Bioloxía Xénero: Categoría taxonómica

O xénero, no campo da bioloxía, é unha unidade sistemática das clasificacións por categorías taxonómicas.

Características

Componse de especies (aínda que existen xéneros monoespecíficos) e, en moitos casos, constitúe un grupo tan natural que é de dominio vulgar: o xénero Pinus, integrado por numerosas especies de piñeiros que usualmente teñen unha nomenclatura binomial semellante á biolóxica (piñeiro albar, piñeiro negral, piñeiro carrasco etc.), é unha unidade "xenérica" en sentido corrente.

O nome xenérico ten de ser un substantivo, sen que existan regras precisas para a súa desinencia.

O concepto de xénero e a propia verba foron establecidos por Tournefort. Carl von Linné aceptounos, concretando así o seu pensamento: "Hai tantos xéneros coma fructificacións semellantes producidas por diversas especies naturais" (Palau, na tradución da Phylosophya botanica, de Linneo, p. 84). Orixinariamente Linneo e os botánicos da súa escola estableceron os xéneros sobre a base dos caracteres da frutificación.

Na actualidade, para o establecemento de xéneros tómanse multitude de caracteres. Por exemplo, tratándose de plantas superiores considéranse a morfoloxía xeral da flor, a filotaxe, a anatomía etc.

Ao igual que ocorre con outros niveis, na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios xéneros poden agruparse en superxéneros, e os individuos dun xénero poden organizarse en subxéneros. Estes, á súa vez, poden organizarse en infraxéneros.

Un notoxénero é un nivel de clasificación análogo ó xénero pero creado por hibridación doutros (dous ou máis), máis habitual no caso das plantas que dos animais.

Niveis de clasificación

Familia
[Subfamilia]

[Infrafamilia] [Tribo]

[Superxénero]
Xénero
[Subxénero]
[Infraxénero]
Especie
[Subespecie]

Notas

  • Os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa.
  • A clasificación ordéase de xeral a concreto.

Tags:

BioloxíaTaxonomía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O comparativo galegoCohesiónGhaleb Jaber IbrahimMarcial DoradoColombiaAlberto ManceboCosta da MorteJosé Ramón Romero GarcíaEndovélicoCarme Giralt i RosésPO-201TilacoideFariña (serie de televisión)Azumanga DaiohAs NevesÁlvaro CunqueiroMiriam Beizana VigoOU-406ProxyRianxoVedraPontedeume69 (sexo)Inside Llewyn DavisVerínErupción volcánica de La Palma de 2021Reino UnidoGuerra de Sucesión EspañolaHard GZBipartito galegoMoreno VelosoGame Boy AdvanceReis de EspañaBorussia DortmundTamagos, Tamagos, VerínRa verdeKyoko NozakiLista de paísesRacing Club de FerrolEduardo Blanco AmorLista de nomes femininos en galegoEvolución humanaRodrigo Díaz de VivarShakiraPaíses BaixosCódigo QRJohann Sebastian BachPandeiraKFelipe Senén LópezZinedine ZidaneA Nosa Terra (1916)Provincia da CoruñaMeigaReal Club Celta de VigoInterferencia lingüísticaA PontenovaPosición do misioneiro invertidaRusiaMovella árticaPonteareasPepa a LobaCruz de BorgoñaPaulo Carlos LópezVKSéchu SendeAsturiasDesoxitimidina monofosfatoFidel CastroFragas do EumeGuillarei, TuiCarlo AncelottiCarl SaganMolécula bipolarFederico García LorcaSanta CompañaAntonio de la Torre🡆 More