República Popular Da China: Estado situado na Asia oriental

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental.

Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas (Guangxi, Mongolia Interior, Ningxia, Tíbet e Xinjiang), catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China, amais, reclama Taiwán como a súa provincia número vinte e tres. Na práctica, a illa é independente, administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Modelo:Xeografía políticaRepública Popular da China
中华人民共和国 (zh)
中華人民共和國 (zh-hant) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoMarcha dos Voluntarios Editar o valor em Wikidata

Localización
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política Editar o valor em Wikidata
 35°50′41″N 103°27′07″L / 35.8447, 103.4519103°27′07″L / 35.8447, 103.4519
Territorio reivindicado porTaiwán Editar o valor em Wikidata
CapitalPequín (1949–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Anhui
Chongqing (1997–)
Fujian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 33+
Poboación
Poboación1.443.497.378 (2020) Editar o valor em Wikidata (150,41 hab./km²)
Lingua oficialmandarín estándar
lingua chinesa
Línguas da China (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie9.596.961 km² Editar o valor em Wikidata
Auga2,8 Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoEverest (8.848 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoLago Ayding (pt) Traducir (−154 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
FundadorPartido Comunista de China Editar o valor em Wikidata
Creación1 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernounipartidismo
centralismo democrático
República parlamentaria
Estado unitario
república constitucional
ditadura comunista
república Editar o valor em Wikidata
• Presidente da República Popular da China Editar o valor em WikidataXi Jinping (2013–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoConselho de Estado da República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro da República Popular da China Editar o valor em WikidataLi Qiang (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Popular Nacional (pt) Traducir , (Escano: 2.987) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialCorte Popular Suprema Chinesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal17.820.459.342.451 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaRenminbi Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.cn, .中国 (pt) Traducir, .中國 e .公司 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+86 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia119, 110 e 120 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísCN Editar o valor em Wikidata

Páxina webgov.cn Editar o valor em Wikidata

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país maior en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto maior pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakorum, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen para a densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da segunda guerra mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwán. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Kirguizistán, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Etimoloxía

A verba «China» deriva do persa Cin (چین), a cal é unha adaptación do sánscrito Cīna (चीन). O primeiro rexistro deste termo data de 1516, no diario do explorador portugués Duarte Barbosa. O máis antigo exemplo do uso de Cīna data do ano 150 d.C.. Aínda que os escritorés hindús non foron conscientes da existencia da China antes do século I a.C., a palabra Cīna aparece en Mahābhārata, así como nas Leis de Manu. En 1655, Martino Martini suxeriu que a palabra China deriva do nome da dinastía Qin (秦, Chin), proposta que foi apoiada por moitos eruditos posteriores, aínda que hai outras moitas teorías.

O nome oficial do estado moderno é República Popular da China (中华人民共和国, Zhōnghuá Rénmín Gònghéguó), aínda que as dinastías e gobernos anteriores cambiaron o nome oficial do país en numerosas ocasións. Os nomes comúns para o país en chinés son Zhongguó (中国, de zhong, ‘central’ ou ‘medio’, e guó, ‘estado’ ou ‘estados’, e en tempos modernos, ‘nación’) e Zhonghuá (中华). O termo Zhongguó apareceu en varios textos antigos, como o Clásico de historia do século -VI, e en tempos pre-imperiais empregábase como un concepto cultural para distinguir as tribos Huaxia dos «bárbaros». Este termo, que pode ser singular ou plural, referíase a un grupo de estados ou provincias da Chaira Central, pero utilizouse para denominar a todo o país ata o século XIX. Os chineses non foron os únicos en percibir o seu país como o «centro» do mundo, xa que outras civilizacións aplicaron o mesmo pensamento ós seus territorios.

Historia

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Mapa de Frei Mauro (1459).

Prehistoria

A evidencia arqueolóxica suxire que os primeiros homínidos que habitaron China chegaron a ese país entre 0,25 e 2,24 millóns de anos antes. Unha cova en Zhoukoudian —preto da actual Pequín— contén fósiles que datan de entre os anos 680 000 e 780 000 a. C. e pertencen ao chamado Home de Pequín, unha subespecie de Homo erectus que vivía da caza e a recolección, utilizaba o lume e ferramentas de pedra. No mesmo sitio do Home de Pequín acháronse restos dun Homo sapiens que datan de 18 000-11 000 a. C. A evidencia máis temperá dun ser humano completamente moderno na China atópase en Liujiang (Guangxi), onde se atopou un cranio que foi datado en aproximadamente 67 000 anos. Aínda que persiste a controversia sobre a datación dos restos de Liujiang, especialmente cando se compara con outros esqueletos similares, como o achado en Minatogawa, na illa de Okinawa. Algúns expertos afirman que desde hai 5000 anos existiu unha forma de protoescritura na China.

Primeiras dinastías

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Un Ding, un caldeiro ritual feito de bronce, que data do final da dinastía Shang (séculos XVIII-XI a. C.)
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Xardíns clásicos de Suzhou

Precedendo a dinastía Xia, atopamos a narrativa dun diluvio e o período dos Tres Augustos: Fu Xi, Huang Di e Shennong. En tempos previos á fundación da dinastía Xia, o poder supremo baseábase na alternancia no goberno entre os Xia e Chi You.

Segundo a tradición chinesa, a dinastía Xia é considerada a primeira dinastía imperial do país, aínda que non se acharon probas concretas da súa existencia, só se teñen rexistros literarios, feito polo que os historiadores considerárona como mítica ata que escavacións científicas realizadas na provincia de Henan, atoparon en 1959 os primeiros xacementos datados na Idade de Bronce da cultura Erlitou, cultura que os arqueólogos chineses xeralmente adoitan identificar coa dínastia Xia, a pesar de que a maioría dos arqueólogos occidentais non están convencidos da conexión entre ambas pois non hai evidencias firmes de se estes xacementos son os restos da dinastía Xia ou doutra cultura do mesmo período. Segundo estas mencións en textos antigos, calcúlase que esta dinastía puido reinar arredor do ano 2100 a.C., e marcou o inicio do sistema político da China baseado en monarquías hereditarias, ou dinastías, que durou varios milenios.

A primeira dinastía chinesa que deixou verdadeiros rexistros históricos foron os Shang, quen mantiverón un sistema vagamente feudal a beiras do río Amarelo entre os séculos XVII e XI a. C. Aínda que os primeiros Shang gobernaron no sur da provincia de Shandong, zona pantanosa naquela época, alcanzaron maior poder que as tribos situadas no leste do país, chamadas xenericamente yi, cos que mantiveron estreitas alianzas. O rei Tang, considerado como un rei capaz e virtuoso, expulsou os Shang da rexión e estabeleceu a capital do seu reino en Erligang.

A escritura chinesa máis antiga atopada ata o momento é un oráculo tallado en óso da dinastía Shang, e contén antecedentes directos dos caracteres chineses modernos. Os Shang foron derrotados polo pobo Zhou, quen estableceu a dinastía Zhou que gobernou entre os séculos XII e V a. C., cando a súa autoridade centralizada dispersouse lentamente entre diversos señoríos feudais ata que, finalmente, do debilitado reino dos Zhou emerxeron varios estados independentes que loitaron entre si durante o período denominado Primaveras e Outonos. Entre os séculos V e III a. C. estableceuse o período dos Reinos combatentes, durante o cal o actual territorio chinés estivo dividido en sete estados soberanos, cada un co seu propio rei, ministro e exército.

China imperial

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Algúns dos centos de guerreiros de Terracota, creados durante a dinastía Qin

No ano 221 a.C., Qin Shihuang (259-210 AC) puxo fin ao fraccionalismo característico durante o período dos Reinos Combatentes cando conquistou os outros seis reinos e fundou un estado feudal pluriétnico unitario, co poder centralizado formando o primeiro estado unificado na historia da China. Qin Shihuang proclamouse a si mesmo primeiro emperador (始皇帝) e estableceu reformas ao longo da China, destacando a estandarización dos caracteres chineses, medidas e correo. A dinastía Qin derrubouse despois da morte de Shi Huang Di, cos legalistas liderando unha rebelión.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
A Gran Muralla Chinesa, construída por varias dinastías durante 200 anos para protexerse das invasións bárbaras

A seguinte dinastía foi a Han que gobernou entre os anos 206 a. C. e o 220 d. C., esta dinastía creou unha identidade cultural entre a poboación que dura ata hoxe día. Os Han expandiron o territorio considerablemente con campañas militares no sur de Corea, Vietnam, Mongolia e Asia Central, e estableceron a ruta da seda que os conectaba co resto de Eurasia. China converteuse gradualmente na economía maior do mundo antigo. Adoptouse o confucianismo como ideoloxía oficial do imperio. A pesar de que abandonaron o legalismo, a ideoloxía oficial da dinastía Qin, as institucións legalistas mantivéronse como base do goberno.

Despois do colapso dos Han, comeza o período de anarquía coñecido como os Tres Reinos. A breve unificación da dinastía Jin foi destruída polo levantamento dos cinco bárbaros. No 581 unificouse o país baixo a dinastía Sui, pero a derrota na guerra Goguryeo-Sui (598-614) provocou a súa caída.

Coas dinastías Tang e Song comezou unha idade dourada para a economía, tecnoloxía e cultura chinesa. Despois da campaña contra os turcos recuperouse o control sobre as rexións Occidentais e reabriu a ruta da seda, máis foi destruída pola rebelión dos An Lushan no século VIII.

No 907, no norte da China, a etnia kitán estableceu a dinastía Liao ata o 1125, cando foi derrocada polos jurchéns, que estableceron a dinastía Jin na zona conquistada. Despois da caída da dinastía Liao en 1125 d.C., moitos kitán emigraron ao oeste onde estableceron o estado Kara-Kitán, finalmente destruído por Xenxis Kan en 1218.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Territorios das dinastías Song, Liao e Xi occidentais no 1111.

A dinastía Song foi o primeiro goberno no mundo en usar papel moeda e o primeiro goberno chinés en ter unha forza naval que axudaba ao comercio a través do mar. Entre os séculos X e XI dobrouse a poboación chegando aos 100 millóns grazas á expansión do cultivo do arroz no centro e sur do territorio. Tamén se reviviu o confucianismo, en resposta ao avance do budismo durante a dinastía Tang, xunto cun renacemento da arte e filosofía, alcanzando novos niveis de expresión e madureza. Pero, a súa débil milicia foi atacada polos jurchéns que estableceron a dinastía Jin.

En 1127 o emperador Song Huizong e a capital foron capturadas durante as guerras Jin-Song, obrigando ao restante da dinastía a retirarse para ao sur.

No século XIII China foi invadida polo Imperio Mongol. En 1271 o líder mongol Khublai Khan estableceu a dinastía Yuan. Os Yuan conquistaron o que quedaba da dinastía Song en 1279. Antes da invasión mongol a poboación chinesa era de 120 millóns, mais foi reducida a 60 millóns para o censo de 1300. Zhu Yuanzhang derrotou os Yuan e estableceu a dinastía Ming en 1368. Baixo a dinastía Ming viviuse outra idade dourada, desenvolvendo a maior forza naval do mundo dese entón. Durante este tempo desenvolvéronse as viaxes de Zheng He polo mundo, chegando a lugares tan afastados como África. Nos primeiros anos de goberno cambiouse a capital de Nankín a Pequín. Coa expansión do capitalismo xurdiron filósofos como Wang Yangming, criticando o goberno e expandindo o Neo-Confucianismo con conceptos tales como individualismo e igualdade social.

g. O último emperador Ming, Chongzhen, suicidouse cando a cidade caeu. A dinastía manchú Qing aliouse co xeneral Ming Wu Sangui e destronaron a curta dinastía Shun, facéndose co control do imperio.

Portugueses

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Presenza portuguesa na China desde o século XVI ata 1999 *Pupura=Asentamentos *Rosa=Territorios aliados ​​(China Ming) *Amarelo=Fábricas, Cortes reais. *Vermello=Expedicións terrestres do século XVII contra manchúes.

A partir de 1513 con Jorge Álvares, Portugal entrou en contacto coa China por primeira vez tratando de establecer colonias durante os seguintes 40 anos ao longo da costa e illas chinesas dando como resultado varias batallas navais e algúns masacres de colonos por parte de tropas imperiais. Desde o establecemento dos portugueses no Xapón e a súa presenza continuada no Mar da China, os portugueses comezaron a actuar como interlocutores entre o Xapón e a India, unindo a China co resto do mundo. En 1554 o Imperio Celeste viu con bos ollos a creación dun porto portugués na rexión, cedendo o paso cunha concesión á axuda que os portugueses brindaron na eliminación da piratería. Macau converteuse en colonia portuguesa nos seguintes 445 anos.

Coa crise da dinastía Ming e a presenza dos xesuítas na corte Ming, o emperador Tianqui (1621-1627) e posteriormente o emperador Chongzhen (1628-1644) ante as invasións manchús que iniciarían a dinastía imperial Quing, solicitan varias veces a axuda militar de homes e armas (especialmente canóns e artilleiros) aos portugueses de Macau. Estes eran para adestrar tropas chinesas ou comandar rexementos acompañados dos xesuítas que dominaban o idioma chinés.

En 1644, Pequín foi saqueada por unha coalición de forzas rebeldes lideradas por Li Zicheng, un traballador do servizo de correos, que se unio á causa rebelde en 1631 despois dunha gran fame negra na zona norte do seu país e que terminou liderando a revolta campesiña que ocasionou a caída do último emperador Ming, Chongzhen, que se suicidou cando a cidade se rendeu. Li Zicheng fundou e gobernou como emperador da breve dinastía Shun desde o 8 de febreiro de 1644 ata o 5 de xuño do mesmo ano. A súa vitoria foi efémera; Wu Sangui, un xeneral leal aos Ming, solicitou ás tribos manchús da dinastía Qing desterrar a Zicheng, ao que fixeron fuxir para ao norte, onde foi probablemente asasinado polos aldeáns.

A dinastía Qing despois asumiu o control de Pequín, que se tornou na nova capital da China, que gobernarón ata 1912. No total, o custo da conquista manchu da China foi de máis de 25 millóns de vidas.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 

A Cidade Prohibida, en Pequín, foi o palacio imperial chinés desde mediados da dinastía Ming até o fin da dinastía Qing. Actualmente o local é considerado Patrimonio Mundial pola UNESCO.


Fin do goberno imperial

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
O imperio da dinastía Qing en 1820, máxima extensión territorial que tivo a China na súa historia.

No século XIX, os Qing tiveron que facer fronte ao imperialismo occidental nas dúas guerras do Opio (1839-1842 e 1856-1860) contra o Reino Unido. Derrotada pola nación europea, China foi forzada a asinar tratados non equitativos, pagar compensacións, permitir a extraterritorialidade e ceder o porto de Hong Kong aos británicos. A primeira guerra sino-xaponesa (1894-1895) eliminou a influencia dos Qing na península de Corea, ademais de ceder o control da illa de Taiwán ao Xapón. O enfraquecemento do réxime Qing incrementou os problemas internos. Entre os anos 1850 e 1864 a guerra coñecida como a rebelión Taiping arrasou o sur da China, mentres que outros levantamentos como as guerras dos Clans Punti-Hakka (1855-1867), a Rebelión Nian (1851-1868), a rebelión Miao (1854-1873), a rebelión Panthay (1856-1873) e a rebelión dos dunganes (1862-1877) causaron estragos en todo o país.

No século XIX comezou a gran diáspora chinesa. As taxas de emigración eleváronse polos conflitos internos e as catástrofes como a fame negra do norte da China de 1876-1879, que cobrou a vida de entre nove e trece millóns de persoas. En 1898, o emperador Guangxu planeou unha serie de reformas para establecer unha monarquía constitucional moderna, aínda que desenvolveu un importante labor reformista, introducindo o telégrafo e o ferrocarril e abolindo prácticas tradicionais como a vendaxe dos pés nas mulleres, foi destronado, nun golpe de estado, pola emperatriz Cixi. A rebelión dos bóxers de 1899-1901, un movemento contra a influencia estranxeira no país, debilitou aínda máis ao goberno Qing. Finalmente os acontecementos que levaron á caída da dinastía Qing, a chamada Revolución de Xinhai, desenvolvéronse entre o 10 de outubro de 1911, data en que se produciu a insurrección coñecida como Levantamento de Wuchang, e o 12 de febreiro de 1912, cando o emperador, Puyi renunciou o trono feito que marcou o fin dos 2000 anos de goberno imperial e o comezo da era republicana na China.

República da China

    Artigo principal: República da China (1912-1949).
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Sun Yat-sen, o pai da China moderna (sentado á dereita), e Chiang Kai-shek, posterior presidente da República da China (hoxe Taiwán)

O 1 de xaneiro de 1912 estableceuse a República da China, sendo nomeado Sun Yat-sen, líder do Kuomintang (KMT ou Partido Nacionalista) o seu presidente interino. Con todo debeu ceder a presidencia a Yuan Shikai, un antigo xeneral dos Qing, quen en 1915 proclamouse emperador da China. Ante a condena do pobo e a oposición do seu propio exército, viuse forzado a abdicar e restablecer a república.

Logo da morte de Yuan Shikai en 1916, China atopábase politicamente fragmentada. O seu goberno con sede en Pequín foi recoñecido internacionalmente pero virtualmente carecía de poder; os señoríos rexionais controlaban a maior parte do territorio. No final dos anos 1920 o Kuomintang liderado por Chiang Kai-shek, puido reunificar o país baixo o seu control cunha serie de hábiles manobras militares e políticas, coñecidas en conxunto como a «Expedición do Norte». O seu goberno trasladou a capital nacional a Nanjing e implementou a «tutela política», unha etapa de desenvolvemento político descrita na doutrina San-min de Sun Yat-sen, a cal pretendía encamiñar a China cara a unha democracia moderna. Desde o estalido da guerra civil chinesa en 1927, o Kuomintang combateu os comunistas, aínda que a división política fixo máis difícil este conflito, no que os nacionalistas parecían levar inicialmente vantaxe especialmente despois que os comunistas fuxisen na Longa Marcha, pero produciuse a invasión xaponesa de Manchuria e o incidente de Xi'an en 1936 forzou a Chiang a centrar os seus esforzos en enfrontarse co Imperio do Xapón.

A segunda guerra sino-xaponesa (1937-1945), un escenario da segunda guerra mundial, obrigou aos comunistas e ao Kuomintang a pactar unha tregua e crear unha alianza. As forzas xaponesas cometeron numerosos crimes de guerra contra a poboación civil; en total, morreron preto de vinte millóns de civís chineses. Tan só na cidade de Nanjing, aproximadamente 200 000 chineses foron asasinados durante a ocupación xaponesa. Xapón rendeuse ante a China en 1945. Taiwán, xunto coas Illas Pescadores, foron postos baixo o control administrativo da República da China, quen inmediatamente reclamou a súa soberanía neles. Aínda que a nación resultou vitoriosa, quedou devastada pola guerra e financeiramente esgotada. Os conflitos continuos entre o Kuomintang e os comunistas provocaron a continuación da guerra civil. En 1947 estableceuse o mandato constitucional, pero debido aos constantes disturbios en moitas provincias, a constitución nunca foi posta en funcionamento na China continental.

    Artigo principal: Historia da República Popular da China.

Os enfrontamentos máis importantes da guerra civil chinesa terminaron en 1949, cando o Partido Comunista da China tomou o control da parte continental do país e o Kuomintang retirouse á illa de Taiwán, o que reduciu o territorio da República da China a só Taiwán, Hainan e as illas circundantes. Mao Tse Tung, presidente do Partido Comunista, proclamou a República Popular China o 1 de outubro de 1949. A chegada ao poder dos comunistas puxo fin a décadas de guerras e conflitos. O novo Goberno da República Popular tivo que asumir unha custosa e difícil tarefa de reconstrución nacional.

A estrutura do novo Estado fora decidida durante a Conferencia Consultiva Política Popular convocada por Mao o 12 de setembro daquel ano. Ademais da lei orgánica que establecía os poderes do Estado, durante a conferencia redactouse un Programa Común, que enumeraba unha serie de obxectivos inmediatos, e decidiuse a adopción da nova bandeira do país, vermella cunha grande estrela amarela en representación do Partido Comunista, ao redor da cal se sitúan outras catro estrelas máis pequenas, que simbolizan a unión das catro clases sociais: os campesiños, os traballadores, a pequena burguesía e a gran burguesía urbana.

O novo Estado quedaba baixo o control total do Partido Comunista a través das súas organizacións rexionais, coordinadas por un Comité Central que naquel momento contaba con 44 membros. Destes, catorce membros formaban o Buró Político, encabezado polos cinco membros do Comité Permanente, en quen recaía a máxima responsabilidade de poder. Os cinco membros iniciais do Comité Permanente, os auténticos homes fortes do novo réxime, foron Mao Tse Tung, Liu Shaoqi, Zhou Enlai, Zhu De e Chen Yun.

A estabilidade do novo réxime baseábase na súa potencia militar. As forzas armadas do novo Estado, o Exército Popular de Liberación, garantían a supremacía do Partido. O territorio chinés quedou dividido en seis rexións militares desde as que algúns dos dirixentes máis influentes do Partido, como Gao Gang ou Peng Dehuai, controlaban a política rexional.

Unha das principais prioridades do novo Goberno sería a reconstrución económica. Para iso, China buscou a colaboración da Unión Soviética, o único aliado poderoso co que podía contar. Mao Tse Tung visitou Moscova en decembro de 1949, onde se entrevistou co líder soviético Stalin. A Unión Soviética ofreceu a China diversos programas de cooperación económica e tecnolóxica, así como préstamos, para afrontar a industrialización do país.

Unha das principais políticas acometidas desde un principio foi a reforma agraria, que supuxo a redistribución de terras confiscadas aos maiores terratenentes. Tamén se acometeron reformas sociais, como a nova lei do matrimonio, que daba maiores dereitos ás mulleres. Así mesmo, leváronse a cabo plans de erradicación da prostitución e da adicción ao opio. En 1949, o Partido Comunista impulsou unha política de alfabetización (só o 20% da poboación podía ler en 1949, comparado co 80% trinta anos despois). Había dous nomes para a República Popular: China comunista e China Vermella.

Xunto ás reformas sociais e económicas, a outra prioridade nacional para os comunistas era o restablecemento da integridade territorial chinesa. A illa de Hainan foi ocupada polo Exército Popular de Liberación en abril de 1950, mentres que o Tíbet, independente de facto desde a caída da dinastía Qing, foi ocupado en outubro de 1950. Durante os anos 1950 forzas nacionalistas continuaron coa insurrección no oeste do territorio chinés.

Mao Tse Tung fomentou o crecemento demográfico e a poboación case se duplicou, pasando de 550 a máis de 900 millóns durante o período do seu mando, que se estendeu ata 1976. Con todo, o plan económico e social en grande escala, coñecido como o Gran Salto Adiante, produciu unha fame negra que se cobrou a vida de 45 millóns de persoas. Na mesma época, entre un e dous millóns de líderes campesiños foron executados, acusados de estar «en contra da revolución». En 1966, Mao e os seus aliados lanzaron a Revolución Cultural, que trouxo consigo un período de recriminación política que perdurou ata a súa morte. A Revolución Cultural, motivada polas loitas de poder dentro do Partido Comunista e o temor á Unión Soviética, conduciu a unha grande axitación na sociedade chinesa. En outubro de 1971 a República Popular da China substituíu a República da China nas Nacións Unidas, e ocupou o seu posto como membro permanente do Consello de Seguridade. Ao ano seguinte, na cima da división entre chineses e soviéticos, Mao e Zhou Enlai reuníronse con Richard Nixon para establecer por primeira vez relacións diplomáticas cos Estados Unidos.

Despois da morte de Mao en 1976 e a detención da Banda dos Catro —inculpados polos excesos da Revolución Cultural—, Deng Xiaoping tomou o poder e puxo en marcha unha serie de reformas económicas. Posteriormente, o Partido Comunista deixou de exercer o control gobernamental sobre as vidas persoais dos cidadáns e as comunas disolvéronse en favor do arrendamento privado, o que se traduciu nun aumento de incentivos e da produción agrícola. Este xiro nos acontecementos marcou a transición dunha economía planificada a unha economía mixta cunha contorna mercantil cada vez máis aberta, un sistema chamado «socialismo con características chinesas». A República Popular China adoptou a súa actual constitución o 4 de decembro de 1982. En 1989, a violenta represión das protestas estudantís na praza Tian'anmen produciron a condena e sancións ao goberno chinés por parte de varios países.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Shanghai é a capital económica da China e o maior porto de mercadorías do mundo.

O presidente Jiang Zemin e o premier Zhu Rongji lideraron a nación nos anos 1990. Baixo a súa administración, o bo funcionamento económico chinés sacou a preto de 150 millóns de campesiños da pobreza e mantivo unha taxa media de crecemento do PIB anual do 11,2 %. O país uniuse formalmente á Organización Mundial do Comercio en 2001 e mantivo o seu alto índice de crecemento económico baixo a presidencia de Hu Jintao na primeira década do século XXI. Con todo, o rápido desenvolvemento do país tamén impactou negativamente nos recursos naturais e no medio ambiente do seu territorio, e causou importantes movementos sociais. Os estándares de vida continuaron o seu rápido progreso a pesar da recesión do final dos anos 2000, pero o control político centralizado permanece sen cambios.

En 2013, Xi Jinping e Li Keqiang asumiron o cargo de presidente e premier, respectivamente. Con eles, iniciáronse unha serie de reformas da súa economía, que en anos recentes sufriu inestabilidades estruturais e unha desaceleración no crecemento. A administración de Xi tamén anunciou reformas no sistema penal e na política do fillo único. O 14 de decembro de 2013 China converteuse no terceiro país, tras os Estados Unidos e a Unión Soviética, en realizar unha aluaxe coa misión Chang'e 3 e o robot Yutu.

No final de 2019, na China produciuse o brote inicial do virus SARS-CoV-2, cuxa enfermidade ocasionada derivou eventualmente na pandemia de COVID-19.

Goberno e política

Xi Jinping, presidente da China.
Li Keqiang, premier da China.

A República Popular da China é un dos poucos estados socialistas que quedan no mundo. A súa forma de goberno foi descrita como comunista e socialista, pero tamén como autoritaria e corporativista, con fortes restricións en moitas áreas, máis notablemente respecto ao libre acceso a Internet, a liberdade de prensa, a liberdade de reunión, o dereito de ter fillos, a libre formación de organizacións sociais e a liberdade de culto. Os seus líderes catalogan o sistema político e económico como «socialismo con características chinesas» —marxismo-leninismo adaptado ás circunstancias chinesas— e «economía de mercado socialista», respectivamente.

O país é gobernado polo Partido Comunista da China (PCCh), cuxo poder está consagrado na constitución. A Constitución da República Popular da China é a lei fundamental do Estado, e foi aprobada e posta en vigor o 4 de decembro de 1982.

Tamén establece dous sistemas de administración: un central e outro local. O Sistema de Administración Central —ou Consello de Estado— comprende os órganos administrativos centrais que están baixo a Asemblea Popular Nacional, é dicir, os departamentos ou ministerios. Pola súa banda, o Sistema de Administración Local rexe a nivel provincial e distrital, e inclúe os organismos correspondentes a un goberno local.

En comparación aos estándares políticos vixentes ata mediados dos anos 1970, a liberalización da China trouxo consigo un sistema administrativo menos restritivo. China apoia o principio leninista de «centralismo democrático», pero a Asemblea Nacional Popular é descrita como un órgano cun poder considerable de iure, pero pouco de facto. O actual presidente é Xi Jinping, quen tamén é o secretario xeral do Partido Comunista da China, e o xefe da Comisión Militar Central. O actual premier é Li Keqiang, que tamén é o segundo membro máis importante do Comité Permanente do Buró Político do Partido Comunista.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
O Gran Salón do Pobo en Pequín, onde se reúne a Asemblea Popular Nacional que exerce o poder lexislativo e é a máxima autoridade do Estado. Está formada por ao redor de 3000 deputados elixidos por un período de cinco anos.

O sistema electoral é xerárquico, os membros das Asembleas Populares locais son elixidos por sufraxio directo, mentres que nos niveis máis altos dos congresos locais e na Asemblea Popular Nacional celébranse eleccións indirectas nas que participan os membros da Asemblea Popular do nivel inferior inmediato. O sistema político está descentralizado, e os líderes provinciais e sub-provinciais gozan dun grao importante de autonomía. Existen outros partidos políticos, coñecidos como «partidos democráticos», os cales participan na Asemblea Popular Nacional e na Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés (CCPPC).

Houbo pasos cara á liberalización política, onde se realicen eleccións abertas en todas as vilas e cidades. Con todo, o partido mantén o control efectivo sobre os asuntos do goberno: na falta dunha oposición significativa, o PCCh gaña por defecto a maior parte das votacións. Entre os principais problemas inclúense a crecente fenda entre os ricos e pobres e a corrupción. Segundo unha serie de enquisas de 2011 entre o 80 e 95 % dos cidadáns chineses expresaron estar relativa ou moi satisfeitos co goberno central.

Relacións exteriores

    Véxase tamén: Século chinés.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
A entrevista entre Mao Tse Tung e Richard Nixon (29 de febreiro de 1972) marcou o comezo dun achegamento estratéxico entre os Estados Unidos e a China.

China mantén relacións diplomáticas con 171 países e conta con embaixadas en 162. A República da China (RC, coñecida simplemente como Taiwán) e outros países disputan a súa lexitimidade o que o converte no estado con recoñecemento limitado maior e poboado do mundo. Suecia foi a primeira nación con quen estableceu relacións o 9 de maio de 1950. En 1971, substituíu a representación internacional da República da China como o único representante da China fronte ás Nacións Unidas e como un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade. Ademais, foi un antigo membro e líder do movemento de países non aliñados (MPNA) e aínda segue defendendo os países en vías de desenvolvemento.

Segundo a interpretación da política de «Unha soa China», Pequín fixo que sexa unha condición previa para o establecemento de relacións diplomáticas cun país, que este recoñeza a súa pretensión a Taiwán e rompa os vínculos oficiais co goberno da República da China. Os representantes da República Popular da China protestaron en numerosas ocasións cando outros gobernos celebran acordos diplomáticos con Taiwán, especialmente no tema das vendas de armamento. As reunións políticas entre funcionarios estranxeiros e o 14.º  Dalai Lama tamén atopan a oposición da República Popular da China, que considera que o Tíbet é parte integral dela.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
China forma parte do BRICS. En 2016 realizouse o oitavo cume. De esquerda a dereita: O presidente Michel Temer (Brasil), Narendra Modi (India), Xi Jinping (China), Vladimir Putin (Rusia) e Jacob Zuma (Suráfrica)

Gran parte da súa política exterior fundaméntase nos Cinco Principios de Coexistencia Pacífica de Zhou Enlai: non inxerencia nos asuntos doutros Estados, non agresión, convivencia pacífica, igualdade e beneficios mutuos. Tamén se rexe polo concepto de «harmonía sen uniformidade», que anima ás relacións diplomáticas entre as nacións a pesar das diferenzas ideolóxicas. Esta política levouna a apoiar aos estados que se consideren perigosos ou de represión por Occidente, tales como Cimbabue, Corea do Norte e Irán.

As relacións exteriores con moitos países occidentais sufriron durante un tempo tras a represión militar nas protestas de Tian'anmen de 1989, aínda que nos últimos anos China mellorou os seus vínculos diplomáticos con Occidente. China mantén unha relación económica e militar estreita con Rusia, e a miúdo ambos votan da mesma forma no Consello de Seguridade da ONU.

Ademais da súa reclamación sobre a illa de Taiwán, a China atópase envolvida en varias disputas territoriais internacionais. Desde os anos 1990, o goberno comezou as negociacións para resolver os conflitos sobre as súas fronteiras terrestres, como a disputa de Caxemira coa India e a súa fronteira sen definir con Bután. Ademais existen outras reclamacións territoriais multilaterais acerca da súa soberanía sobre varias illas pequenas no mar da China Meridional e do Leste, como as Illas Senkaku e o arrecife Scarborough. A prospección de recursos en zonas reclamadas por outros países levou a crises como a ocorrida con Vietnam en 2014.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Mapa das disputas territoriais entre a China e outros países.

A China é normalmente sinalada como unha nova superpotencia emerxente, ao destacar que o seu rápido progreso económico, o seu poderío militar en crecemento, a súa enorme poboación e o incremento da súa influencia internacional, son sinais de que terá un papel global prominente no século XXI. Outros, con todo, preveñen que as burbullas financeiras e o desaxuste demográfico poden enlentecer ou mesmo deter o crecemento da China á medida que o século progrese. Algúns autores tamén cuestionan a definición de «superpotencia», e argumentan que a súa grande economía por si soa non sería suficiente para cualificala como superpotencia, e fan notar que carece da influencia militar e cultural dos Estados Unidos.

Forzas armadas

As Forzas Armadas da República Popular China están compostas polo Exército Popular de Liberación (en chinés simplificado, 中国人民解放军; pinyin, Zhōngguó Rénmín Jiěfàngjūn), que inclúe as Forzas Terrestres, a Armada, a Forza Aérea e unha forza nuclear estratéxica, o Segundo Corpo de Artillaría.

Con 2,3 millóns de elementos activos, o Exército Popular de Liberación ( EPL) é a forza militar maior do mundo, comandada pola Comisión Militar Central (CMC). De acordo co goberno chinés, o gasto na milicia en 2012 sumou 100 mil millóns de US$, o segundo orzamento militar maior do mundo. Con todo, outras nacións como Estados Unidos alegan que a China non informa o seu verdadeiro orzamento militar, que supostamente é máis alto que o orzamento oficial.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Militares da garda de honra chinesa

O Exército Popular de Liberación foi fundado o 1 de agosto de 1927 —o que se pode ver reflectido nos caracteres chineses 八一 na súa insignia, que significan ‘oito un’, é dicir, 1 de agosto— como a forza de combate do Partido Comunista na guerra civil chinesa, baixo o nome de Exército Vermello (en chinés simplificado, 紅軍; pinyin, hóngjūn). Durante a segunda guerra mundial integrouse no Exército Nacional Revolucionario para combater a ocupación xaponesa e, unha vez gañada a guerra, tomou a súa denominación actual e proseguiu de novo de forma independente o enfrontamento cos nacionalistas que foron finalmente derrotados en 1949. Desde entón interveu en varios conflitos tanto en territorio chinés como fóra deste, como é o caso do conflito sino-vietnamita ou as protestas da praza de Tian'anmen de 1989. Hu Jintao estableceu que os obxectivos do Exército Popular de Liberación eran a consolidación do status de mando do Partido Comunista; axudar a asegurar a soberanía, integridade territorial e seguridade doméstica a fin de continuar o desenvolvemento, salvagardar os intereses expansionistas da China e axudar a manter a paz mundial.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
O Liaoning en 2017.

Como un país que ten armas nucleares recoñecidas, China é considerada unha potencia militar rexional e unha superpotencia militar emerxente. De acordo co informe de 2013 do Departamento de Defensa dos Estados Unidos, o exército posúe entre cincuenta e setenta e cinco mísiles de longo alcance nucleares, xunto a outros de curto alcance. Con todo, comparado aos outros catro membros permanentes do Consello de Seguridade da ONU, China ten unha capacidade para realizar unha guerra expedicionaria relativamente limitada. Para remediar isto, desenvolveu numerosos proxectos —o seu primeiro portaavións entrou en servizo en 2012—, e mantén unha frota substancial de submarinos, incluídos varios con poder nuclear e mísiles balísticos. Ademais, China estableceu unha rede de relacións militares co estranxeiro ao longo das principais rotas marítimas.

Desde principios do século XXI, fixo importantes progresos para modernizar a súa forza aérea, como a compra do avión de combate ruso Sukhoi Su-30 e a fabricación das súas propias aeronaves, como a Chengdu J-10, e as Shenyang J-11, J-15 e J-16. Ademais atópase desenvolvendo os seus propios avións furtivos e numerosos vehículos non tripulados. O exército tamén desenvolveu e adquiriu múltiples sistemas avanzados de mísiles, incluídos un mísil antisatélites, mísiles de cruceiro e submarinos nucleares con ICBM.

Problemas sociopolíticos e dereitos humanos

    Artigo principal: Dereitos humanos na República Popular da China.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Protestas en favor do cantonés en Cantón, 2010

O Movemento Democrático da China, os activistas sociais e algúns membros do PCCh recoñeceron a necesidade de reformas políticas e sociais. Mentres que o control económico relaxouse de modo significativo desde os anos 1970, as liberdades políticas continúan moi restrinxidas. A constitución establece que os dereitos fundamentais dos cidadáns inclúen liberdade de expresión, liberdade de prensa, o dereito a un xuízo xusto, liberdade de culto, sufraxio universal e dereito de propiedade. Con todo, na práctica estes decretos non brindan protección significativa contra a persecución criminal por parte do Estado. A censura dos discursos políticos e da información, máis notablemente en Internet, é utilizada de maneira aberta e rutineira para calar as críticas ao goberno e o mandato do Partido Comunista. En 2013, Reporteiros Sen Fronteiras colocou a China no posto 173 de 179 países no seu Índice Anual de Liberdade de Prensa Mundial.

Os habitantes do campo que migran ás cidades frecuentemente son tratados como cidadáns de segunda polo sistema de rexistro hukou, o cal controla o acceso aos beneficios do estado. A miúdo os dereitos de propiedade son escasamente protexidos, e os impostos desproporcionados afectan os cidadáns máis pobres. Con todo, desde principios dos anos 2000 abolíronse ou reduciron varios impostos agropecuarios, e incrementáronse o número de servizos sociais para os residentes de zonas rurais.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Protestas en Hong Kong de 2019-2020

Algúns gobernos estranxeiros, ONG e axencias de noticias critican constantemente a desprotección dos dereitos humanos na China, ao alegar múltiples violacións aos dereitos civís como o encarceramento sen un xuízo, confesións forzadas, tortura, extirpación forzada de órganos, restricións aos dereitos fundamentais, e o uso excesivo da pena capital.

O goberno suprime as manifestacións de organizacións que considera unha «ameaza potencial para a estabilidade social», como foi o caso das protestas da Praza de Tian'anmen de 1989. Regularmente, o Estado chinés é acusado de reprimir en grande escala e violar os dereitos humanos de cidadáns uigures, tibetanos, practicantes da disciplina espiritual de meditación Falun Gong ou dos cristiáns en clandestinidade, incluíndo campañas de políticas violentas, traslados forzosos e restricións á liberdade relixiosa.

O goberno respondeu ás críticas internacionais argumentando que a noción dos dereitos humanos debe tomar en conta o actual nivel de desenvolvemento económico do país e o «dereito do pobo á subsistencia e desenvolvemento». Tamén salienta o aumento na calidade de vida da poboación, a taxa de alfabetización e a esperanza de vida desde os anos 1970, así como as melloras na seguridade laboral e os esforzos por combater os desastres naturais como as inundacións anuais do Yangtzé. Ademais, algúns políticos chineses falaron en apoio á democratización, aínda que outros permanecen máis conservadores respecto diso. Fixéronse múltiples intentos por lograr reformas importantes; por exemplo, en novembro de 2013 o goberno anunciou os seus plans de abolir o moi criticado programa de reeducación polo traballo. Aínda que durante o século XXI o goberno chinés volveuse máis tolerante coas ONG que ofrecen solucións prácticas e eficientes a varios problemas sociais, as actividades destas institucións continúan sendo fortemente reguladas polo Estado.

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), República Popular da China firmou ou ratificou:

República Popular da China República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP
Pertenza República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Firmado e ratificado, República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  firmado pero non ratificado, República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  nin firmado nin ratificado, República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  sen información, República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Divisións administrativas

A República Popular da China articúlase oficialmente en tres niveis:

  1. Provincias: o país divídese en provincias, rexións autónomas, concellos baixo xurisdición central e rexións administrativas especiais.
  2. Distritos: as provincias e rexións autónomas divídense en prefecturas autónomas, distritos, distritos autónomos e cidades.
  3. Cantóns: os distritos e distritos autónomos repártense en cantóns, cantóns de minorías étnicas e poboados.

A República Popular da China mantén o control administrativo sobre vinte e dúas provincias e considera a Taiwán como a súa provincia número 23, malia que a illa de Taiwán está gobernada independentemente pola República da China.

A China tamén conta con cinco subdivisións chamadas oficialmente rexións autónomas (Xinjiang, Mongolia Interior, Tíbet, Ningxia e Guangxi) nas que existe unha minoría étnica e que teñen unha autonomía maior; catro municipios baixo xurisdición central (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais (Hong Kong e Macau), que gozan de certo grao de autonomía política. Estas vinte dúas provincias, cinco rexións autónomas e catro concellos coñécense en conxunto como a «China continental», un termo que usualmente exclúe a Hong Kong e Macau. Pola súa parte, o goberno da República da China non recoñece ningunha destas divisións administrativas, pois reclama toda a extensión da República Popular da China como parte do seu territorio.

    Provincias
Nome Chinés Capital Área (km²) Poboación
Anhui 安徽 (Ānhuī) Hefei 139.057 61 706 238
Fujian 福建 (Fújiàn) Fuzhou 123.603 35 801 740
Gansu 甘肃 (Gānsù) Lanzhou 464.186 26 184 538
Guangdong 广东 (Guǎngdōng) Cantón 177.933 79 383 035
Guizhou 贵州 (Guìzhōu) Guiyang 176.505 36 407 728
Hainan 海南 (Hǎinán) Haikou 34.353 8 112 834
Hebei 河北 (Héběi) Shijiazhuang 187.991 69 602 378
Heilongjiang 黑龙江 (Hēilóngjiāng) Harbin 432.477 36 704 334
Henan 河南 (Hénán) Zhengzhou 166.499 93 652 065
Hubei 湖北 (Húběi) Wuhan 185.125 61 692 449
Hunan 湖南 (Húnán) Changsha 211.836 64 406 395
Jiangsu 江苏 (Jiāngsū) Nanjing 97.607 75 176 989
Jiangxi 江西 (Jiāngxī) Nanchang 167.430 41 398 079
Jilin 吉林 (Jílín) Changchun 192.105 27 502 884
Liaoning 辽宁 (Liáoníng) Shenyang 147.785 42 600 752
Qinghai 青海 (Qīnghǎi) Xining 716.693 5 001 307
Shaanxi 陕西 (Shǎnxī) Xi'an 205.693 36 641 032
Shandong 山东 (Shāndōng) Jinan 156.867 92 809 165
Shanxi 山西 (Shānxī) Taiyuan 157.023 34 415 373
Sichuan 四川 (Sìchuān) Chengdu 491.146 83 725 263
Yunnan 云南 (Yúnnán) Kunming 393.734 44 948 507
Zhejiang 浙江 (Zhèjiāng) Hangzhou 103.900 47 964 394
    Rexións autónomas
Nome Chinés Capital Área (km²) Poboación
Guangxi 广西 (Guǎngxī) Nanning 241.410 44 553 455
Innere Mongolei 内蒙古 (Nèi Měnggǔ) Hohhot 1 218 698 24 259 735
Ningxia 宁夏 (Níngxià) Yinchuan 55.461 5 900 848
Xinjiang 新疆 (Xīnjiāng) Ürümqi 1 774 034 19 988 711
Tíbet 西藏 (Xīzàng) Lhasa 1 268 947 2 810 767
    Municipalidades
Nome Chinés Área (km²) Poboación
Pequín 北京 (Běijīng) 16.808 14 933 274
Chongquín 重庆 (Chóngqìng) 82.403 31 610 196
Xanghai 上海 (Shànghǎi) 6.341 17 805 281
Tianxín 天津 (Tiānjīn) 11.632 10 315 894
    Rexións adminsitrativas especiais
Nome Chinés Área (km²) Poboación
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Hong Kong 香港 (Xiānggǎng) 2.755 7 374 900
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Macau 澳門 (Àomén) 115,3 650 900

Xeografía

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Imaxe satélite 2005.

O territorio da República Popular da China esténdese por gran parte da Asia Oriental. É o segundo país maior do mundo por área territorial, despois de Rusia, e é o terceiro ou cuarto por área total, logo de Rusia, Canadá e, dependendo da definición de área total, Estados Unidos. Usualmente estímase a área total da China en ao redor de 9 600 000 km². As cifras específicas varían de 9 572 900 km² de acordo coa Encyclopædia Britannica, a 9 596 961 km² segundo o Anuario Demográfico da ONU, e 9 596 960 km² segundo The World Factbook.

Cunha lonxitude total de 22 457 km, China posúe a fronteira terrestre máis longa do mundo. Esténdese desde a desembocadura do río Yalu na fronteira con Corea do Norte, ata o golfo de Tonkín no límite con Vietnam. China comparte fronteiras con catorce nacións, máis que ningún outro país, e iguala o número de veciños de Rusia. Limita con Vietnam, Laos e Myanmar (Birmania) no Sueste asiático; coa India, Bután, o Nepal e Paquistán na Asia do Sur; con Afganistán, Taxiquistán, Kirguizistán e Casaquistán na Asia Central; e con Rusia, Mongolia e Corea do Norte na Asia Oriental. Ademais, comparte fronteiras marítimas con Corea do Sur, o Xapón, Vietnam, Filipinas e Taiwán.

O territorio da China esténdese entre as latitudes 18° e 54° N e as lonxitudes 73° e 135° E. O relevo varía de modo significativo ao longo da súa extensión cunha gran variedade de paisaxes diferentes. No leste, ao longo das costas do mar Amarelo e o mar da China Oriental, atópanse as extensas chairas aluviais densamente poboadas, mentres que máis ao norte, nos bordos da meseta de Mongolia Interior, predominan os amplos pasteiros. Os outeiros e as cordilleiras baixas cobren o sur da China, mentres que os deltas dos dous principais ríos chineses —o Huang He e o Chang Jiang]— sitúanse na rexión centro-leste. Outros ríos importantes inclúen o Xi, Mekong, Brahmaputra e Amur. Ao oeste asíntanse as grandes cordilleiras, máis notablemente os Himalaias. As mesetas altas abarcan os lugares máis áridos do norte, como os desertos de Taklamakan e de Gobi. Debido á seca e a prácticas agrícolas prexudiciais, as tormentas de area convertéronse en habituais na primavera. O deserto do Gobi estendeuse e é o principal responsábel destas tormentas que afectan o nordés chinés así como Corea e o Xapón. O punto máis alto do mundo, o monte Everest (8848 msnm), atópase na fronteira chinés- nepalesa. O punto máis baixo do país, e o terceiro máis baixo do mundo, é o leito lacustre seco do lago Ayding (-154 m) na depresión de Turfán.

Clima

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Deserto de Gobi.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Monzón no bosque tropical de Guangxi.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Paisaxe montañosa do Tíbet.

O clima da China está dominado en gran parte pola estación seca e os monzóns, que provocan unha pronunciada diferenza de temperaturas entre o inverno e o verán. No inverno, os ventos do norte que proveñen de latitudes máis altas son secos e fríos; no verán, os vientos do sur que proveñen das zonas costeiras son cálidos e húmidos. O clima varía de rexión a rexión debido á complexa orografía do país, aínda que se poden diferenciar en tres grandes zonas. A zona monzónica do leste, no que hai un clima húmido; a zona seca do noroeste, onde o clima é seco; e ó sur, na meseta do Tíbet, o clima é frío. O clima das montañas caracterízase por unha gran cantidade de chuvias, particularmente entre os 600 e os 2000 msnm, onde as precipitacións adoitan estar por riba dos 1000 mm, aínda que a partir dos 1000 msnm son en forma de neve.

O oriente, a costa e o sur teñen un clima subtropical húmido. É un clima cálido dominado polos monzóns e ocasionalmente chegan ventos polares da zona de Siberia. As temperaturas oscilan entre os 15 e os 30 °C e as precipitacións varían moito: máis de 1000 mm no sur e menos de 500 mm no norte. O clima continental húmido aparece no nordés do país e nas zonas de transición entre o clima seco e o subtropical húmido; as precipitacións son menos abondosas —entre 500 mm e 800 mm anuais—, e as temperaturas son calorosas no verán e moi frías no inverno, pola influencia do anticiclón siberiano. En ocasións chegan masas de aire do clima subtropical húmido que traen chuvias e temperaturas cálidas canda si.

Un dos principais problemas ambientais na China é a continua expansión dos seus desertos, particularmente o deserto de Gobi. Aínda que as barreiras de árbores plantadas dende a década de 1970 reduciron a frecuencia das tormentas de area, as secas prolongadas, o esgotamento dos acuíferos co descenso do nivel freático continúan e provocan tormentas de po que invaden o norte da China cada primavera, e que en ocasións se esparexen a outras partes do afastado Oriente, incluíndo Corea e o Xapón. De acordo co supervisor de medio ambiente Sepa, a China perde 4.000 km² por ano debido á desertificación. A calidade da auga, a erosión e o descontrol da contaminación convertéronse en problemas importantes que afectan as relacións da China con outros países. O derretemento dos glaciares no Himalaia podería levar a unha seca que afectaría a centos de millóns de persoas.

Flora e fauna

A China é un dos dezasete países megadiversos, e xace en dúas das ecorrexións maiores do mundo: a paleártica e a Indomalaia. Conta con máis de 34.687 especies de anfibios, aves, mamíferos, réptiles e plantas vasculares, o terceiro país máis biodiverso da Tierra, só despois do Brasil e Colombia. De feito, é fogar de 551 especies de mamíferos (o 3º do mundo), 1.221 especies de paxaros (8° do mundo), 424 especies de réptiles (7° do mundo) e 333 especies de anfibios (7° do mundo). Das especies endémicas de mamíferos do país, destacan: o oso panda, o Rhinopithecus, o tigre do sur da China, o Crossoptilon mantchuricum, a Grus japonensis, o Nipponia nippon, o golfiño branco de río e o caimán chinés.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Un panda xigante na Reserva natural nacional Wolong, Sichuan.

Dentro do seu territorio hai máis de 32.000 especies de plantas vasculares e alberga unha gran variedade de bosques. Os bosques fríos de coníferas predominan no norte e son o hábitat de animais como o alce, o oso negro asiático e máis de 120 especies de aves. No sotobosque de coníferas húmidas pódese atopar bambú. O teixo e o xenebreiro residen a maiores altitudes, onde o rododendro substitúe o bambú. Os bosques subtropicais, que predominan no centro e sur, son o fogar de máis de 146.000 especies de flora. As selvas tropicais e estacionais, aínda que restrinxidas a Yunnan e Hainan, conteñen un cuarto de tódalas especies animais e vexetais que se poden atopar no país. Na China medran máis de 10.000 especies de fungos, dos cales, case 6.000 son fungos superiores. Outras especies de plantas importantes inclúen: metasequoia, o ciprés chinés, a cathaya, o abeto chinés, o alerce dourado, o piñeiro taiwanés, o ciprés fuxiano, a davidia, a guatapercha e a campotecia.

A vida silvestre chinesa comparte o seu hábitat e é presionada pola poboación de Homo sapiens maior do mundo. Polo menos 840 especies animais atópanse ameazadas, vulnerables ou en perigo de extinción, principalmente debido ás actividades humanas, como a destrución do seu hábitat, contaminación e obtención de alimentos, peles e ingredientes para a medicina tradicional. As especies ameazadas están protexidas pola lei, e en 2005 existían máis de 2349 áreas protexidas que abarcaban unha área total de 149,95 millóns ha, o 15 % do territorio chinés. O 11 de xuño de 1992 o goberno asinou o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica de Río de Xaneiro, e converteuse en membro da convención o 5 de xaneiro de 1993. Posteriormente produciu o Plan Nacional de Acción e Estratexia de Biodiversidade, que tras unha revisión foi aceptado pola convención o 21 de setembro de 2010.

Medio ambiente

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
A contaminación do aire é un dos graves problemas ambientais que afectan as cidades chinesas.

En décadas recentes a China sufriu dunha severa contaminación e deterioración ambiental. Aínda que as regulacións como a Lei de Protección Ambiental de 1979 son moi estritas, non son ben aplicadas, xa que a miúdo son ignoradas polas comunidades locais e os funcionarios do goberno en favor dun rápido crecemento económico. China é o país co segundo maior número de mortos debido á contaminación do aire, despois da India . Prodúcense aproximadamente 1 millón de mortes anuais causadas pola exposición á contaminación do aire ambiental. A contaminación urbana do aire é un problema de saúde severo no país; o Banco Mundial estimou que dezaseis das vinte cidades máis contaminadas do planeta están na China. Tamén é o maior emisor de dióxido de carbono e foi clasificado como o décimo terceiro maior enemisor per cápita. Ten así mesmo problemas de abastecemento e contaminación na auga: case 298 millóns de chineses nas zonas rurais non teñen acceso a auga potable, e en 2011 o 40% dos ríos do país estaban contaminados por refugallos industriais e agrícolas. E está a empeorar porque as secas son máis severas, particularmente no nordés.

Con todo, China é o país líder en investimentos en enerxía renovable, ao investir máis de 52 000 millóns de dólares en 2011; e é un importante fabricante en tecnoloxías para a enerxía renovable. Para 2009, máis do 17 % da enerxía chinesa proviña de fontes renovables, especialmente centrais hidroeléctricas, coas que a China ten unha capacidade total instalada de 197 GW. En 2011, o goberno anunciou os seus plans para investir catro billóns de iuans (US$ 618 550 millóns) en infraestrutura hidráulica e proxectos de desalinización nun prazo de dez anos, e para completar a construción dun sistema de prevención de inundacións e anti-secas para 2020. En 2013, China iniciou un proxecto de cinco anos valorado en 277 mil millóns de dólares para reducir a contaminación do aire, particularmente no norte do país.

Economía

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Edificio da bolsa de valores de Shanghái. Shanghái ten un dos PIB máis altos entre as cidades do mundo, cun total de US$304 000 000 000 en 2011.
    Artigo principal: Economía da República Popular China.

Aínda que en 2014, e medido en termos de PIB nominal, China era a segunda economía mundial (US$ 10,36 billóns) de acordo co Fondo Monetario Internacional (FMI), en termos de paridade de poder adquisitivo (US$ 17,63 billóns en 2014), a economía chinesa era xa a primeira do mundo, por diante dos Estados Unidos. No ano 2012, o seu PIB PPA per cápita foi de US$ 9055, mentres que o PIB nominal per cápita foi de US$ 6071. En ambos os casos, está situado da orde da posición noventa entre países con maior PIB per cápita.

China é membro da Organización Mundial do Comercio (OMC) e é a potencia mercantil maior do mundo, cuxas transaccións en 2012 tiveron un valor estimado de US$ 3,87 billóns. As súas reservas internacionais alcanzaron US$ 2,85 billóns no final do ano 2010, un incremento de 18,7% sobre o valor do ano anterior, por moito, as reservas maiores do mundo.

Para 2009, China contaba cun estimado de US$ 1,6 billóns en valores dos Estados Unidos En 2012, foi o maior receptor da investimento estranxeiro directo (IED) ao atraer máis de US$ 253 mil millóns. Tamén inviste no estranxeiro, o seu IED noutros países ascendeu a $62 400 millóns en 2012, e varias compañías chinesas compraron un gran número de empresas do estranxeiro. A súa taxa de cambio sobrevaluada provocou friccións con outras das grandes economías, e tamén foi criticada pola fabricación de grandes cantidades de produtos falsificados.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política
Gráfica que compara o PIB nominal de 2012 das economías
máis importantes en millardos de US$, segundo datos do FMI

A nación colocouse no posto vinte e nove do indice de competitividade global de 2013, aínda que o mesmo ano posicionouse no número 136 de 179 países no Índice de Liberdade Económica. No 2011, sesenta e un compañías chinesas apareceron dentro do Fortune Global 500. Segundo os seus ingresos totais de 2011, tres das dez compañías máis valiosas do mundo eran chinesas: Sinopec Group (5°), Corporación Nacional de Petróleo da China (6°) e State Grid (7°).

No 2012 máis de 300 millóns de chineses pertencían á clase media, definida como aqueles cunha renda anual entre US$ 10 000 e US$ 60 000. De acordo co Informe Hurun, o número de multimillonarios chineses pasou de 130 en 2009 a 251 en 2012, sendo deste xeito o segundo país con máis multimillonarios no mundo. No 2012, o mercado comerciante polo miúdo chinés tivo un valor de US$ 3,2 billóns e está a crecer a un ritmo maior ao 12 % anual, mentres que o mercado de bens luxosos expandiuse inmensamente e representou o 27,5 % do total global. Con todo, en anos recentes o rápido crecemento económico contribuíu a crear unha severa inflación, que produciu un aumento na regulación e restricións do goberno. China ten un nivel moi alto de desigualdade económica, que se incrementou nas últimas décadas; en 2012, o seu coeficiente de Gini foi de 0,474.

Historia económica e crecemento

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
A rúa Nanjing é unha das zonas comerciais máis importantes de Shanghai.

Desde a súa fundación en 1949 e ata final de 1978, China era unha economía planificada, similar á Unión Soviética. Logo da morte de Mao en 1976 e o final subsecuente da Revolución Cultural, Deng Xiaoping e os novos líderes chineses comezaron a reformar o sistema económico cara a unha economía mixta, orientada a unha de mercado baixo o dominio dun só partido. Desmantelaron as granxas colectivas e privatizaron as terras, reestruturaron as empresas paraestatais e pecharon aquelas que xa non eran viables, o que provocou despedimentos masivos, fixeron que o comercio co exterior fose o seu principal obxectivo e estableceron as zonas económicas especiais na zona costeira, convertendo a China nunha das maiores potencias manufactureiras do mundo, sobre todo no sector da produción de electrodomésticos, debido o baixo custo da man de obra (un traballador chinés ten unha renda inferior á metade dun mexicano). Isto levou a que o interior do país siga nunhas condicións terceiromundistas, mentres as provincias costeiras e, sobre todo, as cidades teñen a segunda maior clase media do planeta.

Desde que comezou a liberalización económica en 1978, China sempre estivo entre as economías mundiais de máis rápido crecemento, que depende en gran parte dos investimentos e as exportacións. De acordo co FMI, entre 2001 e 2010 o crecemento económico anual medio foi de 10,5 %. Entre 2007 e 2011, a súa taxa de crecemento foi equivalente á suma de todos os países do G7. Segundo o Índice de Xeradores de Crecemento Global feito por Citigroup en febreiro de 2011, China ten unha taxa de crecemento moi alta entre o grupo. A súa alta produtividade, baixo custo da man de obra e a relativamente boa infraestrutura fixérono un líder global da industria. Con todo, a economía chinesa gasta moita enerxía e é ineficiente; foi o maior consumidor de enerxía no 2010, depende do carbón para a produción de máis do 70 % da enerxía que utiliza, e en 2013 pasou aos Estados Unidos como o maior importador de petróleo. O crecemento económico e a industrialización danaron o medio ambiente. A principios dos anos 2010, a taxa de crecemento comezou a desacelerarse debido aos seus problemas nos créditos bancarios nacionais, a menor demanda das exportacións chinesas e dificultades na economía global.

Relacións económicas internacionais

Exportacións a Importacións de
País Porcentaxe País Porcentaxe
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Estados Unidos 17,2 % República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón 9,8 %
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Hong Kong 15,8 % República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Corea do Sur 9,2 %
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Xapón 7,4 % República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Estados Unidos 7,1 %
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Corea do Sur 4,3 % República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política  Alemaña 5,1 %
Outros 55,3 % Outros 68,8 %

En 2000, o Congreso dos Estados Unidos aprobou as «relacións normais permanentes de comercio» (PNTR) para permitir que as exportacións chinesas entrasen coas mesmas tarifas baixas que os bens provenientes doutros países. China converteuse en membro da Organización Mundial do Comercio o 11 de decembro de 2001.

En 2004 propuxo a creación do Cume da Asia Oriental (CAO) como un foro para combater os problemas de seguridade rexional. A CAO, que inclúe á ASEAN + Tres, India, Australia e Nova Zelandia, celebrou a súa primeira reunión en 2005. Tamén é membro fundador da Organización para a Cooperación de Shanghai ( OCS), xunto con Rusia e as repúblicas da Asia Central.

En anos recentes, China xogou un papel importante para a creación de áreas de libre comercio e pactos de seguridade entre os seus veciños de Asia e o Pacífico.

Desde o 1 de xaneiro do 2010 está en vigor a Área de Libre Comercio ANSA-China entre os dez estados membros da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN) e a República Popular da China. A área de Libre Comercio ANSA-China é a maior zona de libre comercio en termos de poboación e a terceira maior en termos de volume.

China ten un superávit económico moi significativo cos Estados Unidos, o seu principal mercado de exportacións. A principios dos anos 2010, os políticos estadounidenses argumentaron que o iuan chinés estaba devaluado dun modo significativo, co que a China obtiña unha vantaxe inxusta nos negocios.

En décadas recentes, a nación seguiu a política de achegarse aos gobernos africanos para o comercio e cooperación bilateral; en 2012, o comercio chinés-africano tivo un valor de US$ 160 mil millóns. Tamén creou lazos máis estreitos coas principais economías suramericanas: é o principal socio financeiro do Brasil e está a fomentar acordos estratéxicos coa Arxentina.

Turismo

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Danxia
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
O val de Jiuzhaigou foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1992.

O turismo converteuse nun factor importante na mellora da competitividade internacional do país. O sector turístico medrou notablemente nos últimos anos; en 2007 supoñía un 6,1 % do seu PIB e estímase que en 2020 contribuirá co 11 %. No 2010, China era o terceiro país máis visitado do mundo, con 55,7 millóns de visitantes internacionais. Ademais, esta rama vese moi beneficiada polo turismo nacional; en outubro de 2012, preto de 740 millóns de chineses viaxaron dentro das fronteiras do país. China é o segundo país do mundo con máis lugares declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco, con 52, só detrás de Italia. Entre os principais destinos turísticos do país destacan: a Gran Muralla China, a Cidade Prohibida en Pequín, o Mausoleo de Qin Shihuang, as Montañas de Guilin, o río Yangtzé, o palacio de Potala e o val de Jiuzhaigou.

Infraestrutura

Enerxía

    Artigo principal: Política enerxética da China.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
O Encoro das Tres Gargantas, a maior central hidroeléctrica do mundo

China é o país que máis enerxía produce e consome en todo o mundo. En 2012 xerou uns 4,94 billóns de kWh de enerxía eléctrica, cunha capacidade eléctrica instalada de 1 146 millóns de kW. En 2013, máis do 70 % da enerxía producida no país xerouse con combustibles fósiles; a súa dependencia do carbón provoca que sexa o maior produtor e consumidor deste mineral no mundo, ademais de ser o principal emisor de dióxido de carbono e outros gases de efecto invernadoiro do planeta. Para remediar isto, o goberno comezou a investir en novos proxectos para o aproveitamento da enerxía de fontes renovables, como a enerxía hidroeléctrica, a enerxía eólica, a enerxía solar, a enerxía xeotérmica, a biomasa e os biocombustibles. De feito, China é un dos países onde a enerxía eólica e solar experimentou un crecemento máis vertixinoso e, en poucos anos, converteuse no país con maior potencia instalada de ambas as tecnoloxías.

China en 2017 contaba tamén con trinta e oito reactores nucleares en operación en todo o seu territorio, mentres que outros dezanove atópanse en construción; en 2012, a enerxía nuclear representaba soamente o 1,1 % da capacidade total instalada.

De igual maneira, no 2016 a súa produción de petróleo ascendeu a máis de 3,98 millóns de barrís por día, o sexto produtor do mundo. A pesar disto, o crecemento económico constante provoca que esta produción sexa insuficiente para satisfacer as demandas do país, polo que ten que importar petróleo de Rusia, Medio Oriente, Asia Central e África. No 2013, China superou aos Estados Unidos como o maior importador de petróleo cru no mundo, pois case a metade do petróleo utilizado na China provén do estranxeiro.

Telecomunicacións

En setembro de 2013, China tiña o maior número de teléfonos móbiles no mundo, con máis de mil millóns de usuarios activos. Tamén ten o maior número de usuarios de Internet e de banda larga, con máis de 591 millóns de internautas en 2013, o equivalente a case o 44 % da poboación. Un informe do 2013 atopou que a velocidade de conexión a Internet media era de 3,14 MB/s. Nese mesmo ano, China contaba co 24 % dos aparellos conectados a Internet en todo o mundo.

China Telecom e China Unicom, os dous provedores de banda larga maiores do mundo, acaparan o 20 % dos usuarios de Internet do planeta. China Telecom ten máis de 50 millóns de clientes, mentres que China Unicom proporciona servizo a máis de 40 millóns. Varias compañías de telecomunicacións, especialmente Huawei e ZTE, foron acusadas de espionaxe por parte do exército chinés.

Transporte

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
A ponte Duge é a máis alta do mundo cos seus 269 m.

Desde o final dos anos 1990, a rede nacional de estradas expandiuse de modo significativo mediante a creación da rede de autoestradas coñecida como Sistema Nacional de Autoestradas Principais ( SNAP). En 2011, as súas autoestradas tiñan unha lonxitude de máis de 85 000 km, unha das maiores do mundo.

O número de vehículos particulares incrementouse rapidamente, de modo que en 2009 superou aos Estados Unidos como o maior mercado automobilístico, con vendas que excederon os 13,6 millóns de unidades. Os analistas predín que as vendas anuais de automóbiles poden elevarse ata 40 millóns para 2020. Un efecto colateral deste rápido crecemento na rede de estradas é o aumento nos accidentes automobilísticos, aínda que se cita a escasa lexislación viaria como unha posible causa —en 2011 preto de 62 000 chineses morreron nun accidente—. Nas zonas urbanas, as bicicletas aínda son un medio de transporte bastante común, a pesar da prevalencia dos automóbiles; en 2012, había aproximadamente 470 millóns de bicicletas na China.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Atrio do novo Aeroporto Internacional de Pequín- Daxing, inaugurado en 2019.

Os ferrocarrís chineses, propiedade do Estado, son os máis utilizados a nivel internacional, pois transportan a cuarta parte dos pasaxeiros e mercadorías por ferrocarril no mundo. Debido á gran demanda, o sistema tende a sobresaturarse, particularmente durante as festividades, como o Chunyun durante o Ano Novo Chinés. Tan só en 2010, a rede de ferrocarrís estímase que transportou a 1 800 millóns de pasaxeiros.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
O tren de levitación magnética Shanghai Maglev.

China posúe máis de 9 676 km de vías de alta velocidade. En decembro de 2012, inaugurouse o primeiro tramo do ferrocarril de alta velocidade máis longo do mundo, que unirá Pequín con Guangzhou. Espérase que máis de 16 000 km destas vías estean operativas para 2020. O sistema do metro tamén se está desenvolvendo de maneira rápida nas principais cidades, xa sexa como subterráneo ou como tren lixeiro. Tamén está a producir o seu propio sistema de posicionamento e localización por satélite, chamado Beidou, que comezou a ofrecer servizos de navegación comercial en Asia no 2012, e planéase que a súa cobertura de todo o continente sexa para 2020.

No 2013, máis de dous terzos dos aeroportos en construción de todo o mundo atopábanse na China, e Boeing espera que a frota comercial activa no país crecerá de 1910 avións en 2011 a 5980 no 2031. Con todo o 80 % do espazo aéreo chinés permanece restrinxido só para uso militar, e as aerolíneas chinesas foron oito das dez peores empresas aéreas de Asia en termos de atrasos. No 2011 o Aeroporto Internacional de Pequín era o segundo máis transitado do mundo, cun tráfico de pasaxeiros de 78 675 058 persoas. O segundo máis importante é o Aeroporto Internacional de Hong Kong, o décimo aeroporto máis transitado a nivel internacional cun tráfico de 53 328 613 de pasaxeiros. O terceiro e cuarto en importancia son o Aeroporto Internacional Baiyun en Cantón e o Aeroporto Internacional Pudong en Shanghai —o 19.º e 20.º máis transitados no mundo—, con 45,04 e 41,44 millóns de pasaxeiros, respectivamente.

Abastecimento de auga e saneamento

A infraestrutura de subministración de auga e saneamento na China enfróntase a desafíos como a rápida urbanización, así como a escaseza de auga, a contaminación e a polución. Segundo os datos presentados polo Programa Conxunto de Vixilancia para o Abastecemento de Auga e o Saneamento da OMS e UNICEF en 2015, aproximadamente o 36% da poboación rural da China aínda non tiña acceso a un saneamento mellorado. O Proxecto de Transferencia de Auga Sur-Norte en curso ten a intención de reducir a escaseza de auga no norte.

Demografía

    Artigo principal: Demografía da República Popular da China.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
A liña Heihe Tengchong que o xeógrafo chinés Hu Huanyong imaxinou en 1935. En 2002, ao leste da liña atopábase o 43 % da superficie e vivía o 94 % da poboación do país.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Imaxe de satélite do territorio chinés e doutras partes da Asia Oriental á noite. As provincias costeiras do leste do país están moito máis densamente poboadas que as campiñas chinesas do oeste

O censo nacional de 2010 rexistrou que a poboación da República Popular da China era de aproximadamente 1 370 536 875 habitantes. Preto do 16,6 % era menor de catorce anos, 70,14 % tiña entre 15 e 59 anos e 13,26 % tiña máis de sesenta anos. Extimase que a taxa de crecemento demográfico en 2013 foi de 0,46 %.

China adoitaba ter a maior parte dos pobres do mundo o igual que adoita ter a gran parte da clase media do mundo. Aínda que é un país de renda media segundo o estándar occidental, o rápido crecemento da China sacou centos de millóns de persoas da pobreza desde 1978. Con todo, estímase que preto de 10 % da poboación aínda vive baixo a liña de pobreza de 1  USD por día; esta cifra descendeu do 64 % en 1978. Desde o final de 2007 o desemprego urbano mantense en ao redor do 4 %, aínda que a taxa de desemprego en todo o país foi do 6,4 % en 2013.

Dadas as preocupacións sobre o crecemento da poboación, China nunha tentativa de limitar a súa poboación adoptou un límite de dous fillos durante a década de 1970 e, en 1979, comezou a avogar por un límite aínda máis estrito a un só fillo e nas zonas rurais a dous cando o primeiro é nena. Debido a que os nenos son considerados economicamente máis útiles nas áreas rurais, existe un alto índice de abortos e de abandono de recentemente nadas, para tentar asegurar que o segundo neno sexa home. Isto dá como resultado unha proporción entre sexos de 115 nenos nacidos por cada 100 nenas, o cal é todo o contrario ao índice natural, aínda que é comparábel co que sucede en Corea do Sur. Isto levou ás autoridades a salientar a importancia da muller e chegouse a prohibir a utilización de métodos médicos para predicir o sexo do feto. A partir de mediados da década de 1980, con todo, dada a impopularidade dos límites estritos, China comezou a permitir algunhas excepcións importantes, particularmente nas áreas rurais, o que resultou no que na realidade foi unha política infantil de "1.5" desde mediados da década de 1980 ata 2015 (as minorías étnicas estaban exentas do límite dun fillo). A seguinte flexibilización importante da política promulgouse en decembro de 2013, o que permite ás familias ter dous fillos se un dos pais é fillo único. En 2016, a política dun fillo substituíuse por unha política de dous fillos.

A política, xunto coa preferencia tradicional chinesa polos nenos, puido contribuír a un desequilibrio na proporción de sexos ao nacer. Os datos do censo de 2010 implican que a taxa de fecundidade total pode estar ao redor de 1,4, aínda que debido á subnotificación de nacementos pode estar máis preto de 1,5–1,6. Segundo ese mesmo censo, a proporción de sexos ao nacer foi de 118,06 nenos por cada 100 nenas, que está máis aló do rango normal de ao redor de 105 nenos por cada 100 nenas. Así mesmo tamén atopou que os homes representaban o 51,27 por cento da poboación total. [463] Con todo, a proporción de sexos na China está máis equilibrada que en 1953, cando os homes representaban o 51,82 por cento da poboación total.

Cun incremento duns 10 millóns de habitantes anuais, estímase que no 2043 terá uns 1.550 millóns de poboadores.

Poboación total: 1.295,33 millóns de habitantes Poboación urbana: 455,94 millóns de persoas (36.09%) Poboación rural: 807,39 millóns de persoas (63.91%) Taxa de Crecemento Demográfico Natural: 1.07% (Axencia de Noticias Xinhua da China, 2005)

Etnicidade

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Mapa etnolingüístico da China
    Artigos principais: Etnias chinesas e Minorías étnicas da China.

A China recoñece oficialmente cincuenta e seis grupos étnicos, o máis numeroso destes é o han, que constitúe o 91,51 % da poboación total. Os han —o grupo étnico maior do mundo— superan en número as demais etnias en todas as provincias, exceptuando o Tíbet e Xinjiang. Segundo o censo de 2010, as minorías étnicas representan o 8,49 % da poboación. As etnias minoritarias están repartidas principalmente pola zona oeste do país, cada unha ten a súa propia historia e subtipos dentro das mesmas. Entre as grandes minorías étnicas inclúense os zhuang (16 millóns), manchús (10 millóns), hui ( 9 millóns), miao (8 millóns), uigures (7 millóns), yi (7 millóns), tujia (5,75 millóns), mongois (5 millóns), tibetanos (5 millóns), buyei (3 millóns) e coreanos (2 millóns).

Comparado co censo de 2000, os han creceron un 5,74 %, é dicir 66 537 177 habitantes, mentres que a poboación das cincuenta e cinco minorías combinadas creceu un 6,92 %, é dicir 7 362 627 habitantes. O censo de 2010 rexistrou un total de 593 832 cidadáns estranxeiros vivindo na China. Os grupos maiores proviñan de Corea do Sur (120 750), Estados Unidos (71 493) e o Xapón (66 159).

Idiomas

Os idiomas máis falados no país pertencen á familia de linguas sino-tibetanas, a miúdo englobadas baixo a denominación de «idioma chinés». Este macroidioma está conformado por varios dialectos; os máis falados destes son: o mandarín —falado polo 70 % da poboación—, o wu —incluído o shanghainés—, o yue —incluído o cantonés e o toisanés—, o min —incluído o hokkien e o teochew—, o xiang, o gan e o hakka. As minorías étnicas utilizan amplamente algunhas linguas non siníticas como o zhuang, o mongol, o tibetano, o uyghur, o hmong e o coreano. O mandarín estándar, unha variedade do mandarín baseada no dialecto de Pequín, é a lingua oficial da China e é utilizado como lingua franca entre as persoas con distinto contexto lingüístico.

O chinés clásico foi a forma de escritura estándar durante miles de anos e permitiu a comunicación escrita entre falantes dos distintos idiomas e dialectos existentes naquela época. O alfabeto vernacular chinés, ou baihua, é a escritura estándar, baseada no dialecto mandarín e popularizada polas novelas da época da dinastía Ming. A principios do século XX foi adoptada como o estándar nacional, con algunhas modificacións. O chinés clásico aínda fai parte do plan de estudos da escola secundaria, polo que os chineses aínda saben utilizalo ata certo nivel. Desde a súa promulgación en 1956, os caracteres chineses simplificados convertéronse no alfabeto estándar oficial usado para escribir o idioma chinés no territorio da China continental, substituíndo o uso dos caracteres chineses tradicionais

Relixión

    Artigo principal: Relixión na China.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
O Templo do Ceo é un complexo de edificios taoístas construído en 1420 ao sur de Pequín. Está declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

A constitución garante a liberdade de culto, aínda que as organizacións relixiosas que carecen de aprobación oficial poden ser suxeitas a persecución do Estado. As estatísticas sobre relixión na China varían. Unha enquisa de 2007 atopou que 31,4 % dos chineses maiores de 16 anos tiñan unha relixión, mentres que un estudo de 2006 fixo o mesmo achado nun 46 %.

A través de milenios, a civilización chinesa foi influenciada por varios movementos relixiosos. As San Jiao —‘tres doutrinas’ ou ‘tres relixións’— da China son o confucianismo, o budismo e o taoísmo, que historicamente tiveron un impacto importante no desenvolvemento da cultura chinesa. O sincretismo destes tres sistemas de crenzas, a miúdo en forma de tradicións relixiosas populares, aínda é un fenómeno común na China. Un estudo de 2008 realizado a aldeáns de seis provincias atopou que:

O 46,59 % afirmaron ter algún tipo de fe relixiosa... pero máis de dous terzos dos que se auto-proclamaron crentes relixiosos (o 31,09% de todos os aldeáns de mostra) non puideron identificar claramente a súa fe... Esta xente cre que hai poderes sobrenaturais que dominan ou inflúen fortemente no destino dos seres humanos, e cren que os seus destinos poden cambiarse ao ofrecer sacrificios aos deuses ou devanceiros. Estas crenzas e prácticas a miúdo teñen as súas raíces nas culturas tradicionais chinesas e os costumes das comunidades locais.

Unha enquisa do 2007 feita por Horizon Research Consultancy Group achou que os individuos que se identificaban como budistas correspondían ao 11-16 % dos adultos chineses, mentres que os cristiáns comprendían preto do 3-4 % e os musulmáns aproximadamente o 1 %. Algunhas das minorías étnicas practican relixións étnicas propias —o dongbaismo é a relixión tradicional dos naxi, o moísmo dos zhuang e o ruísmo dos qiang—. A relixión tradicional nativa do Tíbet é o bön, aínda que a maioría dos tibetanos seguen o budismo tibetano, unha forma do Vajrayana.

Educación

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
A Universidade Tsinghua é considerada unha das mellores universidades na China.

En 1949, Mao impulsa unha política de alfabetización (só o 20 % da poboación podía ler en 1949, comparado co 65,5 % trinta anos despois). A partir de 2018 , o 96% da poboación maior de 15 anos está alfabetizada.

Desde 1986, a educación obrigatoria comprende a educación primaria e media, que xuntas totalizan nove anos. No 2010, preto do 82,5 % dos estudantes continuaron a súa educación en escolas secundarias. O gaokao, o exame nacional de admisión á universidade, é un pre-requisito para entrar na maioría das institucións de educación superior. En 2010, 27 % dos graduados da escola secundaria continuaron coa educación superior. A orientación vocacional está dispoñible para os estudantes nos niveis secundarios e terciarios.

En febreiro de 2006, o goberno comprometeuse a prover de forma totalmente gratuíta os primeiros nove anos de educación, incluíndo libros de texto e colexiaturas. O investimento anual en educación pasou de menos de US$ 50 mil millóns en 2003 a máis de US$ 250 mil millóns en 2011. Con todo, existen unha gran desigualdade no orzamento educativo. Por exemplo, en 2010 o gasto anual en educación secundaria en Pequín foi de preto de US$ 3300 por alumno; en Guizhou, unha das provincias máis pobres, non superou os US$ 530 por alumno. No 2012, inscribíronse preto do 89,0 % dos chineses en idade para cursar a escola secundaria. Para 2007 había 396 567 primarias, 94 116 secundarias e 2236 institucións de educación superior.

No 2010 o 94 % da poboación maior de 15 anos sabía ler e escribir, comparado co 20 % de 1950. Cabe resaltar que os estudantes de Shanghai alcanzaron os mellores resultados en matemáticas, ciencias e literatura no exame do Informe PISA do 2012, unha avaliación mundial do desempeño académico dos estudantes de 15 anos. A pesar dos altos resultados, a educación chinesa tamén se enfrontou a críticas tanto nacionais como internacionais pola súa énfase na aprendizaxe baseada na memorización e a súa fenda na calidade das áreas rurais con respecto ás urbanas.

Saúde

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Hospital do Pobo en Haikou, unha cidade de 2 millóns de habitantes
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Gráfico que mostra o aumento do Índice de desenvolvemento humano da China de 1970 a 2010

A Comisión Nacional de Saúde, xunto coas súas contrapartes a nivel provincial, encárganse de supervisar as necesidades sanitarias da poboación. Desde inicios dos anos 1950, a política sanitaria chinesa caracterízase por unha énfase na saúde pública e a medicina preventiva. Nesa época, o Partido Comunista comezou a campaña patriótica de saúde, cuxo obxectivo era mellorar a sanidade e a hixiene, así como o tratamento e prevención de varias enfermidades. Algunhas doenzas como o cólera, a febre tifoide e a escarlatina, que anteriormente eran comúns na China, foron case erradicadas pola campaña. Logo de que Deng Xiaoping comezase a poñer en funcionamento as reformas económicas en 1978, a saúde da poboación mellorou rapidamente grazas a unha mellor nutrición, aínda que moitos dos servizos de saúde gratuítos que se ofrecian no campo desapareceron xunto ás comunas populares. A atención á saúde na China case se privatizou e experimentou un aumento importante en canto á súa calidade. No 2009, o goberno comezou unha iniciativa de tres anos para prover atención á saúde cun custo de 124 mil millóns de dólares; como resultado, dous anos despois o 95 % dos seus habitantes contaban con seguridade social. China é o terceiro provedor máis importante de fármacos, pero a súa poboación sofre do desenvolvemento e distribución de medicamentos falsificados.

A esperanza de vida ao nacer é de 75 anos, e a taxa de mortalidade infantil é de 12 por cada 1000 habitantes. Ambos os índices melloraron de modo significativo desde mediados do século XX. A incidencia de nenos con baixo peso debido á desnutrición declinou do 33,1 % en 1990 ao 9,9 % no 2010. A pesar das melloras importantes na saúde e a construción de instalacións médicas avanzadas, China ten varios problemas de saúde pública emerxentes, como as enfermidades respiratorias causadas pola contaminación do aire, centos de millóns de fumadores e un incremento na obesidade entre os mozos de zonas urbanas. En 2010, a contaminación aérea causou a morte de 1,2 millóns de persoas. A numerosa poboación e as cidades densamente poboadas provocan serios brotes de enfermidades, como o brote de SARS de 2003, aínda que desde entón isto contívose en larga medida.

A pandemia de COVID-19 identificouse por primeira vez en Wuhan en decembro de 2019. Aínda que a pandemia de COVID-19 identificouse por primeira vez en Wuhan, non hai evidencia científica convincente sobre a orixe do virus e estanse levando a cabo máis estudos ao redor do mundo sobre unha posible orixe do virus. O goberno chinés foi criticado polo seu manexo da epidemia e acusado de ocultar o alcance do brote antes que se convertese nunha pandemia internacional.

Urbanización

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Mapa das dez cidades maiores da China (2010)
    Véxase tamén: Cidades da China por poboación.

A poboación chinesa urbanizouse de modo significativo nas últimas décadas. A porcentaxe dos seus habitantes que viven en zonas urbanas pasou do 20 % en 1980 ao 60 % no 2019. No 2012 había máis de 262 millóns de inmigrantes traballando nas cidades, a maioría emigrou das áreas rurais en busca de emprego Estímase que a poboación urbana da China alcanzará os 1.000 millóns de habitantes no 2030, o que podería equivaler a unha oitava parte da poboación mundial.

A China ten máis de 160 cidades cuxa poboación supera o millón de habitantes, incluídas sete megacidades (aglomeracións con máis de dez millóns de residentes): Chongqing, Shanghai, Pequín, Guangzhou, Tianjin, Shenzhen e Wuhan. Shanghai é a área urbana máis poboada da China, mentres que Chongqing é a cidade maior propiamente dita.

Para 2025, crese que o país albergará 221 cidades con máis dun millón de habitantes. Con todo, estas estimacións poden verse afectadas pola extensa poboación flotante de traballadores migrantes, os cales fan difícil a realización de censos nas zonas urbanas.

Principais áreas urbanas da China
(Non inclúe as rexións especiais de Hong Kong e Macau)

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Shanghai
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Pequín
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Cantón

N.º Cidade Provincia Hab. N.º Cidade Provincia Hab.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Shenzhen
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Tianjin
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Dongguan

1 Shanghai Shanghai 24 256 800   11 Quanzhou Fujian 5 913 000
2 Pequín Pequín 18 241 000   12 Nanjing Jiangsu 5 770 000
3 Cantón-Foshan Cantón 17 681 000   13 Shenyang Liaoning 5 631 000
4 Shenzhen Cantón 12 506 000   14 Xi'an Shaanxi 5 332 000
5 Tianjin Tianjin 9 277 000   15 Harbin Heilongjiang 4 543 000
6 Dongguan Cantón 8 591 000   16 Qingdao Shandong 4 444 000
7 Chengdu Sichuan 8 386 000   17 Suzhou Jiangsu 4 402 000
8 Wuhan Hubei 7 411 000   18 Zhengzhou Henan 4 184 000
9 Chongqing Chongqing 6 632 000   19 Dalian Liaoning 3 777 000
10 Hangzhou Zhejiang 6 559 000   20 Fuzhou Fujian 3 625 000
Estimación para 2013

Cultura

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
O Templo do Ceo, un centro de culto celestial e un sitio de Patrimonio da Humanidade da UNESCO, simboliza as interaccións entre o Ceo e a Humanidade.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Unha presentación tradicional da ópera de Pequín

Desde tempos antigos, a cultura chinesa foi influenciada fortemente polo confucianismo e as filosofías conservadoras. Durante gran parte da era dinástica, a oportunidade de subir na pirámide social presentábase ao obter un bo desempeño no prestixioso exame imperial, cuxos orixes se remontan á dinastía Han. A énfase literaria da proba afectou a percepción xeral do refinamento cultural na China, de modo que se pensaba que a caligrafía, poesía e a pintura eran formas de arte superiores á danza ou o teatro. A cultura chinesa ten salientado un sentido profundo de historia e unha perspectiva de introspección nacional. Os exames e a cultura de méritos aínda son moi valorados na China actual.

Os primeiros líderes da República Popular da China naceron durante a orde imperial tradicional, pero foron influenciados polo Movemento do Catro de Maio e os ideais reformistas. Buscaban cambiar algúns aspectos tradicionais da cultura, como a posesión das terras, o sexismo e o sistema de educación confucianista; ao mesmo tempo en que preservaban outros, como a estrutura familiar e a cultura de obediencia ao Estado. Algúns observadores viron o período que seguiu ao establecemento da República Popular en 1949 como unha continuación da China tradicional das dinastías, mentres que outros afirmaron que o mandato do Partido Comunista danara os alicerces da cultura chinesa, especialmente por medio de movementos políticos como a Revolución Cultural dos anos 1960, onde destruíron moitos aspectos tradicionais da súa cultura, e denunciáronos como « retrógradas e daniños» ou «vestixios do feudalismo». Moitos aspectos importantes da moral e a cultura chinesa, como o confucianismo, a arte, a literatura e as artes escénicas como a ópera de Pequín, foron alterados para cumprir as políticas do goberno e a propaganda daquel tempo. O acceso aos medios de comunicación estranxeiros aínda permanece restrinxido; só se permiten proxectar 34 películas estranxeiras por ano nos cinemas chineses.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
A Gran pagoda do ganso salvaxe, en Xi'an. Foi construída no século VII d. C. durante a dinastía Tang.

Hoxe en día o goberno acepta numerosos elementos da cultura chinesa tradicional como parte integral da sociedade chinesa. Co xurdimento do nacionalismo chinés e o final da Revolución Cultural, está a presentarse un forte renacemento en varias formas da arte, literatura, música, cine, moda e arquitectura, e as artesanías espertaron un grande interese nacional e mesmo ata nivel mundial.

Arte

    Artigos principais: Arte da China, Arquitectura chinesa, Pintura chinesa e Cine da China.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Escoitando tranquilamente a brisa entre os piñeiros, de Ma Lin (século XIII). Tinta sobre seda, 226 × 110 cm
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Bola de cantón, típico traballo de artesanía chinesa

A arquitectura tradicional chinesa está influída pola arte greco-budista do século I d. C. Son construcións xeralmente de madeira e ladrillo. As columnas adoitan ter unha altura baixa e carecen de capitel. As cubertas contan con beirados grosos e encorvados lixeiramente cara a arriba. Ademais, úsanse variadas decoracións policromadas, como azulexos, baldosas de porcelana, incrustacións, campas e xoguetes; con gran variedade de detalles. Despois da creación da República Popular, a arquitectura modernizouse e en 1980 empezou a diversificarse.

A pintura chinesa data duns 5000 anos, época en que os chineses debuxaban imaxes de persoas e animais nas rocas con tinguiduras feitas con mineral, e facían debuxos de diversos obxectos de cerámica. Despois, gravaron debuxos e motivos místicos en pezas de bronce. Os poucos que se atoparon verifícannos como era esa pintura; son pintados en seda e calcúlase que se pintaron ao redor duns 2000 anos antes.

A pintura chinesa temperá baséase en varios tipos de figuras, tendo desde figuras humanas ata representacións de paisaxes con paxaros e plantas. Xa arredor do século XVII, introducíronse pinturas procedentes de Europa na China; a este tipo de arte chamoullo «pintura de Occidente», e á arte nacional, «pintura tradicional da China». No Extremo Oriente, a pintura do país é a principal corrente da arte pictórica.

O cine chegou ao país en 1896. A primeira produción chinesa realizouse en 1905, A Batalla de Dingjunshan, unha gravación dunha presentación da ópera de Pequín. Á medida que o século XX avanzou, o cine chinés pasou por décadas de auxe e de decadencia, un reflexo da situación política do país. Coa liberalización dos anos 1970, as películas chinesas comezaron a presentarse no exterior. En 1997 The Dream Factory de Feng Xiaogang converteuse no primeiro filme chinés en obter éxito comercial e de crítica en Occidente. Todas as películas, sexan ou non estranxeiras, deben ser aprobadas polo Consello de Estado, onde se censuran certas escenas. Sete das dez películas de máis éxito son producións nacionais. A industria do cine continúa crecendo, Lost in Thailand (2012) foi a primeira película en recadar máis de mil millóns de yuans chineses.

Gastronomía

    Artigo principal: Gastronomía da China.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Un conxunto de pratos típicos da cociña chinesa: cuncos de arroz, gambas, berenxena e tofu fermentado, vexetais, pato e unha fonte central con carne e brotes de bambú

A gastronomía chinesa é moi diversa, e desenvolveuse ao longo de milenios de historia culinaria. Os emperadores da antiga China tiñan moitas salas para comer nos seus palacios, cada cuarto dividido en varios departamentos, e cada departamento responsable dun tipo específico de prato. O alimento básico da China é o arroz. O porco é a carne máis consumida no país, que supón as tres cuartas partes do total da carne. As especies xogan un papel central na cociña chinesa. A gastronomía chinesa deu lugar a numerosos estilos gastronómicos, como a gastronomía de Hong Kong e a comida chinés-estadounidense.

Os principais ingredientes utilizados na dieta culinaria chinesa son as aves de curral, a carne —porco, tenreira ou cordeiro—, verduras, froitas e a soia. Entre os condimentos máis utilizados están os allos porros, o xenxibre, o allo, os aceites de cacahuete e sésamo, o pingo, vinagres, huangjiu, caldo de galiña e porco, e o tahini.

China é considerado o país de orixe do , pois alí desenvolvéronse desde a antigüidade os métodos de cultivo e elaboración deste produto. En contraste con Occidente, os principais utensilios de cociña son os escarvadentes; os asiáticos aprenderon a utilizalos debido a que os anacos de comida eran moi pequenos e non se podían picar cun garfo. Entre os pratos máis coñecidos da gastronomía do país atópanse: a carne de porco con piña, o salteado de brotes de soia, pito con chile picante, ovos fritos con fungo negro ou a carne de porco con brotes de allo.

Literatura

    Artigo principal: Literatura da China.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Poema de Mi Fu, da época da dinastía Song

A literatura chinesa comezou sendo unha forma de manter os rexistros e a adiviñación no óso oracular. A extensa colección de libros que se conservaron desde a dinastía Zhou demostran o avanzados e intelectuais que eran. De feito, a era da dinastía Zhou é a miúdo vista como un punto importante no desenvolvemento cultural chinés. Os Cinco Puntos Cardinais son a base de case todos os estudos principais. Os conceptos cubertos polos textos clásicos chineses presentan unha ampla gama de temas, incluíndo poesía, astroloxía, astronomía, o calendario, as constelacións, entre outros. Moitos destes conceptos chineses, como o yin e yang, o qì, e os catro piares do destino en relación co ceo e a terra, foron teorizados neses períodos dinásticos. Algúns dos escritos antigos máis importantes son I Ching e Shujing dentro dos Catro Libros e os Cinco Clásicos.

A dinastía Song foi tamén o período da gran literatura científica, e viu a creación de obras tales como Xin Yixiang Fayao de Su Song e Mengxi Bitan de Shen Kuo. Tamén houbo moitas obras de historiografía e de grandes enciclopedias, como Zizhi Tongjian de Sima Guang (1084) e os Catro grandes libros dos Song, totalmente compilados e editados no século XI. Varios confucianistas e taoístas notables e estudosos de todas as clases fixeron contribucións significativas cara a e desde a documentación da historia da autoría dos conceptos santos que parecen adiantados centos de anos á súa época.

Moitos dos personaxes da literatura chinesa formaron parte do goberno do país ou con cargos importantes, que falaban con coñecemento de causa, e algunhas veces propoñían e executaban novas formas do goberno. No século XVII os autores chineses produciran máis textos escritos que o resto do mundo. Moitas novelas como as Catro Grandes Novelas Clásicas xeraron un sen número de historias de ficción. No final da dinastía Qing, a cultura chinesa embarcouse nunha nova era cando a caligrafía estivo ao alcance dos cidadáns comúns. Hu Shih e Lu Xun foron pioneiros na literatura moderna. En 2000, Gao Xingjian obtivo o Premio Nobel de Literatura grazas ás súas novelas como A montaña da alma (Língshān 靈山 / 灵山), que foi traducida a distintos idiomas.

Ciencia e tecnoloxía

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Lanzamento dun cohete chinés Long March 3 ((en chinés)长征三号火箭)

Desde a antigüidade e ata a época da dinastía Ming, China foi líder mundial no campo da ciencia e a tecnoloxía. Os antigos descubrimentos e inventos chineses, como o papel, o compás, a pólvora e a imprenta —tamén coñecidos como «Os Catro Grandes Inventos»—, difundíronse por Asia e Europa. Mesmo, os matemáticos chineses foron os primeiros en utilizar números negativos. Con todo, no século XVII o mundo occidental excedeu o desenvolvemento tecnolóxico e científico da China. As causas deste fenómeno, coñecido como a «gran diverxencia», aínda están a ser debatidas.

Logo de varias derrotas militares ante as nacións occidentais durante o século XIX, as reformas no país comezaron a promover a ciencia e tecnoloxías modernas no chamado movemento de autofortalecemento. Logo de que os comunistas chegaron ao poder en 1949, fixeron varios esforzos por organizar este campo baseados no modelo da Unión Soviética, onde a investigación científica era unha parte central dos seus plans. Tras a morte de Mao en 1976, a ciencia e tecnoloxía establecéronse como unha das Catro Modernizacións. O sistema académico inspirado nos soviéticos foi gradualmente reformado.

Desde o fin da Revolución Cultural, China realizou investimentos importantes na investigación científica. No 2011 gastou máis de US$ 100 000 millóns nesta área. O goberno considera a ciencia e a tecnoloxía vitais para alcanzar as súas metas económicas e políticas e mesmo son fonte de orgullo nacional a miúdo descrito como «tecno-nacionalismo». Catro científicos chineses obtiveron o Premio Nobel de Física, e un o Premio Nobel de Química.

China está a desenvolver rapidamente o seu sistema educativo con énfase na ciencia, matemáticas e enxeñería. En 2009 máis de 10 000 enxeñeiros obtiveron o seu doutoramento e outros 500 000 o equivalente o Bachelor of Science, máis alumnos que en calquera outro país. China tamén é o segundo país con máis publicacións de artigos académicos, pois en 2010 produciu 121 500, incluíndo uns 5 200 que apareceron en publicacións líderes en investigación científica. As compañías tecnolóxicas como Huawei e Lenovo convertéronse en líderes mundiais de telecomunicacións e computadoras persoais, e as supercomputadoras chinesas con frecuencia inclúense entre as máis poderosas do mundo. Actualmente a nación está a experimentar un aumento importante no uso de robots industriais. De 2008 a 2011, a instalación de robots multi-funcionais aumentou un 136 %.

O programa espacial chinés é dos máis activos do mundo e unha fonte de orgullo nacional. En 1970 China lanzou o seu primeiro satélite Dong Fang Hong I. En 2003 converteuse no terceiro país en enviar a un ser humano ao espazo cando Yang Liwei viaxou na nave Shenzhou 5. En xuño de 2013, outros nove astronautas chineses repetiran esta fazaña. En 2011 lanzaron o primeiro módulo da estación espacial chinesa, Tiangong 1, o primeiro paso para completar a súa propia estación para principios dos anos 2020.

Música e danza

A música tradicional chinesa pódese dividir en dúas grandes ramas: a música clásica e a folclórica. Ata o final da dinastía Qing, a música clásica era un luxo da clase alta, e a xente ordinaria non estaba moi relacionada con este estilo. Xeralmente é só instrumental, tócase cun só instrumento ou en pequenas agrupacións que inclúen instrumentos de corda, frautas e varios timbais, gongs e tambores. A frauta de bambú e o guqin atópanse entre os instrumentos máis antigos utilizados no país. Os instrumentos chineses tradicionalmente divídense en oito grupos ou bayin (八音), segundo o material do que están feitos. As categorías son: seda, bambú, madeira, pedra, metal, arxila, cabaza e coiro. O termo guoyue, ou música nacional, volveuse popular a principios do século XX e utilizouse para englobar toda a música escrita para os instrumentos chineses, en resposta aos movementos nacionalistas.

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
A danza do dragón

Cada etnia que habita o territorio chinés conta coas súas propias tradicións respecto a a música folclórica. A comparación do estilo clásico, as tradicións folclóricas teñen un acompañamento vocal e poden incluír agrupacións maiores. De feito, as tradicións folclóricas foron as que se mesturaron cos estilos occidentais do século XX e XXI para dar paso a novos xéneros e unha nova etapa na música chinesa. O c-pop, o mandopop, o cantopop, o rock chinés e o rap chinés son algúns dos xéneros que resultaron desta fusión. Con todo, a diferenza dos países veciños, China non é considerado un mercado importante para a produción e consumo da música popular.

A danza chinesa é unha arte que conta con moitos estilos e xéneros tradicionais e modernos. Pode abarcar desde bailes folclóricos a presentacións de ópera e ballet e pode ser utilizada en celebracións públicas, rituais e cerimonias. A danza foi unha das primeiras formas de arte desenvolvidas na Antiga China, e algúns estilos teñen as súas orixes na dinastía Zhou. Do mesmo xeito que a música, cada grupo étnico ten as súas propias tradicións da danza folclórica. Algunhas das danzas chinesas máis coñecidas a nivel internacional inclúen a danza do dragón e a danza do león.

Medios de comunicación

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Edificio da CCTV en Pequín

Desde a formación da República Popular da China e ata final dos anos 1980, case todos os medios de comunicación eran administrados polo Estado. As cadeas de iniciativa privada comezaron a aparecer coas reformas económicas, pero aínda seguen sendo só unha pequena parte do mercado. As empresas controladas polo goberno —Xinhua, CCTV e People' s Daily— acaparan gran parte dos espectadores en radio, xornal e televisión. De feito, os dous primeiros manteñen o monopolio das noticias internacionais. CCTV é unha das cadeas de televisión maiores do mundo, opera 45 canles e ten unha audiencia que supera os mil millóns de televidentes. O contido que ofrece a radio e televisión son noticias, documentais, telenovelas e debuxos animados; a maior parte son producións nacionais. Os programas estranxeiros transmítense en horarios e canles específicos. Todos os medios de comunicación deben transmitir entre o seu espazo comercial a propaganda do goberno chinés.

A Administración Estatal de Prensa, Publicacións, Radio, Cinema e Televisión da República Popular China e a Administración Xeral de Prensa e Publicacións son as axencias regulatorias do Estado, encargadas de vixiar as transmisións dos medios de comunicación, censurar os contidos que consideren inapropiados e aprobar ou reprobar as producións estranxeiras para a súa difusión no país. Algúns dos temas prohibidos nos medios de comunicación chineses inclúen: os conflitos no Tíbet e Sinkiang, as protestas e demostracións públicas en contra do sistema, os disidentes, e calquera contido que conteña violencia explícita, pornografía e críticas cara á administración chinesa. Desde a súa chegada ao país, o contido en Internet tamén é examinado polas axencias do goberno. Algunhas das páxinas de Internet máis populares en Occidente, como Facebook, Twitter e YouTube, non están dispoñibles. Outras que se o están, como Flipboard ou Bing, son obrigados a asociarse con empresas similares chinesas como Renren ou Baidu. O goberno xustifica as censuras ao afirmar que só prohibe o material que «poñen en perigo a unidade nacional, a soberanía, a integridade territorial, a seguridade e a honra».

Cine

    Artigo principal: Cine da China.

O cine introduciuse por primeira vez na China en 1896 e a primeira película chinesa, Montaña Dingjun, realizouse en 1905. China ten o maior número de pantallas de cine do mundo desde 2016, China converteuse no mercado cinematográfico maior do mundo en 2020. As 3 películas coas maiores recadacións na China actualmente son Wolf Warrior 2, Ne Zha e The Wandering Earth.

Deportes

República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Yao Ming foi un dos mellores baloncestistas da China.
República Popular Da China: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Carreiras de barco dragón, un deporte tradicional chinés moi popular

China conta cunha das culturas deportivas máis antigas no mundo. Existe evidencia de que durante a dinastía Han xogábase unha forma de fútbol chamada cuju. Algúns dos deportes máis populares no país inclúen as artes marciais como o combate de Sanda, o baloncesto, o fútbol, o tenis de mesa, o bádminton, a natación e o snooker. Os xogos de mesa como o go (coñecido como weiqi na China), o xiangqi e máis recentemente o xadrez, xóganse a un nivel profesional.

O coidado físico é amplamente salientado na cultura chinesa, moitos realizan exercicios matutinos como o qigong e o taichi, e os ximnasios e clubs deportivos comezan a cobrar popularidade no país. Os mozos tamén practican fútbol e baloncesto, especialmente nas zonas urbanas con áreas verdes e espazos abertos limitados. A NBA ten un gran número de seguidores entre a mocidade chinesa, incluso algúns xogadores nacionais como Yao Ming e Jeremy Lin xogaron na liga. Ademais, China é fogar dun gran número de ciclistas, de feito en 2012 había máis de 470 millóns de bicicletas no país. Tamén son moi populares varios deportes tradicionais como as carreiras en barco-dragón, a loita mongólica e as carreiras de cabalos. Na China dispútanse carreiras internacionais de automobilismo tales como o Gran Premio de Macau, o Gran Premio da China de Fórmula 1, as 6 Horas de Shanghai do Campionato Mundial de Resistencia e o ePrix da China de Fórmula E.

China participa nos Xogos Olímpicos desde 1932, pero non comezou a participar baixo o nome da República Popular China ata 1952. Albergou os Xogos Olímpicos de Pequín 2008, onde os seus atletas gañaron 51 medallas de ouro, o número de medallas de ouro máis alto xamais obtido China tamén gañou o maior número de medallas nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012, 231 en total, 95 delas de ouro. Pequín foi anunciada como sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2022.


Festividades

O goberno chinés recoñece sete festividades de observancia obrigatoria para toda a poboación, e outras catro aplicables só para un sector. Para isto, utilizan o calendario gregoriano e o chinés. Cada ano o Consello de Estado publica o calendario de festividades un par de días antes do 1 de xaneiro. Desde 2011, os días festivos acomódanse de modo que se combinen coa fin de semana, de modo que hai festividades que duran tres días —sábado, domingo e luns ou venres—.

Data Fiesta Nome local (pinyin) Notas
1 de xaneiro Ano Novo 元旦 (Yuándàn) Inicio do calendario gregoriano
Primeiro día do primeiro mes lunar Ano Novo Chinés 春节 (Chūnjié) Inicio do calendario chinés. Duración: tres días.
8 de marzo Día Internacional da Muller 国际妇女节 (Guójì fùnǚ jié) As mulleres só traballan media xornada.
Quinto período solar Festival de Qingming 清明节 (Qīngmíng jié) Celebración en memoria dos mortos.
1 de maio Día do traballo 劳动节 (Láodòng jié) Celebración local do Día Internacional dos Traballadores.
4 de maio Día da Mocidade 青年节 (Qīngnián jié) Os mozos de 14 a 28 anos só traballan media xornada.
1 de xuño Día do Neno 六一儿童节 (Liùyī értóng jié) Os nenos menores de 14 anos non acoden á escola.
5.º día do quinto mes lunar Festival do barco dragón 端午节 (Duānwǔ jié) Festividade polo solsticio de verán.
1 de agosto Día do exército 建军节 (Jiàn jūn jié) O persoal militar só traballa media xornada.
15.º día do oitavo mes lunar Festival da metade do outono 中秋节 (Zhōngqiū jié) Festival da colleita.
1 de outubro Día nacional 国庆节 (Guóqìng jié) Aniversario do establecemento da República Popular China.

Mapas e imaxes

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

República Popular Da China EtimoloxíaRepública Popular Da China HistoriaRepública Popular Da China Goberno e políticaRepública Popular Da China Divisións administrativasRepública Popular Da China XeografíaRepública Popular Da China EconomíaRepública Popular Da China InfraestruturaRepública Popular Da China DemografíaRepública Popular Da China CulturaRepública Popular Da China Mapas e imaxesRepública Popular Da China NotasRepública Popular Da China Véxase taménRepública Popular Da China

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Traxe galegoMartaTomás Pérez VidalRoko (actriz)Presidio de San FranciscoJosep CarrerasCelanovaAnselm KieferSelección de fútbol de GaliciaJoaquín ReyesPaulino FernándezMiguel SantalicesRefraneiro galego sobre o mes de maioMediaWikiLista de nomes masculinos en galegoMeg RyanInstituto de Tecnoloxía de MassachusettsIgrexa de Santa María do AzougueMariana EspósitoBipartito galegoIES Sánchez CantónContactorC (linguaxe de programación)Herbogo, RoisCarlos NegroFrancisco Castro VelosoAlfabeto galegoProfeta Habacuc (Donatello)Leonardo da Vinci23 de abrilWolfgang Amadeus MozartParlamento de GaliciaFeísmoBlack ElkKathleen FerrierSpice GirlsIrmandades da FalaCreampiePeliqueiroImmanuel KantJavier CasqueiroRakel WinchesterDomingo de AndradeTeorema chinés do restoArxentinaAbraham CupeiroEnrique BunburyFesta dos maiosIllas CanariasRMS TitanicBurela, Burela, BurelaRosario Porto OrtegaElena CandiaCastro de Santa TregaJoselu MatoPaís Vasco (rexión histórica)Lista de programas de Televisión EspañolaTaylor SwiftAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoDeportivo da Coruña FemininoChimpínEstado IslámicoWikiGoogleRamón CamposEremitorioMonforte de LemosCabo TouriñánVerbos galegos ser, estar e irNós DiarioVitorino NúñezBelén do Campo PiñeiroImperio RomanoEduardo Pondal🡆 More