A República Democrática do Congo (République Démocratique du Congo en francés, Repubilika ya Kongo Demokratika en congo, Jamhuri ya Kidemokrasia ya Kongo en kiswahili, Republiki ya Kɔ́ngɔ Demokratiki en lingala e Ditunga día Kongu wa Mungalaata en tshiluba), tamén coñecida baixo os nomes de Congo Kinshasa e Congo, é un país de África central, coñecido de 1971 a 1997 baixo o nome de Zaire.
Foi unha antiga colonia belga: o Congo Belga. A capital é Kinshasa. Está situado na zona dos grandes lagos de África e é o terceiro país maior do continente. Limita coa República Centroafricana e o Sudán polo norte, Uganda, Ruanda, Burundi e Tanzania polo leste, Zambia e Angola polo sur, e a República do Congo polo oeste. Ten acceso ao mar a través dunha estreita franxa de 40 km de costa, seguindo o río Congo até o golfo da Guinea. O nome “Congo” ten a súa orixe nos nativos congo, asentados nas ribeiras do río Nzadi ou Zaire, rebautizado en portugués como río Congo.
République démocratique du Congo (fr) | |||||
Himno | Debout Congolais | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Justice – Paix – Travail» «Justice – Peace – Work» «Справедливост - мир - труд» «Cyfiawnder - Heddwch - Gwaith» | ||||
Símbolo oficial | Ocapi | ||||
Nomeado en referencia a | Río Congo | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Kinshasa | ||||
Contén a división administrativa | Bandundu (pt) Equador (pt) Kasaï Ocidental (pt) Kasaï-Oriental (pt) Katanga Kinshasa Kongo-Central Maniema (pt) Orientale (pt) Quivu do Norte (pt) Quivu do Sul (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 86.790.567 (2019) (37,01 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.344.858 km² | ||||
Auga | 3,3 % | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Punto máis alto | Monte Stanley (5.109 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 30 de xuño de 1960: República do Congo (Léopoldville) (pt) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Presidente da República Democrática | Félix Tshisekedi (2019–) | ||||
Órgano executivo | Government of the Democratic Republic of the Congo (en) | ||||
• Primeiro ministro da República Democrática | Sylvestre Ilunga (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da República Democrática do Congo (pt) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 55.350.968.593 $ (2021) | ||||
Moeda | Franco congolés | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | UTC+01:00 (→ Equador (pt) , Bandundu (pt) , Kinshasa, Kongo-Central) UTC+02:00 (→ Maniema (pt) , Quivu do Sul (pt) , Quivu do Norte (pt) , Katanga, Kasaï-Oriental (pt) , Kasaï Ocidental (pt) , Orientale (pt) ) | ||||
Dominio de primeiro nivel | .cd | ||||
Prefixo telefónico | +243 | ||||
Teléfono de emerxencia | 113, 114 (pt) e 118 | ||||
Código de país | CD | ||||
A RDC é dona dunha densa e variada historia que se inicia cos primeiros inmigrantes bantús que chegaron á zona, co que se convertería no epicentro do gran Reino do Congo a mediados do século XV. Despois de ser reclamado o territorio pola Asociación Internacional Africana (propiedade do rei Leopoldo II de Bélxica) como Estado Libre, e logo dunha colonización particularmente brutal por parte de Bélxica, a colonia do Congo Belga alcanzaría a independencia en 1960, para transformarse en Zaire baixo a éxida do ditador Mobutu Sese Seko. Durante o goberno de Sese Seko o país viuse sometido a un goberno autoritario, violento e cleptócrata, que arruinou a economía do Congo. A caída deste último provocou o inicio dunha grave guerra civil que dexeneraría nunha conflagración continental, na cal interviñeron forzas armadas de máis de sete países, deixando como tráxico saldo máis de 5,4 millóns de mortos dende 1998. Máis do 90% desas mortes foron o resultado da malaria, da diarrea, da pneumonía e da desnutrición, agravadas todas elas polas duras condicións de vida provocadas pola guerra. O resultado foi a intervención da ONU coas forzas de paz organizadas na MONUC. Entre 2003 e 2007 o país viviu unha tensa calma, baixo a dirección dun goberno de transición. No final de 2006 houbo uns comicios nos que resultou electo para presidente Joseph Kabila, quen até entón exercía as funcións interinamente.
A República Democrática do Congo é moi rica en recursos naturais, mais a inestabilidade política, a falta de infraestruturas e a cultura da corrupción, limitaron historicamente o seu desenvolvemento. Alén da capital, Kinshasa, as outras cidades importantes do país son Lubumbashi e Mbuji-Mayi, e as exportación máis relevantes son as de minerais para a China, que acolle o 50% das exportacións do país.
A República Democrática do Congo era antigamente coñecida como Estado Libre do Congo, Congo Belga, República do Congo (Léopoldville) e Zaire.
O país era coñecido como "República Democrática do Congo" entre 1965 e 1971, cando foi cambiado por "República de Zaire", En 1992, a Conferencia da Soberanía Nacional votou o cambio ó nome orixinal, pero o cambio non se levou a cabo. O nome foi restaurado polo presidente Laurent Kabila despois da caída da ditadura de Mobutu Sese Seko.
Desde os anos 40, dentro do que era entón o Congo belga, dúas tendencias independentistas importantes maniféstanse na capital Leopoldville : a das «xentes de abaixo» (Baixo-Congo e Bandundu) falando o congo e a das «xentes de aeriba» falando o lingala, vindo do Ecuador primeiro e finalmente de todo o interior do país. Dentro da primeira categoría fórmase no 1949 unha asociación primeiro cultural e finalmente política, o ABAKO, da que Joseph Kasavubu chega a presidente en 1954. O seu soño de restablecer o antigo reino do Congo da época portuguesa. Esta tendencia medra axiña e reclama a independencia inmediata e federalista, xa que se trata máis tarde de discutir o problema do resto do Congo. Os «de arriba», vindo de rexións máis diversas e seducidos polo «plan de 30 anos pola emancipación de África» do Profesor belga Van Bilsen, publicado en 1956, estaban tamén desexosos de manter o gran Congo unitario. O seu manifesto dentro deste senso publicado o 1 de xullo do 1956 foi vigorosamente combatido polo ABAKO desde a súa asemblea xeral no 23 de agosto de 1956. O plan de 30 anos é declarado utópico: «a nacionalización das grandes compañías agrícolas coma paraestatais é desexable. Xa que a hora é chegada, fai falla acordar hoxe mesmo a independencia inmediata!»
Bélxica, que cría na progresividade da transición para a independencia, organiza as primeiras eleccións municipais, limitadas ás grandes cidades, no 1957. O ABAKO trunfa inevitablemente en Leopoldville e iso impresiona certos unitaristas, tal como Patrice Lumumba, un Tetela do Kasaï, intelixente e idealista, que non tarda en fundar o seu propio «movemento nacional congolés» MNC-Lumumba, máis reivindicativo que o do MNC-Kalondgi, Kalondgi era tamén un Kasaian unitarista. Estes novas rivalidades políticas confrontadas coas estruturas tribais complicadas do Congo ían formar unha mestura detonante que destruiría ao cabo de cinco anos a primeira democracia parlamentaria congolesa. Algúns episodios salientables son :
Zaire foi entre 1971 e 1999 o nome dado á actual República Democrática do Congo, así como a súa moeda e mailo río que dá ao país o seu acceso para o océano Atlántico
O Congo belga obtén a independencia no 1960 en canto que a «República do Congo», baixo o mesmo nome que a antiga colonia francesa veciña da Congo. O título «República Democrática» foi adoptado en 1966, mais os dous países eran xeralmente distinguidos polo nome da capital: Congo (Leopoldville) e Congo (Brazzaville).
Nos anos que seguiron a toma do poder en 1965 polo xeneral Josef-Desiré Mobutu, este emprendeu unha campaña de «autenticidade». O país foi renomeado «República do Zaire», dun nome local por río, o xeneral Mobutu convértese en Mobutu Sese Seko e obriga a todos os cidadáns a adoptar nomes Africanos, unha nova moeda —o zaire dividida en 100 makuta (singular likuta)— substitúe o franco e numerosas cidades son rebautizadas:
Antigo nome | Nome congolés |
---|---|
Leopoldville | Kinshasa |
Stanleyville | Kisangani |
Elisabetville | Lubumbashi |
Jadotville | Likasi |
Albertville | Kalemia |
Cocquilhatville | Mbandaka |
Costermansville | Bukavisto |
Bakwanga | Mbuji-Mayi |
Luluabourg | Kananga |
Nova Anvares | Makanza |
Port Francqui | Ilebo |
Baningville | Bandundido |
Paulis | Istro |
Tisville | Mbanza-Ngunxido |
Leverville | Lusanga |
Baudoinville | Moba |
Pontierville | Ubundido |
Banzyville | Mobayi-Mbongo |
Elisabeta | Lukutido |
Carlesville | Djokupunda |
Despois do derrocamento de Mobutu por Laurent-Desiré Kabila en 1999 coa Primeira guerra do Congo, o país retorna o seu nome para República Democrática do Congo.
Actualmente o exército francés mantén a presenza de militares franceses no cadro de MONUC. Mais a violencia continua e a guerra xa leva 3.8 millóns de mortos (cifras dun responsable congolés comandante un informe da comisión das dereitos do Home da ONU, 2003 : Communiqué de presse DH/G/199
A historia recente desta estado africana non permitiu un desenvolvemento político moi avanzado, xa que os conflitos armados e ditaduras dominaron o panorama dende a independencia na década de 1960. Non obstante, unha vez finalizada a Segunda Guerra do Congo realizáronse grandes esforzos por estabilizar e dotar o malfadado país dun sistema político democrático que dea á poboación a estabilidade necesaria para promover a paz, a reconciliación e o desenvolvemento económico.
Como parte dos Acordos de Lusaka e do Tratado de Pretoria, no ano 2005 o país promulgou unha nova Constitución na cal se reorganizaba en gran medida o sistema público e a administración do Estado. As provincias pasaron de 10 a 25, estabeleceuse un Parlamento bicameral (conformado polo Senado e unha Asemblea Nacional) e unha estrutura embrionaria dun novo poder xudicial. Todas as provisións deste texto legal teñen diversos prazos para entrada en vixencia, estimándose que dito proceso conclúa no final da década de 2010.
A República Democrática do Congo viviu a mediados desta década os primeiros comicios da súa historia. As eleccións tiveron como finalidade aprobar a nova Constitución do país (2005), eleccións de presidente e membros da Asemblea Nacional (2006), e gobernadores das provincias e membros do Senado (2007).
Presidentes :
Desde a independencia do país, a R.D.C. estivo tradicionalmente dividida en dez provincias. Estas eran de distinto tamaño e historicamente constituíron en si mesmas focos de secesionismo en atención á escasa forza do goberno de Kinshasa de manter o control en todo o país. Así, por exemplo, na década de 1960 o estado de Katanga proclamou a súa independencia, aínda que a situación foi revertida posteriormente. A Constitución do 2005 estableceu un cambio na organización territorial do Congo, creando 25 provincias en substitución das tradicionais 10. Estas, segundo o texto constitucional, deberían empezar a funcionar en febreiro do ano 2009.
Nº | Nova provincia | Capital | Antiga provincia |
---|---|---|---|
1 | Kinshasa | Kinshasa | Sen cambios |
2 | Congo-Central | Matadi | Baixo-Congo |
3 | Kwango | Kenge | Bandundu |
4 | Kwilu | Kikwit | Bandundu |
5 | Mai-Ndombe | Inongo | Bandundu |
6 | Kasaï | Luebo | Kasai-Occidental |
7 | Lulua | Kananga | Kasai-Occidental |
8 | Kasaï-Oriental | Mbuji-Mayi | Kasai-Oriental |
9 | Lomami | Kabinda | Kasai-Oriental |
10 | Sankuru | Lodja | Kasai-Oriental |
11 | Maniema | Kindu | Sen cambios |
12 | Kivu do Sur | Bukavu | Sen cambios |
13 | Kivu do Norte | Goma | Sen cambios |
14 | Ituri | Bunia | Oriental |
15 | Alto Uele | Isiro | Oriental |
16 | Tshopo | Kisangani | Oriental |
17 | Baixo Uele | Buta | Oriental |
18 | Ubangi do Norte | Gbadolite | Ecuador |
19 | Mongala | Lisala | Ecuador |
20 | Ubangi do Sur | Gemena | Ecuador |
21 | Équateur | Mbandaka | Ecuador |
22 | Tshuapa | Boende | Ecuador |
23 | Tanganyika | Kalemie | Katanga |
24 | Alto Lomami | Kamina | Katanga |
25 | Lualaba | Kolwezi | Katanga |
26 | Alto Katanga | Lubumbashi | Katanga |
Máis de 200 grupos étnicos viven na República Demócratica do Congo, sendo a maioría deles pobos bantú. Xuntos, os mongo, os luba, os congo, e os mangbetu-azande constitúen arredor do 45% da poboación.
No 2009, as Nacións Unidas estimaron a poboación do país en 66 millóns de persoas, o que supón un rápido crecemento dende os 39,1 millóns en 1992. Polo menos, 250 grupos étnicos foron identificados e clasificados. Os pobos máis numerosos son os congo, os luba e os mongo. Arredor de 600.000 pigmeos constitúen a poboación aborixe do Congo. Malia que se falan centos de linguas e dialectos locais, a variedade lingüística é superada polo uso do francés e outras linguas vehiculares como o congo, o tshiluba, o suahili e o lingala.
A cultura da República Democrática do Congo reflicte a diversidade dos centos de grupos étnicos e os diferentes estilos de vida propios do país, dende a desembocadura do Río Congo na costa, seguindo pola selva e a sabana do centro, até as máis densamente poboadas zonas montañosas do leste. Dende o século XIX, as formas tradicionais de vida sufriron cambios por mor do colonialismo, a loita pola independencia, o estancamento da era Mobutu, e máis recentemente, a Primeira e a Segunda Guerra do Congo. Malia estas circunstancias, os costumes e as culturas do Congo conservaron moita da súa individualidade. 60 millóns de habitantes viven no rural. O 30% da poboación que vive nas áreas urbanas é a máis influenciada por Occidente.
Outro aspecto destacable da cultura do país é a súa música sui generis. As músicas étnicas mesturáronse coa rumba cubana e co merengue para dar lugar ó soukous. Outras nacións africanas produciron xéneros musicais que derivan do soukous congolés. Algúns dos grupos cantan en lingala, unha das principais linguas de RDC.
Na República Democrática do Congo practícanse moitos deportes, entre eles o fútbol, o baloncesto e o rugby. Estes deportes xóganse nos numerosos estadios que hai en todo o país, como o Estadio Frederic Kibassa Maliba.
Internacionalmente, o país é famoso polos seus xogadores de baloncesto. Dikembe Mutombo é un dos xogadores de baloncesto africanos máis famosos de tódolos tempos. Mutombo é coñecido tamén polos proxecto humanitarios que leva a cabo no seu país. Bismack Biyombo e Christian Eyenga son outros dos xogadores con fama internacional.
Entre os xornais da RDC destacan L'Avenir, La Cité africaine de Matadi, La Conscience, L'Observateur, Le Phare, Le Potentiel e Le Soft. Radio Télévision Nationale Congolaise (RTNC) é a canle nacional do país. RTNC emite actualmente en lingala, en francés e en inglés.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: República Democrática do Congo |
This article uses material from the Wikipedia Galego article República Democrática do Congo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.