Twitter: Rede social

Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, con filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos.

Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdición de Delaware dende o 2007.​ Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias.​ Foi denominado como o «SMS de Internet».​

Twitter, Inc.
Twitter: Historia, Twitter en galego, Notas
Antigo logotipo de Twitter
Twitter: Historia, Twitter en galego, Notas
Editar o valor em Wikidata
TipoCapital aberto
Fundación21 de marzo de 2006 (18 anos)
LocalizaciónSan Francisco, CaliforniaEstados Unidos de América Estados Unidos
FundadorJack Dorsey
Noah Glass
Biz Stone
Evan Williams
IndustriaInternet
ProdutosPeriscope
Vine
Número de empregados3638 (2015)
Na rede
https://twitter.com e https://twitter3e4tixl4xyajtrzo62zg5vztmjuricljdp2c5kshju4avyoid.onion/
Facebook: TwitterInc Twitter: X Instagram: twitter Youtube: UCpg-U3_G3ZVck6QO6uhW_OA Pinterest: twitter TikTok: twitter GitHub: twitter Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos​​ ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden suscribirse aos chíos doutros usuarios  – a isto chámaselle "seguir" e aos usuarios abonados chámaselle seguidores,​ followers e ás veces tweeps​ (Twitter + peeps, seguidores novatos que aínda non publicaron moitos chíos). Por defecto, as mensaxes son públicas, podendo difundirse privadamente mostrándoas unicamente a uns seguidores determinados. Os usuarios poden chiar dende a web do servizo, con aplicacións oficiais externas (como para teléfonos intelixentes), ou mediante o Servizo de mensaxes curtas (SMS) dispoñible en certos países.​ Agora ben se o servizo é de balde, acceder a el vía SMS comporta soportar tarifas fixadas polo provedor de telefonía móbil.

Na actualidade Twitter factura máis de 2500 millóns de dólares anuais e teñen un valor na bolsa superior aos 10 000 millóns de dólares.

Historia

Twitter creouse no ano 2006, en San Francisco, California. Os seus fundadores foron Jack Dorsey, Noah Glass, Biz Stone e Evan Williams. Na actualidade conta con personalidades como Barack Obama, Paulo Coelho e unha ampla variedade de políticos, artistas, deportistas etc. Ademais tamén están presentes os principais medios de comunicación mundiais.

Durante algún tempo, o actor británico Stephen Fry foi o usuario máis seguido en Twitter, tal e como informou o xornal The Times, aínda que o primeiro en chegar ó millón de seguidores foi o actor estadounidense Ashton Kutcher, seguido de preto pola CNN. Twitter é, ademais, empregado como medio divulgativo: ademais dos medios de comunicación, institucións e entidades educativas, tamén se realizan outras accións divulgativas como son, por exemplo, a conta de usuario de George Orwell (que emprega como base para as actualizacións o seu diario), a publicación en chíos da novela Rayuela de Julio Cortázar ou a retransmisión minuto a minuto da revolución dos caraveis de 1974.

No 25 de abril de 2022, Elon Musk, un dos homes máis ricos do mundo; merca a empresa por 44 miles de millóns de dólares e convírtese no propietario.

Twitter en galego

O 7 de maio de 2011 naceu a Iniciativa Twitter en galego da man de Carlos García Vieito, co fin de conseguir traducir a rede social á lingua galega, ao mesmo tempo que promocionar o galego entre os seus usuarios. Despois dun ano de traballo e difusión, a Iniciativa @chio_en_galego contou con grande apoio social, como conseguir crear a primeira tendencia en galego a nivel global como foi #EuNaCidadeDaCultura. O 20 de setembro de 2012, o Centro de Tradución de Twitter permitiu aos voluntarios poder traducir as cadeas da rede social. Cinco meses máis tarde, o 20 de febreiro do 2013, Twitter xa dispuxo do galego entre as súas linguas. A Iniciativa está a traballar na versión móbil.

En 2021 gañou o XII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña.

Terminoloxía en galego

Termo orixinal Termo en galego
Follow Seguir
Follower Seguidor/a
Following Seguindo
Tweet Chío
Retweet Rechouchío
Hashtag Cancelo
Direct messages Mensaxes directas
Trending Topic Tema do momento

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Twitter HistoriaTwitter en galegoTwitter NotasTwitter Véxase taménTwitterBostonCaliforniaEstados Unidos de AméricaMassachusettsRede socialSan Antonio, TexasSan FranciscoTexas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

País VascoProvincia da CoruñaPortugalTeixoXinzo de LimiaMaría Xesús LorenzanaChus NogueiraTarragonaCircuíto Internacional de XangaiLista de WikipediasAmeixónCatedral de la Seu d'UrgellHéctor CajaravilleRosario DúrcalIlustrísimaJoan CrawfordCortizaFútbol Club BarcelonaNormativa oficial do galegoEiruga (planta)Luigi BoccheriniVerínCinema de GaliciaPO-213Código QRAlberto ManceboAlfred HitchcockCristovo ColónAlejandra SilvaMúsica tradicional galegaBrahim DíazMetro-Goldwyn-MayerVilachán, Negreira, NegreiraA Pobra do CaramiñalMarta DoviroCSSFernando AlonsoOs biosbardosAntonio Couceiro MéndezBudapestAlcaldes da EstradaProfesiónThe WeekndPokémon (anime)O Pedrouzo, Arca, O PinoSociedade Arqueolóxica de PontevedraPartido LibertarioChiclana de la FronteraZürichApoloBaionaVKXabi AlonsoIsraelRexionalismo galegoEstación de OrdesOU-603Lingua galegaJosé Caamaño Louro69 (sexo)XXX edición dos Premios GoyaJames BrownOs EoasCanle (comunicación)Digital object identifierCadela de fradeTraxe galegoMasturbación coas mamasISBNMaría CanosaSonDeSeuBetanzos🡆 More