Kelvin: Unidade de temperatura do SI

O kelvin (símbolo: K) é a unidade SI de temperatura e é unha das sete unidades-base do SI.

Fórmulas de conversión de temperaturas en kelvin
Conversión de para Fórmula
kelvin Fahrenheit °F = K × 1.8 - 459.67
Fahrenheit kelvin K = (°F + 459.67) / 1.8
kelvin Celsius °C = K - 273.15
Celsius kelvin K = C° + 273.15
kelvin Rankine °Ra = K × 1.8
Rankine kelvin K = °Ra / 1.8
kelvin Réaumur °Ré = (K - 273.15) × 0.8
Réaumur kelvin K = °Ré × 1.25 + 273.15

Características

O kelvin defínese por dous feitos:

  • O cero kelvin é o cero absoluto, a temperatura á que cesan completamente os movementos moleculares.
  • Un kelvin é a fracción 1/273.16 da temperatura termodinámica do punto triplo da auga (0.01°C). A escala de temperaturas Celsius é hoxe definida en función do kelvin.

O kelvin recibiu este nome en honra do físico e enxeñeiro Willian Thomson, que se tornou Lord Kelvin cando foi feito par do reino.

Nomenclatura

En canto unidade SI, o kelvin é escrito cun k minúsculo (excepto, claro, no comezo das frases) e non debe ser precedido polas palabras grao ou graos ou o símbolo °, como os graos Celsius ou Fahrenheit. Isto acontece porque estas son escalas de medición, en canto que o kelvin é unha unidade de medición. Cando o kelvin foi introducido en 1954 (na 10ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas, Resolución 3, CR 79), recibiu o nome de grao Kelvin e o símbolo °K; o "grao" (°) foi suprimido en 1967 (13ª CGPM, Resolución 3, CR 104).

Tags:

SITemperaturaUnidade de medida

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Sabela RamosLetizia OrtizSarriaLista de anfibios de GaliciaAbril na cultura popular galegaLista de episodios de Dragon Ball ZProvincias de EspañaRoko (actriz)Frente Obrero (España)Verbos galegos ser, estar e irXoán Vicente ViqueiraJannis KounellisAna UllaCatedral de la Seu d'UrgellMovella grandeAlberto Núñez FeijóoNoruegaJosé González VázquezRaúl Santamaría GonzálezCándido HermidaBubelaGuillarei, TuiBenito CorbalWiiCosta da MorteKA Illa, EntrimoAlfabeto galegoLinguas indoeuropeasEl Heraldo Gallego (Montevideo)Lista de castelos de PortugalMaría ReimóndezCristina LosadaLuka ModrićOs EoasBelén CachafeiroErupción volcánica de La Palma de 2021Guerra de Sucesión EspañolaPeneOs biosbardosEstadio Santiago BernabéuLingua casteláPosición do misioneiro invertidaOU-622AntártidaO incerto señor Don HamletCoordenadas xeográficasBrais RuanovaJosé Antonio Ponte FarFeces de Abaixo, Feces de Abaixo, VerínA Picoña, Salceda de CaselasTamagos, Tamagos, VerínDios ke te crewArquitectura gótica en GaliciaAbrilNintendo DSMarc-André ter StegenBrahim DíazCastro de Punta do BicoO GroveRosario DúrcalEstatua de Che Guevara en OleirosReal Academia GalegaTamara CanosaNoa PresasO Pedrouzo, Arca, O PinoLSDViveiroPaíses BaixosOleirosMondarizOU-406MadonnaArias Muñiz🡆 More