisión de catro a oito anos».

Pola súa parte, Bolivia considera ilegal o homicidio piadoso. O artigo 257 do seu Código penal sinala que «imporase a pena de reclusión dun a tres anos, se para o homicidio fosen determinantes os móviles piadosos [...]». Igualmente, en Colombia castígase con dous a seis anos de prisión ao que «induza a outro ao suicidio» ou «lle preste unha axuda efectiva para a súa realización», mentres que «cando a indución ou axuda esté dirixida a poñer fin a intensos sufrimentos», a pena redúcese a un ou dous anos. En Costa Rica, O Salvador, Paraguai e o Perú tamén está penalizado o homicidio por motivos piadosos. Pola contra, o artigo 37 do Código Penal do Uruguai destaca que, en casos de homicidio piadoso, «os xuíces teñen a facultade de exonerar do castigo ao suxeito de antecedentes honorables, autor dun homicidio efectuado por móviles de piedade, mediante súplicas reiteradas da vítima». Así mesmo, aínda que en México a eutanasia activa e o instigar ou facilitar o suicidio son ilegais, desde 2008 permítese a doentes terminais rexeitar medicación ou tratamentos médicos que busquen mantelo con vida —eutanasia pasiva—.

Valoracións morais do suicidio

A teoloxía di que mentres para algúns o suicidio consiste en “darse a morte directamente a si mesmo”, para outros, simplemente é “darse a morte a si mesmo”, e aclara que se ben ámbalas dúas opinións son semellantes, teñen matices distintos. Mentres que para os primeiros o suicidio directo é sempre intrinsecamente malo, para os segundos, o suicidio directo é sempre pecaminoso, pero o suicidio indirecto non o é. Precisamente, debemos entender que o suicidio directo é aquel no que o ser humano busca mediante un acto que por si mesmo pode causar a morte, mentres que no indirecto, a persoa dáse morte sen procurala libremente.

Unha clasificación posible das tantas que se poden facer é a que divide os suicidios en:

  • Os vicariantes: adiantan ou aceleran o acto da morte que semella próxima, coa xustificación de que non hai esperanzas e só cren ver ó seu redor sufrimentos e nada pode compensar o período de espera.
  • Os perfeccionistas: non toleran calquera diminución dos atributos á súa persoa, o mesmo na beleza que na potencia sexual, ou un defecto calquera, menoscabo económico ou social, ou a perda do poder e prestixio.
  • Os hedonistas: non soportan nada que constitúa un impedimento ou unha diminución do pracer de predominio sensual.
  • Os transicionais: ante certas crises vitais de transición inevitables, optan polo suicidio.
  • Os sintomáticos: dependen dunha enfermidade mental, psicose, confusión mental, demencia ou depresión.

Evolución histórica

A actitude dos homes ante a morte non foi sempre a mesma a través do tempo. Cando un home contemporáneo fala da súa morte, acostuma dicir que se lle fora dado escollería unha morte súbita, sen dor, como un leve soño. O home do medievo sentiríase aterrado ante iso, porque como o expresa o pai de Hamlet na famosa obra de Shakespeare, morrería "na flor do pecado". Por iso o home da idade media prefería un tempo de arrepentimento e de balance das súas débedas con Deus e cos homes, inclusive nas oracións medievais rezábase "líbranos Señor da morte repentina".

As antigas civilizacións sacralizaron a morte, domesticárona, querendo restarlle dramatismo e integrala nun sistema de ritos e crenzas que tiñan por obxecto convertela nunha etapa máis do destino, por iso rexeitaban e condenaban o suicidio: o corpo do suicida era castigado, arrastrado polo piso, e non tiña dereito a ser sepultado na Igrexa... só no caso do soldado vencido que se suicidaba por honor, ou doutras formas de suicidio como o duelo.

En sociedades onde a sacralidade era a cosmovisión vixente, é lóxico que o comportamento suicida se rexeitase, pois o home non tiña permitido modificar o seu destino, que estaba nas mans de Deus. Tampouco se lle recoñecía ó ser humano o dereito de impor á sociedade a presenza intempestiva da morte por unha decisión persoal. Unha sociedade así, non permitía que o individuo a forzara moralmente nin a ela nin a Deus.

O suicidio estivo ligado á humanidade e ós seus costumes: os maias, segundo refire a historia, veneraban a Ixtab, a deusa do suicidio, e, no Afastado Oriente, os xaponeses practicaban o "harakiri" para lavar a deshonra.

Foi a partir do século XIX cando se perdeu ese sentido de socialización, inserto na ritualidade. A sociedade emerxente refugou aquel paradigma medieval. A morte foi liberada e pasou ó dominio privado, o cadáver era velado na casa, sepultado en familia, e nese sentido a morte pasou a depender cada vez máis da vontade do individuo. Deste modo, a sociedade occidental desvinculouse da morte e do suicidio en particular.

O suicidio era, tempo atrás en occidente, algo vergoñento para a familia; era sinónimo de debilidade, de enfermidade ou de conduta inadecuada, e por iso poucos ou case ninguén o daban a coñecer. Actualmente as cousas son distintas, xa que este acto vese como un síntoma de enfermidade e é aceptado, o que aumentou as taxas de mortos por suicidio de modo alarmante. É un problema no que parece haber consenso entre sociólogos, psicólogos, psiquiatras, antropólogos e demógrafos, cando o consideran como un trazo da modernidade, un dos males do século XX.

Visión sociolóxica do suicidio

O sociólogo francés Émile Durkheim, na súa obra Le suicide (1897), sinala que os suicidios son fenómenos individuais, que responden esencialmente a causas sociais. As sociedades presentan certos síntomas patolóxicos, ante todo a integración ou regulación social, xa sexa excesiva ou insuficiente, do individuo na colectividade. Por tanto o suicidio sería un feito social.

Durkheim comeza o seu estudo anos atrás cunha definición de suicidio como: Todo caso de morte que resulta directa ou indirectamente dun acto positivo ou negativo realizado pola vítima mesma, e que, segundo ela sabía, debía producir este resultado. Exemplo dun acto positivo: dispararse na cabeza; exemplo dun acto negativo: negarse a inxerir calquera medicina ata morrer.

Durkheim distingue catro clases de suicidios:

  • suicidio egoísta típico de sociedades deficientes ou carencia de integración social.
  • suicidio anómico característico da falta de regulación social (anomia), as normas sociais non son interiorizadas como propias por parte do individuo.
  • suicidio fatalista cando existe un alto grao de regulación social.
  • suicidio altruísta característico de sociedades con alto grao de integración social.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Suicidio IntroduciónSuicidio O suicidio e a leiSuicidio Valoracións morais do suicidioSuicidio Evolución históricaSuicidio Visión sociolóxica do suicidioSuicidio NotasSuicidio Véxase taménSuicidio

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Provincia de PontevedraModernismoXenómicaCopa Mundial de Clubs da FIFAEurocopa de Fútbol de 1988Riverdale (serie de televisión)Lingua rusaMarylandHeikki KovalainenGuepardoRacing Club de FerrolKarlos ArguiñanoToni AcostaPirrolisinaCírculo de Belas Artes de MadridDaniel BasteiroComunidade de MadridManuela SáenzIgrexa etíope tewahedoLuísa VillaltaHototogisuDaniel de la TorreRobert OppenheimerPablo José Taboada CamoiraDécada de 1930Gutzon BorglumMaría ReimóndezCastela-A ManchaLingua bretoaAccidente de ChernóbilBruce WillisHuelvaAtentados do 11 de marzo de 2004 en MadridSobreiraMáximo RamosLinguas indoeuropeas1911Traxe galegoLuís TosarFerberitaQBloc PartyViñoAlberto Núñez FeijóoBatalla de MidwayNana MouschouriIsabel MorenoGuerra civil españolaDistrito de Vila RealÑAnne HathawayContactorAlfred HitchcockDonicelaIbiasCharlie HunnamReino de LeónUcraínaCorinto antigaLingua portuguesaPedrafita do CebreiroO CarballiñoRodeiroXardaInfinity WardBenito KamelasZlatan IbrahimovićPartido dos Socialistas de GaliciaAlfonso HermidaMarta DarribaCombarro, PoioCastela e LeónPortugalS-adenosil metioninaPediastrumSalamanca🡆 More