Linguas Nilo-Saharianas

As linguas nilo-saharianas son unha familia ou macrofamilia de linguas de África, faladas en África centro-oriental, principalmente no sahel e as concas do alto río Nilo (Sudán) e o Chari (Chad).

Foi definida polo lingüista Joseph Greenberg en 1963. É unha familia na que existen importantes diverxencias entre os subgrupos que a forman, razón pola cal para algúns a familia necesita ser máis investigada para estabelecer máis firmemente o parentesco, mentres que os nilo-saharianistas consideran que a diverxencia débese a que a familia podería ter unha antigüidade de entre dez mil ou doce mil anos.

Linguas nilo-saharianas
Falado en: África central e oriental
Total de falantes: Arredor de 50-60 millóns de falantes
Familia: Unhas das principais familias de linguas do mundo.
 Linguas nilo-saharianas
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Linguas Nilo-Saharianas
Status

En 1987, falaban linguas nilo-saharianas uns 11 millóns de persoas aproximadamente, de acordo coa estimación de Merritt Ruhlen. As estimacións de Bender para 2004 sumaban 31 millóns de falantes. O número exacto de linguas nilo-saharianas non se coñece con precisión, aínda que L. Bender, sinala que o criterio de intelixibilidad mutua conduce a un mínimo de 120 linguas, e ofrece unha clasificación da familia sobre datos léxicos de 115 linguas diferentes, mentres que Ethnologue lista 205 variedades diferentes, algunhas das cales claramente son mutuamente intelixibles e, por tanto, poden considerarse a mesma lingua.

Caracterízanse principalmente por ter un número gramatical trial singular-colectivo-plural, agás no caso do gumuz.

Notas

Tags:

Familia de linguasJoseph GreenbergRío ChariRío NiloSahelSudán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AnuroDineínaLuísa VillaltaPremio Nobel de FísicaJuan Carlos Rodríguez CebriánIntelixencia artificialArquitectura do RenacementoAbrilFernando AlonsoLlaneraCorey Taylor1989CantabriaÁngel Pardo PuzoUnión AfricanaBatalla de Midway1936Clara CampoamorMonterrosoP versus NPEnfermidadeLista de programas de Televisión EspañolaPuenteDisolventes volátiles (inhalantes)Wiki CommonsChantadaSegunda División B de EspañaWashington, D.C.WikiLeaksCuncas de AxtrokiBaltimoreGerardo Pardo de VeraEva FernándezKylian MbappéAymeric LaporteJesús Vázquez MartínezÁrea sanitaria de Santiago de Compostela e A BarbanzaJean-Claude Van DammeLlanesCristiano RonaldoEstado Islámico6 de outubroUceiraSimboloxía comunistaPegaCDC42Guerra de VietnamPremio Nobel de Fisioloxía ou MedicinaMicenasShirley ChisholmSegunda guerra mundialDistrito de LeiriaJorge C. AlonsoOs PinosInclusión citoplasmáticaArnold SchwarzeneggerPosición do can1475Estadio Municipal de RiazorEdward SnowdenTerra Eo-NaviaMadonnaMiguel TelladoMercurio (planeta)MimosaFacebookFaballónConcellos de GaliciaLiteratura galegaLaia Estrada i CañónRevolución industrial🡆 More