Conxuntivite: Inflamación da conxuntiva

A conxuntivite é a inflamación da capa conxuntiva, membrana mucosa que recobre o interior das pálpebras e que se estende á parte anterior do globo ocular.

Conxuntivite
Clasificación e recursos externos
Conxuntivite: Etioloxía, Cadro clínico, Tratamento
Un ollo con concuntivite.
DiseasesDB3067
MedlinePlus001010
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Etioloxía

Segundo a súa causa, a conxuntivite clasifícase en:

  • Bacteriana: Diferentes bacterias poden ser responsables da infección. Na conxuntivite bacteriana os síntomas do ollo arroibado están xeralmente asociados con lagrimeo de cor verdoso ou amarelado. A miúdo, tamén están presentes síntomas tales como a conxestión dos seos paranasais e mucosidade nasal. As pálpebras poden edematizarse. Caracterízanse por secreción abondosa e amarelada, e formación de papilas na conxuntiva palpebral. Trátanse con hixiene ocular e antibióticos tópicos. A conxuntivite bacteriana é moi contaxiosa, pero xeralmente cúrase entre 7 e 10 días despois do comezo dos síntomas.
  • Víricas: son as máis frecuentes, producidas xeralmente por adenovirus, con menos lagañas e posible afectación corneal dolorosa. Son moi contaxiosas e habitualmente remiten espontaneamente, aínda que se adoita pautar tratamento sintomático tópico (anti-inflamatorios) e lavados frecuentes. Son producidas polas mans, toallas ou até estornudos. Os síntomas son o avermellado dos ollos, eritema biocular, lagrimeo, costras amarelas, ollos con escleras hiperemicas, epifora, conxuntivas hiperemicas. Comprométese nalgúns casos a córnea. Un exemplo específico é a febre de Zika, causado polo virus de Zika e transmitido polo Aedes aegypti.
  • Alérxicas: tipicamente estacionais, distínguense por ter un importante proído, e por ter lagañas acuosas e frecuente asociación con sinusite.
  • Por corpo estraño: O mal uso dos lentes de contacto ou se non están correctamente desinfectadas, facilita a introdución dos microbios causando conxuntivite.
  • Traumáticas: As rascadelas e os golpes facilitan a sobre-infección conxuntival.

Cadro clínico

Conxuntivite: Etioloxía, Cadro clínico, Tratamento 
Conxuntivite no ollo esquerdo.

Presentan unhas manifestacións comúns (avermellado, fotofobia e lagrimeo) e outras dependentes da súa causa (lagañas matutinas nas infecciosas, ganglios aumentados de tamaño nas víricas, proído nas alérxicas, etc.) cunha duración entre 1 e 3 semanas.

Tratamento

Aínda que a infección bacteriana da conxuntivite ás veces non esixe antibióticos, os afectados deben ver un médico, xa que esta forma de conxuntivite está con frecuencia asociada con lesión corneal. A infección viral non se cura con antibióticos. A de tipo alérxico precisa usar antihistamínicos en forma de colirio. Os corpos estraños hai que extraelos, pero ó ser o ollo un órgano moi delicado isto só debe facelo un médico. A conxuntivite de orixe traumática precisa unha valoración e tratamento doutras lesións engadidas, especialmente a erosión corneal.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Conxuntivite actínica

Tags:

Conxuntivite EtioloxíaConxuntivite Cadro clínicoConxuntivite TratamentoConxuntivite NotasConxuntivite Véxase taménConxuntiviteConxuntivaOllo humanoPálpebra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Diego Rivas GutiérrezBicarbonato de sodioAlmudena ChacónHaruki MurakamiXureloSalvador IllaA Illa, EntrimoNoiaJesús Gil y GilOzzy OsbourneEpítetoCamilo Díaz BaliñoSamuel Eto'oÁlvaro CunqueiroBreogánVilagarcía de ArousaArnaldo OtegiRonaldinhoHoliPunto medioKGuepardoAndrés Mellado FernándezOs EoasMiro VillarLista de voces dos animaisMomia de ManchesterXabier DeiveLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaCantares gallegosÁreas lingüísticas do galegoValentín García GómezBucetaDaniel CraigÁlex FidalgoBelén do Campo PiñeiroAmancio OrtegaCarlos MeixideOs PinosMuralla de LugoDonicelaMiñocaTaylor SwiftPilar Bermejo BarreraUrcoArgimiro Marnotes RodríguezUniversidade de VigoSonsoles EspinosaGalesEscáncerOtelo Saraiva de CarvalhoCasas ColgadasMediaWikiCouto MixtoSalgueiro MaiaRamón CabanillasSonetoSéculos EscurosLista de xentilicios de concellos galegosAmieiroUniversidade de Santiago de CompostelaLila comúnPremios Follas Novas do Libro GalegoPink FloydMoisés Rodríguez Pérez23 de abrilLila (planta)Salvador DalíA memoria da choivaXílgaroLugo🡆 More