Khartún: Capital e cidade máis poboada do Sudán

Khartún (en árabe, al-Khartûm: الخرطوم, literalmente trompa de elefante), é a capital e cidade máis poboada do Sudán.

Atópase no cruzamento do Nilo Branco, procedente de Uganda, co Nilo Azul, que ven de Etiopía. Estes dous únense no río Nilo, que segue o seu curso cara Exipto.

Modelo:Xeografía políticaKhartún
الخرطوم (ar) Editar o valor em Wikidata
Khartún: Historia, Notas, Véxase tamén
Imaxe

Localización
 15°36′11″N 32°31′35″L / 15.6031, 32.526532°31′35″L / 15.6031, 32.5265
EstadoSudán
Estado federado (pt) TraducirCartum (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación5.345.000 (2018) Editar o valor em Wikidata (178,17 hab./km²)
Xeografía
Superficie30.000 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porNilo, Nilo Branco e Río Nilo Azul Editar o valor em Wikidata
Altitude382 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
26 de xaneiro de 1885Cerco de Cartum (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Khartún: Historia, Notas, Véxase tamén
O río Nilo pasando por Cartum

A cidade forma unha metrópole xunto con Khartún Norte (Al-Jartūm al-Bahrī: الخرطوم البحري) e Ondurman (Umm Durmān: أم درمان) de case oito millóns de habitantes.

Khartún: Historia, Notas, Véxase tamén
Mapa

Historia

    Artigo principal: Historia urbana de Khartún.

A historia de Khartún comeza como lugar de asentamentos humanos dende o cuarto milenio antes da nosa era, na confluencia das dúas ramas principais do Nilo (Branco e Azul). Entre os séculos sexto e dezaseis da nosa era o centro do reino cristián de Alodia, as ruínas de cuxa capital, Soba, aparecen ás aforas da actual aglomeración de Khartún (a uns 20 km ao sueste). Despois da caída de Alodia e o desprazamento do poder ao sur, no final do século XVII e principios do XVIII, asentamentos das tribos mahas da illa Tuti (situada xusto na unión das dúas pólas do Nilo) colonizaron as ribeiras en terra firme con novas aldeas, xermolo das tres cidades que no futuro comporán o conglomerado urbano de Khartún, entre elas a da propia vila na beira sur do Nilo Azul. Foi nesta época cando a fe islámica comezou o seu influxo na rexión .

Fundación como avanzada militar otomá

A situación xeográfica privilexiada volveu ser crucial cando o poder otomán de Exipto andaba a procura dun acceso ás rexións subsaharianas. En 1821, Ibrahim Pachá, fillo do gobernador Mehmet Alí, invadiu a zona establecendo unha guarnición militar cun forte de adobe onde o río era vadeable, dando orixe así á al-Khartum moderna. En 1830 foi designada capital oficial, independente do Cairo, do Imperio Otomán na rexión do Sudán Oriental. De seguida converteuse nun posto comercial que medrou axiña como mercado de escravos, ouro e marfil. O intento dos primeiros gobernadores por organizar unha estrutura urbana merecedora de tal nome chocaron coa cultura seminómade da zona e así o primeiro Khartún creceu de maneira anárquica con edificacións modestas de materiais provisionais, excepto o pazo de goberno, e falta absoluta de infraestruturas e servizos, que só andando o século foron aparecendo.

Cara ao 1860 unha base urbana foi consolidándose, mesmo con peiraos para o intenso tráfico comercial polo Nilo. Tres barrios principais configuraban a vila: o do goberno (Hakim-dariya, na ribeira do Nilo Azul), o mercado e Deims (as áreas residenciais nativas). Chegou a acadar os 50.000 habitantes .

Revolución mahdista e destrución de Khartún

A ocupación exipcio-otomá era vista con resentimento polos nativos. O poder, corrupto e opresoramente violento, favoreceu un clima onde xurdiría a figura do Mahdi (Muhammad Ahmad) quen levou as tribos sudanesas a unha revolución islámica fundamentalista contra os ocupantes. En 1884 asediaron Khartún por un ano ata a súa caída .

O sucesor do Mahdi (quen morrera pouco despois da vitoria) ordenou en 1886 a evacuación e completa destrución de Khartún (agás os peiraos e tumbas). No seu lugar estableceu a nova capital mahdista na veciña Omdurmán, ao norte, na beira occidental do Nilo e que servira de acuartelamento das tropas do asedio. Ata entón unha pequena poboación fora, porén,un lugar sinalado de desenvolvemento dunha corrente islámica sufí (Khalwa) nos séculos XVII-XVIII, de gran predicamento na zona.

A nova Khartún colonial británica

O estado islámico mahdista non durou moito. En 1898, as tropas británicas de Lord Kitchener fixéronse co control da rexión declarando novamente a Khartún como capital colonial, desta vez do Sudán anglo-exipcio. De seguida, e segundo planos do mesmo Kitchener, o corpo de enxeñeiros comezou a reconstrución da cidade. O proxecto tiña a ambición de levantar a maior cidade en África, pois o Sudán subministraría todo o algodón que as fábricas de Lancashire precisaban . Sobre unha cuadrícula básica superpúñase outra maior de diagonais (co obxectivo de facilitar o control militar). No centro, simbolicamente, a catedral anglicana (1906) .

Khartún: Historia, Notas, Véxase tamén 
Khartún dende o aire, 1936

As infraestruturas e servizos eran comparables aos estándares occidentais (ferrocarril en 1900, ponte de aceiro sobor do río, tranvías) mentres a poboación local estaba confinada ao oeste e sur nun sector a carón do mercado ou en Omdurmán .

As zonas industriais, estación de mercadorías do ferrocarril e almacéns localizáronse na outra beira do Nilo Azul cunha administración segregada, o que deu nacemento a Khartún Norte (al-Khartum Bahri) .

En 1908-12 o plan mestre deseñado por W.H. McLean (primeiro en África, só para Khartún e sobor da base do deseño orixinal) permanecería vixente durante todo o período colonial, regulamentando e delimitando estritamente o desenvolvemento urbano .

Capital da República Sudanesa

En 1956, coa independencia da República do Sudán, Khartún converteuse na súa capital. Desta vez o feito incontestable da tripolaridade urbana levou a que os seguintes plans xerais (Doxiadis, 1958; Mefit, 1974; Doxiadis e Mustafa, 1991 ) contemplaran o Gran Khartún coma realidade metropolitana, inda que mantendo a diferenciación funcional: Khartún a cidade administrativa e de servizos, Khartún Norte a industrial e Omdurmán a capital cultural nativa do país.

Con todo, nos tres casos, o grande fluxo migratorio do rural trala independencia (decuplicando a poboación entre 1960 e 1990 ) e a endémica falla financeira para poñelos en funcionamento, fixéronos axiña ou obsoletos ou papel mollado . Coma no resto das metrópoles do terceiro mundo, o problema da vivenda digna e os servizos e infraestruturas necesarios para sostela converteron o desenvolvemento do Gran Khartún nun caos improvisado e deficitario .

Problema que se ten agravado cos millóns de refuxiados que nos últimos anos asentáronse en campamentos de acollida arredor da aglomeración tripolitana , froito do terrible conflito permanente dun país artificialmente constituído na descolonización e radicalmente dividido entre un norte islámico e o sur cristián.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Khartún HistoriaKhartún NotasKhartún Véxase taménKhartúnEtiopíaExiptoLingua árabeRío NiloRío Nilo AzulRío Nilo BrancoSudánUganda

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

LeiOU-621AnatemaRMS TitanicSanta CompañaSuso de ToroMeigaAsociación Galega de DeseñoLiña Verde (Chipre)Vicente RiscoLU-862Os ÁnxelesGuerra de Sucesión EspañolaPO-204Atentado de HipercorO comparativo galegoToni KroosEscherichia coliLista de siglas e acrónimosCastro de Punta do BicoInsectosEva MejutoMiro VillarBilbaoOs PearesLiceo Brigantino (revista)Salman RushdieÁngel LemosMitoloxía galegaEmilia Pardo BazánOleirosBenigno Andrade GarcíaDistritos de PortugalReino UnidoNoiaDios ke te crewDoraemonPeaky BlindersEnrique Jardiel PoncelaAlberto ManceboCohesiónJosé Ramón Romero GarcíaMikel ArtetaFrancisco AsoreyMelideCaso Asunta BasterraNoruegaNormativa oficial do galegoOs PinosVedraLA CoruñaArañasMemorias dun neno labregoPrimeira guerra mundialMargaret ThatcherSergio RamosAmistades PeligrosasUxía SenlleMaría Xesús LorenzanaMaría LadoMaría Jesús MonteroEva Iglesias MiguénsAnselmo López CarreiraPontevedraOs EoasOs biosbardosManchester City F.C.Thibaut CourtoisAna BarberoDavid BroncanoOllos de augaJude BellinghamChiclana de la FronteraCrecenteBernardo XoséDavid Beckham🡆 More