Cidade: Entidade urbana con alta densidade de poboación na que predominan fundamentalmente a industria e os servizos

A cidade é actualmente considerada como unha entidade urbana con alta densidade de poboación na que predominan fundamentalmente a industria e os servizos.

Diferénciase doutras entidades urbanas por diversos criterios, entre os que se inclúen poboación, densidade de poboación ou estatuto legal, aínda que a súa distinción varía entre países.

Cidade: Historia, Urbanización, Concepto
Toronto á noite.

Historicamente os habitantes das cidades foron unha proporción pequena da humanidade en xeral, mais hoxe, despois de varios séculos de urbanización sen precedentes e acelerada, a metade da poboación mundial vive nas cidades. As cidades actuais normalmente forman o núcleo de grandes áreas metropolitanas e áreas urbanas, creando numerosos desprazamentos diarios cara ó centro das cidades para traballar, divertirse, ou estudar.

A cidade máis poboada é Shanghai mentres que as áreas metropolitanas máis grandes tamén inclúen a Área do Gran Toquio e Iabotabek (Iacarta). As cidades de Faiyum, Damasco, e Varanasi son das cidades habitadas máis continuamente no mundo.

Historia

Cidade: Historia, Urbanización, Concepto 
Un arco da antiga cidade Sumeria de Ur, que floreceu no III milenio a. C., pode verse actualmente en Tell el-Mukayyar en Iraq.
Cidade: Historia, Urbanización, Concepto 
Mohenjo-daro, unha cidade da Civilización do val do Indo, que foi reconstruída seis ou máis veces, usando ladrillos de tamaño estándar, seguindo a mesma estrutura de reixa que no III milenio a. C.
Cidade: Historia, Urbanización, Concepto 
Esta vista aérea do que antigamente foi o centro de Teotihuacán, amosa a pirámide do Sol, a pirámide da Lúa, e a avenida procesional que servía de espiña dorsal do sistema de rúas da cidade.

As cidades, caracterizadas pola densidade de poboación, a súa función simbólica, e ordenación urbana, teñen existido dende hai miles de anos. Na visión convencional, civilización e cidade derivan as dúas do desenvolvemento da agricultura, que permitiu a produción dun superávit de comida, e así a unha división do traballo social (coa estratificación social asociada) e ao comercio. As primeiras cidades a miúdo presentan graneiros, ás veces dentro dun templo. Un punto de vista minoritario considera que as cidades poderían ter xurdido sen a agricultura, grazas a medios de subsistencia alternativos (pesca), para usar como refuxios estacionais comunais, ó seu valor como bases para a organización militar defensiva e ofensiva, ou á súa función económica inherente. As cidades xogaban unha función crucial no establecemento do poder político sobre unha área, e os antigos dirixentes como Alexandre o Grande fundáronas e creáronas con entusiasmo.

Antigüidade

Xericó e Çatalhöyük, datadas no VIII milenio a. C., están entre as cidades máis temperás coñecidas polos arqueólogos.

No cuarto e III milenio a. C., civilizacións complexas prosperaban nos vales dos río de Mesopotamia, India, China, e Exipto. As escavacións nestas áreas atoparon as ruínas de cidades orientadas diversamente cara ao comercio, a política, ou a relixión. Algunhas tiveron poboacións densas, mais outras levaron a cabo actividades urbanas nos ámbitos da política ou relixión sen ter poboacións asociadas grandes. Entre as primeiras cidades do mundo antigo, Mohenjo-daro da civilización do Val do Indo, no actual Paquistán, existindo desde ó redor do 2600 a. C., era unha das máis grandes, cunha poboación de 50.000 ou máis e un sistema de saneamento moi sofisticado. As cidades chinesas planeadas foron construídas segundo principios sacros para actuar como microcosmos celestiais. As cidades exipcias Antigas coñecidas fisicamente polos arqueólogos non son exhaustivas. Inclúen (coñecidas polos seus nomes árabes) a El Lahun, unha cidade de traballadores asociada coa pirámide de Sesostris II, e a cidade relixiosa Amarna construída por Akhenatón e abandonada. Estes sitios aparecen planeados cun alto regulamento e cun tipo de estratificación, cun enreixado minimalístico de habitacións para os traballadores e incrementalmente máis casas elaboradas dispoñibles para as clases máis altas.

En Mesopotamia, a civilización Sumeria, seguida de Asiria e Babilonia, crearon un gran número de cidades, gobernadas por reis e promovendo múltiples linguas escritas en escrita cuneiforme. O imperio comecial fenicio, prosperando ao redor da do I milenio a. C., abarcou numerosas cidades estendéndose dende Tiro, Cido, e Biblos a Cartago e Cádiz.

Nos séculos seguintes, cidades-estado independentes de Grecia desenvolveron a polis, unha asociación de terratenentes cidadáns que colectivamente constituíron a cidade. A ágora, que significa "sitio de reunión" ou "asemblea", era o centro atlético, artístico, de vida espiritual e política da polis. O aumento de poder de Roma levou á súa poboación ata un millón de habitantes. Baixo a autoridade do seu imperio, Roma transformouse e fundou moitas cidades (coloniae), e con eles levaron os seus principios de arquitectura urbana, deseño, e sociedade.

Idade media

Durante a caída do imperio romano as cidades da antigüidade gañaron independencia, mais axiña perderon poboación e importancia. O centro do poder occidental moveuse a Constantinopla e á civilización islámica coas súas grandes cidades Bagdad, O Cairo e Córdoba. Entre os séculos IX e XII, Constantinopla, capital do imperio bizantino, foi a maior cidade de Europa, cunha poboación próxima ao millón de habitantes. O Imperio Otomán foi conseguindo controlar moitas cidades na área mediterránea, incluíndo Constantinopla en 1453.

Nos séculos XIII e XIV algunhas cidades convertéronse en estados poderosos, tomando baixo o seu control as áreas que as rodeaban e establecendo imperios marítimos. Na Italia medieval algúns concellos convertéronse en cidades-estado, como a república de Venecia e a república de Xénova. No norte de Europa, cidades como Lübeck e Bruxas formaron a Liga Hanseática para o comercio e a defensa colectiva. O seu poder foi posteriormente desafiado e eclipsado polas cidades comerciais neerlandesas de Gante, Ypres e Ámsterdam. Un fenómeno semellante ocorreu noutros lugares, como no caso de Sakai, que gozou dunha considerable autonomía no Xapón medieval.

Idade moderna

En occidente, os estados-nación convertéronse na unidade principal da organización política trala paz de Westfalia no século XVII. As grandes capitais da Europa occidental (Londres e París) beneficiáronse do crecemento do comercio coa necesidade do comercio transatlántico. Non obstante, a maioría das vilas seguiron a ser pequenas.

Durante a colonización española de América empregouse o vello concepto da cidade romana. As cidades fundábanse no medio do territorios acabados de conquistar e rexíanse con leis sobre a administración, as finanzas e o urbanismo.

Era industrial

Cidade: Historia, Urbanización, Concepto 
Londres no século XIX, superpoboada e cun espeso smog

O desenvolvemento da industria moderna a partir de finais do século XVIII levou a unha urbanización masiva e ao aumento de novas grandes cidades, primeiro en Europa e despois noutras rexións, como lugares de novas oportunidades que traían un gran número de emigrantes dende as comunidades rurais. Inglaterra liderou o proceso convertendo Londres na capital dun imperio mundial e facendo crecer cidades por todo o país como lugares estratéxicos para a produción. Nos Estados Unidos entre 1860 e 1910, a introdución do ferrocarril reduciu os custos do transporte e emerxeron grandes centros de produción, provocando tamén o éxodo rural.

As cidades industrializadas eran lugares terribles para vivir, debido aos problemas de saúde que provocaban a superpoboación, o aire e a auga contaminados, a falta de medios hixiénicos e as enfermidades contaxiosas como a febre tifoide ou o cólera. As fábricas e os barrios pobres eran habituais na paisaxe urbana.

Era postindustrial

Na segunda metade do século XX, a desindustrialización no mundo occidental levou á pobreza e á decadencia urbana a cidades anteriormente prósperas. O "cinto de aceiro" dos Estados Unidos converteuse no "cinto de óxido" e cidades como Detroit ou Gary, Indiana afundíronse ao contrario que a tendencia á expansión urbana global.

Durante o gran salto adiante e os seguintes plans quinquenais da China, produciuse un rápido proceso de urbanización e industrialización, que converteu o país no principal fabricante mundial.

En medio destes cambios económicos, a alta tecnoloxía e a telecomunicación instantánea permitiu que algunhas cidades se convertesen en centros da economía do coñecemento. Xurdiu entón o novo paradigma da smart city.

Urbanización

Cidade: Historia, Urbanización, Concepto 
Roupa tendida coidadosamente nestas casas na auga en Iacarta preto dun vertedoiro.

A urbanización é o proceso de migración desde as zonas rurais a áreas urbanas, provocado por factores políticos, económicos e culturais. Até o século XIX, existía un equilibrio entre a poboación agrícola rural e a das cidades que funcionaban como mercados e centros de fabricación de pequena escala. Coa revolución agrícola e industrial, a poboación urbana empezou un crecemento sen precedentes, tanto por migración como pola expansión demográfica. En Inglaterra a proporción da poboación que vivía nas cidades saltou dende o 17% en 1801 a un 72% en 1891. No 1900, o 15% da poboación mundial vivía en cidades. A atracción cultural das cidades tamén favorece a chegada de novos residentes.

A urbanización estendeuse rapidamente a través de Europa e América, e desde a década de 1950 tamén tivo lugar en Asia e África. A División de Poboación do Departamento de Asuntos Económicos e Sociais de Nacións Unidas, informou en 2014 que por primeira vez máis da metade da poboación mundial vivía en cidades.

Cidade: Historia, Urbanización, Concepto 
Gráfico mostrando a urbanización desde 1950 proxectada ata 2050.

Latinoamérica é o continente máis urbano, con catro quintos da súa poboación vivindo en cidades, incluíndo un quinto da poboación residindo en asentamentos irregulares (favelas, villas miserias etc.). Batam, Indonesia, Mogadixo, Somalia, Xiamen, China e Niamey, Níxer, son consideradas as cidades que medran máis rápido no mundo, con índices de crecemento anual de 5,8%. En xeral, os países máis desenvolvidos do "Norte Global" están máis urbanizados que os países menos desenvolvidos do "Sur global", pero a diferenza vai encollendo porque a urbanización está a producirse máis rapidamente nese último grupo. Asia é de lonxe o fogar do maior número absoluto de residentes de cidades: sobre dous mil millóns e aumentando. A ONU predí un incremento adicional de 2.5 mil millóns de residentes nas cidades (e 300 millóns menos de residentes no agro) no mundo sobre o 2050, cun 90% de expansión de poboación urbana en Asia e África.

As megacidades, cidades cunha poboación de varios millóns de habitantes, proliferaron a ducias, xurdindo especialmente en Asia, África, e Latinoamérica. A globalización económica aviva o crecemento destas cidades, cando novos fluxos de capital estranxeiro se achegan para unha industrialización rápida, así como a relocalización de negocios importantes desde Europa e Norte América, atraendo inmigrantes tanto de preto coma de lonxe. Unha gran fenda divides ós ricos e ós pobres nestas cidades, que normalmente teñen unha elite súper-rica que vive en comunidades pechadas e masas grandes de persoas que viven en aloxamentos de baixa calidade con infraestruturas inadecuadas e en condicións pobres.

As cidades ao redor do mundo expandíronse fisicamente ó tempo que medraban en poboación, con aumentos na súa extensión, coa creación de grandes edificios para uso residencial e comercial, e co desenvolvemento do metro.

A urbanización pode crear unha rápida demanda de xestión de recursos da auga, cando as fontes de auga potable pasan a estar sobreexplotadas e contaminadas, e o volume de augas residuais empezan a superar niveis manexábeis.

Concepto

A cidade na antiga Roma

Na Roma antiga era cidade (civitas) a zona habitada por cidadáns (civites), os cales eran aqueles que posuían dereitos cidadáns, independentemente da súa actividade, fóra a industria, a agricultura ou os servizos.

A cidade medieval e renacentista na Península Ibérica

Na España medieval e do renacemento, unha cidade era a poboación que non tiña Señor e era rexida directamente polo rei. Tiña o privilexio de enviar procuradores ás cortes para negociar as taxas que lle puidesen ser impostas, a cambio de Foros. Esta cualificación de cidade era independente do tamaño, así, Madrid, capital de España desde 1561, non era cidade senón vila.

Cidade: Historia, Urbanización, Concepto 
Luces de cidades, vista de satélite.

O concepto de cidade na Conferencia Europea de Estatística de Praga

A Conferencia Europea de Estatística de Praga considera como cidade unha aglomeración de máis de 2.000 habitantes sempre que a poboación dedicada á agricultura non exceda do 25% sobre o total. A partir de 10.000 habitantes, todas as aglomeracións considéranse cidades, sempre que estes se atopen concentrados, xeralmente en edificacións colectivas e en altura, e sempre que se dediquen fundamentalmente a actividades dos sectores secundario e terciario (industria, comercio e servizos).

O concepto político de cidade aplícase a conglomerados urbanos con entidade de capitalidade e maior importancia na rexión e que asume os poderes do Estado ou Nación. Será a cidade capitalina, pero por extensión aplícase a denominación a calquera entidade administrativa con algunha autonomía.

É pois unha definición administrativa do estado político, rexión xeográfica ou comunidade autónoma, que teñen unha cidade central e vilas ou cidades menores. A xeografía urbana e a socioloxía urbana estudan ambos aspectos desde o punto de vista da xeografía humana e a ecoloxía humana.

Non se debe confundir cidade con municipalidade, a maior municipalidade do mundo, Chongqing, posúe aproximadamente o mesmo tamaño có estado americano de Indiana, e contén moita máis área rural do que área urbana. Por outro lado, o contrario tamén acontece. A cidade de Londres posúe apenas 8 mil habitantes. No entanto, a súa rexión metropolitana, isto é, a área urbanizada, posúe máis de 7,5 millóns de habitantes.

Partes dunha cidade

Cidade: Historia, Urbanización, Concepto 
Vista de satélite da gran metrópole de São Paulo, con Santos na costa.

As cidades antigas non se planificaban (agás as romanas), polo que non todas constan dos mesmos elementos (as primeiras cidades datan do 3500 a.C.). En xeral, con todo, unha cidade consta do núcleo histórico (orixe da cidade), ensanches posteriores de diferentes épocas, zonas residenciais, zonas industriais (usualmente nos arredores) e centros sociais, aínda que algunhas destas áreas poden superpoñer as súas funcións. As diferentes partes, que forman a estrutura urbana, están conectadas por un sistema de transporte público.

Tipos de cidade

Non hai unha lista completa dos tipos de cidades, que varían moito en función da zona, pero os principais son:

  • Cidade administrativa: sede das institucións políticas, usualmente é unha capital "nova" que substitúe a poboacións tradicionais, un exemplo é Brasilia
  • Cidade industrial: o sector secundario ocupa un lugar preeminente, como o cinto de Barcelona ou as cidades alemás da conca do Ruhr
  • Cidade turística
  • Cidade comercial
  • Cidade universitaria: ten gran rotación de poboación, unha universidade e vida social e cultural intensa, un bo exemplo é a cidade de Santiago de Compostela
  • Cidade residencial

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

  • Abrahamson, Mark (2004). Global Cities. Oxford University Press. ISBN 0-19-514204-7
  • Ashworth, G.J. War and the City. Londres & Nova York: Routledge, 1991. ISBN 0-203-40963-9.
  • Bairoch, Paul (1988). Cities and Economic Development: From the Dawn of History to the Present. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-226-03465-8. 
  • Bridge, Gary, e Sophie Watson, eds. (2000). A Companion to the City. Malden, MA: Blackwell, 2000/2003. ISBN 0-631-21052-0
  • Brighenti, Andrea Mubi, ed. (2013). Urban Interstices: The Aesthetics and the Politics of the In-between. Farnham: Ashgate Publishing. ISBN 9781472410023.
  • Carter, Harold (1995). The Study of Urban Geography. Fourth edition. Londres: Arnold. ISBN 0 7131 65898
  • Curtis, Simon (2016). Global Cities and Global Order. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-874401-6
  • Ellul, Jacques (1970). The Meaning of the City. Traducido por Dennis Pardee. Grand Rapids, Míchigan: Eerdmans, 1970. ISBN 9780802815552, orixinal en francés (creado con anteriridade, publicado posteriormente como): Sans feu ni lieu: Signification biblique de la Grande Ville ; París : Gallimard, 1975. Republished 2003 with ISBN 9782710325826
  • Gupta, Joyetta, Karin Pfeffer, Hebe Verrest, & Mirjam Ros-Tonen, eds. (2015). Geographies of Urban Governance: Advanced Theories, Methods and Practices. Springer, 2015. ISBN 978-3-319-21272-2.
  • Hahn, Harlan, & Charles Levine (1980). Urban Politics: Past, Present, & Future. Nova York & Londres: Longman.
  • Hanson, Royce (ed.). Perspectives on Urban Infrastructure. Committee on National Urban Policy, Commission on Behavioral and Social Sciences and Education, National Research Council. Washington: National Academy Press, 1984.
  • Herrschel, Tassilo & Peter Newman (2017). Cities as International Actors: Urban and Regional Governance Beyond the Nation State. Palgrave Macmillan (Springer Nature). ISBN 978-1-137-39617-4
  • Jacobs, Jane (1969). The Economy of Cities. Nova York: Random House Inc. 
  • Grava, Sigurd (2003). Urban Transportation Systems: Choices for Communities. McGraw Hill, libro electrónico. ISBN 9780071476799
  • James, Paul; with Magee, Liam; Scerri, Andy; Steger, Manfred B. (2015). Urban Sustainability in Theory and Practice: Circles of Sustainability. Londres: Routledge. 
  • Kaplan, David H.; James O. Wheeler; Steven R. Holloway; & Thomas W. Hodler, cartographer (2004). Urban Geography. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-35998-X
  • Kavaratzis, Mihalis, Gary Warnaby, & Gregory J. Ashworth, eds. (2015). Rethinking Place Branding: Comprehensive Brand Development for Cities and Regions. Springer. ISBN 978-3-319-12424-7.
  • Kraas, Frauke, Surinder Aggarwal, Martin Coy, & Günter Mertins, eds. (2014). Megacities: Our Global Urban Future. United Nations "International Year of Planet Earth" book series. Springer. ISBN 978-90-481-3417-5.
  • Latham, Alan, Derek McCormack, Kim McNamara, & Donald McNeil (2009). Key Concepts in Urban Geography. Londres: SAGE. ISBN 978 1 4129 3041 3.
  • Leach, William (1993). Land of Desire: Merchants, Power, and the Rise of a New American Culture. Nova York: Vintage Books (Random House), 1994. ISBN 0-679-75411-3.
  • Levy, John M. (2017). Contemporary Urban Planning. 11º edición. Nova York: Routledge (Taylor & Francis).
  • Magnusson, Warren. Politics of Urbanism: Seeing like a city. Londres & Nova York: Routledge, 2011. ISBN 978-0-203-80889-4.
  • Marshall, John U. (1989). The Structure of Urban Systems. University of Toronto Press. ISBN 9780802067357.
  • Marzluff, John M., Eric Schulenberger, Wilfried Endlicher, Marina Alberti, Gordon Bradley, Clre Ryan, Craig ZumBrunne, & Ute Simon (2008). Urban Ecology: An International Perspective on the Interaction Between Humans and Nature. Nova York: Springer Science+Business Media. ISBN 978-0-387-73412-5.
  • McQuillan, Eugene (1937/1987). The Law of Municipal Corporations: Third Edition. 1987 revised volume by Charles R. P. Keating, Esq. Wilmette, Illinois: Callaghan & Company.
  • Moholy-Nagy, Sibyl (1968). Matrix of Man: An Illustrated History of Urban Environment. Nova York: Frederick A Praeger. ISBN 9781315619408
  • Mumford, Lewis (1961). The City in History: Its Origins, Its Transformations, and Its Prospects. Nova York: Harcourt, Brace & World.
  • O'Flaherty, Brendan (2005). City Economics. Cambridge Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 0-674-01918-0. 
  • Pacione, Michael (2001). The City: Critical Concepts in The Social Sciences. Nova York: Routledge. ISBN 0-415-25270-9. 
  • Paddison, Ronan, ed. (2001). Handbook of Urban Studies. Londres; Thousand Oaks, California; e Nova Delhi: SAGE Publications. ISBN 0 8039 7695 X.
  • Rybczynski, W., City Life: Urban Expectations in a New World, (1995)
  • Smith, Michael E. (2002) The Earliest Cities. In Urban Life: Readings in Urban Anthropology, edited by George Gmelch and Walter Zenner, pp. 3–19. 4th ed. Waveland Press, Prospect Heights, IL.
  • Southall, Aidan (1998). The City in Time and Space. Cambridge University Press. ISBN 0 521 46211 8
  • Wellman, Kath & Marcus Spiller, eds. (2012). Urban Infrastructure: Finance and Management. Chichester, UK: Wiley-Blackwell. ISBN 978-0-470-67218-1.
  • Berger, Alan S., The City: Urban Communities and Their Problems, Dubuque, Iowa : William C. Brown, 1978.
  • Chandler, T. Four Thousand Years of Urban Growth: An Historical Census. Lewiston, NY: Edwin Mellen Press, 1987.
  • Geddes, Patrick, City Development (1904)
  • Glaeser, Edward (2011). Triumph of the City: How Our Best Invention Makes Us Richer, Smarter, Greener, Healthier, and Happier. Nova York: Penguin Press. ISBN 978-1-59420-277-3. 
  • Kemp, Roger L. Managing America's Cities: A Handbook for Local Government Productivity, McFarland and Company, Inc., Jefferson, Carolina do norte, Estados Unidos de América, e Londres, Reino Unido, 2007. (ISBN 978-0-7864-3151-9).
  • Kemp, Roger L. How American Governments Work: A Handbook of City, County, Regional, State, and Federal Operations, McFarland and Company, Inc., Carolina do norte, Estados Unidos de América, e Londres, Reino Unido. (ISBN 978-0-7864-3152-6).
  • Kemp, Roger L. "City and Gown Relations: A Handbook of Best Practices," McFarland and Company, Inc., Jefferson, Carolina do norte, Estados Unidos de América, e Londres, Reino Unido, (2013). (ISBN 978-0-7864-6399-2).
  • Monti, Daniel J., Jr., The American City: A Social and Cultural History. Oxford, England and Malden, Massachusetts: Blackwell Publishers, 1999. 391 pp. ISBN 978-1-55786-918-0.
  • Reader, John (2005) Cities. Vintage, Nova York.
  • Robson, W.A., e Regan, D.E., ed., Great Cities of the World, (3d ed., 2 vol., 1972)
  • Smethurst, Paul (2015). The Bicycle – Towards a Global History. Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-137-49951-6.
  • Thernstrom, S., e Sennett, R., ed., Nineteenth-Century Cities (1969)
  • Toynbee, Arnold J. (ed), Cities of Destiny, Nova York: McGraw-Hill, 1967. Ensaios Pan históricos/xeográficos, varias imaxes. Comeza con "Athens", remata con "The Coming World City-Ecumenopolis".
  • Weber, Max, The City, 1921. (tr. 1958)

Outros artigos

Tags:

Cidade HistoriaCidade UrbanizaciónCidade ConceptoCidade Partes dunha cidadeCidade Tipos de cidadeCidade NotasCidade Véxase taménCidade

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luka ModrićVincent van GoghAntonio Couceiro MéndezEdicións A Nosa TerraPandeiraHenrique López VeigaTrabanca Sardiñeira, O Carril, Vilagarcía de ArousaModaMarcos PereiroAna UllaGallaeciaStourbridgePedro ChoscoOs adverbios galegosLiceo Brigantino (revista)Nordés (vento)Zinedine ZidaneAlfonso Basterra CamporroChiclana de la FronteraBorussia DortmundEstadio Santiago BernabéuFauna de GaliciaEnxeñaría navalManuel MaríaNitroplastoAlberto Núñez FeijóoXabi AlonsoJennifer AnistonMaría ZambranoBrais RuanovaAConcello de OzaBad GyalÑuFeces de Abaixo, Feces de Abaixo, VerínLugoAndreia Costas OteroPontedeumeOU-621ChenoaCSSSonDeSeuCarme Giralt i RosésIndiaMemorias dun neno labregoEva Iglesias MiguénsCircuíto Internacional de XangaiReal Academia GalegaFesta dos maiosChus PatoArnold SchwarzeneggerTeruelAna BarberoMoañaParroquias de GaliciaAlbert EinsteinCristiano RonaldoA Illa, EntrimoSantuario de Nosa Señora da PenedaCohesiónRefraneiro galego sobre o mes de maioRuta da pentosa fosfatoMikel ArtetaMoinanteBerta DávilaGalipediaPalabras xaponesas de orixe portuguesaEduardo Blanco AmorJulio García ComesañaReino UnidoCroaciaAlberto Fernández MartínezCarballo comúnArrobaL🡆 More