Papiro

Este artigo trata sobre o material de escritura, para a planta véxase o artigo: Papiro (planta).

Papiro
Papiro exipcio propiedade do Museo Exipcio do Cairo que mostra ao deus Osiris pesando o corazón

Papiro (do latín papyrus , e este do grego πάπυρος) é o nome que recibe o soporte de escritura elaborado a partir dunha planta acuática, moi común no río Nilo, en Exipto, e nalgúns lugares da conca mediterránea, unha herba palustre da familia das ciperáceas, o Cyperus papyrus.

O Cyperus papyrus é unha planta nativa de África da mesma familia da Tiririca (Cyperus rotundus), que é a planta daniña máis difundida do mundo, segundo o Libro Guiness. Na época antiga considerábase sagrada e fartamente encontrada no delta do Nilo. Era utilizada principalmente na produción de papel no Antigo Exipto.

O talo do papiro pode atinxir até 6 metros de comprimento. A flor da planta lembra os raios do sol e é por ter esta analoxía co sol, divindade máxima dese pobo, que o papiro era considerado sagrado. O miolo do talo utilizábase para facer papiros, e a casca, moi resistente despois de seca, na confección de cestos, camas e até barcos.

Papiro
Papiro

Confección do papiro

Foi sobre os 2200 anos antes de Cristo que os exipcios desenvolveron a técnica do papiro, unha especie de pergamiño e un dos máis vellos antepasados do papel. Para confeccionar o papiro, córtase o miolo abrancazado e poroso do talo en finas láminas. Despois de secas, estas láminas mergúllanse en auga con vinagre para permaneceren alí durante seis días, co propósito de eliminar o azucre. Outra vez secas, as láminas son colocadas en fileiras horizontais e verticais, sobrepostas unhas ás outras. A secuencia do proceso esixe que as láminas sexan colocadas entre dous pedazos de tecido de algodón, por riba e por baixo, e despois prensadas durante seis días. Co peso da prensa as finas láminas mestúranse homoxeneamente para formar un papel amarelado, listo para ser usado. O papel preparado era, entón, enrolado nunha vareta de madeira ou marfil para formar o rolo que sería usado na escrita.

Legado do papiro

Moito da historia de Exipto foi legada á posteridade grazas aos rolos de papiro encontrados nos túmulos de nobres e de faraóns.

Debido ao gran número de papiros encontrados, utilizáronse diversos esquemas de clasificación para poder identificalos:

  • Pola persoa que posuía o manuscrito (por exemplo Chester Beatty)
  • Polo lugar de orixe (por exemplo Oxyrhynchus)
  • Pola biblioteca onde se conservan (por exemplo Rylande Libr.)

Aos papiros outórgaselles unha numeración para facilitar a súa identificación nos labores de referencia.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Papiro Confección do papiroPapiro Legado do papiroPapiro Véxase taménPapiroPapiro (planta)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Noor Inayat KhanLista de castelos de PortugalHugh JackmanRakel WinchesterMosIsaac NewtonGeorg Friedrich HändelGospelCélula pancreática acinarVitorino NúñezPartido Comunista dos Traballadores de EspañaLucía Calvo de la UzAdiviñaDaniel de la TorrePosición do misioneiroCerdeiraParlamento VascoVacalouraRevolución iranianaAlgas verdes+CuñadosPaul VerhoevenPortadaJoselu MatoBipartito galegoCorpus Inscriptionum LatinarumSeán Ó hEiniríParlamento de GaliciaLuis Mateo DíezJulio García ComesañaPastora VegaRoko (actriz)Burela, BurelaCanle (comunicación)Cifras e letrasFoca monxeYouTubeTonhito de PoiÁreas lingüísticas do galegoCamiño dos FarosBoiroTalía (musa)Marlon BrandoZendayaCastelaoLingua portuguesaHLA-AFútbolTom CruisePedro Campos CouceiroAbraham CupeiroEstatuto de autonomía de Galicia de 1981Estadio Santiago BernabéuTribadismoPablo CasadoJosé Calvo SoteloTeléfonoAvesCelso Emilio FerreiroGalipediaAlternativa dos VeciñosIago AspasMarta DoviroDía do LibroConcepción ArenalTreboadaCataluñaMarie CurieDavid BeckhamMaría Antonieta de AustriaO divino saineteIria MisaÑAvespa asiáticaPosición do misioneiro invertidaFesta da coca de RedondelaLista de programas de Televisión Española🡆 More