Bibcode

O bibcode é un identificador empregado por numerosas bases de datos astronómicas para citar referencias bibliográficas.

O bibcode foi desenvolvido para ser empregado no SIMBAD e a Base de datos de obxectos extragalácticos NASA/IPAC (NED), pero úsase máis amplamente no Sistema de Datos Astrofísicos, tamén da NASA.

Formato

O código ten unha lonxitude fixa de 19 caracteres e ten a forma:

YYYYJJJJJVVVVMPPPPA

onde YYYY son os catro díxitos do ano de publicación da referencia, JJJJJ é un código que indica a publicación de procedencia da referencia, VVVV o número do volume, M a sección da publicación, por exemplo L indica a sección de cartas, PPPP indica a páxina de comezo da referencia e A é a primeira letra do apelido do primeiro autor. Úsanse puntos para encher os campos non empregados ou para completar campos onde a lonxitude do código sexa máis curto que os espazos reservados a el. A aliñación faise á dereita para o código de publicación e á esquerda para o número de volume e de páxina.

Exemplos de codificación

Bibcode:        Referencia:
1974AJ.....79..819H   Heintz, W. D., Astrometric study of four visual binaries, The Astronomical Journal 79 (1974), pp. 819–825.
1924MNRAS..84..308E   Eddington, A. S., On the relation between the masses and luminosities of the stars, Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 84 (1924), pp. 308–332.
1970ApJ...161L..77K   Kemp, James C., Swedlund, John B., Landstreet, J. D., e Angel, J. R. P., Discovery of Circularly Polarized Light from a White Dwarf, Astrophysical Journal 161 (1970), pp. L77–L79.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Bibcode FormatoBibcode NotasBibcode Véxase taménBibcodeAstronomíaBase de datosNASASIMBAD

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Charlie HunnamDavid VillaÁrea sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza26 de abrilJosé Ortega y GassetXabi AlonsoLingua portuguesaPatronato de Protección da MullerPosicións sexuaisLingua inglesaGuimarãesA-6Ku Klux KlanJosé Pérez-ArdáLingua irlandesaÁlvaro MorataManuel Sanjurjo ManteigaLista de atentados terroristas en 2024Xosé Manuel PiñeiroNicaraguaArquitectura do RenacementoCampos de concentración franquistasEspañaJosé Manuel LageUniversidade de BoloñaMichael DouglasEurocopa de Fútbol de 2004Siemens AGJosé Luis GilSegunda División de EspañaSantiago de CompostelaCDC42Deportivo da CoruñaMarie CurieA Veiga, AsturiasJagoba ArrasatePorto da LúaIsabel MorenoPedro RieloMucha e NuchaMiguel de Unamuno1500Eurocopa de Fútbol de 1988Distrito de LeiriaJuan TouzónMWiki CommonsAProvincia de LugoVicente RiscoGustav KlimtLinguas indoeuropeasAna Rosa QuintanaAndorraComuñón anglicanaRevolución dos CaraveisProvincias de EspañaGame Boy LightMaría VázquezRastroFrancisco AsoreySoftware libreRevolución de 1934Game Boy AdvanceCarlos de Matos Gomes1942Áreas lingüísticas do galegoVox populiEva FernándezManuel FragaBrad PittProduto interior brutoPosición do misioneiro🡆 More