Unha motocicleta é un vehículo de dúas rodas impulsado por un motor de combustión interna a gasolina.
O cadro e as rodas constitúen a estrutura fundamental do vehículo. A roda directriz é a dianteira e a roda motriz é a traseira. Comunmente, en galego coñécese mediante a abreviatura moto.
O americano Sylvester Howard Roper (1823-1896) inventou un motor de dous cilindros a vapor (accionado por carbón) en 1867. Esta pode ser considerada a primeira motocicleta, se se permite que a descrición dunha motocicleta inclúa un motor a vapor. Wilhelm Maybach e Gottlieb Daimler construíron unha moto con cadro e catro rodas de madeira e motor de combustión interna en 1885. A súa velocidade era de 18 km/h e o motor desenvolvía 0,5 cabalos.
Gottlieb Daimler usou un novo motor inventado polo enxeñeiro Nikolaus August Otto. Otto inventou o primeiro motor de combustión interna de catro tempos en 1876. Chamouno "Motor de Ciclo Otto" e, axiña que como o completou, Daimler (antigo empregado de Otto) converteuno nunha motocicleta que algúns historiadores consideran a primeira da historia. En 1894 Hildebrand e Wolfmüller presentan en Múnic a primeira motocicleta fabricada en serie e con claros fins comerciais. A Hildebrand e Wolfmüller mantívose en produción ata 1897. Os irmáns rusos fincados en París Eugéne e Michel Werner montaron un motor nunha bicicleta. O modelo inicial co motor sobre a roda dianteira comezouse a fabricar en 1897.
En 1902 inventouse o escúter (provén do inglés 'scooter'), tamén coñecido como auto cadeira de brazos, polo francés Georges Gauthier. A escúter é unha moto provista dun cadro de mandos de protección. Foi fabricada en 1914. Tivo unha gran popularidade, sobre todo entre os mozos. Está composta por dúas rodas de pouco diámetro e un cadro aberto que permite ao condutor estar sentado no canto de ao carricho. Tamén contén unha carrocería que protexe todos os mecanismos, e ofrece algún pequeno espazo de almacenaxe de obxectos pequenos e dunha roda de recambio. Son vehículos urbanos, aínda que tamén se poden facer viaxes longas. O que destaca neste tipo de motos é a comodidade do manexo e facilidade de condución, e non o desenvolvemento de grandes velocidades.
En 1910 apareceu o sidecar, un carro cunha roda lateral que se une ao carón da motocicleta. Consta dun bastidor (dunha soa roda) e dunha carrozaría que protexe ao pasaxeiro. A motocicleta que o arrastra convértese nun vehículo de tres rodas e a súa condución contrólase mediante o xiro do guiador, ao non poder executarse a basculación. Xa aparecera anos antes, pero en bicicletas, e coa proliferación dos vehículos chamados "utilitarios" desapareceu practicamente da circulación.
Logo de volver da segunda guerra mundial (1945), os soldados estadounidenses parecían descontentos coas motocicletas que eran construídas por Harley-Davidson e Indian. As motos que montaran en Europa eran máis lixeiras e máis divertidas de conducir. Estes veteranos comezaron a andar con outros ex-soldados para volver vivir algo da camaradería que sentiran no servizo. Estes grupos decatáronse de que as súas motocicletas necesitaban os cambios que Harley non lles proporcionaba. Así naceu a Chopper.
Dependendo do seu uso, as motocicletas pódense englobar en varias categorías:
Están destinadas a un uso exclusivo por estrada, debido á configuración da súa construción. Á súa vez poden ser:
Tamén coñecidas como "Off Road", están conformadas para unha utilización por terreos irregulares e divídense en:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Motocicleta |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Motocicleta, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.