Tele2 Arena

18°05′07″L / 59.29138889, 18.08527778

O Tele2 Arena é un estadio multiúsos situado na cidade de Estocolmo, Suecia. Sobre todo, utilízase para fútbol e para concertos, aínda que serve para moitas máis cousas. Ten unha capacidade de 33 000 espectadores e actúa como sede do Djurgårdens IF e do Hammarby IF que xogan na Allsvenskan, a primeira división sueca de fútbol.

Tele2 Arena
Tele2 Arena
Datos
LocalizaciónJohanneshov, Estocolmo
Construción
Inauguración20 de xullo de 2013
ArquitectoWhite & Arup
Custo2,7 billóns de coroas suecas
290 millóns de euros
Estadio
SuperficieCéspede artificial
Dimensións105 × 68
Capacidade33.000 (fútbol)
45.000 (concertos)
PropietarioConcello de Estocolmo
LocalíaDjurgårdens IF
Hammarby IF

Historia

Cunha capacidade de ata 40 000 espectadores e un teito retráctil, este estadio pode albergar: concertos, deportes de motor, deportes ecuestres, deportes de xeo, banquetes, exposicións, eventos de empresa e xuntas de accionistas, ademais de fútbol.

O custo cifrouse en 2,7 billóns de coroas suecas incluíndo a apropiación dos terreos e a construción dun novo aparcadoiro debaixo do estadio.

O multiúsos foi feito para albergar o partido inaugural do Campionato do Mundo de Hóckey sobre Xeo 2013, pero o final da construción atrasouse ata xullo do 2013 e ese partido non se puido celebrar. Nun principio, tamén estaba previsto que o Tele2 Arena acollera a final da Superliga sueca de floorball, pero despois da demora, decidiuse que as finais do 2013 e do 2014 se trasladasen ao Malmö Arena. Tamén se decidiu que o Tele2 Arena fose o estadio nacional de Suecia no speedway e no fútbol americano.

Eventos

Aquí xogan dous equipos de fútbol da cidade:o Djurgårdens IF e o Hammarby IF. O IF Brommapojkarna é outro club estocolmés que xoga aquí, pero isto só o fai cando hai derbis, o resto de partidos xógaos no Grimsta IP.

Madonna visitou o Tele2 Arena co seu Rebel Heart Tour o día 14 de novembro do 2014.

O 28 de febreiro e o 1 de marzo do 2014, a súper estrela sueca Avicii celebrou dous concertos aquí con 35 000 e 40 000 espectadores respectivamente.

Os Rolling Stones tamén pisaron este estadio o 1 de xullo do 2014 grazas á súa xira 14 On Fire Tour.

No verán do 2015 celebrarase o Campionato do Mundo de Fútbol Americano aquí como única sede.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Tele2 Arena HistoriaTele2 Arena EventosTele2 Arena Véxase taménTele2 ArenaCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AciñeiraPontevedraRaquel AtanesOvidio RodeiroPilar AbellaNava CastroBidueiroC++TreboadaCasas ColgadasLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaDía do LibroAvesSydney SweeneyNapoleón I de FranciaComadres das LetrasRaffaella CarràGrupo Brais PintoXosé Neira VilasO xardín das deliciasMiguel Ángel Zabalza BerazaMarie CurieEstadio Municipal de BalaídosPaulino PereiroÁureoJulio Alén MontesReis CatólicosGuepardoDaniel DigesRocco SiffrediAntiga CartagoFentaniloAWStatsBerta DávilaAristótelesLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingHistoria de EspañaCirrioChinche das camasZendayaLista de WikipediasLista de nomes masculinos en galegoAndrés IniestaGalipediaRío MiñoXosé Luís Mosquera CambaParasitoAliança CatalanaLuís SeoaneEva MejutoNubeiroEscolas de Insiño GalegoHelena Bonham CarterLa Puebla de ArganzónMercedes PeónO Milladoiro, Biduído, AmesGranma (iate)Xurxo de CapadociaAmeixa (froito)Movemento de independencia da IndiaMaría Xosé QueizánWilliam ShakespeareCeleste CaeiroBuxoMontse DopicoPorto, PortugalPanteón de Galegos IlustresO Pereiro de AguiarBlanca Romero🡆 More