Camerún: País centroafricano

O Camerún (en francés: Cameroun; en inglés: Cameroon), oficialmente República do Camerún (en francés: République du Cameroun; en inglés: Republic of Cameroon) é un país africano.

Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao leste co Chad e a República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial) e ao leste co golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira coa Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa capital é Yaoundé.

Modelo:Xeografía políticaCamerún
République du Cameroun (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoChant de Ralliement Editar o valor em Wikidata

Lema«Paix – Travail – Patrie»
«Peace – Work – Fatherland»
«Мир - труд - Родина» Editar o valor em Wikidata
Localización
Camerún: Etimoloxía, Historia, Goberno e política Editar o valor em Wikidata
 5°08′N 12°39′L / 5.13, 12.6512°39′L / 5.13, 12.65
CapitalYaoundé Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación24.053.727 (2017) Editar o valor em Wikidata (50,59 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie475.442 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porLago Chad, Golfo da Guinea e Océano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Camerún (4.095 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoGolfo do Biafra (pt) Traducir (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1960 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataPaul Biya (1982–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Cameroon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataJoseph Ngute (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Cameroon (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Cameroon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal45.338.285.386 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedafranco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.cm Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+237 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor em Wikidata
Código de paísCM Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webprc.cm… Editar o valor em Wikidata

Etimoloxía

Orixinalmente, o Camerún foi o exónimo dado polos portugueses ao río Wouri, ao que chamaban Rio dos Camarões (en galego "río das gambas" ou "río gamba", referíndose á daquela abundante gamba fantasma de Camerún. O nome do país en portugués segue a ser Camarões.

Historia

    Artigo principal: Historia do Camerún.

Historia temperá

Os primeiros habitantes do que hoxe é o Camerún foron os baka, un pobo pigmeo que logo da migración bantú quedou reducido aos lugares máis inaccesibles. Os portugueses chegaron á costa camerunesa a fins do século XV e comezos do XVI, a malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de 1870, cando o uso da quinina fixo posible combater a malaria. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facían na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados do século XIX, aínda no remate dese século instaláronse no Camerún misións cristiás, as cales continúan a desempeñar un papel na vida do país.

Colonia alemá

O 5 de xullo do 1884 a totalidade do territorio camerunés e algúns territorios veciños tornáronse a colonia alemá de Kamerun, coa capital situada primeiramente en Buea e despois en Yaoundé. Despois do final da primeira guerra mundial, o Reino Unido e a Francia dividiron esta colonia, cabendo á Francia a maior área, sendo as zonas máis distantes transferidas para o dominio doutras colonias francesas, e gobernando o restante a partir de Yaoundé.

Colonia francesa e británica

    Artigos principais: Camerún francés e Camerún británico.

Independencia

O Camerún francés acadou a independencia no 1960 baixo a denominación de República do Camerún. Ao ano seguinte, a maioría musulmá do norte, que dominaba dous terzos do Camerún británico, votou pola adhesión á Nixeria, en canto que no sur a maioría cristiá, votou de forma que o outro terzo do Camerún británico se adherise á República do Camerún, formando a República Federal do Camerún.

Goberno e política

    Artigo principal: Goberno e política do Camerún.
Camerún: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
O presidente Paul Biya.

Goberna desde 1982 Paul Biya da Alianza Democrática Popular (APDC). A APDC tamén obtivo o control do Parlamento en 1992 e Bija foi reelixido ese ano e en 1997. O principal grupo de oposición, o Fronte Socialdemócrata, cuestionou o resultado deses comicios. En 1997, o seu candidato, John Ndi, rexeitou a vitoria de Bija.

No século XXI, a minoría anglófona dos territorios do oeste incrementou as súas protestas contra o goberno central do país (de maioría francófona) en favor dunha maior autonomía política ou unha eventual secesión, chegando a declarar a independencia da rexión o 1 de outubro de 2017. Segundo a ONU, o Camerún tiña en 2018 arredor de 250.000 desprazadas internos.

Política e goberno

Divisións administrativas

Camerún: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Camerún está dividido en 10 rexións.
    Artigo principal: Organización territorial do Camerún.

A constitución divide o Camerún en 10 rexións semiautónomas, cada unha delas baixo a administración dun Consello Rexional electo. Cada reixión está encabezada por un gobernador designado polo presidente.

Estes líderes están encargados de implementar a vontade do presidente, informar sobre o estado de ánimo e as condicións das rexións, xestionar a administración pública, manter a paz, e supervisar os líderes das unidades administrativas máis pequenas. Os gobernadores teñen amplos poderes: poden ordenar propaganda na súa zona e chamar o exército, os xendarmes, e a policía. Todos os funcionarios dos gobernos locais son empregados do Ministerio da Administración Territorial do goberno central, do cal tamén obteñen a maior parte dos seus orçamentos os gobernos locais.

As rexións están subdivididas en 58 departamentos (départements). Estes están encabezados por oficiais de división (préfets). As divisións están tamén divididas en subdivisións (arrondissements), encabezadas por oficiais asistentes de división (sous-prefets). Os distritos, administrados por xefes de distrito (chefs de district), son as unidades administrativas máis pequenas.

As tres rexións máis setentrionais son Extremo-Norte (Extrême Nord), Norte (Nord), e Adamawa (Adamaoua). Directamente ao sur destas están as rexións de Centro (Centre) e Leste (Est). A Rexión Sur (Sud) encóntrase no Golfo de Guinea e na fronteira sur. A rexión máis occidental do Camerún está dividida en cart rexións máis pequenas: as rexións de Litoral (Littoral) e Suroeste (Sud-Ouest) están na costa, e as de Noroeste (Nord-Ouest) e Oeste (Ouest) están nas pradeiras occidentais.

A maior parte desta provincias foron definidas na década de 1960. As provincias Centre e Sud xorden da ruptura da provincia Centre-Sud en 1983, no mesmo ano, Adamaoua e Extreme-Nord xorden debido á escisión da provincia Nord.

Xeografía

    Artigo principal: Xeografía do Camerún.
Camerún: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Mapa do Camerún.

O Camerún atópase situado no golfo da Guinea. Limita ao norte e ao oeste con Nixeria, ao sur con Gabón e coa Guinea Ecuatorial, ao leste coa República Centroafricana e o Chad. Ao oeste limita co océano Atlántico.

No país distínguense varias rexións. Unha delas é a rexión litoral que vai desde a costa fronteiriza con Nixeria ata a fronteiriza coa Guinea Ecuatorial. A cidade máis importante da costa do Camerún é Buea. Posteriormente a altura do país vaise elevando gradualmente: así, Douala atópase case ao nivel do mar, no estuario do río Wouri e Yaoundé atópase situada xa a uns 700 metros sobre o nivel do mar. Pasado Yaoundé atópase un macizo montañoso que separa esta zona do país da do norte. A cidade máis importante desta zona montañosa é Tibesti. O norte o territorio é máis chairo. As cidades máis importantes do norte do Camerún son Garoua e Maroua. No extremo norte do país atópase unha porción do lago Chad. No sur e o sueste o territorio convértese en selva, a cal vaise facendo máis espesa a medida que nos achegamos á fronteira coa República do Congo. Na meseta oeste, na fronteira con Nixeria, atópase a zona anglófona do país, cuxa cidade máis importante é Bamenda.

Economía

Ten reservas petroleiras que son explotadas moderadamente por empresas francesas e norteamericanas. Os principais produtos agrícolas son cacao, café e bananas pero a agricultura está moito máis diversificada ao momento de que o país se autoabastece de alimentos. Tamén hai explotación forestal.

A Unión Europea é o principal socio comercial do Camerún.

Demografía

    Artigo principal: Demografía do Camerún.

A poboación do Camerún en 2021 era de 27 198 628 habitantes. A esperanza de vida era de 62,3 anos (60,6 anos para os homes e 64 anos para as mulleres).

Camerún: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Mulleres camerunesas nas celebracións do Día da Muller.

O Camerún conta cunha poboación lixeiramente superior de mulleres (50,5%) á de homes (49,5%). Máis do 60% da poboación ten menos do 25 anos. A poboación maior de 65 anos representa tan só o 3,11% do total

A poboación do Camerún está dividida case por igual entre habitantes urbanos e rurais. A densidade de poboación é maior nos grandes centros urbanos, as terras altas occidentais, e a chaira nororiental. Douala, Yaoundé, e Garoua son as maiores cidades. En contraste, a meseta de Adamawa, a depresión suroriental de Bénoué, e a maior parte da meseta sur do Camerún están escasamente poboadas.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, a taxa de fertilidade en 2013 era de 4,8, cunha taxa de crecemento demográfico do 2,56%.

Persoas das superpoboadas terras altas occidentais e o norte pouco desenvolvido estanse a trasladar ás zonas de plantacións costeiras e aos centros urbanos na busca de traballo. Estanse a dar movementos máis pequenos a medida que os traballadores buscan traballo nos serradoiros e as plantacións no sour e o leste. Aínda que a proporción de sexos a nivel nacional é relativamente parella, estes migrantes son principalmente homes, o que leva a proporcións desequilibradas nalgunhas rexións.

Camerún: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Cabanas musgum de lama no norte do Camerún.

No país practícanse tanto os matrimonios monógamos como os popígamos, e a familia camerunesa media é numerosa e extensa. No norte, as mulleres adoitan coidar da casa, mentres que os homes pastorean o gando ou traballan de granxeiros. No sur, as mulleres adoitan cultivar os alimentos da familia, e os homes proporcionan carne e cultivan cultivos comerciais. A sociedades camerunesa e patriarcal, e a violencia e a discriminación contra as mulleres é común.

Estímase que no Camerún hai entre 230 e 282 grupos étnicos e lingüísticos diferentes. A meseta de Adamawa divide a estes en dous grupos: norte e sur. As persoas do norte pertencen a grupos lingüísticos sudánicos, que viven nas terras altas do norte, e os fulani, que se estenden por todo o norte do Camerún. Un pequeno grupo de shuwa viven nas proximidades do lago Chad. O sur do Camerún está habitado opr falanges de linguas bantús e semibantú. Os grupos de fala bantú viven nas zonas costeiras e ecuatoriais, mentres que boss semibantús viven nas pradeiras occidentais. Uns 5 000 pigmeos gyele e baka percorren os bosques húmidos do sueste e a costa, ou viven en pequenos asentamentos ao bordo das estradas. Os nixerianos constitúen o maior grupo de cidadáns estranxeiros.

Persoas refuxiadas

En 2007, Camerún acollía a aproximadamente 97 400 persoas refuxiadas e solicitantes de asilo. Destas, 49 300 proviñan da República Centroafricana (moitos empurrados ao oeste a causa da guerra), 41 600 do Chad, e 2 900 de Nixeria. Os secuestros de cidadáns cameruneses a mans de bandidos centroafricanos ten aumentado dende 2005.

Nos primeiros meses de 2014, milleiros de persoas refuxiadas que escapaban da violencia na República Centroafricana chegaron a Camerún.

O 4 de xuño de 2014, AlertNet informou:

Case 90 000 persoas teñen fuxido ao veciño Camerún dende decembro e ata 2 000 por semana, a maior parte delas mulleres e nenos, continúan cruzando a fronteira, sinalan as Nacións Unidas.

"As mulleres e os nenos están chegando a Camerún nun estado desastroso, logo de semanas, ás veces meses, no camiño, buscando comida," dixo Ertharin Cousin, director executivo do Programa Mundial de Alimentos (WFP polas súas siglas en inglés).

Linguas

    Artigo principal: Linguas do Camerún.
Camerún: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Mapa das linguas autóctonas da rexión

A porcentaxe oficial estimada de falantes de francés e inglés é dun 70% e un 30% respectivamente segundo a presidencia da rapública. O alemán, a lingua dos colonizadores orixinais, foi desprazado hai tempo polo francés e o inglés. O inglés pidgin camerunés é a lingua franca nos territorios que antigamente estiveron baixo a administración británica. O camfranglais, unha mestura do inglés, o francés, e pidgin, foi gañando popularidade nos centros urbanos dende mediados da década de 1970.

Ademais das linguas coloniais, no país hai aproximadamente 250 linguas máis faladas por case 20 millóns de cameruneses, o que convirte ao Camerún nun dos países máis lingüsticamente diversos do mundo.

En 2017, houbo protestas linguísticas por parte da pobación anglófona contra a percepción de opresión por parte da poboación francófona. Despregouse o exército contra a persoas que se estaban a manifestar e houbo asasinatos, centos de persoas encarceradas, e milleiros fuxiron do país. Isto culminou na declaración de independencia da República de Ambazonia, que dende entón converteuse na Crise Anglófona. Estímase que ata xuño de 2020, 740 000 persoas foran desprazadas internamente como resultado da crise.

Relixión

    Artigo principal: Relixión no Camerún.
Relixión no Camerún (estimacón de 2020 de acordo coa ARDA)
Catolicismo
  
26.6%
Protestantismo
  
22.5%
Islam
  
20.2%
Ningunha
  
0.8%
Relixións tradicionais
  
19.0%
Outra, incluídas outras cristiás
  
10.8%

Camerún ten un alto grao de liberdade e diversidade e relixiosa. A fe maioritaria é o cristianismo, practicada por ao redor de dous terzos da poboación, mentres que o islam conta cunha minoría significativa de en torno a unha cuarta parte. Ademais as crenzas tradiconais continúan a ser practicadas por moitas persoas. A maior concentración de persoas musulmanas encóntrase no norte, mentres que a as cristiás concéntranse principalmente nas rexións do sur e o oeste, aínda que se poden atopar persoas que practican calquera de ambas relixións por todo o país. As grandes cidades contan cunha poboación significativa de ambos grupos. A poboación musulmana no Camerún está dividida en sufís, salafís, xiís, e musulmáns sen denominación.

Camerún: Etimoloxía, Historia, Goberno e política 
Catedral da Nosa Señora das Vitorias, igrexa católica en Yaoundé.

People from the North-West and South-West provinces, which used to be a part of British Cameroons, have the highest proportion of Protestants. The French-speaking regions of the southern and western regions are largely Catholic. Southern ethnic groups predominantly follow Christian or traditional African animist beliefs, or a syncretic combination of the two. People widely believe in witchcraft, and the government outlaws such practices. Suspected witches are often subject to mob violence. The Islamist jihadist group Ansar al-Islam has been reported as operating in North Cameroon.

In the northern regions, the locally dominant Fulani ethnic group is almost completely Muslim, but the overall population is fairly evenly divided among Muslims, Christians, and followers of indigenous religious beliefs (called Kirdi ("pagan") by the Fulani). The Bamum ethnic group of the West Region is largely Muslim. Native traditional religions are practised in rural areas throughout the country but rarely are practised publicly in cities, in part because many indigenous religious groups are intrinsically local in character.

Educación

En educación, existiron dous sistemas, un en inglés e o outro en francés logo da independencia. O sistema do Camerún do Leste foi baseado no modelo francés, o Camerún do Oeste usou o modelo británico. Os dous sistemas foron combinados no ano 1976. As escolas cristiás e misioneiras foron unha parte importante do sistema educativo. Nas áreas meridionais do país case todos os nenos da idade de educación primaria asisten á escola. Con todo, no norte, sempre foi unha parte illada do Camerún, o absentismo escolar é alto. A maioría dos estudantes no Camerún non chega máis aló do nivel primario.

O país conta con tres universidades: Universidade de Yaoundé I, Universidade de Yaoundé II (con campus fóra da cidade), e a Universidade Católica para África Central (UCAC).

Saúde

Cultura

    Artigo principal: Cultura do Camerún.

Música e danza

    Artigo principal: Música do Camerún.

Gastronomía

    Artigo principal: Gastronomía do Camerún.

Moda

Arte tradicional e artesanía

Literatura

    Artigo principal: Literatura do Camerún.

A literatura camerunesa tense concentrado en temas tanto africanos como europeos. Os escritores da época colonial como Louis-Marie Pouka e Sankie Maimo foron educados por sociedades misioneiras europeas e abogaron por unha asimilación da cultura europea para levar o país ao "mundo moderno". Logo da segunda guerra mundial, escritores como Mongo Beti e Ferdinand Oyono analizaron e criticaron o colonialismo e rexeitaron a asimilación. Na década de 1960, ademais de Mongo Beti e Ferdinand Léopold Oyono, outros escritores exploraron o postcolonialismo, os problemas do desenvolvemento africano, e a recuperación da identidade africana.

Algúns escritores aclamados pola crítica inclúen a Imbolo Mbue, Patrice Nganang, Calixthe Beyala, Bate Besong, Gaston-Paul Effa, Werewere Liking, Ba'bila Mutia, John Nkemngong Nkengasong, Bole Butake, Leonora Miano, Francis B Nyamnjoh e Linus T. Asong.

En 2014, Imbolo Mbue asinou un acordo dun millón de dólares con Random House polo seu primeiro manuscrito. A novela titulada Behold the Dreamers segue as tribulacións dun inmigrante camerunés e un executivo de Lehman Brothers durante a crise financeira de 2008.

Cine

    Artigo principal: Cine do Camerún.

Pouco despois da independencia do país, cineastas como Jean-Paul Ngassa e Thérèse Sita-Bella exploraron temas similares. Shortly after independence, filmmakers such as Jean-Paul Ngassa and Thérèse Sita-Bella explored similar themes. a mediados da década de 1970, cineastas como Jean-Pierre Dikongué Pipa e Daniel Kamwa abordaron os conflitos entre as sociedades tradicional e postcolonial. Nas seguintes dúas décadas os filmes, do mesmo xeito que a literatura, centráronse máis en temas exclusivamente cameruneses.

Deportes

    Artigo principal: Deporte no Camerún.

A mellor participación do Camerún nos Xogos Olímpicos foi en Atenas 2004. A Selección de fútbol gañou a medalla de ouro nas xustas.

Outros logros destacados da selección de fútbol do Camerún foi ser o primeiro equipo africano en chegar aos cuartos de final, na Copa Mundial de Fútbol de 1990. Desde ese entón o equipo ten o alcume de "Os Leóns Indomables".

O cricket ten entrado tamén on Camerún como deporte emerxente, coa Ferecarión Camerunesa de Cricket participando en partidos internacionais.

Camerún ten producido numerosos xogadores de baloncesto que chegaron a competir na National Basketball Association (NBA), entre os que se encontran Pascal Siakam, Joel Embiid, D. J. Strawberry, Ruben Boumtje-Boumtje, Christian Koloko, e Luc Mbah a Moute.

O antigo campión dos pesos pesados da UFC Francis Ngannou naceu o Camerún.

Notas

Tags:

Camerún EtimoloxíaCamerún HistoriaCamerún Goberno e políticaCamerún Política e gobernoCamerún XeografíaCamerún EconomíaCamerún DemografíaCamerún CulturaCamerún DeportesCamerún NotasCamerúnChadGabónGolfo da GuineaGuinea EcuatorialLingua francesaLingua inglesaNixeriaRepública CentroafricanaRepública do CongoYaoundéÁfrica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Negueira de MuñizOs posesivos galegosLigas de fútbol de EspañaXosé Neira VilasConsello de Contas de GaliciaFesta da ArribadaAndrollaDe VacasAlfonso RuedaÍñigo AlfonsoLontraPenínsula IbéricaPrerrexurdimentoOleirosCillian Murphy2006Pedro RieloJesús María Rodríguez VázquezLori MeyersCastro de Punta do BicoAresNós DiarioCastelo da PalmaVíctor Elías VillagrasaOs ÁnxelesMarta Fernández-TapiasLiteratura galega do século XXAlexia PutellasBidueiroIsoglosaSistema nerviosoTerraExperienciaAndrea PousaMarilyn MonroeBenidormMercedes MiláAb urbe conditaAWStatsLeninismoAntonio ReigosaMike TysonCarles PuigdemontEntre nósDios ke te crewVacaTrofeo Teresa Herrera 1986EngrenaxeVómito (grupo musical)Basílica de San PedroCleopatra VIIFornelos de MontesXián, TaboadaSan Cristovo de Lóuzara, SamosPedro Álvarez OsorioAna BlancoXosé Luís Méndez FerrínManuel Curros EnríquezRevolución IndustrialFernão de LoronhaBessie SmithCivilización maiaMaría Xesús LorenzanaAlejandra MurguíaVerbo regularBad GyalTempada 1935/36 do Deportivo da CoruñaVerzaMallorcaAnne FrankPaspallásRamón PiñeiroPierre LemaitreSilvia PenasXeración do 36🡆 More