América: Continente

América ( pronunciación (axuda · info)), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste.

Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

Xeografía física

Hai moitas semellanzas xerais entre os dous subcontinentes de América. Ambos os dous teñen montañas moi altas nas súas rexións occidentais e montañas máis pequenas no leste. Ademais, estas montañas occidentais e orientais están separadas por grandes extensións de terra chá. Os extremos de América no norte e no sur son ambos os dous máis fríos, e a terra no centro é máis quente e tropical. Tamén, cada continente ten un río importante, máis grande que todos os outros: o río Amazonas en Suramérica, e o río Mississippi en América do Norte.

Etnografía

A poboación americana está constituída polos descendentes de 3 grandes grupos étnicos e a súa mestura: amerindios e esquimós (que constituíron os habitantes autóctonos de América); europeos (de orixe británica, española, francesa, portuguesa, alemá, italiana e holandesa sobre todo), e africanos negros descendentes de escravos. Hai tamén outros emigrantes máis recentes, como os árabes de Oriente Medio e os chineses e xaponeses.

Idiomas

América: Xeografía física, Etnografía, Idiomas 

Fálanse varios idiomas europeos e indíxenas en América. O idioma máis falado en América é o español, falado como lingua nativa por máis de 350 millóns de persoas en moitas nacións, rexións, illas e comunidades ao longo do continente.

Outros idiomas importantes son (enumerado por número de falantes):

En menor medida, tamén se falan:

Coa inmigración, hai moitas comunidades onde se falan outros idiomas de todas as partes do mundo, especialmente nos Estados Unidos e no Canadá, dous destinos importantes para os inmigrantes.

O total de idiomas de América supera a centena.

Historia

Segundo a teoría máis aceptada actualmente, os amerindios descenden de grupos de cazadores-colleitadores de orixe siberiana que migraron a América polo estreito de Bering durante a última glaciación. A súa situación de illamento físico durante milenios respecto ás sociedades do Vello Mundo, permitiu o desenvolvemento de sociedades autónomas e moi orixinais, como os maias, os aztecas e os incas.

A partir de finais do século XV, produciuse a conquista europea do continente.

Xeografía política

Como resultado deste devir histórico, América conta actualmente cos seguintes países e dependencias:

América: Xeografía física, Etnografía, Idiomas 
Mapa de América

América do Norte

América Central

América do Sur

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

América Xeografía físicaAmérica EtnografíaAmérica IdiomasAmérica HistoriaAmérica Xeografía políticaAmérica Véxase taménAméricaAmérica do NorteAmérica do SurAmérico VespucioFicheiro:Gl-América.oggGl-América.oggOcéano AntárticoOcéano AtlánticoOcéano PacíficoOcéano ÁrticoWikipedia:Ficheiros multimedia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Consellería de Cultura, Lingua e XuventudeCortizaHannah ArendtLondrinaA CoruñaAlicia BorrásMar MediterráneoVicente RiscoEstación de OrdesVedraOs vellos non deben de namorarseAlemañaCSSPepe ViyuelaGhaleb Jaber IbrahimIlustrísimaManuel MaríaAna BucetaFentoAtentado de HipercorFútbol Club BarcelonaRobin WilliamsÁbedes, Ábedes, VerínLana Del ReyVíctor DupláProfesiónRafael LouzánPaulino PereiroAna RomaníBudapestVincent van GoghGallaeciaCasto Sampedro FolgarSiddhartha GautamaAzumanga DaiohOuvigo, Os Blancos, Os BlancosArxilaRoko (actriz)Liceo BrigantinoCatedral de Santiago de CompostelaSeseoEl Heraldo de Puente-CaldelasIngrid WashinawatokXXXTentacionPapel vergadoEl Heraldo Gallego (1874)Rakel WinchesterKeanu ReevesFariña (serie de televisión)Martin Luther KingWolfgang Amadeus MozartAmeixeiraEuskal Herria BilduFlora invasora de GaliciaSara García AlonsoHoward HughesMañónNoruegaA Illa, EntrimoUtopía e distopía na literaturaBarón RojoO matrimonio ArnolfiniMarc-André ter StegenOs demostrativos galegosAnxo Xesteira SerranoPúrpuraLuka ModrićLista das canles de YouTube máis subscritasListenbourgCantigas de Santa María🡆 More