Loita: Forma de deporte de combate que inclúe técnicas de manexo

A loita é unha disciplina deportiva e un deporte de combate existente dende hai milenios.

Existe un enorme número de variedades. Dúas delas, ao seren disciplinas olímpicas, contan cunha especial difusión internacional: son a loita libre ou loita libre olímpica e a loita grecorromana. Ademais, a variedade de loita libre é practicada por homes e por mulleres, polo cal ao deporte feminino se lle coñece ás veces co nome independente de loita feminina.

Loita: Loita na antiga Grecia, Galería, Véxase tamén
Loita libre olímpica.

A loita é un deporte onde cada participante intenta vencer ao seu rival sen o uso de golpes. O obxectivo consiste en gañar o combate facendo caer ao adversario ao chan e mantendo os dous ombros fixos sobre o tapiz ou gañando a puntos. Existen porén regras particulares segundo os distintos estilos.

Loita na antiga Grecia

Na Grecia antiga, a loita tiña un lugar principal nas lendas e na literatura. Segundo determinados mitos, as leis deste deporte fóranlles entregadas aos homes pola deusa Atenea, a través do heroe Teseo. Noutras lendas, afírmase que a loita fora inventada por Heracles, por Hermes, pola súa filla Palestra etc. Velaquí a razón pola que non é estraño que a loita fose deporte fundamental non só nos xogos olímpicos antigos, senón en todos os xogos realizados ao longo e largo da Antiga Grecia. Homero (século VIII a.C.) relátanos no canto XXIII da Ilíada o combate entre Áiax Telamonio e Ulises, e tamén fai referencia a ela no canto VII da Odisea. Outros autores que falan da loita son Platón, Pausanias, Filóstrato, Plutarco, Heliodoro, etc. Tamén na pintura e escultura aparece reflectida en moitos frescos e decoracións de cerámica e baixorrelevos deixan ver momentos de combates.

Galería

A loita no mundo

A loita na arte

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Loita na antiga GreciaLoita GaleríaLoita Véxase taménLoitaDeporte de combateXogos Olímpicos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Australian Broadcasting CorporationRevolución dos CaraveisHorteláSegunda guerra mundialCorzoVilaboaMonforte de LemosFútbolSergio RamosSocalcoCouto MixtoTreboadaLista de xentilicios de concellos galegosUniversidade de VigoIrene FerrerasComunidade autónomaIgrexa de Santa María do AzougueRamón PiñeiroMéxicoUxío NovoneyraMar MediterráneoSecretaría Xeral de Política LingüísticaFederico García LorcaHLA-CIsabel PantojaQueens Park Rangers F.C.Xogo da chaveImperio RomanoSuízaOs demostrativos galegosIsmael RamosAnselm KieferParlamento VascoHTMLReal Club Celta de VigoPoloniaPastora VegaXosé Manuel PiñeiroCésar Gil BernárdezChuchamelMúsica tradicional galegaXestaRelación sexual humanaIria MorgadeLingua portuguesaJosé López CamposLuísa VillaltaFerrolRamón CamposNegreiraManuel Gallego VilaCervoHarry S. TrumanHugh JackmanBanda deseñadaAbertzaleJoselu MatoEl 33Follas novasAdolf HitlerPrimeira división española de fútbolSímbolos matemáticosTextos das PirámidesTraxe galegoTom CruiseRocco SiffrediRefraneiro galego sobre o panCopretérito de indicativoGeorg Friedrich HändelLa Voz de Galicia🡆 More