Donald John Trump (pronunciado en inglés: ), nado en Nova York o 14 de xuño de 1946, é un executivo, empresario, político e escritor, presidente dos Estados Unidos de América entre 2017 e 2021.
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
É o fundador da empresa Trump Entertainment Resorts.
É o conselleiro delegado (en inglés, CEO) de The Trump Organization, unha compañía inmobiliaria, e o fundador de The Trump Entertainment, compañía dedicada a xestionar casinos. Fíxose especialmente famoso en televisión con The Apprentice (O Aprendiz), un reality show do que foi presentador, narrador e xuíz, ademais de produtor executivo, durante as tres primeiras temporadas. Donald Trump é coautor dun libro chamado Why we want you to be rich ou Por que queremos que ti sexas rico, o cal escribiu na sociedade e de acordo co seu amigo Robert Kiyosaki. Estudou na escola militar de West Point.
Ademais, participou na Batalla dos millonarios contra Vince McMahon (presidente e accionista maior da WWE) en Wrestlemania 23. A batalla consistiu en que cada milmillonario era representado por un loitador, Bobby Lashley (chamado o Superman moreno) representando a Trump e Umaga representando a McMahon; a vitoria foi para Bobby Lashley e como consecuencia Vince McMahon foi rapado por completo, o invitado foi a lenda da loita libre Stone Cold Steve Austin, quen ten fortes rivalidades con Vince McMahon. Esta particular loita foi o grande evento do 1 de abril de 2007.
Predecesor: Barack Hussein Obama | Presidente dos Estados Unidos de América 2017 - 2021 | Sucesor: Joe Biden |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Donald Trump |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Donald Trump, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.