Sarvepalli Radhakrishnan

Sarvepalli Radhakrishnan, nado en Thiruttani o 5 de setembro de 1888 e finado en Madras o 17 de abril de 1975, foi un filósofo e político indio, o primeiro vicepresidente da India (1952-1962) e o seu segundo presidente (1962-1967).

Está considerado unha das máximas autoridades indias do século XX en relixión comparada e filosofía.

Infotaula de personaSarvepalli Radhakrishnan
Sarvepalli Radhakrishnan
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(te) సర్వేపల్లి రాధాకృష్ణన్ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1888 Editar o valor em Wikidata
Thiruttani, India (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 1975 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Chennai, India Editar o valor em Wikidata
Presidente da India
13 de maio de 1962 – 13 de maio de 1967
← Rajendra Prasad (pt) TraducirZakir Husain (en) Traducir →
Vice-presidente da Índia (pt) Traducir
13 de maio de 1952 – 12 de maio de 1962
← sen valor – Zakir Husain (en) Traducir →
Member of the Constituent Assembly of India (en) Traducir
6 de xullo de 1946 –
Vice-chancellor of Andhra University (en) Traducir
1 de maio de 1931 – 19 de maio de 1936
Member of the Lok Sabha (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Dominio da India (1947–1950)
Raj Británico (–1947) Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónMadras Christian College (en) Traducir - filosofía (1905–1906)
Universidade de Delhi
Universidade de Madras (pt) Traducir
Universidade de Calcuta
Voorhees College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , tradutor , historiador , filósofo , diplomático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Calcuta
University of Mysore (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido do Congresso Nacional Indiano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua hindi Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloKnight Bachelor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSivakamu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosSarvepalli Gopal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm5102784 Find a Grave: 215473582 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Primeiros anos

Sarvepalli naceu no seo dunha familia brahmana telegúa nunha aldea preto de Thiruttani no distrito de Chittoor da presidencia de Madrás, preto do actual límite dos estados de Andhra Pradesh e Tamil Nadu. Pasou os seus primeiros anos e estudou en Thiruttani e Tirupatim, o ensino secundario realizouno en Walajapet.

Educación

Sarvepalli Radhakrishnan 
Sarvepalli Radhakrishnan co presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy no Despacho Oval (1963)

Radhakrishnan recibiu bolsas de estudo ao longo da súa vida académica, estudou no Voorhees College en Vellore e logo no Madras Christian College con 17 anos, graduándose en 1906 en filosofía. A súa tese foi "The Ethics of the Vedanta and its Metaphysical Presuppositions", e constituía unha réplica á acusación do sistema vedanta carecer de espazo para a ética .

Actividade académica

Sarvepalli Radhakrishnan 
Debuxo de Radhakrishnan realizado por Bujjai asinado polo propio Radhakrishnan en lingua telugu como "Radhakrishnayya".

En abril de 1909 entrou no departamento de filosofía do Madras Presidency College, e dende 1918 foi profesor de filosofía da Universidade de Mysore, dando clases no Maharaja's College . Nesa época seus artigos comezan a aparecer en reputados xornais internacionais como  The Quest, Journal of Philosophy ou o International Journal of Ethics. Completou o seu primeiro libro, The Philosophy of Rabindranath Tagore, no que avogaba que a filosofía de Tagore era a verdadeira manifestación do espírito indio. O seu segundo libro, The Reign de Religion in Contemporary Philosophy publicouse en 1920.

Dende 1921 foi profesor de filosofía ocupando a cátedra rei Xurxo V de ciencias mentais e morais da Universidade de Calcuta, á que representou no Congreso das Universidades do Imperio Británico en xuño de 1926 e no Congreso Internacional de Filosofía na Universidade Harvard en setembro de 1926. Outro evento  académico importante deste período foi a invitación para realizar a conferencia da Hibbert Lecture de 1929, sobre os ideais de vida, que deu no Harris Manchester College, en Oxford e que posteriormente publicou en forma de libro como An Idealist View of Live.

En 1929 asumiu o cargo que deixara vacante J. Estlin Carpenter no Harris Manchester College, logrando así a  oportunidade de ensinar relixión comparada ao alumnado da Universidade de Oxford. Polos seus servizos na educación Xurxo V outorgoulle o título de cabaleiro en xuño de 1931. En abril de 1932 o gobernador xeral da India, o conde de Willingdon investiuno formalmente. Así e todo deixou de usar o título de sir despois de obter India a independencia, preferindo o título académico de 'doutor'.

Foi vicechanceler da Universidade Andhra entre 1931 e 1936. En 1936 foi profesor de relixións orientais e ética na Universidade de Oxford. Ese mesmo ano, e de novo, en 1937, foi candidato ao premio Nobel de Literatura. Foi vicechanceler da universidade Banaras Hindú de 1939 ata 1948.

Actividade política

Sarvepalli Radhakrishnan 
O presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy e o presidente da India, Sarvepalli Radhakrishnan (esquerda), na Casa Branca tras unha reunión. 4 de xuño de 1963

Radhakrishnan comezou a súa carreira política xa na madurez da súa vida, despois do éxito da súa carreira académica . En 1931 formou parte do Comité de Cooperación Intelectual da Liga das Nacións. Cando a India se converteu en independente, en 1947, Radhakrishnan represententou ao seu país na UNESCO (1946-52) e máis tarde foi embaixador da India na Unión Soviética (1949-1952). Tamén foi membro da Asemblea Constituínte da India. Foi o primeiro vicepresidente da India, en 1952, e o segundo presidente da India (1962-1967).

Radhakrishnan non tivo unha militancia destacada no Partido do Congreso, nin foi activo na loita contra o poder británico, mais era un símbolo da cultura hinduísta, e a defensa do hinduísmo contra a "crítica desinformada occidental".

Notas

Tags:

Sarvepalli Radhakrishnan TraxectoriaSarvepalli Radhakrishnan NotasSarvepalli Radhakrishnan17 de abril188819755 de setembroChennaiPresidente da India

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Real Club Celta de VigoBRICSMajadahondaCarbohidratoJulio García ComesañaHedraRías de GaliciaLista de ríos de GaliciaCaso DreyfusKevin SpencerTodo é silencio (filme)HesbuláMundo árabeMarc MárquezOcéano ÍndicoOs Diplomáticos de Monte-AltoDomingo Pardo CorredoiraPerífrases verbais galegasMediaWikiLista de episodios de DoraemonManuel Curros EnríquezSalgueiroCosta da MorteFallout 4Bouzas, Boimorto, VilamarínMiguel CorgosFrida KahloDublínAlice in ChainsGuerra do Yom KippurCarballoCarlos Martínez CarrilloSylvester StalloneAnna María Iglesia PagnottaVivir sin permisoCasco de LeiroJoe BidenEstíbaliz EspinosaMariano RajoyMorfoxéneseRicardo DarínOlegario Ramón FernándezJuan CaamañoRomán Rodríguez GonzálezZinedine ZidaneMarta DarribaSexo analOs adverbios galegosRefraneiro galego sobre o mes de maioAltos do GolánVila de CrucesO porco de péJosé Luís Valladares FernándezJ. K. RowlingBoimorto, Boimorto, VilamarínUNESCOMurciaTopónimos célticos en GaliciaBandeira de GaliciaBeagleCopa do Rei (hóckey sobre xeo)Lista de comunidades autónomas españolas por poboaciónShakespeare in LoveConcellos de GaliciaEthel VázquezO Pedrouzo, Arca, O Pino🡆 More