Marilyn Monroe, de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962, foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense.
Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960, chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.
Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950). Empezou a ser coñecida mundialmente despois de protagonizar o musical Os cabaleiros prefírenas loiras (1953) e aparecer no número inaugural da revista Playboy.
Interpretou o papel principal nas comedias How to Marry a Millionaire (Como casar cun millonario, 1953), The Seven Year Itch (1955) e Bus Stop (1956), e grazas ao éxito de público destas películas, comezou a ser considerada como unha das actrices máis rendibles da industria cinematográfica. O seu maior éxito comercial foi Some Like it Hot (1959), filme polo que gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia.
Foi considerada unha das mulleres máis atractivas da historia da sétima arte, pero a súa explosiva beleza condicionouna artística e emocionalmente, obrigándoa a proxectar unha imaxe sedutora e superficial que encubría a súa personalidade real, sensible e inestable desde a infancia. Estivo casada co escritor James E. Dougherty de 1942 a 1946, co xogador de béisbol Joe DiMaggio, en 1954, e logo co dramaturgo Arthur Miller, entre 1956 e 1962.
Monroe faleceu o 5 de agosto de 1962 por mor dunha sobredose de barbitúricos, en circunstancias nunca esclarecidas. A primeira hipótese que manexou a xustiza estadounidense foi a do suicidio, pero nunca puido ser corroborada.
O American Film Institute considéraa a sexta mellor estrela de cine feminina de todos os tempos.
A súa nai foi Gladys Pearl Baker (de apelido de nacemento Monroe, nada o 27 de maio de 1902 e finada o 11 de marzo de 1984), quen casou co noruegués Edward Mortenson e, pouco despois de separarse, descubriu que estaba embarazada. O 1 de xuño de 1926 naceu nos Ánxeles a súa filla Norma Jeane Mortenson, segundo consta no rexistro civil para que non fose ilexítima, e chamada Norma Jean Baker na práctica. Gladys, que traballou como cortadora de negativos na produtora de cine RKO Pictures, non podía manter a súa filla por problemas económicos e emocionais e deixouna ao coidado dun matrimonio adoptivo: Albert e Ida Bolender, residentes en Hawthorne (California). Cando Gladys puido conseguir unha casa propia levou consigo a Norma Jeane, pero isto só durou uns meses, debido aos devanditos problemas emocionais e deixou a súa filla a cargo da súa mellor amiga, Grace McKee.
Mentres traballa na fábrica, un fotógrafo retratouna no seu posto de traballo. Sen sabelo, descubrira á que despois sería Marilyn Monroe. Ela, pola súa parte, logrou traballar como modelo e foi portada de ducias de revistas. Mais o seu traballo como modelo era algo que non gustaba ó seu marido e este obrigouna a elixir entre o seu matrimonio ou a súa carreira. En 1946, Norma divórciase e preséntase a varios castings. Foi contratada por un dos executivos da 20th Century Fox para traballar como extra de cine durante seis meses. Foi el quen lle propuxo o nome artístico de Marilyn Monroe: Marilyn pola actriz Marilyn Miller e Monroe por ser o apelido de solteira da súa nai. Nos seus primeiros papeis interpretou a unha telefonista no musical The Shocking Miss Pilgrim e a unha camareira en Dangerous Years. A escasa aceptación que estes filmes recibiron da crítica e do público fixeron que o seu contrato non fose renovado en 1947.
En 1948, Monroe asinou un contrato semestral con Columbia Pictures para interpretar a bailarina Peggy no musical Ladies of the Chorus. O filme non tivo moito éxito, polo que o seu contrato foi rescindido. Porén, a partir de entón só apareceu en filmes producidos pola 20th Century Fox, despois de asinar un novo contrato a seis anos en 1949. Participou cun breve papel na comedia Love Happy dos Irmáns Marx, e en 1950 interpretou a Angela, a amante dun avogado, no filme policíaco A xungla do asfalto. Nese mesmo ano, tamén participou en Todo sobre Eva, protagonizada por Bette Davis, onde interpretou a Claudia Caswell, unha actriz de teatro. Por ámbalas dúas interpretacións recibiu críticas positivas.
En febreiro de 1951, inscribiuse nas clases nocturnas de arte e literatura da Universidade de California. Nese ano interpretou papeis secundarios en varios filmes de baixo orzamento como Home Town Story, As Young as You Feel e Love Nest. As perspectivas da súa carreira comezaron a mellorar cando actuou ás ordes de Fritz Lang en Clash by Night (1952), cun elenco que incluía a Barbara Stanwyck, Paul Douglas e Robert Ryan. Novamente recibiu boas críticas, e pouco despois actuou en We're Not Married, comedia onde traballou xunto a Ginger Rogers e Zsa Zsa Gabor, e en Don't Bother to Knock, un filme de suspense onde interpretaba a unha neneira perturbada á que vixía Richard Widmark. Foi o seu primeiro papel protagonista, pero non obtivo o éxito agardado. En Monkey Business, dirixida por Howard Hawks, actuou con Cary Grant e Ginger Rogers, amosando, por primeira vez, a que sería a súa imaxe definitiva: melena curta ondulada nun loiro platino. Poucos anos antes, sometérase a unha rinoplastia.
En 1953, despois de participar en filmes de baixo orzamento, a actriz tivo un papel protagonista: Rose en Niagara. E foi porque o daquela presidente da 20th Century Fox, Darryl F. Zanuck, llo pediu. Así foi como Marilyn Monroe substituíu a Anne Bancroft e conseguiu críticas dispares: uns dixeron que non estaba á altura do papel e outros quedaron eclipsados pola súa beleza. Os famosos cadros de Andy Warhol sobre Marilyn teñen como modelo unha imaxe promocional deste filme.
Ese mesmo ano, a actriz protagonizou xunto a Jane Russell o filme Os cabaleiros prefírenas loiras (1953). Alí interpretou a Lorelei Lee, unha cantante e bailarina. O seu traballo neste filme recibiu boas críticas e a súa interpretación do número musical "Diamonds Are a Girl's Best Friends" converteuse nun clásico dos musicais., sendo recreada décadas despois por Madonna. Nese mesmo ano, Marilyn traballou con Lauren Bacall e Betty Grable en How to Marry a Millionaire. Nesta comedia interpretou a Pola, unha modelo que aluga xunto ás súas amigas un luxoso departamento co obxectivo de atraer adiñeirados desprevidos para poder casar con eles. O filme obtivo críticas positivas e boa recadación, e novamente, a actuación de Monroe foi aclamada.
En 1954, a actriz apareceu no filme de Otto Preminger, River of No Return, xunto cos actores Robert Mitchum, Rory Calhoun, Tommy Rettig e Murvyn Vye. Era un western no que ela interpretaba o papel dunha cantante de saloon que coñece a un afouto vaqueiro, co que vive distintas aventuras. O filme obtivo críticas negativas e non foi ben na recadación. Nese mesmo ano actuou en There's No Business Like Show Business, unha comedia musical onde compartiu escena con Ethel Merman, Donald O´Connor e Mitzy Gaynor. O filme recibiu críticas negativas e non tivo moi boa recadación. Posteriormente, rexeitou traballar con Frank Sinatra por non estar de acordo co argumento da mesma e co salario que recibiría. Isto fixo que o estudio para o que traballaba a suspendese durante un breve lapso temporal no que permaneceu afastada da actuación, aínda que realizou presentacións como cantante no Xapón para entreter as tropas estadounidenses.
Monroe casou tres veces, rematando tódolos matrimonios en divorcio. O primeiro marido foi James Dougherty, o segundo Joe DiMaggio e o terceiro Arthur Miller. Tamén se di que estivo brevemente casada co escritor Robert "Bob" Slatzer, así como que tivo romances con John e Robert Kennedy. Marlon Brando, na súa autobiografía Songs My Mother Taught Me, dixo que tivo unha relación con ela, e que quedaron como amigos ata a súa morte. Durante os seus matrimonios sufriu dous abortos prematuros e un embarazo ectópico. Rumoreábase que Monroe e DiMaggio estaban a reconciliarse cando Monroe morreu.
As relacións de Monroe acapararon moita atención por parte da prensa. O grao de relación entre o presidente Kennedy e Monroe non se fixo nunca público, malia que Casa Branca lle fixo chamadas a ela durante 1962. O autor Anthony Summers, na biografía de J. Edgar Hoover, concluíu que Monroe estaba namorada do presidente Kennedy e quería casar con el. Cando o romance rematou, Monroe volveuse depresiva. Entón centrouse en Robert Kennedy, quen visitara a Monroe nos Ánxeles o día da súa morte.
Monroe tivo unha longa experiencia coa psicanálise. Estaba en análise con Margaret Herz Hohenberg, Anna Freud, Marianne Rie Kris, Ralph Greenson (quen a atopou morta) e Milton Wexler.
Monroe foi caracterizada por:
Monroe foi caracterizada por:
Monroe foi caracterizada por:
Monroe foi caracterizada por:
Troy Talton e Donald Kinder escribiron unha canción, titulada "Marilyn", despois da súa morte en 1962. Foi gravada por Talton e foi lanzada como un sinxelo por Crest Records.
Elton John e Bernie Taupin escribiron outra canción adicada a ela, "Candle in the Wind".
Glenn Danzig, da banda de rock Misfits (que deben o seu nome ó derradeiro filme de Monroe) lanzaron unha canción chamada "Who Killed Marilyn?" en 1981.
Título | Ano | Personaxe | Actores | Director | Produtor | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
Scudda Hoo! Scudda Hay! | 1948 | Betty | June Haver e Natalie Wood | Hugh Herbert | 20th Century Fox | Sen creditar |
Ladies of the Chorus | Peggy Martin | Adele Jergens e Rand Brooks | Phil Karlson | Columbia Pictures | Primeira aparición protagonista | |
Love Happy | 1949 | Cliente de Grunion | Harpo Marx, Chico Marx e Groucho Marx | David Miller | United Artists | |
A Ticket to Tomahawk | 1950 | Clara | Dan Dailey, Anne Baxter e Rory Calhoun | Richard Sale | 20th Century Fox | Sen creditar |
Right Cross | Dusky Ledoux | June Allyson e Dick Powell | John Sturges | Metro-Goldwyn-Mayer | Sen creditar | |
Bóla de lume | Polly | Mickey Rooney e Pat O'Brien | Tay Garnett | 20th Century Fox | Tamén coñecido como The Challenge | |
A xungla do asfalto | Angela Phinlay | Sterling Hayden, Louis Calhern e Jean Hagen | John Huston | Metro-Goldwyn-Mayer | ||
Todo sobre Eva | Miss Claudia Caswell | Bette Davis, Anne Baxter e George Sanders | Joseph L. Mankiewicz | 20th Century Fox | ||
Home Town Story | 1951 | Iris Martin | Jeffrey Lynn, Alan Hale, Jr. e Donald Crisp | Arthur Pierson | Metro-Goldwyn-Mayer | |
As Young as You Feel | Hariett | Monty Woolley, Thelma Ritter e Jean Peters | Harmen Jones | 20th Century Fox | ||
Love Nest | Roberta "Bobbie" Stevens | June Haver, William Lundigan e Frank Fay | Joseph M. Newman | 20th Century Fox | ||
Let's Make It Legal | Joyce Mannering | Claudette Colbert, Macdonald Carey e Barbara Bates | Richard Sale | 20th Century Fox | ||
O. Henry's Full House | 1952 | Streetwalker | Fred Allen, Anne Baxter e Richard Widmark | Henry Koster | 20th Century Fox | Cameo |
Síntome rexuvenecer | Lois Laurel | Cary Grant, Ginger Rogers e Charles Coburn | Howard Hawks | 20th Century Fox | ||
Clash by Night | Peggy | Barbara Stanwyck, Keith Andes e Paul Douglas | Fritz Lang | RKO Radio Pictures | ||
We're Not Married! | Anabel Norris | Ginger Rogers, Fred Allen, Victor Moore, David Wayne e Zsa Zsa Gabor | Edmund Goulding | 20th Century Fox | ||
Don't Bother to Knock | Nell Forbes | Richard Widmark e Anne Bancroft | Roy Ward Baker | 20th Century Fox | ||
Niagara | 1953 | Rose Loomis | Joseph Cotten e Jean Peters | Henry Hathaway | 20th Century Fox | |
Os cabaleiros prefírenas loiras | Lorelei Lee | Jane Russell, Charles Coburn e Elliot Reid | Howard Hawks | 20th Century Fox | ||
How to Marry a Millionaire | Pola Debevoise | Betty Grable, Lauren Bacall e William Powell | Jean Negulesco | 20th Century Fox | ||
River of No Return | 1954 | Kay Weston | Robert Mitchum, Tommy Rettig e Rory Calhoun | Otto Preminger | 20th Century Fox | |
There's No Business Like Show Business | Victoria "Vicky" Hoffman | Ethel Merman, Dan Dailey, Donald O'Connor e Mitzi Gaynor | Walter Lang | 20th Century Fox | ||
The Seven Year Itch | 1955 | A moza | Tom Ewell e Evelyn Keyes | Billy Wilder | 20th Century Fox | |
Bus Stop | 1956 | Chérie | Don Murray e Arthur O'Connell | Joshua Logan | 20th Century Fox | Tamén coñecido como The Wrong Kind of Girl |
O príncipe e a corista | 1957 | Elsie Marina | Laurence Olivier | Laurence Olivier | Warner Brothers | |
Con saias e a rachar | 1959 | Sugar Kane Kowalczyk | Tony Curtis e Jack Lemmon | Billy Wilder | Metro-Goldwyn-Mayer | |
Let's Make Love | 1960 | Amanda Dell | Yves Montand, Frankie Vaughan e Tony Randall | George Cukor | 20th Century Fox | |
The Misfits | 1961 | Roslyn Taber | Clark Gable, Eli Wallach e Montgomery Clift | John Huston | United Artists | Última aparición cinematográfica |
Marilyn | 1963 | Ela mesma | 20th Century Fox | Filme documental |
Título | Ano | Personaxe | Actores | Director | Produtor |
---|---|---|---|---|---|
Something's Got to Give | 1962 | Ellen Wagstaff Arden | Dean Martin e Cyd Charisse | George Cukor | 20th Century Fox |
Como convidada
Programa de televisión | Ano | Notas |
---|---|---|
The Jack Benny Program | 1953 | 1º episodio |
Person to Person | 1955 | Documental de televisión |
Premier Khrushchev in the USA | 1959 | Documental de televisión |
President Kennedy's Birthday Salute | 1962 | Telefilme |
Lykke og krone | 1962 | Documental de televisión |
Ano | Título do filme | Título da canción | Notas |
---|---|---|---|
1948 | Ladies of the Chorus | "Every Baby Needs a Da-Da-Daddy" | |
"Anyone Can See I Love You" | |||
"Ladies of the Chorus" | |||
1950 | A Ticket to Tomahawk | "Oh, What a Forward Young Man You Are" | |
1953 | Niagara | "Kiss" | |
1953 | Os cabaleiros prefírenas loiras | "Two Little Girls from Little Rock" | |
"When Love Goes Wrong" | |||
"Bye Bye Baby" | |||
"Diamonds Are a Girl's Best Friend" | |||
"Four French Dances—Sur le balcon, La Tentateur, Sol taire, Parle d'affair" | |||
"Down Boy"' | |||
"When The Wild Wild Women Go Swimmin' Down in the Bimini Bay" | |||
1953 | "She Acts Like A Woman Should" | ||
"You'd Be Surprised" | |||
"A Fine Romance" | |||
"Do It Again" | |||
1954 | River of No Return | "I'm Gonna File My Claim" | |
"One Silver Dollar" | |||
"Down in the Meadow" | |||
"River of No Return" | |||
1954 | There's No Business Like Show Business | "Heat Wave" | |
"Lazy" | |||
"After You Get What You Want" | |||
"A Man Chases a Girl" | |||
1956 | Bus Stop | "That Old Black Magic" | |
1957 | O príncipe e a corista | "I Found a Dream" | |
1959 | Con saias e a rachar | "Runnin' Wild" | |
"I Wanna Be Loved By You" | |||
"I'm Through With Love" | |||
"Some Like It Hot" | |||
1960 | Let's Make Love | "My Heart Belongs to Daddy" | |
"Specialization" | |||
"Let's Make Love" | |||
"Incurably Romantic" | |||
1962 | – | "Happy Birthday, Mr. President" |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marilyn Monroe |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Marilyn Monroe, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.