Alex Dujshebaev: Balonmanista español

Alex Dujshebaev Dovichebaeva, nado en Santander, Cantabria, o 17 de decembro de 1992, é un balonmanista internacional español.

É fillo do retirado xogador internacional e adestrador hispano-kirguiz Talant Dujshebaev e irmán do tamén internacional Daniel Dujshebaev. Forma parte do Vive Tauron Kielce polaco.

Alex Dujshebaev
Alex Dujshebaev: Traxectoria, Equipos, Palmarés
Nome completoAlex Dujshebaev Dovichebaeva
Nacemento17 de decembro de 1992
Lugar de nacementoSantander
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbalonmanista
PaiTalant Dujshebaev
IrmánsDaniel Dujshebaev
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Alex Dujshebaev debutou en 2010 no equipo que adestraba o seu pai, o BM. Cidade Real, que despois sería o BM. Atlético de Madrid, xa desaparecido. Na tempada 2010-2011 foi cedido ao Naturhouse A Rioxa. Na tempada 2012-2013 xogou na Caixa3 Balonmán Aragón, desde onde pasou ao BM. Atlético de Madrid. Na tempada 2013-2014 ficha polo RK Vardar macedonio, onde permanece ata a tempada 2017-2018, momento no que pasa ás filas do Kielce polaco.

Alex foi parte da selección xuvenil coñecida como os hispanos de ouro campións de Europa e do Mundo nos campionatos xuvenís coa Selección de balonmán de España.

Dende o Campionato Mundial de Balonmán Masculino de 2013, ao que non puido acudir por lesión, foi habitualmente convocado pola Selección de balonmán de España absoluta para todas as grandes citas internacionais.

Alex é coñecido pola versatilidade do seu disparo e a súa calidade no 1 contra 1; é un gran fintador e lanzador.

Entre outros galardóns, na tempada 2018/2019 alcanzou o de máximo goleador da liga de Campións da EHF.

Equipos

Palmarés

Vardar

Kielce

  • Liga de Polonia de balonmán (3): 2018, 2019, 2020
  • Copa de Polonia de balonmán (2): 2018, 2019

Selección Española

  • Medalla de prata no Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2016Alex Dujshebaev: Traxectoria, Equipos, Palmarés 
  • Medalla de ouro no Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2018Alex Dujshebaev: Traxectoria, Equipos, Palmarés 
  • Medalla de ouro no Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2020Alex Dujshebaev: Traxectoria, Equipos, Palmarés 
  • Medalla de bronce no Campionato Mundial de Balonmán Masculino de 2021Alex Dujshebaev: Traxectoria, Equipos, Palmarés 

Consideracións individuais

  • Mellor Lateral Dereito da liga ASOBAL (1): 2013 

Tags:

Alex Dujshebaev TraxectoriaAlex Dujshebaev EquiposAlex Dujshebaev PalmarésAlex Dujshebaev17 de decembro1992BalonmánCantabriaEspañaSantanderTalant Dujshebaev

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Espazo ComúnPrestigeDominio públicoShameless (serie de televisión estadounidense)Vilagarcía de ArousaYouPornCarmen LaforetLlerenaXela AriasKali YugaIsabel GemioReconquistaCaamaño & AmeixeirasCeeBenidormO porco de péBarbara McClintockLista de concellos de PontevedraA Pobra do CaramiñalLuís BaráDiane LaneFelaciónZendayaMarcos PereiroOurensePartido Galeguista (histórico)Marcial del AdalidLa Perla (centro de detención)La sociedad de la nieveMorgana en EsmelleCharo PitaGarcilaso de la VegaFauna de GaliciaBitcoinOs posesivos galegosCarballoDe VacasEstadio Olímpico de La CartujaO berroMaría BarbeitoBloque Nacionalista GalegoAmoraBarrocoSonia MéndezCivilización maiaMChorimaO ganso salvaxeLista de palabras galegas de orixe celtaCóleraXibaGoretti SanmartínViveiroDon BenitoA Gándara, Narón, NarónPachi VázquezAlfredo García DórigaOs PinosVerbo regularXosé Carlos BermejoNubeiroA xente da BarreiraJohann Sebastian BachHimno Nacional de ChileMarta DarribaBessie SmithAs Pontes de García RodríguezObstrución deManinSimone VeilLareiraMaría JamardoRías Baixas (serie de televisión)Castro de Punta do BicoEuroPosicións sexuaisNoa PresasXXX edición dos Premios Goya🡆 More