Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar, son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas.
Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.
Premios Óscar | |
---|---|
Tipo | grupo de premios |
Data de fundación | 1929 |
Sede | Hollywood |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.oscars.org/ e https://www.oscars.org/oscars | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.
Os premios foron unha iniciativa da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas. Esta fora fundada dous anos antes por profesionais preocupados por mellorar a situación da profesión. Unha das súas primeiras iniciativas foi crear un comité de premios ao mérito composto por sete membros, que tras deliberar propuxo á institución a creación duns galardóns anuais en 12 categorías.
A primeira cerimonia celebrouse o 16 de maio de 1929 no Hotel Hollywood Roosevelt dos Anxos e entregáronse quince estatuíllas, cuxos gañadores xa se anunciaron con tres meses de anterioridade. Asistiron 270 convidados, os que tiveron que pagar cinco dólares por gozar da entrega dos premios que recoñecían o mellor de 1927 e 1928 na industria cinematográfica, así como dun gran banquete.
Foi un banquete extenso e cheo de discursos, pero a entrega das figuras foi levada a cabo rapidamente polo Presidente da Academia, Douglas Fairbanks.
A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Óscar.
Cerimonia | Data | Mellor filme | Duración | Presentador(es) | Lugar |
---|---|---|---|---|---|
1ª edición dos Óscar | 16 de maio de 1929 | Wings | 2 horas, 19 minutos | Douglas Fairbanks, William C. deMille | Hollywood Roosevelt Hotel |
2ª edición dos Óscar | 3 de abril de 1930 | The Broadway Melody | 1 hora, 50 minutos | William C. deMille | Ambassador Hotel |
3ª edición dos Óscar | 5 de novembro de 1930 | All Quiet on the Western Front | 2 horas, 13 minutos | Conrad Nagel | |
4ª edición dos Óscar | 10 de novembro de 1931 | Cimarron | 2 horas, 3 minutos | Lawrence Grant | Biltmore Hotel |
5ª edición dos Óscar | 18 de novembro de 1932 | Grand Hotel | 1 hora, 52 minutos | Lionel Barrymore, Conrad Nagel | Ambassador Hotel |
6ª edición dos Óscar | 16 de marzo de 1934 | Cavalcade | 1 hora, 50 minutos | Will Rogers | |
7ª edición dos Óscar | 27 de febreiro de 1935 | It Happened One Night | 1 hora, 45 minutos | Irvin S. Cobb | Biltmore Hotel |
8ª edición dos Óscar | 5 de marzo de 1936 | Mutiny on the Bounty | 2 horas, 12 minutos | Frank Capra | |
9ª edición dos Óscar | 4 de marzo de 1937 | The Great Ziegfeld | 2 horas, 56 minutos | George Jessel | |
10ª edición dos Óscar | 10 de marzo de 1938 | The Life of Emile Zola | 1 hora, 56 minutos | Bob Burns | |
11ª edición dos Óscar | 23 de febreiro de 1939 | You Can't Take It with You | 2 horas, 6 minutos | Ninguén | |
12ª edición dos Óscar | 19 de febreiro de 1940 | Foise co vento | 3 horas, 52 minutos | Bob Hope | Ambassador Hotel (Cocoanut Grove) |
13ª edición dos Óscar | 27 de febreiro de 1941 | Rebecca | 2 horas, 10 minutos | Bob Hope | Biltmore Hotel (Biltmore Bowl) |
14ª edición dos Óscar | 26 de febreiro de 1942 | Que verde era o meu val | 1 hora, 48 minutos | Ninguén | |
15ª edición dos Óscar | 4 de marzo de 1943 | Mrs. Miniver | 2 horas, 14 minutos | Bob Hope | Ambassador Hotel (Cocoanut Grove) |
16ª edición dos Óscar | 2 de marzo de 1944 | Casablanca | 1 hora, 42 minutos | Jack Benny | Grauman's Chinese Theater |
17ª edición dos Óscar | 15 de marzo de 1945 | Going My Way | 2 horas, 10 minutos | Bob Hope, John Cromwell | |
18ª edición dos Óscar | 7 de marzo de 1946 | A fin de semana perdida | 1 hora, 41 minutos | Bob Hope, James Stewart | |
19ª edición dos Óscar | 13 de marzo de 1947 | Os mellores anos da nosa vida | 2 horas, 52 minutos | Jack Benny | Shrine Auditorium |
20ª edición dos Óscar | 20 de marzo de 1948 | Gentleman's Agreement | 1 hora, 58 minutos | Agnes Moorehead, Dick Powell | |
21ª edición dos Óscar | 24 de marzo de 1949 | Hamlet | 1 hora, 35 minutos | Robert Montgomery | The Academy Theater |
22ª edición dos Óscar | 23 de marzo de 1950 | All the King's Men | 1 hora, 50 minutos | Paul Douglas | Pantages Theatre |
23ª edición dos Óscar | 29 de marzo de 1951 | Todo sobre Eva | 2 horas, 18 minutos | Fred Astaire | |
24ª edición dos Óscar | 20 de marzo de 1952 | Un americano en París | 1 hora, 53 minutos | Danny Kaye | |
25ª edición dos Óscar | 19 de marzo de 1953 | O maior espectáculo do mundo | 1 hora, 32 minutos | Bob Hope, Conrad Nagel | Pantages Theatre / NBC International Theatre |
26ª edición dos Óscar | 25 de marzo de 1954 | De aquí á eternidade | 1 hora, 58 minutos | Donald O'Connor, Fredric March | Pantages Theatre / NBC Century Theatre |
27ª edición dos Óscar | 30 de marzo de 1955 | A lei do silencio | 1 hora, 48 minutos | Bob Hope, Thelma Ritter | |
28ª edición dos Óscar | 21 de marzo de 1956 | Marty | 1 hora, 30 minutos | Jerry Lewis, Claudette Colbert, Joseph L. Mankiewicz | |
29ª edición dos Óscar | 27 de marzo de 1957 | A volta ao mundo en oitenta días | 3 horas, 8 minutos | Jerry Lewis, Celeste Holm | |
30ª edición dos Óscar | 26 de marzo de 1958 | A ponte sobre o río Kwai | 2 horas, 41 minutos | Bob Hope, David Niven, James Stewart, Jack Lemmon, Rosalind Russell | Pantages Theatre |
31ª edición dos Óscar | 6 de abril de 1959 | Gigi | 1 hora, 55 minutos | Bob Hope, David Niven, Tony Randall, Mort Sahl, Sir Laurence Olivier, Jerry Lewis | |
32ª edición dos Óscar | 4 de abril de 1960 | Ben-Hur | 1 hora, 40 minutos | Bob Hope | |
33ª edición dos Óscar | 17 de abril de 1961 | O apartamento | 2 horas, 5 minutos | Bob Hope | Santa Monica Civic Auditorium |
34ª edición dos Óscar | 9 de abril de 1962 | West Side Story | 2 horas, 10 minutos | Bob Hope | |
35ª edición dos Óscar | 8 de abril de 1963 | Lawrence de Arabia | 2 horas, 30 minutos | Frank Sinatra | |
36ª edición dos Óscar | 13 de abril de 1964 | Tom Jones | 2 horas, 8 minutos | Jack Lemmon | |
37ª edición dos Óscar | 5 de abril de 1965 | My Fair Lady | 2 horas, 50 minutos | Bob Hope | |
38ª edición dos Óscar | 18 de abril de 1966 | Sorrisos e lágrimas | 2 horas, 54 minutos | Bob Hope | |
39ª edición dos Óscar | 10 de abril de 1967 | Un home para a eternidade | 2 horas, 31 minutos | Bob Hope | |
40ª edición dos Óscar | 10 de abril de 1968 | Na calor da noite | 1 hora, 50 minutos | Bob Hope | |
41ª edición dos Óscar | 14 de abril de 1969 | Oliver! | 2 horas, 33 minutos | Ninguén | Dorothy Chandler Pavilion |
42ª edición dos Óscar | 7 de abril de 1970 | Cowboy de medianoite | 2 horas, 25 minutos | Ninguén | |
43ª edición dos Óscar | 15 de abril de 1971 | Patton | 2 horas, 52 minutos | Ninguén | |
44ª edición dos Óscar | 10 de abril de 1972 | The French Connection | 1 hora, 44 minutos | Helen Hayes, Alan King, Sammy Davis, Jr., Jack Lemmon | |
45ª edición dos Óscar | 17 de marzo de 1973 | O padriño | 2 horas, 38 minutos | Carol Burnett, Michael Caine, Charlton Heston, Rock Hudson | |
46ª edición dos Óscar | 2 de abril de 1974 | O golpe | 3 horas, 23 minutos | John Huston, Burt Reynolds, David Niven, Diana Ross | |
47ª edición dos Óscar | 8 de abril de 1975 | O padriño (II parte) | 3 horas, 20 minutos | Sammy Davis, Jr., Bob Hope, Shirley MacLaine, Frank Sinatra | |
48ª edición dos Óscar | 29 de marzo de 1976 | Alguén voou sobre o niño do cuco | 3 horas, 12 minutos | Goldie Hawn, Gene Kelly, Walter Matthau, George Segal, Robert Shaw | |
49ª edición dos Óscar | 28 de marzo de 1977 | Rocky | 3 horas, 38 minutos | Warren Beatty, Ellen Burstyn, Jane Fonda, Richard Pryor | |
50ª edición dos Óscar | 3 de abril de 1978 | Annie Hall | 3 horas, 30 minutos | Bob Hope | |
51ª edición dos Óscar | 9 de abril de 1979 | O cazador | 3 horas, 25 minutos | Johnny Carson | |
52ª edición dos Óscar | 14 de abril de 1980 | Kramer contra Kramer | 3 horas, 12 minutos | Johnny Carson | |
53ª edición dos Óscar | 31 de marzo de 1981 | Xente corrente | 3 horas, 13 minutos | Johnny Carson | |
54ª edición dos Óscar | 29 de marzo de 1982 | Chariots of Fire | 3 horas, 24 minutos | Johnny Carson | |
55ª edición dos Óscar | 11 de abril de 1983 | Gandhi | 3 horas, 15 minutos | Liza Minnelli, Dudley Moore, Richard Pryor, Walter Matthau | |
56ª edición dos Óscar | 9 de abril de 1984 | A forza do cariño | 3 horas, 42 minutos | Johnny Carson | |
57ª edición dos Óscar | 25 de marzo de 1985 | Amadeus | 3 horas, 10 minutos | Jack Lemmon | |
58ª edición dos Óscar | 24 de marzo de 1986 | Memorias de África | 3 horas, 2 minutos | Alan Alda, Jane Fonda, Robin Williams | |
59ª edición dos Óscar | 30 de marzo de 1987 | Platoon | 3 horas, 19 minutos | Chevy Chase, Goldie Hawn, Paul Hogan | |
60ª edición dos Óscar | 11 de abril de 1988 | O derradeiro emperador | 3 horas, 33 minutos | Chevy Chase | Shrine Auditorium |
61ª edición dos Óscar | 29 de marzo de 1989 | Rain Man | 3 horas, 19 minutos | Ninguén | |
62ª edición dos Óscar | 26 de marzo de 1990 | Paseando a Miss Daisy | 3 horas, 37 minutos | Billy Crystal | Dorothy Chandler Pavilion |
63ª edición dos Óscar | 25 de marzo de 1991 | Dances with Wolves | 3 horas, 35 minutos | Billy Crystal | Shrine Auditorium |
64ª edición dos Óscar | 30 de marzo de 1992 | O silencio dos cordeiros | 3 horas, 33 minutos | Billy Crystal | Dorothy Chandler Pavilion |
65ª edición dos Óscar | 29 de marzo de 1993 | Sen perdón | 3 horas, 30 minutos | Billy Crystal | |
66ª edición dos Óscar | 21 de marzo de 1994 | A lista de Schindler | 3 horas, 18 minutos | Whoopi Goldberg | |
67ª edición dos Óscar | 27 de marzo de 1995 | Forrest Gump | 3 horas, 35 minutos | David Letterman | Shrine Auditorium |
68ª edición dos Óscar | 25 de marzo de 1996 | Braveheart | 3 horas, 38 minutos | Whoopi Goldberg | Dorothy Chandler Pavilion |
69ª edición dos Óscar | 24 de marzo de 1997 | O paciente inglés | 3 horas, 34 minutos | Billy Crystal | Shrine Auditorium |
70ª edición dos Óscar | 23 de marzo de 1998 | Titanic | 3 horas, 47 minutos | Billy Crystal | |
71ª edición dos Óscar | 21 de marzo de 1999 | Shakespeare in Love | 4 horas, 2 minutos | Whoopi Goldberg | Dorothy Chandler Pavilion |
72ª edición dos Óscar | 26 de marzo de 2000 | American Beauty | 4 horas, 4 minutos | Billy Crystal | Shrine Auditorium |
73ª edición dos Óscar | 25 de marzo de 2001 | Gladiator | 3 horas, 23 minutos | Steve Martin | |
74ª edición dos Óscar | 24 de marzo de 2002 | A Beautiful Mind | 4 horas, 23 minutos | Whoopi Goldberg | Dolby Theatre |
75ª edición dos Óscar | 23 de marzo de 2003 | Chicago | 3 horas, 30 minutos | Steve Martin | |
76ª edición dos Óscar | 29 de febreiro de 2004 | The Lord of the Rings: The Return of the King | 3 horas, 44 minutos | Billy Crystal | |
77ª edición dos Óscar | 27 de febreiro de 2005 | Million Dollar Baby | 3 horas, 14 minutos | Chris Rock | |
78ª edición dos Óscar | 5 de marzo de 2006 | Crash | 3 horas, 33 minutos | Jon Stewart | |
79ª edición dos Óscar | 25 de febreiro de 2007 | Infiltrados | 3 horas, 51 minutos | Ellen DeGeneres | |
80ª edición dos Óscar | 24 de febreiro de 2008 | Non é un país para vellos | 3 horas, 21 minutos | Jon Stewart | |
81ª edición dos Óscar | 22 de febreiro de 2009 | Slumdog Millionaire | 3 horas, 30 minutos | Hugh Jackman | |
82ª edición dos Óscar | 7 de marzo de 2010 | En terra hostil | 3 horas, 37 minutos | Steve Martin, Alec Baldwin | |
83ª edición dos Óscar | 27 de febreiro de 2011 | The King's Speech | 3 horas, 15 minutos | James Franco, Anne Hathaway | |
84ª edición dos Óscar | 26 de febreiro de 2012 | The Artist | 3 horas, 14 minutos | Billy Crystal | |
85ª edición dos Óscar | 24 de febreiro de 2013 | Argo | 3 horas, 35 minutos | Seth MacFarlane | |
86ª edición dos Óscar | 2 de marzo de 2014 | 12 anos de escravitude | 3 horas, 35 minutos | Ellen DeGeneres | |
87ª edición dos Óscar | 22 de febreiro de 2015 | Birdman | 3 horas, 40 minutos | Neil Patrick Harris | |
88ª edición dos Óscar | 28 de febreiro de 2016 | Spotlight | 3 horas, 37 minutos | Chris Rock | |
89ª edición dos Óscar | 26 de febreiro de 2017 | Moonlight | 3 horas, 49 minutos | Jimmy Kimmel | |
90ª edición dos Óscar | 4 de marzo de 2018 | The Shape of Water | 3 horas, 53 minutos | Jimmy Kimmel | |
91ª edición dos Óscar | 24 de febreiro de 2019 | O libro verde | 3 horas, 23 minutos | (non tivo) | |
92ª edición dos Óscar | 9 de febreiro de 2020 | Gisaengchung | 3 horas, 35 minutos | (non tivo) | |
93ª edición dos Óscar | 25 de abril de 2021 | Nomadland | 3 horas, 19 minutos | (non tivo) | |
94ª edición dos Óscar | 27 de maio de 2022 | CODA | 3 horas, 42 minutos | Regina Hall, Amy Schumer, Wanda Sykes | |
95ª edición dos Óscar | 12 de marzo de 2023 | Everything Everywhere All at Once | 3 horas, 40 minutos | Jimmy Kimmel | |
96ª edición dos Óscar | 10 de marzo de 2023 | Oppenheimer | 3 horas, 23 minutos | Jimmy Kimmel |
Os filmes máis galardoados foron Ben-Hur, Titanic e The Lord of the Rings: The Return of the King con cadanseus 11 premios. Outras con máis de oito premios foron:
Filme | Ano | Candidaturas | Premios |
Ben-Hur | 1959 | 12 | 11 |
Titanic | 1997 | 14 | 11 |
The Lord of the Rings: The Return of the King | 2003 | 11 | 11 |
West Side Story | 1961 | 11 | 10 |
Gigi | 1958 | 9 | 9 |
O derradeiro emperador | 1987 | 9 | 9 |
O paciente inglés | 1996 | 12 | 9 |
Foise co vento | 1939 | 13 | 8 |
De aquí á eternidade | 1953 | 13 | 8 |
A lei do silencio | 1954 | 12 | 8 |
My Fair Lady | 1964 | 12 | 8 |
Cabaret | 1972 | 10 | 8 |
Gandhi | 1982 | 11 | 8 |
Amadeus | 1984 | 11 | 8 |
Slumdog Millionaire | 2009 | 10 | 8 |
No primeiro ano dos premios, o Mellor director foi dividido en dúas categorías diferentes (drama e comedia). Do mesmo xeito, Mellor banda sonora tamén estaba dividido en dúas categorías (drama e comedia/musical). Dende 1930s ata a década de 1960, as categorías Mellor dirección de arte, Mellor fotografía e Mellor deseño de vestiario estaban separadas en filmes en branco e negro e filmes en cor. Ata o ano 2012, o Mellor deseño de produción era chamado Mellor dirección de arte, mentres que Mellor maquillaxe e peiteado era chamado Mellor maquillaxe.
Outro premio, chamado Óscar ó mellor musical orixinal, aínda está nos libros de regras da Academia a pesar de que foi interrompido. Debido á insuficiente capacidade de elixir en cada ano, non foi asignada dende 1984 (cando gañou Purple Rain).
O Consello de Gobernadores reúnese cada ano e considera novas categorías de premios. Ata o momento, as seguintes categorías propostas foron rexeitadas:
Os Premios Especiais da Academia son votados por comités especiais e non polos membros da Academia como un todo. Non son sempre presentados nunha base consistente anual.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Premios Óscar, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.