Lepra

A lepra é unha enfermidade pouco contaxiosa producida polo bacilo Mycobacterium leprae, descuberto por Gerhard Armauer Hansen; en honra a este, denomínase tecnicamente enfermidade de Hansen.

Lepra
Clasificación e recursos externos
Lepra
Lesións da lepra na pel
ICD-10A30
ICD-9030
OMIM246300
DiseasesDB8478
MedlinePlus001347
MeSHC01.252.410.040.552.386
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A súa difusión é moi ampla, pero é máis frecuente nos países tropicais ou tépedos. Durante a Idade Media foi unha enfermidade moi difundida.

A última leprosería de Europa atópase en Vall de Laguart, na provincia de Alacant, é o Sanatorio de San Francisco de Borja, máis coñecido como o Sanatorio de Fontilles.

A OMS proclamou o último domingo de xaneiro como o Día Mundial contra a Lepra, co obxectivo de crear conciencia sobre a enfermidade e reducir o estigma contra quen a padecen .

Patoxenia e inmunidade

Lepra 
Leproso facendo soar a súa campá para advertir da súa presenza (páxina dun manuscrito do século XIV)

A clínica do paciente depende da súa reacción inmune á bacteria. A bacteria produce citoquinas que inducen e median a activación macrofáxica e fagocitosis.

A semioloxía da lepra é función da reacción inmune do paciente, e pode tomar dúas formas: tuberculoide ou lepromatosa:

  • a lepra tuberculoide, que produce grandes manchas hiperestésicas e máis tarde anestésicas,
  • a lepra lepromatosa, que orixina grandes nódulos na pel (lepromas). A progresión das lesións é causa de grandes deformacións.

Os pacientes con lepra tuberculoide teñen unha forte reacción celular pero baixa humoral (baixa titulación de anticorpos): presentan polo tanto reacción positiva á lepromina. Os tecidos infectados tipicamente teñen moitos linfocitos e granulomas, pero relativamente poucas bacterias.

Na lepra lepromatosa aparecen numerosas máculas eritematosas, pápulas ou nódulos. Existe extensa destrución de tecidos, por exemplo da cartilaxe nasal e auricular, aparecendo en fases avanzadas a típica facies leonina. Tamén hai afectación difusa dos nervios periféricos con perdas sensoriais.

O tratamento da enfermidade, hoxe en día, varía entre seis meses e dous anos, segundo as formas, e baséase na administración de sulfonas.

Contaxio

De persoa a persoa. É directo cando se transmite polas gotiñas de Flügge, polas secrecións e polo contacto coas dexeccións ou coas ulceracións dos leprosos. É indirecto cando se realiza por fómites (roupa ou obxectos que estean en contacto cos enfermos) ou por alimentos contaminados por moscas que levan nas súas patas os bacilos de Hansen.

Non resulta claro como se contaxia o xerme da lepra, con todo, o contacto próximo prolongado e o contacto caseiro son significativos. É probable que os xermes ingresen no organismo a través do nariz e posiblemente, a través de feridas na pel. Os xermes chegan ao aire a través das secrecións nasais de pacientes lepromatosos sen tratamento.

A prevalencia da lepra

En todo o mundo, o número de casos diminúe progresivamente pero chegou a cifras superiores a 200.000 novos casos de lepra no primeiro trimestre de 2010, fronte ós case 250.000 do mesmo período do ano anterior . Os países con maior número de enfermos, con diferenza, foron a India e o Brasil, con 133.717 e 37.610 casos respectivamente.

En Europa non representa un problema de saúde pública pola leve incidencia que presenta. En España houbo 18 novos casos en 2010 e 26 casos en 2009, tendo presente que, destes casos, 14 -deles 6 brasileiros- e 22, respectivamente, eran persoas procedentes doutros países.

A lepra en Galicia

Os enfermos de lepra recibiron en Galicia as denominacións populares de bafú e, sobre todo, gafo e variantes (gafento, gafoso). A propia enfermidade recibía os nomes de gafea, gafedade e gafeira, termos tamén aplicados por extensión ós enfermos de tiña ou sarna ou mesmo á simple sucidade; tamén se chamaba mal de san Lázaro, e lazarosos os enfermos. En Pontevedra, o nome do río dos Gafos procede dun antigo hospital que existía na súa beira.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Murray PR, Rosenthal KS, Pfaller MA.: Microbiología Médica 5ª ed., Ed. Elsevier-Mosby
  • Rodríguez, E., Díaz, O. e Hernández, G.: "Vigilancia de la lepra. Situación en el mundo y en España, 2010", no Boletín Epidemiológico Semanal, nº 21, 2010.

Ligazóns externas

Tags:

Lepra Patoxenia e inmunidadeLepra ContaxioLepra A prevalencia da lepraLepra A lepra en GaliciaLepra NotasLepra Véxase taménLepraBaciloEnfermidadeMycobacterium leprae

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

RembrandtDiego CalvoLucidio VimaranizEuropaConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeHouse (serie de televisión)Rakel WinchesterMar MediterráneoLista de nomes femininos en galegoMaría Xesús LorenzanaGreciaTeresa PortelaIsabel PantojaBenjamin NetanyahuBandeira de GaliciaRosalía de CastroInfinitivo conxugadoMasculino e feminino en galegoCloruro de sodioProvincia de LugoLuis ZaheraRaíña LupaLista de castelos de PortugalBritney SpearsMahomaLingua asturianaGalizionarioInés ReyMártires de CarralPedro Fernández de Castro y AndradeGheadaTMitoloxía galegaSegunda guerra mundialMaría Jesús MonteroContactorIsaac NewtonRacing Club de FerrolRevolución Rusa de 1917Xabi AlonsoArde BogotáLeonardo da VinciAustraliaRianxoCanle (comunicación)Eldiario.esISBNManuel TurizoOU-124Roko (actriz)Silva bravaPosicións sexuaisMartin Luther KingLista de condes de GaliciaA CoruñaLingua casteláMundial de Fútbol de 1986María Xosé QueizánManuel Curros EnríquezCanle (enxeñaría)Miguel de LiraErros e TánatosAlfabeto galegoProxyO CarballiñoPremio xornalístico Manuel Reimóndez PortelaCélula procariotaVincent van GoghPaco SoutoLista de xentilicios de concellos galegosDe NinghuresPazo de CastrelosAgatha ChristieInforme semanal🡆 More