Numeración Romana: Sistema de numeración non posicional desenvolto na Antigua Roma

O sistema de numeración romana desenvolveuse na antiga Roma e utilizouse en todo o seu imperio.

Decimal Romana
1 I
5 V
10 X
50 L
100 C
500 D
1000 M

Neste sistema as cifras escribense con determinadas letras, que representan os números. As letras son sempre maiúsculas, xa que no alfabeto romano non existen as minúsculas.

As equivalencias dos numerais romanos co sistema decimal son as seguintes:

No sistema de numeración romano as letras deben situarse da orde de maior valor para a de menor valor. Non se deben escribir máis de tres I, ou tres X, ou tres C en calquera número. Se estas letras se sitúan á fronte dun V, un L, ou un D, respectivamente, subtráese o seu valor á cifra das ditas letras. Debe notarse que isto non foi sempre así, senón que os romanos usaban inicialmente a repeticion de 4 elementos, así 4 puñan IIII e non IV, e o mesmo para XXXX etc.

Os romanos descoñecían o cero, introducido posteriormente polos árabes, de forma que non existe ningunha forma de representación deste valor.

Para cifras elevadas os romanos utilizaban un hifen colocado por riba da letra correspondente. O hifen multiplicaba o valor da letra por 1.000. Por exemplo, un "C" con hifen superior correspondía ao valor 100.000 (100 x 1.000), e un "M" con hifen superior correspondía ao valor 1.000.000 (1.000 x 1.000). Este método permitía escribir cifras realmente altas.

Preséntanse varios exemplos de números romanos, coas súas equivalencias decimais:

Decimal Romana
1 I
2 II
3 III
4 IV
5 V
6 VI
7 VII
8 VIII
9 IX
10 X
104 CIV
1444 MCDXLIV
2003 MMIII

Tags:

Roma

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

25 de abrilNCIS (serie de televisión)Infinitivo conxugadoEstados Unidos de AméricaItä-Helsingin KiekkoEslovaquiaPrimeira República GalegaPaulino FernándezPorto, PortugalHistoria de DinamarcaLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasVladimir PutinDragon BallCanle (comunicación)Nino BravoCaso Asunta BasterraMovemento de independencia da IndiaMemorias dun neno labregoNancho NovoColocación do pronome átono en galegoMaría a BalteiraPablo IslaGrândola, Vila MorenaSílvia OrriolsLois PereiroFermin MuguruzaAsunta Basterra PortoDavid PerdomoLista de nomes femininos en galegoEduardo Blanco AmorJesús Gil y GilGarbiñe MuguruzaMasculino e feminino en galegoPardo de CelaÍñigo AlfonsoMaría VillamarínÁrbores senlleiras de GaliciaIdade de Bronce en GaliciaMichael JacksonXestaRonaldinhoToquesMaría do Socorro Ortega RomeroDía do LibroTeléfonoSatélite de comunicaciónsAustraliaOs outros feirantesVerbos galegos ser, estar e irCatedral de MilánEsmeralda CervantesOs pronomes persoais galegosPolisíndetoRaquel AtanesDeportivo da CoruñaHentaiOzzy OsbourneHindemburg Melão Jr.Pedrafita do CebreiroMaría JamardoManuel Veiga TaboadaAustriaRoisGaliciaParque Nacional das Illas AtlánticasHard GZAbraham MateoXXX edición dos Premios GoyaArmada InvencibleBlanca RomeroAlexandre BóvedaAWStatsProvincias de EspañaRevolución galega de 1846Benito Kamelas🡆 More