T: Letra do alfabeto galego

O T (te) é a décimo novena letra do alfabeto galego, e representa o fonema consoante obstruínte, oclusivo dental xordo.

T: Historia, Usos, Representacións alternativas
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

Historia

Os hebreos, nas súas inscricións e monumentos epigráficos primitivos, representan por X o signo Thau, equivalente ao T dos gregos e latinos. Na inscrición da tumba dos Beni-Hezir a Thau é representada xa pola ת, que subsiste até as inscricións do chamado hebreo cadrado moderno. No hebreo sinástico, nas variantes cúfica, neski antigo, estranghelo, siríaco-nestoriano e peschito, a Thau reviste unhas formas gráficas as máis diversas e raras, que non gardan ningunha analoxía nin semellanza co proceso natural e corrente da Thau exipcia, fenicia nin hebraica.

O nome tau hebreo recordaba a idea da cruz, cuxa forma, efectivamente, é a da mesma letra en antigas medallas dos xudeus. O T é de articulación forte, xorda, momentánea ou explosiva, que corresponde á débil ou sonora d, a cal pode ser tamén á vez lingual e dental. A afinidade natural que existe entre as dúas letras explica a recíproca substitución das mesmas. Nalgúns manuscritos se acha ás veces quoT por «quod», hauT por «haud», adque por atque. O tu do latín ten por equivalente o du do alemán, mentres que goTT e Tag desta última lingua formaron God e day en inglés. O pobo alemán escribiu o seu propio nome nacional sucesivamente Teutsh e Deutsch.

No grego cadmeo o T confúndese co M, pero nas formas eolodórica e ática volve a tomar a figura de T, en todo semellante á latina clásica, medieval, e na propia de todas as linguas neolatinas. O alfabeto etrusco volve a ofrecer variedades moi diversas de T (desde o M até x, y, ๅ), e nas súas coetáneas o ibérico e turdetano privan as dúas formas x e M. Na epigrafía latina clásica, o T do alfabeto romano adquire a forma emprega aínda nos casos correntes en todas as linguas neolatinas. Outra forma de empregar o T é por códigos.

Usos

En bioquímica é a abreviatura da timina, unha base dos ácidos nucleicos (ADN ou ARN).

En física, escrito en minúscula, é a abreviatura de tempo.

Representacións alternativas

No alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Tango. No código Morse é: « - »

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

T HistoriaT UsosT Representacións alternativasT Véxase taménTAlfabeto galegoFonema

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Federico PérezGuerra civil españolaFútbol gaélicoAlbert EinsteinAlaine AgirreGuerra de VietnamPorráns, Barro, BarroEducación27 de novembroOriente MedioRoko (actriz)SeseoThe ArtistMedusa (mitoloxía)Goretti SanmartínSelección de fútbol de GaliciaA-57TContraexemploFátima IglesiasAvesDiego CalvoCoordenadas xeográficasLugares do SaviñaoPazo de OcaXiísmoAlejandro Millán MonParlamento de GaliciaPaco SoutoNapoleón I de FranciaRastroKarlos ArguiñanoJosep BorrellBenito KamelasAP-9Símbolos de GaliciaPosicións sexuaisRoberto Vidal BolañoO Barco de ValdeorrasIllas CanariasHamasCSSEldiario.esHomomorfismoPontevedraRosalía de CastroConxunto numerablePeneCopia por contactoPornografíaMareas vivasRebbie JacksonDiana RossAna Sánchez HernándezMaría RamalloBritney SpearsEnciclopediaOurenseAmieiroXunta de GaliciaElon MuskCanle (enxeñaría)Batallón LiterarioOs demostrativos galegosNicolas CageOllos de augaPratos combinadosLiceo BrigantinoSegunda República EspañolaIránDicionarioParroquias de GaliciaCambedo🡆 More