E: Letra do alfabeto galego

O E é a quinta letra do alfabeto galego, e representa os fonemas /e/ (vogal anterior media pechada) e /ɛ/ (vogal anterior media aberta).

E: Historia, Representacións alternativas, Códigos
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

Historia

Pénsase que a letra das linguas semíticas representaba inicialmente unha oración ou figura humana chamada (hillul festejar), probablemente baseada nun xeroglífico exipcio similar que era pronunciado e utilizado en forma distinta. En semítico, a letra representaba /h/, e /e/ en palabras estranxeiras.

A letra fenicia , representaba máis ou menos o son /h/. Cando os gregos adoptaron o alfabeto fenicio, encontraron dificultades para pronunciar a primeira parte do carácter, e abandonárano conservando soamente o e, dándolle o nome de epsilon (ε). Co tempo simplificaron o seu deseño, virando os trazos horizontais para o lado dereito. Usouse co mesmo valor no alfabeto etrusco e no alfabeto latino.

O seu uso na lingua inglesa inclúe varios sons; así, como consecuencia do Great Vowel Shift representa /iː/ (a partir de /eː/ como en "me" ou "bee"), mentres que noutras palabras como "bed", a pronunciación é similar ao latín e outras linguas similares.

Xeroglífico exipcio
(veneración)
Proto-semítico
H
Fenicio
H
Grego
Epsilon
Etrusco
E
Romano
E
A28
E: Historia, Representacións alternativas, Códigos  E: Historia, Representacións alternativas, Códigos  E: Historia, Representacións alternativas, Códigos  E: Historia, Representacións alternativas, Códigos  E: Historia, Representacións alternativas, Códigos 

Uso

En galego úsase a letra e (/e/) como conxunción copulativa, proveniente do latín et. Amais, úsase a letra é (/ɛ/, con acento diacrítico) para a terceira persoa de singular do presente de indicativo do verbo ser.

É a letra máis frecuente na lingua galega, así como en castelán, checo, danés, neerlandés, inglés, francés, alemán,, húngaro latín,, noruegués e sueco..

Representacións alternativas

No alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Eco. No código Morse é · . Na notación musical anglosaxoa representa a nota o acorde de mi.

Códigos

En Unicode a letra e ten o código U+0065, e E é U+0045. O código ASCII para e é 101, e para E é 69. En sistema binario úsase 01000101 para e e 01100101 para E. O código EBCDIC para e é 133, e para E é 197.

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

Tags:

E HistoriaE Representacións alternativasE CódigosE Véxase taménE NotasEAlfabeto galegoFonema

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pombo torcazSéchu SendePilar RubioTameiga, MosGuerra de VietnamMarc-André ter StegenSegunda República EspañolaRelación sexual humanaPO-960Bloque Nacionalista GalegoLiga de Campións da UEFACadela de fradeGame Boy AdvanceAcción Gallega (1920)OU-904Nacionalismo galegoPontedeumeMaruca do MediterráneoFentaniloIlustrísimaAbrilCarlos BauteGallaeciaCaralloLetizia OrtizManuel María Puga PargaLista de castelos de PortugalBugalloAsociación Galega de DeseñoMaría do Socorro Ortega RomeroKLista de nomes masculinos en galegoXavier SeoaneMarcial DoradoFran AlonsoDavid BeckhamMichelangeloConcelloDodecágonoXII Lexislatura do Parlamento de GaliciaLuísa VillaltaSuso VaamondeA EstradaManuel García SampayoRobin WilliamsHeredeiros da CrusMaría Martínez AllegueShakiraAtentado de HipercorSexo analCándido HermidaAikidoTamara CanosaPaulino PereiroChiclana de la FronteraLista de siglas e acrónimosIránPaporroibo realHistoria da pintura en ExiptoSuso de ToroSonDeSeuFrida KahloPenePilar RaholaBuxoOurenseEva MejutoDiego AlfonsínEpisodios NacionalesMolécula bipolarSiddhartha GautamaLiceo BrigantinoEva Iglesias MiguénsAWStatsMúsica tradicional galegaFachada do ObradoiroMetro-Goldwyn-Mayer🡆 More