Número Primo

Número primo é un número natural maior que 1 e que ten exactamente dous divisores positivos distintos: 1 e el mesmo.

Se un número natural é maior que 1 e non é primo, dise que é composto. Por convención, os números 0 e 1 non son primos nin compostos.

O concepto de número primo é moi importante na teoría dos números. Un dos resultados da teoría dos números é o Teorema Fundamental da Aritmética, que afirma que calquera número enteiro positivo pode ser escrito univocamente como o produto de varios números primos (chamados "factores primos"). Ao proceso que recibe como argumento un número e devolve os seus factores primos chámase descomposición en factores primos. Antes do desenvolvemento do cálculo automático, a determinación dos factores primos era un proceso traballoso en extremo, mais a finais do século XVIII xa existían, grazas ao labor dalgúns matemáticos, entre os cales estaban Anton Felkel e Jurij Bartolomej Vega, extensas táboas abranguendo o intervalo desde a unidade ata algúns millóns.

Colocando os números primos en orde crecente, temos que os primeiros elementos son:

2, 3, 5, 7, 11, 13, 17, 19, 23, 29, 31, 37, 41, 43, 47, 53, 59, 61, 67, 71, 73, 79, 83, 89, 97...

Exemplos de decomposicións:

  • 4 = 2 ⋅ 2
  • 6 = 2 ⋅ 3
  • 8 = 2 ⋅ 2 ⋅ 2
  • 9 = 3 ⋅ 3
  • 10 = 2 ⋅ 5

Teoremas dos números primos

Sábese que, á medida que avanzamos na secuencia dos números enteiros, os primos tórnanse cada vez máis raros. Isto levanta dúas cuestións:

  1. O conxunto dos números primos sería finito ou infinito?
  2. Dado un número natural Número Primo , cal é a proporción de números primos entre os números menores que Número Primo ?

A resposta a primeira cuestión é que o conxunto dos primos é infinito. Podemos demostralo da seguinte forma:

Supoña, por absurdo, que o número de primos sexa finito e sexan Número Primo  os primos. Sexa Número Primo  o número tal que

Número Primo  = Número Primo  onde Número Primo  denota o produto.

Temos que Número Primo  non é primo (por hipótese), logo existe un número primo Número Primo  tal que Número Primo . Mais obviamente Número Primo . Logo existe un novo número primo, o que é unha contradición.

A resposta para a segunda pregunta é que esa proporción se aproximará máis a Número Primo  canto maior sexa n, onde Número Primo  é o logaritmo natural.

Grupos e secuencias de números primos

Coñécense dous grupos de números primos, dos tipos:

    (4n+1) - pódense sempre escribir como (Número Primo )

e

    (4n-1) - nunca se poden escribir como (Número Primo )

Tratándose de números primos, é perigoso facer unha xeneralización apenas con base nunha observación, non solidamente comprobada matematicamente. Por exemplo, 31, 331, 3 331, 33 331, 333 331, 3 333 331 e 33 333 331 son primos, mais 333 333 331 non é (333 333 331 = 17 ⋅ 19 607 843).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Número Primo Teoremas dos números primosNúmero Primo Grupos e secuencias de números primosNúmero Primo Véxase taménNúmero PrimoCeroDivisorNúmero compostoNúmero naturalUn

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bipartito galegoFriedrich NietzscheImperio RomanoPanteón de Galegos IlustresAbraham CupeiroLista de palabras galegas de orixe celtaQueens Park Rangers F.C.Gabriel García MárquezElba VeleiroJoaquín ReyesXosé Lois Maceda VilariñoCreampieManuel FragaConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeCésar Gil BernárdezEstatuto de autonomía de Galicia de 1981Posición do misioneiro invertidaEspazo Común GaleguistaFingeringInfanciaFernando de Casas NovoaVladimir PutinGran Buda de LeshanDe VacasMarie Maynard DalyJosé López CamposBiscaiaEurasiaAustralian Broadcasting CorporationFrancisco FrancoLista de siglas e acrónimosMexillónAs leis de CelavellaProxyCarballoNacho CastañoEnciclopediaLugares de Monforte de LemosMarie CurieMonforte de LemosGerardo Pardo de VeraRepública Popular da ChinaRío MiñoImmanuel KantAndoni OrtuzarAfonso XII de EspañaVitoria OgandoIago AspasAlgaA Illa, EntrimoLingua portuguesaCedeiraCandela PeñaGheadaCulleredoTurquíaEuropaCoordenadas xeográficasCouto MixtoTextos das PirámidesAgustín Reguera OcampoConcepción ArenalCampo Labrado, Naraío, San SadurniñoCategoría Primera AGeorg Friedrich HändelStephen HawkingHarry S. TrumanLista de ríos de GaliciaArceDavid BeckhamFesta da coca de RedondelaMáquina de vapor🡆 More