Hevea Brasiliensis: Especie botánica

A hevea , tamén coñecida coma árbore do caucho (Hevea brasiliensis), coñecida en portugués na Amazonia orixinaria coma árvore-da-borracha ou seringueira, é unha árbore da familia das euforbiáceas de 20 a 30 m de altura (excepcionalmente 45 m).

Hevea
Hevea Brasiliensis: Sinonimia, Notas, Véxase tamén
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Euphorbiaceae
Subfamilia: Crotonoideae
Tribo: Micrandreae
Subtribo: Heveinae
Xénero: Hevea
Especie: H. brasiliensis
Nome binomial
'Hevea brasiliensis'
(Willd. ex A.Juss.) Müll.Arg.

O toro é recto e cilíndrico de 30 a 60 cm de diámetro, de madeira branca e lene. As súas follas son compostas trifoliadas, alternas, de 16 cm de lonxitude, de 6 a 7 cm de largo; deixa caer parcialmente as follas durante a estación seca, antes da cal as follas da copa da árbore tórnanse de cor avermellada. As flores son miúdas e reunidas en amplas panículas. Produce froitos desde os 4 anos, cada un dos cales é unha gran cápsula de 4 cm de diámetro que se abre en valvas, con sementes ricas en óleos.

Hevea Brasiliensis: Sinonimia, Notas, Véxase tamén
Árbore a destilar látex.
Hevea Brasiliensis: Sinonimia, Notas, Véxase tamén
Sementes.

O seu látex é branco ou amarelado e abundante até os 25 anos de idade da árbore. Del fabrícase o caucho, despois de sangrar o toro fendendo incisións angulares en V. Este látex contén 30 a 36% de hidrocarburo do caucho, 0,5% de cinzas, 1,5% de proteínas, 2% de resina e 0,5% de quebrachitol. O caucho tamén pode obterse do látex doutras árbores do xénero Hevea (v.g. H. guianensis Aubl. 1775 e H. pauciflora Müll.Arg. 1865). Esta árbore é orixinaria da conca hidrográfica do río Amazonas, onde existía en abundancia e con exclusividade, características que xeraron o auxe ou febre do caucho, período da historia suramericana de moita riqueza e puxanza para empresarios que se asentaron na rexión amazónica e á vez de desastre para a poboación indíxena que sufriu exterminios e escravitude, até se apoderaren os ingleses do lucrativo negocio, cando o botánico Henry A. Wickham tirou ilegalmente do Brasil sementes desta árbore, en 1876, para establecer plantacións en Malaisia, Birmania, Ceilán e África subsahariana. Contra o 1914 a cantidade de caucho obtido de plantacións xa superaba a extraída de árbores bravas.

O traballador que extrae o látex de caucho é chamado no Brasil seringueiro.

A posesión das áreas naturalmente ricas en hevea existentes daquela na zona do Acre provocou a inicios de século XX a guerra do Acre entre Bolivia, o Brasil e mesmo Perú.

Sinonimia

  • Caoutchoua J.F.Gmel.
  • Micrandra Benn. & R.Br.
  • Siphonanthus Schreb. ex Baill.
  • Siphonia D.Richard ex Schreb.
  • Siphopnicna F.Jansen ex Schreb.

Notas

  • Zhang, j., Huss, v.a.r., Sun, x., Chang, k. & Pan, d. 2008. Morphology and phylogenetic position of a trebouxiophycean green algae (Chlorophyta) growing on the rubber tree, Hevea brasiliensis, with the description of a new genus and species. Eur. J. Phycol. 43(2): 185 - 193

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Hevea Brasiliensis SinonimiaHevea Brasiliensis NotasHevea Brasiliensis Véxase taménHevea Brasiliensis

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Distritos de PortugalHenrique RabuñalXunta de GaliciaO. J. SimpsonJoan CrawfordRusiaRosario Porto OrtegaA PontenovaArancha NogueiraPablo Hernández de CosHorteláMaría LadoFútbol Club BarcelonaManuel García SampayoAlfabeto galegoSexo analDiego CalvoEnrique LísterLinguas indoeuropeasBorja VereaAires da miña terraRa verdeChenoaAnxo Xesteira SerranoAnselmo López CarreiraA EstradaMelideEmma StoneMuiñeiraGuerra civil españolaXosé Lois FoxoCopia por contactoEiruga (planta)Deportivo da CoruñaNaturezaEduardo Blanco AmorDe NinghuresRianxoFernando AlonsoRefraneiro galego sobre o panCarlos BoyeroMurosNintendo DSSonDeSeuMoinanteCarme Giralt i RosésPili PampínToñi VicenteDodecágonoDani CarvajalGonzalo Louzao DonoJosé Antonio DonoEnrique Jardiel PoncelaProvincias de EspañaPandeiretaAlbert EinsteinManchesterOU-402Rakel WinchesterXinzo de LimiaManuel RivasDibencil cetonaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoDavid BroncanoPaulo CarrilAlberto Núñez FeijóoAna BarberoLuís Pérez BarralLeón, EspañaNapoleón I de FranciaPablo Diego DiosEstadio Municipal de RiazorEduardo PondalPaíses Baixos🡆 More