Cegoña Negra

A cegoña negra (Ciconia nigra) é unha especie monotípica, e considérase como o taxón máis primitivo do xénero Ciconia (del Hoyo et al.

1992). Algo menor que a familiar cegoña branca, ten unha altura de 90–100 cm, e unha envergadura que supera os 160 cm. O peso aproximado é de 3 kg. O adulto presenta unha plumaxe negra pola súa parte dorsal: pescozo, cola e peito, con irisacións “metálicas” verdes e moradas, moi patentes na cabeza, o pescozo, o dorso e as cobertoiras alares. As partes inferiores teñen plumas brancas na zona axilar, zona ventral, coxas e infracobertoiras caudais, que son extraordinariamente longas.

Cegoña negra
Cegoña Negra
No Parque Nacional Kruger, Suráfrica
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Ciconiiformes
Familia: Ciconiidae
Xénero: Ciconia
Especie: C. nigra
Nome binomial
'Ciconia nigra'
(Linnaeus, 1758)
       Visitante de verán        Residente todo o ano        Visitante de inverno (distribución aproximada)
       Visitante de verán
       Residente todo o ano
       Visitante de inverno
(distribución aproximada)

       Visitante de verán
       Residente todo o ano
       Visitante de inverno
(distribución aproximada)

Nos adultos, a carúncula (o "anel" arredor do ollo), pico e patas, ausentes de plumas, presentan unha cor vermella intensa que produce unha marcada contraste coa cor branca e negra da plumaxe. O iris é marrón.

Non existe dimorfismo acusado entre macho e femia. O macho presenta un tamaño algo maior, e a estrutura do pico nalgúns exemplares pode chegar a ser moi patente, cun pico máis robusto e algo curvo respecto á femia.

Os individuos novos cando abandonan o niño diferéncianse dos adultos porque a carúncula, patas e peteiro non teñen cor vermella, e a plumaxe dorsal, a da cabeza e o pescozo non é negra. A cor da carúncula é marrón ou parda agrisada, a do peteiro e patas varía entre branca agrisada a verde oliva ou amarelo. As plumas da cabeza, pescozo e peito son de cor marrón, coas puntas brancas, o que lle confire un aspecto pencado. O resto da plumaxe do dorso é tamén de tonalidades marróns escuras, o que fai que no campo as aves novas teñan dorsalmente un aspecto marrón achocolatado.

Notas

Tags:

Cegoña brancaMonotípicoTaxón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Juan Constenla CarbónBenjamin NetanyahuDe NinghuresBad GyalVacaBoris IzaguirreRoi CasalPaco SoutoXunta de GaliciaTorre EiffelProvincia de LugoWikipediaCuñadosPolboDemocraciaAP-9Lluís LlachMario CaneiroActínidosGuntínBurt LancasterRoko (actriz)O incerto señor Don HamletMona LisaDiego Folgar ToimilTeléfonoFreixoPosicións sexuaisLiceo BrigantinoAltriXestaIES Sánchez CantónN-550OurenseEva FernándezIsidoro Millán González-PardoOs Castros, A CoruñaOs pronomes persoais galegosJean SebergTraxe galegoJulio García ComesañaXela AriasManolo EscobarGuerra civil españolaHamasO mar na cultura popular galegaCarbohidratoLucidio VimaranizCaldas de ReisBillardaColocación do pronome átono en galegoMaría PitaXosé Díaz Arias de CastroRelación sexual humanaCasinoÁ lus do candilUcraínaJosé Sanjurjo SacanellPO-255Club Bosco de BaloncestoElemento inversoA memoria da choivaXabi AlonsoMaría RamalloRevolución de Asturias de 1934Leonardo da VinciOs demostrativos galegosRomaBreixoRefraneiro galego sobre o mes de maioMitoloxía galegaGheadaHindemburg Melão Jr.Luís Pérez BarralTeruelCanal de Suez🡆 More