A: Letra do alfabeto galego

O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega.

A: Historia, Usos, Véxase tamén
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago).

Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).

Historia

A letra A ten a súa orixe nun pictograma dunha cabeza de boi da escrita xeroglífica exipcia ou do alfabeto ugarítico. Cara ao ano 1600 a.C. os fenicios déronlle unha forma liñal que serviu de base para todas as formas posteriores da letra.

Usos

Astronomía

A indica, segundo a clasificación de Harvard, unha clase espectral de estrela de gran luminosidade, cor azul e temperatura entre 8.000 e 12 000 °C. O seu compoñente principal é o hidróxeno. Estrelas deste tipo son Sirio, Altair e Vega.

A indica que un asteroide foi descuberto entre o 1 e o 15 de xaneiro.

Bioquímica

Na codificación dos aminoácidos ordinarios, A é a abreviatura de alanina.
Na codificación dos ácidos nucleicos, A é a abreviatura da adenina.
A indica o grupo sanguíneo no que os glóbulos vermellos só portan aglutinas A.

Electrónica

A é o símbolo do amperio, unidade de medida da corrente eléctrica.
A é o tamaño estándar da batería.

Filosofía

A é o símbolo da proposición universal afirmativa.
Coa fórmula "A = A" indícase o principio de identidade.
Coa fórmula "A = non A" indícase o principio de contradición.

Física

A representa o número de masa do átomo.
Coeficiente A de Einstein da emisión espontánea de radiación.
a é o símbolo da área, unidade de superficie, e tamén símbolo da aceleración.

Informática

En Unicode o A é U+0041 e o a é U+0061.
En ASCII o A é 65 e o a é 97.
En código binario A é 01000001 e a é 01100001.

Mecánica

a é o símbolo da aceleración (vectorial).

Química

O ácido A é un derivado sulfúrico da naftalina.

Tamén é a abreviatura en bioquímica da adenosina, unha base dos ácidos nucleicos (ADN ou ARN).

Xeografía

A é símbolo de Austria.

Véxase tamén

Entradas da enciclopedia que comezan por A

Tags:

A HistoriaA UsosA Véxase taménAAlfabeto galegoLingua galegaVogal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

InfanciaDía das Letras GalegasCastro de Santa TregaMartín SarmientoWatergateRamiro CarregalTextos das PirámidesCamiño dos FarosAna SeijasThe ArtistA CoruñaBaldur BrönnimannHindemburg Melão Jr.Lucía Calvo de la UzEstado IslámicoLuís SeoaneMiñato comúnSexo analReino de GaliciaLuar na lubreRío MiñoEuskal Herria BilduMar da China OrientalVladimir PutinIasir ArafatLingua portuguesaLeninismoHugh JackmanRemolachaÁnxel CasalVilaboaIgnacio Rivera QuintanaDavid PerdomoGaliciaSistema solarHTMLLista de programas de Televisión EspañolaManuel MaríaMexillónC (linguaxe de programación)Agustín Baamonde DíazAdiviñaDaniel BasteiroEsport 3AnimaisGame BoyPeter PanSegunda GaliciaGabriel García MárquezConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeFranciaFlora invasora de GaliciaIria MorgadeIránBlogLiga ÁrabeListenbourgGoretti SanmartínJude BellinghamGalería de imaxes de arañas de GaliciaPMarlon BrandoJosep CarrerasÍñigo AlfonsoElvira RiveiroJManuel González González (músico)Unión EuropeaReal Club Celta de VigoRamón CamposPapuxasPedro Campos CouceiroVitoriaNósMoisés Rodríguez PérezUnión Soviética🡆 More