Kanye Omari West, nado o 8 de xuño de 1977 en Atlanta, é un produtor musical e rapeiro estadounidense.
O seu primeiro álbum foi The College Dropout en 2004, seguíronlle Late Registration en 2005, Graduation en 2007 e 808s & Heartbreak en 2008. Todos eles recibiron premios, logrou doce Premios Grammy, recoñecemento da crítica e todos eles constituíron grandes éxitos comerciais.
West creceu en Chicago, seu pai Kay West era membro das Panteras Negras e a súa nai Dora era profesora de inglés na Universidade de Chicago. Mentres acudía ó instituto xa producía para artistas locais, xa antes de se dar a coñecer como cantante era un coñecido produtor da Roc-A-Fella Records a partir do seu traballo no álbum de Jay-Z The Blueprint e en sinxelos de artistas como Alicia Keys, Ludacris e Janet Jackson. En 2004 West funda o seu propio selo discográfico GOOD Music, producindo para artistas como John Legend, Common e outros menos coñecidos como Consequence, GLC ou Fonzworth Bentley.
Na actualidade está casado con Kim Kardashian e a parella ten tres fillos.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Kanye West, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.