Acerbaixán: Estado situado no Cáucaso

Acerbaixán (en acerbaixano: Azərbaycan), oficialmente República de Acerbaixán (en acerbaixano: Azərbaycan Respublikası), é un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio.

Limita con Rusia polo norte, Xeorxia e Armenia polo oeste e o Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Acerbaixán) limita con Armenia ao norte e ao leste, o Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.

Modelo:Xeografía políticaAcerbaixán
Azərbaycan Respublikası (az)
Azərbaycan (az) Editar o valor em Wikidata

HimnoAzərbaycan marşı Editar o valor em Wikidata

Localización
Acerbaixán: Etimoloxía, Xeografía, Historia Editar o valor em Wikidata
 40°18′N 47°42′L / 40.3, 47.747°42′L / 40.3, 47.7
CapitalBakú Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Absheron (pt) Traducir
Agdam (pt) Traducir
Agdash (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 70+
Poboación
Poboación10.145.212 (2021) Editar o valor em Wikidata (117,15 hab./km²)
Lingua oficialLingua azerí Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie86.600 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoBazardüzü Dagi (4.466 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Caspio (−28 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1991 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública
Estado unitario
República semipresidencialista Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em Wikidataİlham Əliyev (2003–) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataAli Asadov (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional do Azerbaijão (pt) Traducir , (Escano: 125) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal54.825.411.765 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaManat acerbaixano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.az Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+994 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 101, 102 e 103 Editar o valor em Wikidata
Código de paísAZ Editar o valor em Wikidata

Sitio webmfa.gov.az… Editar o valor em Wikidata
Twitter: azerbaijan Editar o valor em Wikidata

Cultural, histórica e politicamente, Acerbaixán é considerado parte de Europa. No entanto, a súa localización no Cáucaso meridional sitúao nunha fronteira imaxinaria entre Europa e Asia. Trátase realmente dunha nación transcontinental, a medio camiño entre os dous ámbitos xeográficos. Estas clasificacións son arbitrarias, pois non hai diferenza xeográfica facilmente definible entre Asia e Europa.

Acerbaixán é membro de máis de 40 organizacións internacionais, incluíndo as Nacións Unidas, o Consello de Europa, o Movemento de Países Non Aliñados, o Banco Asiático de Desenvolvemento, a Comunidade de Estados Independentes, a Organización da Conferencia Islámica e a Organización de Cooperación Económica do Mar Negro. É un dos integrantes da Asociación para a Paz da Organización do Tratado do Atlántico Norte, así como da alianza militar Organización do Tratado de Seguridade Colectiva (OTSC). É tamén membro observador da Organización Mundial do Comercio.

Etimoloxía

Acerbaixán: Etimoloxía, Xeografía, Historia 
Acerbaixán e as súas principais cidades

De acordo coa etimoloxía moderna, o nome de Acerbaixán deriva de Atropates, un Sátrapa Persa, baixo o Imperio aqueménida, quen máis tarde foi reinstalado como o sátrapa de Media baixo Alexandre o Grande. Crese que a etimoloxía orixinal do nome ten as súas raíces no Zoroastrismo (unha vez dominante). No Avesta, Frawardin Yasht ("Himno aos anxos da garda"), hai unha mención de âterepâtahe ashaonô fravashîm ýazamaide, que literalmente se traduce do avéstico como "adoramos o fravashi do sagrado Atropatene." O nome "Atropates" en si mesmo é a transliteración grega do antigo iraniano, probablemente medo, nome composto co significado de "Protexido polo lume (sagrado)" ou "a terra do lume (sagrado)". O nome grego foi mencionado por Diodoro Sículo e Estrabón ao longo dos milenios, o nome evolucionou a Āturpātākān (persa medio), logo Ādharbādhagān, Ādharbāyagān, Āzarbāydjān (persa novo) e actualmente Acerbaixán.

En 1918 o goberno de Musavat adoptou o nome "Acerbaixán" para a República Democrática de Acerbaixán, proclamada o 28 de maio dese ano, por razóns políticas, aínda que o nome de "Acerbaixán" sempre se utilizou para referirse á rexión adxacente da rexión contigua do noroeste de Irán. Así, ata 1918, cando o réxime de Musavat decidiu nomear o novo estado independente de Acerbaixán, esta designación utilizábase exclusivamente para identificar a provincia iraniana de Acerbaixán.

Xeografía

    Artigo principal: Xeografía de Acerbaixán.

Historia

Pertencente ao Irán (por entón Persia), Acerbaixán foi ocupado polo Imperio Ruso no século XVIII. Até entón, o territorio dividíase en tres provincias: Arran, Shirvan e Nakhichivan.

A administración rusa comezou a fins do século XIX coa explotación dos campos petrolíferos de Bakú. Tras a revolución do 1917, toda a Transcaucasia acadou a independencia, mais rematada a guerra civil foi reincorporada á nova URSS, co status de República.

Acadou definitivamente a independencia no 1991.

Goberno e política

Acerbaixán é unha República presidencialista. O Presidente de Acerbaixán elíxese por un período de 5 anos.

O poder lexislativo está nas mans da Asemblea Nacional, un organismo elixido democraticamente, que consta de 50 membros.

A maioría de idade está establecida nos 18 anos.

Os críticos do sistema político considérano en realidade unha cleptocracia. A corrupción está instalada en todos os niveis.

Subdivisións

Acerbaixán: Etimoloxía, Xeografía, Historia 
División de Acerbaixán

Acerbaixán está dividido en:

Economía

A pesar dos abondosos recursos petrolíferos, o país non puido saír do marasmo económico que seguiu o derrubamento da Unión Soviética.

A economía está baseada na industria, que inclúe a construción de maquinaria, o refino de petróleo (do que o país é un produtor moi importante), a industria téxtil e a química.

A agricultura representa un terzo do PIB. Os regadíos están moi estendidos. Nas terras baixas, preto de Mar Caspio o clima permite o cultivo de algodón, froitas, té, tabaco e outros cultivos típicos dos climas subtropicais. O verme da seda é criado para o seu aproveitamento na industria téxtil da seda. Nas zonas montañosas do norte e do oeste practícase a gandería, principalmente bovina, ovina e caprina. No mar Caspio practícase a pesca, en particular a do esturión.

Demografía

Acerbaixán: Etimoloxía, Xeografía, Historia 
Evolución demográfica de Acerbaixán entre 1960 e 2010 (en miles)

A súa poboación estimábase en 9 411 800 habitantes o 10 de xullo de 2013.

Ao redor do 95 % da poboación é etnicamente azarí (de relixión musulmá e predominantemente xiíta, cunha lingua pertencente á póla turca da familia altaica). Este pobo está presente no Irán, onde existen dúas provincias de igual nome.

As minorías étnicas inclúen os lezguios o 1,35%, os rusos (a maioría dos rusos emigraron dende que Acerbaixán declarou a súa independencia) o 1,35% e os armenios o 1,35% (case todos os armenios viven na rexión separatista de Nagorno-Karabakh). Hai tamén varios grupos étnicos máis pequenos no país, como os ávaros, tats, xudeus, tártaros, turcos, talysh e ucraínos.

Segundo datos de 2009, a esperanza de vida ao nacer en Acerbaixán é de 62 anos nos homes e 66 nas mulleres.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Olukbasi, Suha. Azerbaijan: A Political History. I.B. Tauris (2011). Focus on post-Soviet era.
  • de Waal, Thomas. Black Garden. NYU (2003). ISBN 0-8147-1945-7
  • Goltz, Thomas. Azerbaijan Diary : A Rogue Reporter's Adventures in an Oil-Rich, War-Torn, Post-Soviet Republic. M E Sharpe (1998). ISBN 0-7656-0244-X

Ligazóns externas

Tags:

Acerbaixán EtimoloxíaAcerbaixán XeografíaAcerbaixán HistoriaAcerbaixán Goberno e políticaAcerbaixán SubdivisiónsAcerbaixán EconomíaAcerbaixán DemografíaAcerbaixán Galería de imaxesAcerbaixán NotasAcerbaixán Véxase taménAcerbaixánArmeniaCáucasoEstadoIránLingua azaríMar CaspioNakhichevanRusiaTurquíaXeorxia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Real Academia GalegaCatherine Zeta-JonesVicente RiscoValladolidCristina LosadaStephane LasmeCivilizaciónErnst Otto FischerA-61934IbiasLousameHuelvaJacaFracción continua xeneralizadaMarta EturaBilbaoTeobrominaTonhito de PoiRobert OppenheimerMuhammad AliLista de WikipediasManuel Curros EnríquezAlfonso HermidaO comparativo galegoIsabel Díaz AyusoApéndice vermiformeFútbolAmievaBradley CooperSelección de fútbol de FranciaÁlvaro MorataLondresRoscón de CaldasAzuritaMercurio (planeta)Dani CarvajalCaranza, FerrolViggo MortensenGame BoyVilagarcía de ArousaTesouro de EberswaldeSerra do CandánMailocBaltimoreSeúlPonferradaBatmanRaquel AtanesSantiago de CompostelaCastela-A ManchaSingletonEditorial GalaxiaPatricia VázquezLugoTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaSimboloxía comunistaRepública Popular da ChinaMonferoIlla do Príncipe EduardoÉdith PiafRío NaviaGoldhutXardaEurocopa de Fútbol de 2004Licenza de documentación libre de GNUMyanmar1975Miguel TelladoOrquestra e Coro de Lalín / Coral Polifónica de Melide / Coro de Cámara Ars Musicae (Fonoteca 92)Royal NavyNordés (vento)1 de xaneiro🡆 More